lex.gal dereito galego consolidado

Norma Consolidada

Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicado en: DOG 120 Bis 25/06/2021

Departamento: Consellería de Sanidade

Estado: Derrogada

PDF

Modificacións

I

A evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia fai necesario que as autoridades sanitarias autonómicas sigan adoptando determinadas medidas de prevención orientadas a conter a propagación da infección e dirixidas a facer fronte á crise sanitaria derivada da COVID-19.

Mediante a Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, deuse publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. O obxecto dese acordo foi establecer as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, tras a superación da fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade e ata o levantamento da declaración da situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020.

Conforme o punto sexto do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, as medidas preventivas previstas nel serán obxecto de seguimento e avaliación continua co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Con esta finalidade poderán ser obxecto de modificación ou supresión mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de sanidade. Establécese, ademais, que a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, como autoridade sanitaria, poderá adoptar as medidas necesarias para a aplicación do acordo e poderá establecer, de conformidade coa normativa aplicable e en vista da evolución da situación sanitaria, todas aquelas medidas adicionais ou complementarias ás previstas no acordo que sexan necesarias. Dentro desta habilitación quedan incluídas aquelas medidas que resulten necesarias para facer fronte á evolución da situación sanitaria en todo ou en parte do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que modifiquen ou, de modo puntual e cun alcance temporalmente limitado, impliquen o desprazamento da aplicación das medidas concretas contidas no anexo do citado acordo.

Con base no disposto no citado punto sexto do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020 adóptanse, mediante este orde, unha serie de medidas que teñen por obxecto regular distintas actividades coa finalidade de que se poidan desenvolver en condicións de seguridade, minimizando ao máximo o risco de contaxio e a propagación da enfermidade. Estas medidas específicas tradúcense, en moitos casos, no establecemento de capacidades máximas e na regulación destas, xa que se demostrou que, para lograr o fin proposto, resulta imprescindible evitar as aglomeracións e garantir o mantemento en todo momento da distancia de seguridade, reducindo o contacto físico ou a proximidade en condicións favorecedoras do contaxio.

A recente Sentenza do Tribunal Supremo nº 719/2021, do 24 de maio, estableceu que as medidas limitativas de dereitos fundamentais non producen efectos nin son aplicables mentres non sexan ratificadas xudicialmente e aclarou que unicamente serán obxecto de ratificación as medidas que non están xa previstas, sexa pola lexislación sanitaria sexa pola de policía administrativa ou pola correspondente a outras materias. É o caso, entre outras, das disposicións relativas a horarios e capacidades en establecementos públicos, ás actividades educativas, das que miran por preservar os espazos públicos e por impedir que neles se consuma alcol, das que teñen por obxecto evitar a contaminación acústica ou doutra natureza e, en xeral, das dirixidas a manter a convivencia.

En vista do pronunciamento do Tribunal Supremo e para os efectos dunha mellor operatividade na tramitación das medidas, optouse por distinguir entre aquelas que precisaban da correspondente autorización xudicial previa e aquelas que non, diferenciando dous tipos de ordes.

A evolución da situación epidemiolóxica non require, neste momento, adoptar medidas limitativas de dereitos fundamentais que, en todo caso e de conformidade co exposto, están suxeitas á obtención da autorización xudicial previa; no entanto mantéñense, nos anexos I e II desta orde, referencias aos concellos de nivel máximo (aínda que na actualidade non existe na Comunidade Autónoma ningún concello que se atope nesta situación) e regras específicas que serían de aplicación neles no caso de se producir un empeoramento da situación epidemiolóxica que así o exixa.

Neste sentido, a presente orde substitúe, no que respecta ás medidas de prevención específicas non limitativas de dereitos fundamentais, a Orde do 28 de maio de 2021, que foi modificada polas ordes do 2, 4 e 10 de xuño de 2021 e prorrogada pola Orde do 10 de xuño do mesmo ano, cuxa eficacia finaliza ás 00.00 horas do 26 de xuño. Esta orde tamén se adapta, ademais, á realidade da evolución epidemiolóxica e sanitaria da Comunidade Autónoma.

Finalmente, debe indicarse que, en cumprimento do disposto no artigo 38.ter.4 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, as medidas recollidas nesta orde terán unha duración determinada, tal e como se establece no seu punto oitavo. Ademais, en cumprimento dos principios de necesidade e de proporcionalidade, serán obxecto de seguimento e avaliación continua, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria.

II

As medidas contidas nesta orde resultan adecuadas e eficaces de acordo cos datos expostos sobre a evolución da situación epidemiolóxica e, por tanto, útiles para conseguir o fin proposto de protección da saúde pública, na espera de que a campaña de vacinación acade os resultados que se perseguen.

Tamén resultan necesarias, adecuadas e proporcionadas para o fin perseguido, que non é outro que controlar e evitar a maior difusión dunha enfermidade altamente contaxiosa, respecto da cal a diferenza entre persoas enfermas e sas resulta difusa, dada a posible asintomatoloxía ou levidade dos síntomas e a existencia dun período no cal non hai indicios externos da enfermidade.

En concreto, trátase de evitar especialmente aglomeracións ou encontros entre persoas, co fin de garantir o mantemento da distancia de seguridade e de reducir o risco de contacto físico ou a proximidade en condicións favorecedoras do contaxio. Debe lembrarse, neste sentido, que o Auto 40/2020, do 30 de abril, do Tribunal Constitucional, no seu fundamento xurídico cuarto, ao ponderar a relevancia das especiais circunstancias derivadas da crise sanitaria creada pola pandemia no exercicio do dereito de reunión, salientou como, ante a incerteza sobre as formas de contaxio, sobre o impacto real da propagación do virus, así como sobre as consecuencias a medio e longo prazo para a saúde das persoas que se viron afectadas, as medidas de distanciamento social e de limitación extrema dos contactos e das actividades grupais son as únicas que se teñen demostrado eficaces para limitar os efectos dunha pandemia de dimensións descoñecidas ata a data.

Deste xeito, as medidas de limitación de determinadas actividades van dirixidas a limitar os contactos e a interacción social e, polo tanto, a transmisión da enfermidade en situacións nas cales cabe apreciar un maior risco polas circunstancias en que se realizan, especialmente en lugares pechados.

Nese sentido, a presente orde establece, segundo se indicou anteriormente, unha serie de medidas específicas que teñen por obxecto a regulación de distintas actividades coa finalidade de que se poidan desenvolver en condicións de seguridade, minimizando ao máximo o risco de contaxio e a propagación da enfermidade. Para lograr ese fin resulta imprescindible evitar as aglomeracións, garantir o mantemento en todo momento da distancia de seguridade e reducir o contacto físico ou a proximidade en condicións favorecedoras do contaxio.

Estas medidas específicas consisten, en moitos casos, na fixación de capacidades máximas e determinación de regras que se deben observar para o desenvolvemento das distintas actividades recollidas no anexo I, xa que as evidencias científicas apoian as políticas de control de limitación e capacidades e a súa eficacia fronte a outras políticas sen esta limitación pero con redución xeneralizada da mobilidade, o que apoia a efectividade e a eficiencia das medidas de control focalizadas nos sectores de maior risco. A isto únese que a maior parte dos gromos se produce nun contexto social, como consecuencia de exposicións prolongadas ás secrecións respiratorias que se emiten en forma de aerosois que conteñen o virus. Nesta liña hai estudos que proban que, dentro das intervencións non farmacolóxicas, as relacionadas coa diminución dos contactos sociais no interior de establecementos teñen a capacidade de lentificar a velocidade de transmisión.

No contexto actual, marcado pola mellora da evolución da situación epidemiolóxica na Comunidade Autónoma, lévase a cabo con carácter xeral unha ampliación desas capacidades máximas. Do amplo catálogo de medidas específicas recollidas no anexo I desta orde, destácanse as que permitirán retomar o desenvolvemento de actividades tales como as de lecer nocturno ou, en determinados casos, as festas, verbenas e outros eventos populares.

Tamén se adapta nesta orde a regulación do uso de máscara ás novidades que sobre esta materia introduciu o Real decreto lei 13/2021, do 24 de xuño, polo que se modifican a Lei 2/2021, do 29 de marzo, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e o Real decreto lei 26/2020, do 7 de xullo, de medidas de reactivación económica para facer fronte ao impacto da COVID-19 nos ámbitos de transportes e vivenda, no cal se exceptúa o uso da máscara en espazos ao aire libre sempre que se poida manter a distancia mínima interpersoal de 1,5 metros.I

II

De conformidade co disposto no Informe da Dirección Xeral de Saúde Pública, do 23 de xuño de 2021, a adopción das medidas recollidas nesta orde vén determinada pola evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Destácanse os seguintes datos recollidos no dito informe:

En canto á situación epidemiolóxica da Comunidade Autónoma de Galicia, o número reprodutivo instantáneo (Rt), que indica o número de contaxios orixinados por un caso activo, segue a manterse no 1, tal e como figuraba no Informe do 16 de xuño, o cal indica unha estabilización no nivel de transmisión en Galicia, agás nas áreas da Coruña, Santiago de Compostela e Pontevedra, onde se superou o 1.

Do total de concellos de Galicia, 169 non notificaron casos nos últimos 14 días (4 máis que hai unha semana). O número de concellos sen casos nos últimos 7 días foi de 212 (tamén 4 máis que hai unha semana).

Entre o 11 e o 17 de xuño realizáronse 36.025 probas diagnósticas de infección activa polo virus SARS-CoV-2 (23.720 PCR e 12.305 tests de antíxenos) cunha porcentaxe de positividade a sete días do 1,91 %, lixeiramente superior á do período entre o 4 e o 10 de xuño, que era do 1,73 %.

A incidencia acumulada a 7 e 14 días é de 21 e 41 casos por cen mil habitantes, respectivamente, valores similares aos observados hai unha semana, que era de 20 e 41 casos por cen mil habitantes, respectivamente (ascenso do 4,8 % a 7 días).

A tendencia diaria mostra, desde o 28 de decembro, catro tramos, dous deles con tendencia oposta. Primeiro crecente, a un ritmo do 7,1 % ata o 27 de xaneiro, e despois decrecente, cunha porcentaxe de cambio diaria (PCD) de -6 %; séguelle outro tramo de tendencia lixeiramente crecente, cunha PCD do 0,8 %, e o 5 de maio detéctase outro cambio en sentido decrecente, cunha PCD do -2,2 %.

No que atinxe á situación das áreas sanitarias, as taxas a 14 días están entre os 18,36 casos por 100.000 habitantes de Santiago de Compostela e os 73,65 da Coruña. As taxas de incidencia acumulada a 14 días están estabilizadas con respecto ás de hai 7 días. Ningunha das áreas presenta taxas a 14 días con valores superiores aos 100 casos por 100.000 habitantes nin taxas a 7 días superiores aos 40 casos por 100.000 habitantes. As áreas sanitarias da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra e Ourense aumentaron as súas taxas a 7 días, e a da Coruña 14 días, desde hai unha semana.

Pola súa banda, a media de pacientes COVID-19 en hospitalización de agudos nos últimos 7 días foi de 38,0, o que supón un descenso do 20,6 % con respecto aos datos de hai sete días. A taxa de pacientes COVID-19 en hospitalización de agudos é de 1,4 ingresados por 100.000 habitantes, o que tamén supón un descenso do 20,6 % con respecto aos datos de hai 7 días. En canto aos ingresos COVID-19 nas unidades de críticos (UCI) nos últimos 7 días, a media foi de 14,6 e a taxa a 7 días de ingresados nas UCI é de 0,5 ingresados por 100.000 habitantes, o que supón un descenso do -4,1 % a respecto de hai sete días, tanto na media como na taxa.

Polo que respecta á situación epidemiolóxica dos concellos de Galicia, cómpre indicar que ningún dos concellos con poboación igual ou superior a dez mil habitantes presenta unha taxa de incidencia a 14 días igual ou superior aos 250 casos por cen mil habitantes, igual que no informe anterior. No que se refire aos concellos de menos de 10.000 habitantes (259), 6 presentan unha taxa de incidencia a 14 días igual ou superior aos 250 casos por cen mil habitantes, 4 máis que hai unha semana. Ningún deles presenta taxas de incidencia iguais ou superiores a 500 casos por cen mil habitantes. Todas as comarcas se encontran en nivel medio-baixo.

O informe conclúe que as taxas de incidencia a 14 días están a aumentar na Área Sanitaria da Coruña tanto a 7 como a 14 días. A tendencia amosou un novo cambio cara ao descenso, cunha porcentaxe de cambio diaria do 2,2 %, a partir do 5 de maio. O Rt no global de Galicia está un pouco por riba do 1 e parece que está subindo nas áreas da Coruña, Santiago de Compostela e Pontevedra, tal e como o indican as súas taxas a 7 días.

A información do modelo de predición indica que a incidencia aumenta lixeiramente a 7 e tería unha certa estabilización a 14 días. Como os intervalos de confianza seguen a ser amplos, hai que tomala con cautela, xa que parte exclusivamente dos casos, polo que se poderían dar todos os escenarios (estabilización, ascenso ou descenso da onda).

A taxa de incidencia a 14 días, no global de Galicia, está nos 41 casos por cen mil habitantes, polo que se mantén estable desde hai una semana.

No que atinxe aos concellos de máis de 10.000 habitantes, non hai ningún concello con taxas de incidencia a 14 días iguais ou superiores a 250 casos por cada cen mil habitantes. Nos de menos de dez mil, hai 6 concellos que superan unha taxa de incidencia de 250 casos por cada cen mil habitantes, pero ningún presenta unha taxa a 14 días superior aos 500 casos por cada cen mil habitantes.

O feito de que a cepa que está a circular, fundamentalmente, sexa a cepa británica pode influír nun aumento da transmisión, ao que se suma a aparición de novas variantes como a P1 do Brasil e a de Suráfrica e agora tamén a delta, aínda que os resultados da secuenciación non se poden interpretar en termos de prevalencia de cepas, xa que non obedece a unha mostraxe aleatoria.

Cómpre tamén indicar que o criterio utilizado para determinar os niveis de restrición aplicables a cada un dos concellos da Comunidade Autónoma é, ademais do da situación sanitaria, o da taxa de incidencia acumulada segundo os casos por cada cen mil habitantes tanto a 14 días como a 7 días; esta última permite reaccionar con maior rapidez e eficacia fronte aos gromos.

A análise da situación de cada concello complétase coa consideración de criterios demográficos, pois debe terse en conta que en concellos de escasa poboación poucos casos poden dar lugar a taxas moi elevadas, que deben ser postas no debido contexto.

Ademais, os servizos de saúde pública e o Comité e o Subcomité Clínico analizarán as características específicas de cada gromo. Neste sentido, préstase unha especial atención á existencia de gromos non controlados ou de casos sen vínculo epidemiolóxico, así como ao feito de que non se observe unha melloría clara na evolución da situación epidemiolóxica.

En atención ao exposto, tendo en conta o indicado no citado informe da Dirección Xeral de Saúde Pública e logo de escoitar as recomendacións do Comité Clínico reunido para estes efectos, acórdase que suban ao nivel medio de restrición os concellos de Castroverde, Poio e Cambre.

Polo que respecta ao concello de Castroverde debe salientarse que, aínda que as súas taxas de incidencia acumulada son as propias do nivel máximo, se considera suficiente aplicarlle as restricións propias do nivel medio, xa que o incremento das taxas se debe a un gromo de orixe coñecida, con motivo do cal se fixo un cribado no concello que abarcou a 450 persoas, resultando negativas todas as probas. Tamén ascenden ao nivel medio os concellos de Poio e Cambre polas súas taxas de incidencia acumulada a 7 días. En Cambre, ademais, obsérvanse dous gromos que aínda non están ben trazados.

Mantéñense no nivel medio de restricións os concellos de Camariñas e Malpica de Bergantiños, xa que, a pesar da boa evolución da situación, deben permanecer no nivel medio de restricións polas súas taxas de incidencia acumulada a 14 días.

Polo demais, o día 25 de xuño constátase un empeoramento da situación epidemiolóxica do concello de Sarria, polo que, logo de informe da Dirección Xeral de Saúde Pública e reunión do Subcomité Clínico reunido para estes efectos, se adopta a medida de incluír este concello no nivel alto de restricións. En efecto, neste concello detéctase un gromo de COVID-19 de rápida evolución, xa que se obteña un ascenso rápido nos últimos 3 días do número de casos. Este gromo orixinou 17 casos nos últimos 3 días, o que supón unha taxa de 127,46 casos por 100.000 habitantes. As taxas a sete e 14 días son de 142,45 casos por cen mil habitantes e 202,43 casos por cen mil habitantes, respectivamente. A taxa a 7 días é a propia do nivel alto de restricións, tendo en conta, así mesmo, que o gromo aínda non está claramente delimitado e que se está levando á cabo un cribado de diferentes establecementos que pode, con alta probabilidade, detectar novos casos nos próximos días.

O resto de concellos de Galicia encóntrase no nivel medio-baixo de restricións con base nos criterios epidemiolóxicos aplicados.

IV

As medidas que se adoptan nesta orde teñen o seu fundamento normativo no artigo 26 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; nos artigos 27.2 e 54 da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública, e nos artigos 34 a 38.1 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Conforme o artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, a persoa titular da Consellería de Sanidade ten a condición de autoridade sanitaria, polo que é competente para adoptar as medidas de prevención específicas para facer fronte ao risco sanitario derivado da situación epidemiolóxica existente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, coa urxencia que a protección da saúde pública demanda.

Cómpre indicar tamén que as medidas recollidas nesta orde sobre o uso da máscara e as limitacións de capacidade encontran, así mesmo, o seu fundamento no disposto na Lei 2/2021, do 29 de marzo, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

Na súa virtude, en aplicación do punto sexto do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, na súa redacción vixente, e na condición de autoridade sanitaria, conforme o artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo,

DISPOÑO:

Primeiro. Obxecto

1. Constitúe o obxecto desta orde establecer medidas de prevención específicas, atendida a evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. As medidas contidas nesta orde son complementarias das previstas na correspondente orde pola que se establecen medidas cualificadas de prevención para facer fronte á evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia que precisan para a súa eficacia da autorización xudicial, que se encontre vixente en cada momento.

En todo o non previsto na dita disposición e nesta orde, e no que sexa compatible con ela, aplicarase o disposto no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, na súa redacción vixente.

Segundo. Alcance

1. Serán de aplicación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia as medidas de prevención específicas recollidas no anexo I.

2. As medidas específicas aplicables recollidas no anexo I virán condicionadas pola situación epidemiolóxica dos distintos concellos, de conformidade co indicado no anexo II.

Terceiro. Medidas de prevención en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios

1. De acordo co establecido no artigo 38.1.k) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, as persoas desprazadas a Galicia deberán cumprir o establecido na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

Por conseguinte, as persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, en territorios cunha alta incidencia da COVID-19 en comparación coa existente na Comunidade Autónoma, deberán comunicar, no prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia, os datos de contacto e de estadía na Comunidade Autónoma de Galicia na forma establecida na orde.

Mediante a resolución da persoa titular da dirección xeral competente en materia de saúde pública determinaranse os territorios a que se refire o parágrafo anterior. A dita resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Servizo Galego de Saúde, e deberá ser obxecto de actualización, como mínimo, cada 15 días naturais.

2. Os datos subministrados serán empregados polas autoridades sanitarias autonómicas exclusivamente para contactar coas ditas persoas para o cumprimento de finalidades de saúde pública, para os efectos de facilitarlles a información e as recomendacións sanitarias que procedan, así como, de ser o caso, en atención ás concretas circunstancias concorrentes, para a adopción das medidas sanitarias que resulten necesarias, sempre de acordo coa lexislación aplicable e buscando, de maneira preferente, a colaboración voluntaria da persoa afectada coas autoridades sanitarias.

3. En particular, de acordo co indicado no número anterior, entre as medidas aplicables estará o ofrecemento da realización dunha proba diagnóstica de infección activa a estas persoas, salvo que poidan acreditar documentalmente a través dun certificado emitido polo servizo público de saúde competente, ou, no caso da letra b), por un laboratorio oficial autorizado, a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:

a) Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004, e sempre que transcorresen, polo menos, 10 días desde a última dose desta.

b) Que dispoñen dunha proba diagnóstica de infección activa (PDIA) negativa. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/ C 24/01 do Consello de Europa. A proba debe ser realizada nas últimas 72 horas anteriores á chegada a Galicia.

c) Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 diagnosticada e está no período comprendido entre o día 11 e o 180, ambos incluídos, despois da PDIA positiva. Esta situación acreditarase a través do certificado oportuno emitido polo seu servizo de saúde.

Para os efectos do establecido neste punto, a exhibición dos certificados só poderá ser solicitada cando as persoas interesadas aleguen as circunstancias que acrediten. Non se conservarán os datos a que se refiren os certificados nin se crearán ficheiros con eles.

4. As persoas desprazadas a Galicia, unha vez que estean no lugar a que se despracen, deberán cumprir as limitacións de entrada e saída previstas, se é o caso, nesta orde, ademais do resto das medidas aplicables.

Orde do 15 de xullo de 2021.

Artigo modificado:Artigo cuarto nova redacción por artigo primeiro apartado un.

Orde do 22 de xullo de 2021.

Artigo derrogado:Artigo cuarto suprimido por artigo segundo apartado un.

Quinto. Control do cumprimento das medidas e réxime sancionador

1. A vixilancia, inspección e control do cumprimento das medidas de prevención que se recollen nesta orde e a garantía dos dereitos e deberes sanitarios da cidadanía corresponderán aos respectivos concellos dentro das súas competencias e sen prexuízo das competencias da Consellería de Sanidade, tendo en conta a condición de autoridade sanitaria dos alcaldes e alcaldesas de acordo co artigo 33.1 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, e as competencias dos concellos de control sanitario de actividades e servizos que impacten na saúde da súa cidadanía e dos lugares de convivencia humana, de acordo co artigo 80.3 do mesmo texto legal, así como da súa competencia para a ordenación e control do dominio público.

2. Así mesmo, os órganos de inspección da Administración autonómica, no ámbito das súas competencias, poderán realizar as actividades de inspección e control oportunas para a vixilancia e comprobación do cumprimento das medidas de prevención aplicables.

3. As forzas e corpos de seguridade darán traslado das denuncias que formulen, polo incumprimento das medidas de prevención, ás autoridades competentes.

Orde do 14 de setembro de 2021.

Artigo derrogado:Artigo sexto suprimido por artigo quinto apartado un.

Sétimo. Teletraballo

Tendo en conta a evolución da situación epidemiolóxica, desde o día 5 de xullo de 2021 será aplicable o réxime ordinario de teletraballo previsto no Acordo sobre a prestación de servizos na modalidade de teletraballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 3 de decembro de 2020, publicado pola Orde do 14 decembro de 2020 da Consellería de Facenda e Administración Pública.

Sen prexuízo do indicado, no caso de que o persoal da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia incluído dentro do ámbito de aplicación do indicado acordo tivese autorizado o teletraballo polo réxime especial e tivese solicitado o teletraballo ordinario con anterioridade á data de comezo da eficacia desta orde de acordo co seu punto noveno, e aínda non o tivese concedido, entenderase prorrogada a eficacia das resolucións de teletraballo ditadas polas distintas consellerías e entidades do sector público autonómico por razón da situación sanitaria derivada da COVID-19, ata a resolución do procedemento de autorización. Durante esta prórroga serán de aplicación no teletraballo as condicións recollidas no réxime especial establecido no artigo 12 do Acordo sobre a prestación de servizos na modalidade de teletraballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

A prórroga establecida no parágrafo anterior non será aplicable cando os postos de traballo non sexan susceptibles de ser desempeñados en réxime de teletraballo de acordo co previsto no número 2 do artigo 3 do acordo, e sen prexuízo das excepcións establecidas nese artigo.

Oitavo. Derrogación da Orde do 30 de xuño de 2020 pola que se aproba o Protocolo en materia de lecer nocturno, festas, verbenas e outros eventos populares e atraccións de feiras para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19

Derrógase a Orde do 30 de xuño de 2020 pola que se aproba o Protocolo en materia de lecer nocturno, festas, verbenas e outros eventos populares e atraccións de feiras para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

Noveno. Eficacia

1. As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 26 de xuño ata as 00.00 horas do día 10 de xullo.

2. En cumprimento dos principios de necesidade e de proporcionalidade, as medidas previstas nesta orde serán obxecto de seguimento e avaliación continua, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Como consecuencia deste seguimento e avaliación, as medidas poderán ser prorrogadas, modificadas ou levantadas por orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2021

Julio García Comesaña

Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Medidas de prevención específicas aplicables na Comunidade Autónoma de Galicia

Serán de aplicación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia as medidas de prevención específicas recollidas neste anexo.

1. Obrigas xerais.

1.1. Obrigas de cautela e protección.

Todos os cidadáns deberán adoptar as medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade da COVID-19, así como a propia exposición aos ditos riscos.

Este deber de cautela e protección será igualmente exixible aos titulares de calquera actividade.

Así mesmo, deberán respectarse as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención da COVID-19.

1.2. Persoas con sintomatoloxía.

Calquera persoa que experimente algún dos síntomas máis comúns compatibles coa COVID-19, tales como febre, calafríos, tose, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de gorxa, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos deberá permanecer no seu domicilio e comunicalo ao seu servizo sanitario o antes posible.

Igualmente, se existen conviventes no domicilio, deberá evitar o contacto con eles e, se é posible, usar un cuarto de forma exclusiva ata recibir instrucións do seu servizo sanitario.

1.3. Distancia de seguridade interpersoal.

Na organización das distintas actividades deberán adoptarse as medidas necesarias para garantir a distancia interpersoal mínima de 1,5 metros, establecida pola Lei 2/2021, do 29 de marzo, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, entre grupos de persoas non conviventes.

Cando, polas condicións de desenvolvemento da actividade e capacidade máxima autorizadas en cada caso de acordo coas medidas de prevención previstas neste anexo, non sexa posible manter a dita distancia de seguridade, non se permitirá o consumo de alimentos e bebidas, deberá usarse máscara en todo momento, garantir unha adecuada ventilación e o cumprimento das medidas de prevención e hixiene aplicables, de acordo co establecido neste anexo, sen prexuízo de que se deba procurar manter a máxima separación posible entre os diferentes grupos de persoas non conviventes, así como o debido control para evitar as aglomeracións.

1.4. Obrigatoriedade do uso de máscaras.

Será obrigatorio o uso da máscara nas seguintes condicións:

a) Regras xerais.

Para as persoas de seis ou máis anos será obrigatorio o uso da máscara en todo momento nos seguintes supostos:

1ª) Cando estean en espazos pechados de uso público ou que se encontren abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

2ª) Cando estean na vía pública e en espazos ao aire libre e, en ambos os casos, pola aglomeración de persoas non resulte posible manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros entre persoas non conviventes.

Para os efectos do indicado no parágrafo anterior, entenderase que non é posible garantir o mantemento dunha distancia de seguridade interpersoal de, polo menos, 1,5 metros e, polo tanto, será obrigatorio o uso da máscara sempre que se transite ou se estea en movemento pola vía pública e en espazos ao aire libre e, pola concorrencia doutras persoas, non se poida garantir, atendendo ao número de persoas e ás dimensións do lugar, o mantemento da distancia de seguridade.

3ª) Nos medios de transporte aéreo, marítimo, en autobús e por ferrocarril, incluídas as estacións de viaxeiros e as súas plataformas, así como nos transportes públicos e privados complementarios de viaxeiros en vehículos de ata 9 prazas, incluído o condutor.

4ª) Nos eventos multitudinarios ao aire libre, cando os asistentes estean de pé ou, se están sentados, cando non se poida manter 1,5 metros de distancia entre persoas non conviventes.

5ª) Nos concellos que se encontren no nivel de restrición máxima de acordo co establecido na letra A) do anexo II, tanto cando estean na vía pública e en espazos ao aire libre como cando estean en espazos pechados de uso público ou que se encontren abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

b) Regras específicas.

1ª) Na realización de adestramentos e na celebración de competicións dentro da actividade deportiva federada de competencia autonómica aplicarase, respecto ao uso da máscara, o recollido especificamente no protocolo das federacións deportivas respectivas.

2ª) No caso de colectivos artísticos que desenvolvan actos e espectáculos culturais, aplicaranse as regras específicas do número 2.9 do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020 e, respecto da produción e rodaxe de obras audiovisuais, aplicaranse as medidas previstas no número 2.10 do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020.

3ª) No caso dos coros e agrupacións vocais de canto, das orquestras, bandas e outras agrupacións musicais, da celebración de congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias, eventos e actos similares e da actividade formativa en conservatorios, escolas de música e danza, observarase o indicado especificamente nas medidas recollidas nos números 2.11, 2.12, 3.34 e 3.42 do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, respectivamente.

4ª) Nos centros docentes observarase, respecto ao uso da máscara, o recollido especificamente no correspondente protocolo.

5ª) Co obxecto de evitar a propagación de contaxios e asegurar o mantemento dos servizos, na prestación de asistencia ou axuda no fogar a persoas dependentes será obrigatorio o uso de máscara tanto por parte do persoal prestador do servizo como por parte das persoas dependentes e daquelas que se encontren no seu domicilio. A dita obriga non será exixible cando se trate de persoas dependentes que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitar a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.

6ª) Nas actividades no ámbito laboral desenvolvidas en espazos comúns ou de uso colectivo ou en calquera outra dependencia en que estean varios traballadores/as ou traballadores/ as e/ou clientes será obrigatorio o uso da máscara.

7ª) Non será exixible o uso de máscara naqueles lugares ou espazos pechados de uso público que formen parte do lugar de residencia dos colectivos que alí se reúnan, como son as institucións para a atención de persoas maiores ou con diversidade funcional, as dependencias destinadas a residencia colectiva de traballadores esenciais ou outros colectivos que reúnan características similares, sempre e cando os ditos colectivos e os traballadores que alí exerzan as súas funcións teñan coberturas de vacinación contra o SARS-CoV-2 superiores ao 80 % con pauta completa, acreditado pola autoridade sanitaria competente.

Esta última excepción non será de aplicación aos visitantes externos nin aos traballadores dos centros residenciais de persoas maiores ou con diversidade funcional.

c) Condicións de uso da máscara.

Deberá darse un uso axeitado á máscara, é dicir, esta deberá cubrir desde parte do tabique nasal ata o queixo, incluído.

Ademais, a máscara que se debe empregar non deberá estar provista de válvula exhalatoria, agás nos usos profesionais para os cales este tipo de máscara poida estar recomendada.

d) Excepcións á obriga de uso da máscara.

A obriga de uso de máscara non será exixible nos seguintes supostos:

1º) Cando se trate de persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitar a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.

2º) Nos vehículos de turismo, cando todas as persoas ocupantes convivan no mesmo domicilio.

3º) No mar, praias e piscinas, no exterior ou cubertas, lagos, encoros, ríos ou noutras zonas de baño, durante o baño, e mentres se permaneza nun espazo determinado, e sempre que se poida garantir o respecto da distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes.

En calquera caso, será obrigatorio o uso de máscara para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas, lagos e demais contornos acuáticos, así como para o uso de vestiarios de piscinas públicas ou comunitarias, salvo nas duchas, cando non se poida manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros entre persoas non conviventes.

Para os efectos do indicado no parágrafo anterior, entenderase que non é posible garantir o mantemento dunha distancia de seguridade interpersoal de, polo menos, 1,5 metros e, polo tanto, será obrigatorio o uso da máscara sempre que se transite ou se estea en movemento polos espazos indicados e, pola concorrencia doutras persoas, non se poida garantir, atendendo ao número de persoas e ás dimensións do lugar, o mantemento da distancia de seguridade.

Entenderase por actividades incompatibles co uso da máscara as actividades de socorrismo ou rescate cando requiran acceder ao medio acuático.

4º) Nos establecementos de hostalaría e restauración, por parte dos clientes do establecemento exclusivamente nos momentos estritamente necesarios para comer ou beber.

5º) No interior dos cuartos de establecementos de aloxamento turístico e outros espazos similares, cando unicamente se encontren neles persoas que se aloxen no cuarto.

6º) Nos buques e embarcacións de transporte de competencia autonómica, no interior dos camarotes, cando unicamente se encontren neles persoas que se aloxen no camarote.

7º) No caso do exercicio de deporte individual en espazos ao aire libre e na vía pública, exclusivamente durante a realización da práctica deportiva, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, se poida garantir o mantemento da distancia de 1,5 metros con outras persoas ou deportistas non conviventes.

Seralles de aplicación o establecido no parágrafo anterior ás actividades que supoñan un esforzo físico de carácter non deportivo equiparable a este, ao aire libre e de forma individual.

8º) En supostos de forza maior ou situación de necesidade ou cando, pola propia natureza das actividades, o uso da máscara resulte incompatible, conforme as indicacións das autoridades sanitarias.

9º) No caso particular de consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos, ou alimentos e bebidas, na vía pública ou en espazos ao aire libre, só se poderá exceptuar o uso de máscara, e exclusivamente durante o indicado consumo, sempre que a persoa o efectúe parada e fóra dos lugares habituais de circulación dos viandantes, de tal xeito que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, se poida garantir o mantemento, en todo momento, da distancia de dous metros con outras persoas. O anterior será aplicable tamén para o uso de calquera dispositivo de inhalación de tabaco, pipas de auga, cachimbas e asimilados.

10º) Na práctica de deporte no medio acuático, sexa este natural ou artificial.

e) Recomendacións sobre reunións de grupos de persoas en espazos privados.

Nos espazos privados, abertos ou pechados, de uso privado, recoméndase o uso de máscara, no caso de reunións ou de posible confluencia de persoas non conviventes, así como o mantemento da distancia de seguridade interpersoal e a aplicación de medidas de ventilación e hixiene.

1.5. Medidas específicas para casos e contactos estreitos.

As persoas que sexan consideradas caso sospeitoso ou probable de infección polo virus SARS-CoV-2, por teren infección respiratoria aguda grave con cadro clínico ou radiolóxico compatible coa COVID-19, ou que estean pendentes dos resultados de probas diagnósticas por este motivo, as que sexan consideradas como caso confirmado con infección activa e as consideradas contacto estreito dun caso sospeitoso, probable ou confirmado, deberán seguir as condicións de illamento ou corentena que lles sexan indicadas desde os dispositivos asistenciais ou de saúde pública, sen poder abandonar o seu domicilio ou lugar de illamento ou corentena en ningún caso, salvo autorización expresa do servizo sanitario por causas debidamente xustificadas.

1.6. Obrigatoriedade de levar máscara.

Para os efectos de posibilitar o uso da máscara sempre que sexa necesario de acordo co establecido nas regras previstas neste anexo, as persoas maiores de 6 anos obrigadas ao uso da máscara deberán levala sempre que saian á vía pública e en espazos ao aire libre.

2. Medidas xerais de hixiene e prevención.

Sen prexuízo das normas ou protocolos específicos que se establezan, serán aplicables a todos os establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público e actividades de carácter público as medidas xerais de hixiene e prevención establecidas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, na redacción vixente.

3. Limitacións de capacidade e medidas de prevención específicas por sectores.

3.1. Medidas en materia de control de capacidade.

1. Os establecementos, instalacións e locais deberán expor ao público a capacidade máxima e asegurar que a dita capacidade e a distancia de seguridade interpersoal se respecta no seu interior, polo que se deberán establecer procedementos que permitan o reconto e control da capacidade, de forma que esta non sexa superada en ningún momento.

No caso do sector da hostalaría e restauración, aplicarase tamén o que establece a Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia, nomeadamente no relativo á distribución de espazos, ocupacións, mobiliario e outros elementos de seguridade.

2. A organización da circulación de persoas e a distribución de espazos deberá procurar a posibilidade de manter a distancia de seguridade interpersoal. Na medida do posible, estableceranse itinerarios para dirixir a circulación de clientes e usuarios e evitar aglomeracións en determinadas zonas, tanto no interior como no exterior, e previr o contacto entre eles. Cando se dispoña de dúas ou máis portas, procurarase establecer un uso diferenciado para a entrada e a saída, co obxecto de reducir o risco de formación de aglomeracións.

3. Cando se dispoña de aparcadoiros propios para traballadores e usuarios, establecerase un control de accesos para mellor seguimento das normas de capacidade. Na medida do posible, as portas que se encontren no percorrido entre o aparcadoiro e o acceso á tenda ou aos vestiarios dos traballadores disporán de sistemas automáticos de apertura ou permanecerán abertas para evitar a manipulación dos mecanismos de apertura.

4. De ser o caso, o persoal de seguridade velará por que se respecte a distancia interpersoal de seguridade e evitará a formación de grupos numerosos e aglomeracións, prestando especial atención ás zonas de escaleiras mecánicas, ascensores, zonas comúns de paso e zonas recreativas.

5. En caso necesario, poderanse utilizar valos ou sistemas de sinalización equivalentes para un mellor control dos accesos e xestión das persoas para os efectos de evitar calquera aglomeración.

6. En calquera caso, a sinalización de percorridos obrigatorios e independentes ou outras medidas que se establezan realizaranse tendo en conta o cumprimento das condicións de evacuación exixibles na normativa aplicable.

3.2. Control de capacidade en centros e parques comerciais e grandes superficies.

Os centros e parques comerciais, así como os establecementos que teñan a consideración de grandes superficies, deberán dispor de sistemas ou dispositivos que permitan coñecer en todo momento o número de persoas usuarias existente no seu interior, así como o control da capacidade máxima permitida nas citadas instalacións.

O cumprimento da citada obriga será responsabilidade das persoas, físicas ou xurídicas, titulares das citadas instalacións ou das que teñan atribuída a súa xestión.

3.3. Velorios e enterros.

1. Os velorios poderán realizarse en todo tipo de instalacións, públicas ou privadas, debidamente habilitadas cun límite máximo, en cada momento, de 10 persoas por túmulo, sexan ou non conviventes.

2. A participación na comitiva para o enterramento ou despedida para cremación da persoa falecida restrínxese a un máximo de cincuenta persoas, sexan ou non conviventes, ademais de, se é o caso, o ministro de culto ou persoa asimilada da confesión respectiva para a práctica dos ritos funerarios de despedida do defunto.

3. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións de acordo co establecido no punto 1.3. O uso de máscara será obrigatorio nos termos previstos no punto 1.4.

4. As zonas comúns de paso utilizaranse unicamente para o tránsito de entrada e saída, sen que poida haber aglomeracións de persoas nelas. O tempo de estadía nas instalacións reducirase ao estritamente necesario para expresar as debidas condolencias, evitando permanecer nas zonas de paso.

5. Os servizos de hostalaría existentes nos establecementos funerarios rexeranse polo disposto no punto 3.22.

3.4. Lugares de culto.

1. Na Comunidade Autónoma de Galicia, a asistencia a lugares de culto non poderá superar o setenta e cinco por cento da súa capacidade, salvo nos concellos recollidos na letra A do anexo II, en que non poderá superar o cincuenta por cento da súa capacidade.

Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal nas súas instalacións de acordo co establecido no punto 1.3.

2. Deberán establecerse medidas para ordenar e controlar as entradas e saídas aos lugares de culto para evitar aglomeracións e situacións que non permitan cumprir coa distancia de seguridade.

3. As limitacións previstas nos números anteriores non poderán afectar en ningún caso o exercicio privado e individual da liberdade relixiosa.

4. Nas actuacións e nas actividades de ensaio que impliquen a participación de coros e agrupacións vocais de canto deberá asegurarse que se respecte en todo momento a distancia de seguridade interpersoal entre os integrantes do coro ou da agrupación e, polo menos, de 3 metros entre estes e o público. Será obrigatorio, en calquera caso, o uso de máscara durante toda a actuación e nas actividades de ensaio.

5. Sen prexuízo das recomendacións de cada confesión en que se teñan en conta as súas particularidades, na celebración dos actos de culto deberanse observar as seguintes medidas de hixiene e prevención:

a) Procurarase manter a distancia de seguridade interpersoal entre os participantes entre si e co público asistente, e o uso de máscara será obrigatorio consonte o disposto no punto 1.4.

b) Diariamente deberanse realizar tarefas de desinfección dos espazos utilizados ou que se vaian utilizar e, de xeito regular, reiterarase a desinfección dos obxectos que se tocan con maior frecuencia.

c) Organizaranse as entradas e saídas para evitar aglomeracións de persoas nos accesos e inmediacións dos lugares de culto.

d) Poranse á disposición do público dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida, debidamente autorizados e rexistrados en lugares accesibles e visibles e, en todo caso, na entrada do lugar de culto, que deberán estar sempre en condicións de uso.

e) Non se permitirá o uso de auga bendita e as ablucións rituais deberán realizarse na casa.

f) Facilitarase no interior dos lugares de culto a distribución dos asistentes sinalizando, se for necesario, os asentos ou zonas utilizables en función da capacidade permitida en cada momento.

g) Nos casos en que os asistentes se sitúen directamente no chan e se descalcen antes de entrar no lugar de culto, usaranse alfombras persoais e situarase o calzado nos lugares estipulados, embolsado e separado.

h) Limitarase ao menor tempo posible a duración dos encontros ou celebracións.

i) Durante o desenvolvemento das reunións ou celebracións evitarase o contacto persoal, tocar ou bicar obxectos de devoción ou outros obxectos que habitualmente se manexen.

6. A utilización do exterior dos edificios ou da vía pública para a celebración de actos de culto con acompañamento de público deberá desenvolverse nas condicións que determine a autoridade municipal, á cal lle corresponde a súa autorización. Nestes casos, con carácter previo á celebración, delimitarase o espazo ou itinerario e a asistencia de público estará limitada a un máximo de 1.000 persoas. Procurarase manter a distancia de seguridade interpersoal entre os participantes entre si e co público asistente, e o uso de máscara será obrigatorio para os participantes e para o público asistente.

3.5. Cerimonias nupciais e outras celebracións relixiosas ou civís.

1. As cerimonias nupciais e demais celebracións relixiosas ou civís deberán respectar as regras de capacidade e as medidas de hixiene e prevención que sexan de aplicación ao lugar onde se desenvolvan.

2. As celebracións que poidan ter lugar tras a cerimonia en establecementos de hostalaría e restauración axustaranse ás condicións e á capacidade previstas para a prestación do servizo nestes establecementos.

3.6. Establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais.

1. Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade total nos concellos enumerados na letra A do anexo II, nin do setenta e cinco por cento nos concellos enumerados nas letras B, C e D do mesmo anexo II. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada un deles deberá gardar esta mesma proporción.

Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nos locais e establecementos de acordo co establecido no punto 1.3. O uso da máscara será obrigatorio en todo momento, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal.

2. O horario de peche dos ditos establecementos e locais será o que teñan fixado de acordo coa normativa vixente e deben respectar, se é o caso, as limitacións establecidas para a mobilidade nocturna.

3. Deberán prestar un servizo de atención preferente a maiores de 75 anos, o cal se deberá concretar en medidas como o control de accesos ou caixas de pagamento específicas, e/ou en horarios determinados que aseguren a dita preferencia na atención. A existencia do servizo de atención preferente deberá sinalarse de forma visible neses establecementos e locais.

4. Os establecementos que teñan consideración de gran superficie, entendendo por tales os que teñan máis de 2.500 metros cadrados de superficie, deberán dispor de sistemas ou dispositivos que permitan coñecer, en todo momento, o número de persoas usuarias existente no seu interior, así como o control da capacidade máxima permitida nas citadas instalacións.

O cumprimento da citada obriga será responsabilidade das persoas, físicas ou xurídicas, titulares das citadas instalacións.

3.7. Establecementos que teñan a condición de centros e parques comerciais ou que formen parte deles.

1. Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público situados en centros e parques comerciais non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade total nos concellos enumerados na letra A do anexo II, nin do setenta e cinco por cento nos concellos enumerados nas letras B, C e D do mesmo anexo II. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada un deles deberá gardar esta mesma proporción.

Para estes efectos, entenderanse por centros e parques comerciais os establecementos comerciais de carácter colectivo definidos no número 2 do artigo 23 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

2. A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao cincuenta por cento nos concellos enumerados na letra A do anexo II, e ao setenta e cinco por cento nos concellos enumerados nas letras B, C e D do mesmo anexo II. Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos. Nos concellos enumerados nas letras B, C e D permitirase a utilización de zonas recreativas, como poden ser zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso, respectando en todo caso a capacidade permitida para as zonas comúns.

3. O horario de peche dos centros e parques comerciais será o que teñan fixado de acordo coa normativa vixente e deben respectar, se é o caso, as limitacións establecidas para a mobilidade nocturna.

4. Deberanse establecer as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal no interior dos locais e establecementos e nas zonas comúns de acordo co establecido no punto 1.3. O uso de máscara será obrigatorio en todo momento, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no número 1.4 deste anexo. Ademais, deberán evitarse as aglomeracións de persoas que comprometan o cumprimento destas medidas.

5. Os centros e parques comerciais deberán dispor de sistemas ou dispositivos que permitan coñecer, en todo momento, o número de persoas usuarias existente no seu interior, así como o control da capacidade máxima permitida nas citadas instalacións.

O cumprimento da citada obriga será responsabilidade das persoas, físicas ou xurídicas, titulares das citadas instalacións ou das que teñan atribuída a súa xestión.

6. Deberán prestar un servizo de atención preferente a maiores de 75 anos, o cal se deberá concretarse en medidas como o control de accesos ou caixas de pagamento específicas, e/ou en horarios determinados que aseguren a dita preferencia na atención. A existencia do servizo de atención preferente deberá sinalarse de forma visible neses establecementos e locais.

3.8. Mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública.

1. No caso dos mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública ao aire libre ou de venda non sedentaria, coñecidos como feiras, a capacidade virá determinada polo número de postos autorizados do xeito seguinte:

a) Nos mercados con menos de 250 postos autorizados, poderán dispor do 100 % dos postos habituais ou autorizados.

b) Nos mercados que teñan máis de 250 postos autorizados, poderán dispor do 75 % dos postos habituais ou autorizados.

En todo caso, limitarán a afluencia de clientes de maneira que se asegure o mantemento da distancia de seguridade interpersoal.

Os concellos poderán aumentar a superficie habilitada ou habilitar novos días para o exercicio desta actividade para compensar as limitacións previstas anteriormente, e prestarán especial atención á vixilancia do cumprimento das medidas sanitarias e dos protocolos aplicables nestes contornos.

Os concellos establecerán requisitos de distanciamento entre os postos e as condicións de delimitación do mercado, co obxectivo de procurar manter a distancia de seguridade interpersoal entre traballadores, clientes e viandantes, de acordo co establecido no punto 1.3. O uso da máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal.

2. Deberá sinalarse de forma clara a distancia de seguridade interpersoal entre clientes, con marcas no chan ou mediante o uso de balizas, cartelaría e sinalización para aqueles casos en que sexa posible a atención individualizada de máis dun cliente ao mesmo tempo.

3. Recoméndase a posta á disposición de dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida debidamente autorizados e rexistrados nas inmediacións dos mercados ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública.

4. Realizarase, polo menos unha vez ao día, unha limpeza e desinfección das instalacións con especial atención ás superficies de contacto máis frecuentes, especialmente mostradores e mesas ou outros elementos dos postos, anteparos, de ser o caso, teclados, terminais de pagamento, pantallas táctiles, ferramentas de traballo e outros elementos susceptibles de manipulación, prestando especial atención a aqueles utilizados por máis dun traballador.

5. Procurarase evitar a manipulación directa dos produtos por parte dos clientes.

3.9. Actividades en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación.

1. A actividade que se realice en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación non incluídos no ámbito de aplicación do artigo 9 da Lei 2/2021, do 29 de marzo, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, inscritos no correspondente rexistro, poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do setenta e cinco por cento respecto do máximo permitido.

Nestes centros priorizarase a realización da actividade lectiva non presencial, por medios telemáticos (en liña) sempre que sexa posible.

2. Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal nas súas instalacións de acordo co establecido no punto 1.3.

3. No caso de utilización de vehículos, será obrigatorio o uso da máscara tanto polo persoal docente como polo alumnado ou o resto de ocupantes do vehículo.

3.10. Hoteis, albergues, aloxamentos turísticos.

1. Os hoteis, albergues e establecementos turísticos permanecerán abertos sen prexuízo das limitacións vixentes de entrada e saída de persoas en determinados ámbitos territoriais, que se deberán respectar en todo caso. Os clientes procedentes dalgún dos ámbitos territoriais aos cales se lles apliquen as ditas limitacións soamente se poderán ter desprazado aos establecementos situados fóra dese ámbito territorial polos motivos xustificados establecidos na normativa vixente.

2.Os albergues poderán manter a ocupación máxima das prazas dos espazos de aloxamento de uso compartido sempre que os peregrinos realicen o Camiño en todas as súas etapas no territorio galego nun mesmo grupo «burbulla» ou de convivencia estable. Para estes efectos, fomentarase a constitución destes grupos de convivencia estable para a realización do Camiño e o aloxamento compartido na rede pública e privada de albergues de Galicia. Para a acreditación da constitución dos grupos de convivencia estable para o aloxamento compartido admitirase a declaración responsable por parte dos membros do grupo, sen que, unha vez feita, poidan admitirse novos membros.

Cando o aloxamento compartido non sexa dun grupo de convivencia estable, a ocupación máxima das prazas nos espazos de aloxamento compartido será do 50 %.

3. A ocupación das zonas comúns dos hoteis, albergues e aloxamentos turísticos non poderá superar o cincuenta por cento da súa capacidade.

Para iso, cada establecemento deberá determinar a capacidade dos distintos espazos comúns, así como aqueles lugares en que se poderán realizar eventos e as condicións máis seguras para a súa realización conforme a capacidade máxima prevista e de acordo coas medidas de hixiene, protección e distancia mínima establecidas.

4. Poderán facilitar servizos de hostalaría e restauración para os clientes aloxados nestes establecementos. Para o resto de clientes, resultará de aplicación o disposto no punto 3.22.

5. No caso de instalacións deportivas de hoteis, albergues e aloxamentos turísticos, tales como piscinas ou ximnasios, rexeranse polas regras aplicables a este tipo de instalacións en función da incidencia acumulada do respectivo concello, de conformidade co previsto no punto 3.15

3.11. Actividade cinexética.

1. Está permitida a actividade cinexética en todas as súas modalidades sempre que se axuste ás limitacións de grupos de persoas aplicables no respectivo concello.

2. En todo caso, a realización das ditas actividades estará sometida ás restricións perimetrais que poidan estar vixentes en cada momento.

3.12. Pesca fluvial e marítima, deportiva e recreativa.

1. Está permitida a práctica da pesca fluvial e marítima, deportiva e recreativa, en todas as súas modalidades, sempre que se axuste ás limitacións de grupos de persoas aplicables no respectivo concello.

2. En todo caso, a realización das ditas actividades estará sometida ás restricións perimetrais que poidan estar vixentes en cada momento.

3.13. Parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre.

1. Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas de skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

2. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións de acordo co establecido no punto 1.3. O uso de máscara será obrigatorio nos termos previstos no número 1.4 do anexo I desta orde.

3. Recoméndase dispor neses espazos, especialmente no que se refire a parques infantís, de dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida, debidamente autorizados e rexistrados, ou dunha solución xabonosa no caso de espazos para menores de dous anos de idade.

3.14. Realización de actos e reunións laborais, institucionais, académicos ou profesionais, congresos e outros eventos.

1. A realización de actos e reunións laborais, institucionais, académicos, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativos, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, congresos e outros eventos poderá desenvolverse, sen superar o cincuenta por cento da capacidade permitida nos concellos da letra A do anexo II, sempre que o público asistente permaneza sentado.

Non obstante, nos concellos enumerados nas letras B, C e D do anexo II, estas actividades poderán desenvolverse, sen superar o setenta e cinco por cento da capacidade permitida, sempre que o público asistente permaneza sentado.

En todo caso, deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal de acordo co establecido no punto 1.3.

2. O recollido neste número será tamén de aplicación para as reunións de xuntas de comunidades de propietarios.

3.15. Actividade deportiva.

1. A realización da actividade física e deportiva non federada axustarase ás seguintes regras, en función dos datos epidemiolóxicos existentes nos correspondentes concellos:

a) Nos concellos enumerados na letra A do anexo II da presente orde, a práctica da actividade física e deportiva non federada só se poderá realizar ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre respectando as limitacións de grupos de persoas que puidesen resultar de aplicación no respectivo concello, e coa utilización de máscara de acordo co disposto no punto 1.4 do anexo I da presente orde.

b) Nos concellos enumerados nas letras B, C e D do anexo II da presente orde, a práctica da actividade física e deportiva non federada ao aire libre poderá realizarse de forma individual ou colectiva, coa utilización da máscara, de acordo co disposto no punto 1.4 do anexo I da presente orde. No caso da práctica de forma colectiva, os grupos deberán respectar as limitacións de grupos de persoas que puidesen resultar de aplicación no respectivo concello, sen contar, de ser o caso, o monitor.

Nas instalacións e nos centros deportivos pechados poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata dez persoas, sexan ou non conviventes, sen contar o monitor, coa utilización da máscara e sempre que non se supere o setenta e cinco por cento da capacidade máxima permitida.

Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas, cunha ocupación máxima do 75 %.

3.16. Centros, servizos e establecementos sanitarios.

1. Os titulares ou directores dos distintos centros, servizos e establecementos sanitarios, de natureza pública ou privada, deberán adoptar as medidas organizativas, de prevención e hixiene necesarias do seu persoal traballador e dos pacientes, co obxecto de aplicar as recomendacións emitidas nesta materia, relativas á distancia de seguridade interpersoal, ao uso de máscaras en sitios pechados de uso público, á capacidade, hixiene de mans e respiratoria, así como calquera outra medida que establezan as autoridades competentes.

2. Estas medidas deberán aplicarse na xestión dos espazos do centro, nos accesos, nas zonas de espera e na xestión das citas dos pacientes, así como na regulación de acompañantes ou visitas, tendo en conta a situación e actividade de cada centro. Para tal efecto, só se permitirá a presenza dunha persoa acompañante por usuario/a. Tamén se permitirá unha visita por paciente na UCI non COVID.

3. Así mesmo, adoptarán as medidas necesarias para garantir a protección da seguridade e saúde do seu persoal traballador, a limpeza e desinfección das áreas utilizadas e a eliminación de residuos, así como o mantemento adecuado dos equipamentos e instalacións.

4. Estarán obrigados a colaborar coas autoridades sanitarias e de política social nos labores de vixilancia, prevención e control da COVID-19.

3.17. Lonxas.

Nas lonxas deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal, de acordo co disposto no punto 1.3. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no punto 1.4.

3.18. Transportes.

1. As condicións de capacidade dos vehículos e embarcacións que realicen servizos colectivos de transporte de viaxeiros de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, isto é, o transporte en autobús –de carácter interurbano e urbano, sexa de uso xeral, de uso especial ou discrecional– e o transporte marítimo en augas interiores, quedan establecidas do seguinte xeito:

a) Nos vehículos e nas embarcacións que dispoñan de asentos poderase ocupar a totalidade dos asentos. Deberase manter a máxima separación entre as persoas usuarias cando o nivel de ocupación o permita.

b) Nos vehículos e nas embarcacións que teñan autorizadas prazas de pé procurarase que as persoas manteñan entre si a máxima distancia posible, e establécese como límite de ocupación máxima dous terzos das prazas de pé.

2. Como medidas adicionais aplicables aos modos de transporte establécense as seguintes:

a) Durante toda a duración do traxecto, cando esta sexa inferior a dúas horas, as persoas usuarias non poderán consumir alimentos no interior dos vehículos ou embarcacións e deberán, igualmente e na medida do posible, evitar consumir bebidas, conversar ou manter calquera outro contacto directo con outras persoas ocupantes do dito vehículo ou embarcación.

b) Na prestación de servizos colectivos regulares de transporte de viaxeiros de carácter interurbano de uso xeral, cando non estean autorizadas prazas de pé, e na prestación de calquera servizo de transporte marítimo en augas interiores da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia será obrigatoria a expedición de billete coa identificación do servizo concreto de transporte de que se trate e do vehículo ou da embarcación que o preste.

Igualmente, todos os anteriores vehículos e embarcacións deberán ter numerados os seus asentos de forma clara e visible para as persoas usuarias.

Naqueles servizos respecto dos cales non haxa unha asignación previa de asento recoméndaselles ás persoas viaxeiras que anoten no seu billete o número de asento que ocupen e que o conserven durante os 14 días posteriores ao da viaxe.

c) As empresas concesionarias procurarán a máxima ventilación do vehículo, sen recirculación do aire, mantendo as fiestras abertas sempre que non se produzan correntes de aire.

Para tal efecto, os vehículos que realicen varias viaxes en diferentes quendas horarias deberán proceder á ventilación deste antes de cada quenda e, sempre que for posible, á súa limpeza e desinfección. En todo caso, realizarase como mínimo unha limpeza diaria, empregando produtos e procedementos previstos no plan de limpeza e desinfección.

d) Tanto as empresas concesionarias como as persoas usuarias observarán en todo momento as medidas de protección e o uso da máscara, e as demais medidas de prevención, evitando condutas como levantarse, interactuar, berrar, compartir obxectos, tocar superficies comúns ou outras condutas que poidan xerar risco de contaxio ou transmisión.

3. Nos desprazamentos en vehículo particular respectaranse as limitacións que se establezan nesta orde para grupos de persoas no correspondente ámbito territorial.

Para tal efecto, serán de aplicación as seguintes regras:

a) Nos concellos enumerados na letra A do anexo II poderán desprazarse nun mesmo vehículo só as persoas conviventes, ben que estará permitido o desprazamento nun vehículo particular de persoas non conviventes que traballen xuntas e só para o traxecto de ida e volta ao centro de traballo, así como para que os menores poidan acudir a centros de ensino. Nestes casos, só se permitirán dúas persoas por fila de asentos e deberán usar todas máscara.

b) No resto dos concellos enumerados no anexo II respectaranse as limitacións para grupos de persoas no correspondente ámbito territorial e deberase usar sempre máscara dentro do vehículo cando se trate de persoas non conviventes.

4. Nos concellos enumerados na letra A do anexo II, os taxis e vehículos VTC poderán prestar servizos de transporte para persoas conviventes, así como escolares, persoal sanitario, pacientes ou traballadores non conviventes; nestes casos poderán desprazarse tantas persoas como prazas teña o vehículo e procurarase, cando o nivel de ocupación o permita, a máxima separación entre as persoas usuarias. En todos os casos será obrigatorio o uso da máscara.

No resto dos concellos poderán desprazarse tantas persoas como prazas teña o vehículo e procurarase, cando o nivel de ocupación o permita, a máxima separación entre as persoas usuarias. En todos os casos será obrigatorio o uso de máscara.

3.19. Áreas de servizo para profesionais do transporte.

1. Ás áreas de servizo para profesionais do transporte resultaranlles aplicables as medidas establecidas no número 3.22.

2. Adicionalmente, co obxecto de posibilitar os descansos adecuados en cumprimento da normativa de tempos de condución e descanso, imprescindibles para poder levar a cabo as operacións de transporte, e facilitarlles aos transportistas profesionais un servizo de restauración, aqueles establecementos situados en centros loxísticos e nas áreas de servizo da Rede de estradas do Estado en Galicia, vías de alta capacidade e Rede primaria básica de estradas de Galicia que dispoñan de cociña, servizos de restauración ou expendedores de comida preparada poderán permanecer abertos alén das limitacións horarias establecidas no número 3.22, incluído o horario nocturno de acordo coa súa regulación específica, para os únicos efectos de dar cumprimento a esta finalidade.

Para o acceso a estes establecementos, neste caso, será obrigatoria a presentación da tarxeta de profesional do transporte CAP, a consumición no interior deberá realizarse de xeito individual e sentado e non se poderá realizar a venda ou dispensación de bebidas alcohólicas.

3.20. Bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outros equipamentos culturais.

1. Nas bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outros equipamentos culturais, tanto de titularidade pública como privada, situados nos concellos enumerados na letra A do anexo II da presente orde, poderán realizarse actividades presenciais sen superar o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida.

Nos concellos enumerados nas letras B, C e D do anexo II da presente orde, as actividades presenciais poderán acadar unha capacidade máxima do setenta e cinco por cento da capacidade máxima permitida.

2. Este límite de ocupación será aplicable tamén á realización de actividades culturais nestes espazos e cun máximo de ata vinte persoas nas actividades de grupos, sexan ou non conviventes, excluído o monitor ou guía, e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, agás no caso de persoas conviventes.

3. Promoveranse aquelas actividades que eviten a proximidade física entre os participantes e primaranse as actividades de realización autónoma. Reforzarase o deseño de recursos educativos, científicos e divulgativos de carácter dixital que permitan a función como institucións educativas e transmisoras de coñecemento por medios alternativos aos presenciais. Quedará habilitado o uso dos elementos expostos deseñados para un uso táctil por parte do visitante.

3.21. Celebración de competicións deportivas con público, actividades en cines, teatros, auditorios e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas.

1. As competicións deportivas con público poderán celebrarse cunha ocupación máxima do 80 % en interior e do 100 % no exterior, sempre que o público asistente permaneza sentado e se garantan as medidas establecidas no punto 1.3 do anexo I.

2. As actividades en cines, teatros, auditorios e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas, poderán desenvolverse, sen superar o cincuenta por cento da capacidade permitida nos concellos da letra A do anexo II, sempre que o público asistente permaneza sentado. Nos concellos enumerados nas letras B, C e D do anexo II, estas actividades poderán desenvolverse sen superar o setenta e cinco por cento da capacidade permitida, sempre que o público asistente permaneza sentado.

En todo caso, deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións de acordo co establecido no punto 1.3. O uso de máscara será obrigatorio nos termos previstos no número 1.4 do anexo I desta orde.

3. Deberán realizarse tarefas de ventilación nas instalacións cubertas por espazo de, polo menos, 30 minutos ao comezo e ao final de cada xornada, así como de forma frecuente durante esta e obrigatoriamente ao finalizar cada actividade. No caso da utilización de sistemas de ventilación mecánica, deberá aumentarse a subministración de aire fresco e limitarase ao mínimo indispensable a función de recirculación do aire interior.

Deberán intensificarse as medidas de limpeza e desinfección das instalacións con produtos debidamente autorizados e rexistrados.

4. Deberá existir un rexistro de asistentes ao evento, que deberá ser custodiado durante o mes seguinte, coa información de contacto, dispoñible para as autoridades sanitarias, e cumprir coas normas de protección de datos de carácter persoal.

5. No referente á celebración dos espectáculos musicais/artísticos ao aire libre, aqueles organizados con público de pé unicamente poderán desenvolverse nos concellos enumerados na letra D do anexo II, sen superar o 33 % da superficie útil do recinto, de xeito que cada persoa dispoña de tres metros cadrados, cun límite máximo de asistentes de 5.000 persoas, distribuídas en sectores de 500.

Aqueles espectáculos musicais organizados con público sentado poderán desenvolverse sen superar o cincuenta por cento da capacidade permitida nos concellos enumerados na letra A do anexo II. Nos concellos enumerados nas letras B, C e D do anexo II, estas actividades poderán desenvolverse sen superar o setenta e cinco por cento da capacidade permitida.

No relativo ás medidas preventivas e de seguridade destes espectáculos musicais ao aire libre con público sentado ou de pé serán de aplicación, así mesmo, as indicadas nos protocolos publicados no seguinte enderezo electrónico:

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Espectaculos-musicais-aire-libre.

3.22. Hostalaría e restauración.

1. A prestación de servizos de hostalaría e restauración en bares, cafetarías e restaurantes axustarase ás regras previstas no novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, a ocupación máxima será de oito persoas no interior e quince persoas na terraza por mesa ou agrupación de mesas.

2. Os establecementos de restauración de centros sanitarios ou de traballo axustaranse tamén ás regras previstas no novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia e ao disposto no punto primeiro respecto da ocupación máxima por mesa ou agrupación de mesas.

3. Así mesmo, no caso de establecementos de hostalaría situados en centros educativos, aplicaranse as regras previstas no novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia e o disposto no punto primeiro respecto da ocupación máxima por mesa ou agrupación de mesas. Estas regras non serán aplicables aos comedores escolares, que se rexerán pola súa normativa específica.

3.23. Realización de procesos selectivos polas administracións públicas e entidades do sector publico.

A realización de procesos selectivos poderá desenvolverse, sempre que os asistentes permanezan sentados e que se establezan as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersonal de acordo co punto 1.3 do anexo, cun límite máximo de cincocentas persoas aspirantes.

Adoptaranse medidas para evitar aglomeracións e deberase manter a máxima separación posible entre as persoas aspirantes. Haberá unha planificación adecuada para controlar os accesos e o fluxo de circulación dos asistentes. Debe preverse a apertura de todas as portas dispoñibles coa antelación suficiente. Organizaranse as entradas e saídas para evitar aglomeracións de persoas, tanto nos accesos como nas inmediacións, e distribuiranse proporcionalmente as persoas entre as portas dispoñibles.

O uso de máscara será obrigatorio nos termos previstos no número 1.4 do anexo I desta orde.

Deberán realizarse tarefas de ventilación nas instalacións cubertas por un prazo de, polo menos, 30 minutos ao comezo e ao final de cada xornada, así como de forma frecuente durante esta e obrigatoriamente ao finalizar cada actividade. No caso da utilización de sistemas de ventilación mecánica, deberá aumentarse a subministración de aire fresco e non se poderá empregar a función de recirculación do aire interior.

Deberá existir un rexistro de asistentes e custodialo durante un mes despois do evento, coa información do contacto dispoñible para as autoridades sanitarias, cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.

Deberán intensificarse as medidas de limpeza e desinfección das instalacións con produtos debidamente autorizados e rexistrados.

No caso de realización de procesos selectivos de máis de cincocentos aspirantes, ou se as probas non se realizan coas persoas sentadas en todo momento, solicitarase autorización á Dirección Xeral de Saúde Pública en que se comuniquen o evento, as datas, as actividades que se van realizar e as medidas concretas organizativas e de seguridade propostas para os riscos de contaxio.

A solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir xunto cun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade pola COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueles outros que o desenvolvan, modifiquen ou substitúan.

3.24. Especificidades para determinadas actividades turísticas, centros de interpretación e visitantes, aulas da natureza, casetas e puntos de información.

1. Poderán realizarse actividades de turismo ao aire libre, organizadas por empresas habilitadas para iso, e a actividade de guía turístico para grupos de ata un máximo de trinta persoas máis o monitor, sexan ou non conviventes, e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

2. Nos centros de interpretación e visitantes, nas aulas da natureza, nas casetas e nos puntos de información da Rede galega de espazos protexidos e espazos similares non se poderá exceder o cincuenta por cento da súa capacidade e deberá respectarse o máximo de dez persoas nas actividades grupais no interior ou de trinta persoas nas actividades no exterior, sexan ou non conviventes. Ademais, deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

3.25. Centros de lecer infantil.

Enténdense por centros de lecer infantil os establecementos abertos ao público que se destinen a ofrecer xogos e atraccións recreativas deseñados especificamente para público de idade igual ou inferior a 12 anos, os espazos de xogo e entretemento, así como aqueles destinados á celebración de festas infantís.

Estes centros cumprirán o protocolo aprobado pola Orde do 30 de xuño de 2020 pola que se restablece a actividade dos centros de lecer infantil e se aproba o Protocolo en materia de lecer infantil para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, coas especialidades que a seguir se establecen:

a) Nos concellos indicados na letra A do anexo II non se poderán desenvolver actividades no interior dos centros de lecer. Aqueles establecementos que dispoñan de terraza ou xardín exterior poderán utilizala para actividades dirixidas e obradoiros, cunha capacidade máxima do 50 %, e en grupos dun máximo de dez nenos/as por grupo.

Os nenos/as dun grupo non poderán interactuar cos que integren outros grupos.

b) Nos concellos indicados nas letras B, C e D do anexo II, os centros de lecer infantil poderán desenvolver a súa actividade cunha capacidade máxima do 75 % e unha ratio dun monitor por cada dez participantes. Os grupos serán de dez nenos/as nas actividades tanto no interior coma no exterior.

Os nenos/as dun grupo non poderán interactuar cos que integren outros grupos.

3.26. Actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil e albergues e campamentos xuvenís.

1. Poderanse realizar actividades de tempo libre destinadas á poboación infantil e xuvenil sempre que se limite o número de participantes ao setenta por cento da capacidade máxima, cun máximo de cento vinte e cinco participantes, excluído o persoal monitor, cando estas actividades se leven a cabo ao aire libre.

2. Cando se realicen unicamente en espazos pechados, non se deberá superar o setenta por cento da capacidade máxima do recinto e cun máximo de cincuenta participantes, excluído o persoal monitor.

3. As actividades poderán realizarse en ambos os supostos en grupos de ata dez participantes, excluído o persoal monitor correspondente, que deberán traballar sen contacto entre os demais grupos. Cada grupo terá asignado, cando menos, un monitor, que se relacionará sempre co seu mesmo grupo. Así mesmo, primaranse as actividades que non requiran contacto físico e non se poderán realizar actividades que impliquen contacto físico constante entre participantes.

4. Os albergues e campamentos xuvenís poderán manter unha ocupación de ata o 70 % da súa capacidade máxima.

Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións de acordo co establecido no punto 1.3.

No caso dos campamentos, a ocupación nas tendas de campaña será do 50 % da súa capacidade máxima habitual, garantindo sempre a distancia interpersoal.

3.27. Uso das praias e piscinas de uso recreativo.

1. O concello respectivo deberá establecer limitacións tanto de acceso como de capacidade das praias co fin de asegurar que se poida respectar a distancia interpersoal de seguridade entre usuarios. Para os efectos de calcular a capacidade máxima permitida por cada praia, considerarase que a superficie de praia que vai ocupar cada usuario será de, polo menos, tres metros cadrados.

2. Nos concellos incluídos na letra A do anexo II, as piscinas ao aire libre ou cubertas de uso recreativo deberán respectar o límite do cincuenta por cento da súa capacidade, tanto no relativo ao acceso como durante a propia práctica deportiva ou recreativa. Nos concellos incluídos nas letras B, C e D do anexo II, o límite será do setenta e cinco por cento da súa capacidade. Quedan exentas destas limitacións as piscinas unifamiliares de uso privado. A capacidade máxima deberá publicarse nun lugar visible do establecemento.

Habilitaranse sistemas de acceso que eviten a aglomeración de persoas e que cumpran coas medidas de seguridade e protección sanitaria.

3. A situación dos obxectos persoais, toallas, hamacas e elementos similares nas zonas de estadía das piscinas e praias levarase a cabo de forma que se poida manter a distancia de seguridade interpersoal con respecto a outros usuarios. Así mesmo, deberán respectarse as limitacións de grupos de persoas aplicables no respectivo concello.

4. O uso de máscaras rexerase polo establecido no punto 1.4.

5. O uso de duchas e lavapés ao aire libre limitarase a unha persoa por dispositivo, sempre que se poida manter a distancia de seguridade interpersoal, agás no caso de menores ou persoas que precisen asistencia, as cales poderán contar co seu acompañante. No caso de zonas de ducha en instalacións pechadas, poderase usar o 50 % delas, teñan ou non cabina.

Respecto do uso de vestiarios e aseos en todas as instalacións, poderase utilizar o 100 % naqueles que dispoñan de cabinas, ou o 50 % se non dispoñen delas.

3.28. Acuarios, establecementos e actividades zoolóxicas, botánicas ou xeolóxicas.

1. Os acuarios, establecementos e actividades zoolóxicas, botánicas ou xeolóxicas, soamente poderán realizar a súa actividade cun límite máximo do 50 % de ocupación nos concellos enumerados na letra B do anexo II da presente orde, e dun 75 % nos concellos enumerados nas letras C e D do citado anexo II.

Nos concellos enumerados na letra A do anexo I permanecerán pechados.

2. Deberá respectarse o máximo de dez persoas nas actividades grupais no interior ou vinte persoas nas actividades no exterior, sexan ou non conviventes. Ademais, deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, de acordo co disposto no punto 1.3.

3. Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a dita prestación deste axustarase ao previsto no punto 3.22.

3.29. Atraccións de feira.

Nos concellos enumerados na letra A do anexo II da presente orde manterase o peche das atraccións de feira.

No caso dos concellos enumerados nas letras B, C e D do anexo II da presente orde, poderán desenvolver a súa actividade cumprindo coas seguintes medidas:

a) Nos espazos en que se instalen atraccións de feira respectaranse a distancia de seguridade interpersoal e as medidas hixiénicas exixibles a cada instalación ou actividade. Para tal efecto, nos espazos comúns de tránsito respectarase a ratio dunha persoa por cada tres metros cadrados de superficie útil, descontando a superficie ocupada polas estruturas instaladas.

b) Deberase sinalizar o espazo en que se desenvolvan as atraccións de tal maneira que se facilite o establecemento de puntos diferenciados para a entrada e saída, que deberán estar identificados con claridade.

c) A autoridade sanitaria local verificará o respecto da capacidade nos espazos comúns e adoptará as medidas necesarias para evitar aglomeracións.

d) Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal nas atraccións e postos instalados.

e) Tanto os asistentes como o persoal das atraccións deberán levar máscara de maneira obrigatoria e lembraráselles aos asistentes, por medio de carteis visibles e mensaxes de megafonía, a dita obrigatoriedade, así como as normas de hixiene e prevención que deben observar.

f) No caso das atraccións en que, polas súas características e configuración, quede garantido en todo momento o mantemento da distancia de seguridade interpersoal entre as persoas usuarias, poderán ocuparse todas as prazas dispoñibles.

En caso contrario, naquelas atraccións que dispoñan de asentos, poderá ocuparse ata un máximo que permita manter a distancia de seguridade interpersoal entre os ocupantes e reducirase ao cincuenta por cento o número de asentos de cada fila que se poidan ocupar, en caso de que esta distancia non se poida asegurar. Esta limitación non será de aplicación no caso de persoas conviventes. No caso de atraccións que non teñan asentos incorporados, a súa capacidade máxima será do trinta por cento da capacidade máxima da atracción.

g) Disporanse dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida debidamente autorizados e rexistrados en cada unha das atraccións.

h) Cada atracción deberá aplicar as medidas de limpeza e desinfección adecuadas ao tipo de actividade, á frecuencia e ás condicións de uso polas persoas usuarias, prestando especial atención ás superficies de contacto directo. En todo caso, cada atracción someterase a unha limpeza ao remate de cada xornada de uso.

i) Non se permitirán as piscinas de bólas, por mor da dificultade da súa limpeza, e poderá dedicarse o espazo correspondente a outra actividade lúdica para o público infantil. Respecto das atraccións inchables, estarán permitidas ata un 50 % da súa capacidade.

3.30. Celebración de eventos deportivos e outras actividades deportivas non federadas de carácter organizado como campus deportivos, campamentos deportivos e outras actividades análogas.

1. A celebración de eventos deportivos recollidos no artigo 22 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, poderá desenvolverse, sen superar o cincuenta por cento da capacidade permitida nos concellos da letra A do anexo II, sempre que o público asistente permaneza sentado e cun límite máximo de duascentas cincuenta persoas para lugares pechados e de cincocentas persoas se se trata de actividades ao aire libre.

Non obstante, nos concellos enumerados nas letras B, C e D do anexo II, estas actividades poderán desenvolverse, sen superar o setenta e cinco por cento da capacidade permitida, sempre que o público asistente permaneza sentado e cun límite máximo de cincocentas persoas para lugares pechados e de mil persoas se se trata de actividades ao aire libre.

En todo caso, deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións, de acordo co establecido no punto 1.3. O uso de máscara será obrigatorio nos termos previstos no número 1.4 do anexo I desta orde.

2. Os organizadores dos eventos deportivos e actividades deportivas non federadas de carácter organizado, como campus deportivos, campamentos deportivos e actividades análogas, recollidas no presente punto, deberán contar cun protocolo específico no ámbito da COVID-19, que será trasladado á autoridade competente e comunicado aos seus participantes.

Os protocolos, elaborados baixo a responsabilidade dos organizadores, deberán axustarse, con carácter mínimo, aos requirimentos que sexan de aplicación á concreta modalidade deportiva segundo o establecido nos protocolos aprobados consonte a Resolución do 15 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se aproba o protocolo Fisicovid-Dxtgalego.

3. Deberán realizarse tarefas de ventilación nas instalacións cubertas por espazo de, polo menos, 30 minutos ao comezo e ao final de cada xornada, así como de forma frecuente durante esta e, obrigatoriamente, ao finalizar cada actividade. No caso da utilización de sistemas de ventilación mecánica, deberá aumentarse a subministración de aire fresco e limitarase ao mínimo indispensable a función de recirculación do aire interior.

4. No caso de eventos realizados en recintos, sexan pechados ou ao aire libre, deberá existir un rexistro de asistentes e custodialo durante un mes despois do evento, coa información do contacto dispoñible para as autoridades sanitarias e cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.

5. Deberán intensificarse as medidas de limpeza e desinfección das instalacións con produtos debidamente autorizados e rexistrados.

6. En todo caso, nas actividades a que se refire o presente punto nas cales se pretenda superar as capacidades máximas previstas conforme cada nivel de restricións, a Dirección Xeral de Saúde Pública, logo de solicitude dos titulares ou promotores da actividade, disporá a realización dunha avaliación do risco para outorgar a autorización de acordo co disposto nas «Recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade por COVID-19 en España», acordado na Comisión de Saúde Pública do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde. O prazo para realizar a avaliación do risco será de 10 días, sen prexuízo dunha revisión de oficio posterior, se a situación epidemiolóxica así o exixe.

3.31. Uso seguro de lugares e espazos públicos.

1. Os concellos deberán adoptar medidas que coadxuven ao control das aglomeracións de persoas en lugares e espazos públicos en que non se respecten as medidas de seguridade e de distanciamento persoal, polos riscos que presentan para a saúde pública, especialmente cando se realicen actividades prohibidas como o consumo en grupo de bebidas alcohólicas na vía pública, nos parques, xardíns e prazas públicas e noutros lugares de tránsito público.

2. De acordo co previsto no número anterior, nas rúas ou zonas de concentración de actividades de hostalaría e restauración, ou nos establecementos de lecer nocturno, os concellos deberán adoptar medidas de control e vixilancia para evitar que se produzan as aglomeracións de persoas antes indicadas, tanto durante o desenvolvemento das actividades de hostalaría e restauración ou de lecer nocturno coma na súa finalización ao chegar o horario do seu peche, coa finalidade de evitar o uso indebido dos lugares e espazos públicos como continuación destas actividades.

3. En particular, e de acordo co establecido na letra f) do número 1 do artigo 38 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, coa mesma finalidade de coadxuvar no control das aglomeracións de persoas en lugares e espazos públicos en que non se respecten as medidas de seguridade e de distanciamento persoal, e das actividades prohibidas relacionadas co consumo de bebidas alcohólicas, os concellos procederán ao peche dos parques e xardíns públicos e dos lugares similares, así como das praias, a partir das 00.00 horas ata as 6.00 horas. Recoméndase, así mesmo, a adopción desta medida nas prazas públicas que sexan punto de concentración habitual para a realización das indicadas actividades.

4. Medidas especiais para determinadas actividades.

4.1. Adóptase a medida de peche temporal, durante o período a que se estende a eficacia da medida conforme o punto décimo primeiro da orde, das seguintes actividades, conforme as definicións contidas no anexo do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicación na materia:

I.3. Espectáculos taurinos.

I.4. Espectáculos circenses.

I.6. Espectáculos feirais e de exhibición.

I.7. Espectáculos pirotécnicos.

II.3. Actividades de lecer e entretemento.

II.4. Atraccións recreativas.

III. Establecementos abertos ao público:

III.2. Establecementos de actividades recreativas.

III.2.1. Establecementos de xogo.

III.2.1.1. Casinos.

III.2.1.2. Salas de bingo.

III.2.1.3. Salóns de xogo.

III.2.1.4. Tendas de apostas.

1. Os establecementos de xogos colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas, conforme estableza a normativa sectorial en materia de xogo, axustaranse ás regras previstas no novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. En particular, serán de aplicación os niveis dos establecementos, capacidades máximas, horarios e medidas adicionais para cumprir en cada nivel establecidos no novo Plan de hostalaría segura.

3. En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de oito persoas por mesa ou agrupación de mesas.

Así mesmo, deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas súas instalacións, especialmente na disposición e no uso das máquinas ou de calquera outro dispositivo de xogo nos locais e establecementos en que se desenvolvan actividades, de acordo co previsto no punto 1.3. O uso da máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos na normativa vixente».

III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos.

III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.

Nos concellos enumerados nas letras A e B do anexo II, os parques de atraccións e temáticos permanecerán pechados.

Nos concellos enumerados nas letras C e D do anexo II poderán desenvolver a súa actividade cunha capacidade do 50 % respecto da súa capacidade máxima. Estableceranse os oportunos mecanismos de control de acceso, tanto nas entradas e saídas do recinto como nos accesos ás distintas atraccións, de xeito que se eviten aglomeracións e se manteña obrigatoriamente a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

Así mesmo, deberán respectarse as limitacións de grupos de persoas aplicables no respectivo concello.

A entidade titular da instalación intensificará a limpeza e a desinfección dos elementos de uso compartido.

Aqueles establecementos que ofrezan servizos de hostalaría ou restauración nas súas instalacións observarán as regras establecidas no punto 3.22 do anexo I para este tipo de servizos.

O uso da máscara rexerase polo establecido no punto 1.4.

Respecto do uso de vestiarios e aseos en todas as instalacións, poderase utilizar o 100 % naqueles que dispoñan de cabinas ou o 50 %, se non dispoñen delas.

III.2.3.2. Parques acuáticos.

1. Nos concellos enumerados nas letras A, B do anexo II, os parques acuáticos permanecerán pechados.

Nos concellos enumerados nas letras C e D do anexo II, os parques acuáticos poderán desenvolver a súa actividade cunha capacidade do 50 % respecto da súa capacidade máxima. Estableceranse os oportunos mecanismos de control de accesos, tanto nas entradas e saídas do recinto como nos accesos ás distintas atraccións, de xeito que se eviten aglomeracións e se manteña obrigatoriamente a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

2. O emprego de flotadores ou outros elementos nas atraccións farase de xeito individual, agás no caso de menores ou persoas que precisen de asistencia. A entidade titular da instalación intensificará a limpeza e a desinfección respecto destes elementos de uso compartido.

3. A situación dos obxectos persoais, toallas, hamacas e elementos similares nas zonas de estadía e espazos comúns levarase a cabo de forma que se poida manter a distancia de seguridade interpersoal con respecto a outros usuarios. Así mesmo, deberán respectarse as limitacións de grupos de persoas aplicables no respectivo concello.

4. Aqueles establecementos que ofrezan servizos de hostalaría ou restauración nas súas instalacións observarán as regras establecidas no punto 3.22 do anexo I para este tipo de servizos.

5. O uso da máscara rexerase polo establecido no punto 1.4.

6. O uso de duchas e lavapés ao aire libre limitarase a 1 persoa por dispositivo, sempre que se poida manter a distancia de seguridade interpersoal, agás no caso de menores ou persoas que precisen asistencia, as cales poderán contar co seu acompañante. No caso de zonas de ducha en instalacións pechadas, poderase usar o 50 % delas, teñan ou non cabina.

7. Respecto do uso de vestiarios e aseos en todas as instalacións, poderase utilizar o 100 % naqueles que dispoñan de cabinas, ou o 50 % se non dispoñen delas.

III.2.3.4. Parques multiocio. Seranlles de aplicación as medidas previstas no punto III.2.3.1 para os parques de atraccións e temáticos.

III.2.7. Establecementos de lecer e entretemento.

III.2.7.1. Salas de festas.

III.2.7.2. Discotecas.

III.2.7.3. Pubs.

III.2.7.4. Cafés-espectáculo.

Os establecementos de lecer nocturno, tales como discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festas, así como as salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga aos anteriores, axustaranse ao establecido pola Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, a ocupación máxima será de 8 persoas no interior e 15 persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesas.

4.2. Manterán o seu funcionamento con actividade lectiva presencial os seguintes centros educativos de réxime especial:

1º) Escolas oficiais de idiomas.

2º) Escolas de arte e superior de deseño.

3º) Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

4º) Escola Superior de Arte Dramática.

5º) Conservatorios de música.

6º) Conservatorios de danza.

7º) Escolas de música.

8º) Escolas de danza.

9º) Centros autorizados de deportes, centros autorizados de fútbol, centros autorizados de fútbol sala.

10º) Centros autorizados de artes plásticas e deseño.

11º) Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que permanezan abertos e que limiten a súa actividade ao alumnado dos ditos centros docentes.

12º) Escolas de música privadas e escolas de danza privadas.

Os establecementos de arte dramática, música, danza e deportes antes enumerados poderán desenvolver a súa actividade con contacto físico.

4.3. A actividade ao público dos centros de interpretación e visitantes, das aulas da natureza, casetas e puntos de información da Rede galega de espazos protexidos levarase a cabo nas condicións establecidas no punto 3.24.

4.4. Os centros sociocomunitarios, centros cívicos, centros de convivencia, centros sociais e demais de natureza análoga poderán realizar a súa actividade cunha capacidade do 50 % nos concellos enumerados nas letras A e B, e do 75 % nos concellos enumerados nas letras C e D do anexo II, e sempre que se extremen as medidas de protección nas actividades de tipo grupal que se realizan neles, cun máximo de dez persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor ou guía, para as actividades grupais. En todo caso, será obrigatorio o uso da máscara tanto en actividades individuais como grupais.

Permanecerán abertos, en todo caso, os centros de día de maiores e persoas con discapacidade e os ocupacionais, así como as casas do maior.

4.5. Aqueles centros de atención á infancia que se encontren regulados e inscritos de conformidade co previsto no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, poderán manter os seus servizos observando as normas de prevención hixiénico-sanitarias previstas nos seus protocolos e as previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, na súa redacción vixente.

4.6 Mantense nos concellos enumerados nas letras A, B e C do anexo II o peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares.

Nos concellos enumerados na letra D do anexo II poderanse realizar festas, verbenas e eventos populares.

4.6.1. No caso de que nestas actividades se organicen espectáculos musicais ao aire libre, fóra de recintos pechados especificamente habilitados para o efecto, as medidas xerais aplicables serán as seguintes:

a) Deberán realizarse en espazos acoutados, sectorizados, perfectamente delimitados e pechados, aos cales unicamente se poida acceder polos accesos autorizados.

b) Cada sector contará cunha capacidade máxima de 500 asistentes e esta estará repartida homoxeneamente.

c) O número máximo de asistentes fixarase en función da situación epidemiolóxica segundo os límites establecidos nos correspondentes protocolos de espectáculos musicais ao aire libre.

d) Na zona de público non están permitidas as carpas con lonas laterais que impidan a ventilación natural.

e) Pódese bailar, sempre con máscara.

f) Poderá preverse o servizo de comida e bebidas se se realiza en espazos habilitados (que cumprirán as normas de hostalaría e restauración), debidamente dimensionados para o público que reciban. O consumo realizarase fóra da zona de baile. Os organizadores tomarán as precaucións oportunas para evitar a formación de aglomeracións. Os asistentes só poderán quitar a máscara para o momento específico do consumo.

h) Non está permitido fumar, consumir outros produtos do tabaco nin consumir cigarros electrónicos na área de público.

i) A venda/reserva de entradas, de ser o caso, será por adiantado, con rexistro previo dos asistentes.

Para o resto das medidas específicas serán de aplicación os protocolos de espectáculos musicais ao aire libre, accesibles no seguinte enderezo:

https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Espectaculos-musicais-aire-libre

4.6.2. A celebración de romarías, desfiles, exhibicións de música ou baile, ou actividades similares en espazos abertos e con acompañamento de público na vía pública deberá desenvolverse nas condicións que deberá determinar a autoridade municipal correspondente. Nestes casos, con carácter previo á celebración, delimitarase o espazo ou o itinerario. Procurarase manter a distancia de seguridade interpersoal entre os participantes entre si e co público asistente, e o uso de máscara será obrigatorio para os participantes e para o público asistente.

Orde do 1 de xullo de 2021.

Artigo modificado:Anexo I apartados 3.15 e 3.27 nova redacción por artigo primeiro apartados un e dous.

Orde do 8 de xullo de 2021.

Artigo modificado:Anexo I puntos 3.21, 3.31 e 4.1 nova redacciión por artigo segundo apartados un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete e oito.

Orde do 15 de xullo de 2021.

Artigo modificado:Anexo I puntos 3.15, 3.22, 3.25, 3.27, 4.1, 4.6 nova redacciión por artigo primeiro apartados dous, tres, catro, cinco, seis, sete, oito, nove, dez e once.

Orde do 22 de xullo de 2021.

Artigo modificado:Anexo I apartado 3.15, 3.21, 3.22, 3.27 e 4.1 nova redacción por artigo segundo apartado dous, tres, catro, cinco, seis, sete, oito e nove.

Orde do 5 de agosto de 2021.

Artigo modificado:Anexo I apartado 3.29 nova redacción por artigo segundo apartado un.

Orde do 13 de agosto de 2021.

Artigo modificado:Anexo I apartados 3.22 e 4.1 nova redacción por artigos segundo, terceiro e quinto.

Orde do 20 de agosto de 2021.

Artigo modificado:Anexo I apartados 3.22, 4.1 e 3.10 nova redacción por artigos terceiro, cuarto, sexto e sétimo.

Orde do 9 de setembro de 2021.

Artigo modificado:Anexo I apartados 3.21, 3.22 e 4.4 nova redacción por artigo primeiro apartados un, dous e tres.

Orde do 14 de setembro de 2021.

Artigo modificado:Anexo I apartados 3.22 e 4.1 nova redacción por artigo quinto apartados dous e tres.

Orde do 16 de setembro de 2021.

Artigo modificado:Anexo I apartados 3.22 e 4.1 nova redacción por artigo terceiro apartados un e dous.

Orde do 22 de setembro de 2021.

Artigo modificado:Anexo I apartados 3.14, 3.15, 3.20, 3.21, 3.25, 3.27 e 4.4 nova redacción por artigo primeiro apartados un, dous, tres, catro, cinco, seis e sete.

Orde do 29 de setembro de 2021.

Artigo modificado:Anexo I apartados 1.3, 3.18 e 3.21 nova redacción por artigo terceiro apartados un, dous e tres.

Orde do 29 de setembro de 2021.

Artigo modificado:Anexo I apartado 4.1 nova redacción por artigo sexto apartado un.

ANEXO II

A) Concellos con nivel de restrición máxima:

...

B) Concellos con nivel de restrición alta:

...

C) Concellos con nivel de restrición media:

Barco de Valdeorras (O)

Foz

D) Concellos con nivel de restrición media-baixa:

Abadín

Abegondo

Agolada

Alfoz

Allariz

Ames

Amoeiro

Antas de Ulla

Aranga

Arbo

Ares

Arnoia (A)

Arteixo

Avión

Arzúa

Baiona

Baleira

Baltar

Bande

Baña (A)

Baños de Molgas

Baralla

Barbadás

Barreiros

Barro

Beade

Beariz

Becerreá

Begonte

Bergondo

Betanzos

Blancos (Os)

Boborás

Boimorto

Boiro

Bola (A)

Bolo (O)

Boqueixón

Bóveda

Brión

Bueu

Burela

Cabana de Bergantiños

Cabanas

Caldas de Reis

Calvos de Randín

Camariñas

Cambados

Cambre

Campo Lameiro

Cangas

Cañiza (A)

Capela (A)

Carballeda de Avia

Carballeda de Valdeorras

Carballedo

Carballiño (O)

Carballo

Cariño

Carnota

Carral

Cartelle

Castrelo de Miño

Castrelo do Val

Castro Caldelas

Castro de Rei

Castroverde

Catoira

Cedeira

Cee

Celanova

Cenlle

Cerceda

Cerdedo-Cotobade

Cerdido

Cervantes

Cervo

Chandrexa de Queixa

Chantada

Coirós

Coles

Corcubión

Corgo (O)

Coristanco

Cortegada

Coruña (A)

Cospeito

Covelo

Crecente

Cualedro

Culleredo

Cuntis

Curtis

Dodro

Dozón

Dumbría

Entrimo

Esgos

Estrada (A)

Fene

Ferrol

Fisterra

Folgoso do Courel

Fonsagrada (A)

Forcarei

Fornelos de Montes

Frades

Friol

Gomesende

Gondomar

Grove (O)

Guarda (A)

Gudiña (A)

Guitiriz

Guntín

Illa de Arousa (A)

Incio (O)

Irixo (O)

Irixoa

Lalín

Lama (A)

Láncara

Laracha (A)

Larouco

Laza

Laxe

Leiro

Lobeira

Lobios

Lourenzá

Lousame

Lugo

Maceda

Malpica de Bergantiños

Manzaneda

Mañón

Marín

Maside

Mazaricos

Meaño

Meira

Meis

Melide

Melón

Merca (A)

Mesía

Mezquita (A)

Miño

Moaña

Moeche

Mondariz

Mondariz-Balneario

Mondoñedo

Monfero

Monforte de Lemos

Montederramo

Monterrei

Monterroso

Moraña

Mos

Mugardos

Muíños

Muras

Muros

Muxía

Narón

Navia de Suarna

Neda

Negreira

Negueira de Muñiz

Neves (As)

Nigrán

Nogais (As)

Nogueira de Ramuín

Noia

Oia

Oímbra

Oleiros

Ordes

Oroso

Ortigueira

Ourense

Ourol

Outeiro de Rei

Outes

Oza-Cesuras

Paderne

Paderne de Allariz

Padrenda

Padrón

Palas de Rei

Pantón

Parada de Sil

Paradela

Páramo (O)

Pastoriza (A)

Pazos de Borbén

Pedrafita do Cebreiro

Pereiro de Aguiar (O)

Peroxa (A)

Petín

Pino (O)

Piñor

Pobra de Trives (A)

Pobra do Brollón (A)

Pobra do Caramiñal (A)

Poio

Pol

Ponteareas

Ponte Caldelas

Ponteceso

Pontecesures

Pontedeume

Pontedeva

Pontenova (A)

Pontes de García Rodríguez (As)

Pontevedra

Porqueira

Porriño (O)

Portas

Porto do Son

Portomarín

Punxín

Quintela de Leirado

Quiroga

Rábade

Rairiz de Veiga

Ramirás

Redondela

Rianxo

Ribadavia

Ribadeo

Ribadumia

Ribas de Sil

Ribeira

Ribeira de Piquín

Riós

Riotorto

Rodeiro

Rois

Rosal (O)

Rúa (A)

Rubiá

Sada

Salceda de Caselas

Salvaterra de Miño

Samos

San Amaro

San Cibrao das Viñas

San Cristovo de Cea

Sandiás

San Sadurniño

Santa Comba

Santiago de Compostela

Santiso

Sanxenxo

San Xoán de Río

Sarreaus

Sarria

Saviñao (O)

Silleda

Sober

Sobrado

Somozas (As)

Soutomaior

Taboada

Taboadela

Teixeira (A)

Teo

Toén

Tomiño

Toques

Tordoia

Touro

Trabada

Trasmiras

Trazo

Triacastela

Tui

Valadouro (O)

Val do Dubra

Valdoviño

Valga

Vedra

Veiga (A)

Verea

Verín

Viana do Bolo

Vicedo (O)

Vigo

Vilaboa

Vila de Cruces

Vilagarcía de Arousa

Vilalba

Vilamarín

Vilamartín de Valdeorras

Vilanova de Arousa

Vilar de Barrio

Vilar de Santos

Vilardevós

Vilariño de Conso

Vilarmaior

Vilasantar

Vimianzo

Viveiro

Xermade

Xinzo de Limia

Xove

Xunqueira de Ambía

Xunqueira de Espadanedo

Zas

Orde do 1 de xullo de 2021.

Artigo modificado:Anexo II nova redacción por artigo primeiro apartado tres.

Orde do 8 de xullo de 2021.

Artigo modificado:Anexo II nova redacciión por artigo segundo apartado nove.

Orde do 15 de xullo de 2021.

Artigo modificado:Anexo II nova redacciión por artigo primeiro apartado doce.

Orde do 22 de xullo de 2021.

Artigo modificado:Anexo II nova redacción por artiigo segundo apartado dez.

Orde do 29 de xullo de 2021.

Artigo modificado:Anexo II nova redacción por artiigo primeiro.

Orde do 5 de agosto de 2021.

Artigo modificado:Anexo II nova redacción por artigo segundo apartado dous.

Orde do 13 de agosto de 2021.

Artigo modificado:Anexo II nova redacción por artigo sexto.

Orde do 16 de agosto de 2021.

Artigo modificado:Anexo II nova redacción por artigo primeiro.

Orde do 20 de agosto de 2021.

Artigo modificado:Anexo II nova redacción por artigo oitavo.

Orde do 25 de agosto de 2021.

Artigo modificado:Anexo II nova redacción por artigo primeiro.

Orde do 27 de agosto de 2021.

Artigo modificado:Anexo II nova redacción por artigo primeiro.

Orde do 1 de setembro de 2021.

Artigo modificado:Anexo II nova redacción por artigo terceiro.

Orde do 9 de setembro de 2021.

Artigo modificado:Anexo II nova redacción por artigo primeiro apartado cuarto.

Orde do 16 de setembro de 2021.

Artigo modificado:Anexo II nova redacción por artigo terceiro apartado tres.

Orde do 22 de setembro de 2021.

Artigo modificado:Anexo II nova redacción por artigo primeiro apartado oito.

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Universidade de Santiago de Compostela
Parlamento de Galicia
Xunta de Galicia