lex.gal dereito galego consolidado

Norma Consolidada

Orde do 22 de xullo de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e se modifica a Orde do 1 de xullo de 2021 pola que se aproba o Protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

Publicado en: DOG 139 Bis 22/07/2021

Departamento: Consellería de Sanidade

Estado: En vigor

PDF

Inclúe a corrección de erros publicada no DOG núm. 140, do 23 de xullo de 2021.
No caso das celebracións e eventos en establecementos de restauración para os días 24 e 25 de xullo que xa estivesen concertados antes do día 23 de xullo, non serán aplicables as limitacións que sexan consecuencia da elevación do nivel de restrición, ben que estas celebracións e eventos deberán ser comunicados polos titulares dos establecementos á correspondente xefatura territorial da Consellería de Sanidade para que se poidan adoptar as medidas ou efectuar as recomendacións pertinentes.

I

A evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia fai necesario que as autoridades sanitarias autonómicas sigan adoptando determinadas medidas de prevención orientadas a conter a propagación da infección e dirixidas a facer fronte á crise sanitaria derivada da COVID-19.

Mediante a Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, deuse publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición a unha nova normalidade. O obxecto dese acordo foi establecer as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, tras a superación da fase III do Plan para a transición a unha nova normalidade e ata o levantamento da declaración da situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020.

Conforme o punto sexto do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020, as medidas preventivas previstas nel serán obxecto de seguimento e avaliación continua co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Con esta finalidade poderán ser obxecto de modificación ou supresión mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de sanidade. Establécese, ademais, que a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, como autoridade sanitaria, poderá adoptar as medidas necesarias para a aplicación do acordo e poderá establecer, de conformidade coa normativa aplicable e en vista da evolución da situación sanitaria, todas aquelas medidas adicionais ou complementarias ás previstas no acordo que sexan necesarias. Dentro desta habilitación quedan incluídas aquelas medidas que resulten necesarias para facer fronte á evolución da situación sanitaria en todo ou en parte do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que modifiquen ou, de modo puntual e cun alcance temporalmente limitado, impliquen o desprazamento da aplicación das medidas concretas contidas no anexo do citado acordo.

Con base no disposto no citado punto sexto do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020, adoptáronse, mediante a Orde do 25 de xuño de 2021, unha serie de medidas que teñen por obxecto regular distintas actividades coa finalidade de que se poidan desenvolver en condicións de seguridade, minimizando ao máximo o risco de contaxio e a propagación da enfermidade.

Estas medidas específicas tradúcense, en moitos casos, no establecemento de capacidades máximas e na regulación destas, xa que se demostrou que para lograr o fin proposto resulta imprescindible evitar as aglomeracións e garantir o mantemento en todo momento da distancia de seguridade, reducindo o contacto físico ou a proximidade en condicións favorecedoras do contaxio. A evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria na Comunidade Autónoma exixiu modificar determinados aspectos da orde coa finalidade de adaptar as medidas contidas nela á realidade actual, o que se fixo mediante a Orde do 1 de xullo de 2021. Posteriormente, mediante a Orde do 8 de xullo de 2021 introducíronse novas modificacións e prorrogouse a eficacia da Orde do 25 de xuño ata as 00.00 horas do 24 de xullo de 2021, e mediante a Orde do 15 de xullo de 2021 modificáronse a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e a Orde do 1 de xullo de 2021 pola que se aproba o Protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

Neste marco, e coa finalidade de que as medidas de prevención fronte á COVID-19 sigan adaptándose á evolución da situación epidemiolóxica, acométese unha nova prórroga e modificación da Orde de 25 de xuño, de conformidade coa previsión contida no punto noveno da citada Orde do 25 de xuño de 2021, segundo a cal, en cumprimento dos principios de necesidade e de proporcionalidade, as medidas previstas nela deben ser obxecto de seguimento e avaliación continua, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria.

Tamén se introducen unha serie de modificacións no anexo I da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Así, modifícase o número 5 do punto 3.21 do citado anexo I, para harmonizar a redacción deste punto no que atinxe á celebración dos espectáculos musicais/artísticos ao aire libre, coas previsións existentes respecto do resto dos espectáculos musicais e os respectivos protocolos.

Outras modificacións teñen por obxecto adaptar a regulación da orde ás posibles limitacións de grupos de persoas que se establezan de acordo coas medidas de prevención vixentes en cada momento.

Así mesmo, modifícase o punto 3.22 do anexo I, en relación coa hostalaría e restauración, de xeito que se produce unha variación nas capacidades máximas permitidas no interior e no exterior e se permite o funcionamento dos establecementos tanto no interior coma no exterior en todos os niveis. A apertura dos interiores da hostalaría nos niveis de restricións máximo e alto permítese ao establecer a exixencia da necesidade de presentación de documentación xustificativa de vacinación, proba diagnóstica negativa ou superación de enfermidade, como medida de seguridade sanitaria para o desenvolvemento destas actividades co obxecto de protexer a saúde pública. Este requisito non será exixible para as persoas menores de 12 anos.

Do mesmo xeito, modifícase a regulación dos establecementos de xogo para adaptala ás determinacións aplicables á hostalaría e restauración.

Por último, modifícanse as medidas aplicables aos establecementos de lecer nocturno para permitir a apertura das terrazas ata a 1.00 horas nos niveis de restrición máximo e alto e adaptala á regulación da hostalaría que se efectúa nesta orde. Modifícase tamén a Orde do 1 de xullo de 2021 pola que se aproba o Protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 para adaptala á regulación desta orde.

II

De conformidade co exposto, saliéntase que a adopción das medidas contidas nesta orde vén determinada pola evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria da Comunidade Autónoma. Así resulta do informe da Dirección Xeral de Saúde Pública do 21 de xullo de 2021, do cal se destacan os seguintes datos:

O número reprodutivo instantáneo (Rt), que indica o número de contaxios orixinados por un caso activo, segue a manterse por riba de 1 desde o 18 de xuño, aínda que cun descenso desde o día 14 de xullo, o cal indica un aumento na transmisión da infección. A área de Ourense está a achegarse a 1.

Do total de concellos de Galicia (N = 313), 29 non notificaron casos nos últimos 14 días. O número de concellos sen casos nos últimos 7 días foi de 51. Isto supón un aumento en 23 concellos a 14 días e en 48 concellos a 7 días desde hai unha semana, que era de 53 e 109, a 14 e 7 días.

Entre o 9 e o 15 de xullo realizáronse 77.999 probas diagnósticas de infección activa polo virus SARS-CoV-2 (45.959 PCR e 27.040 tests de antíxenos), cunha porcentaxe de positividade a sete días do 8,86 %, fronte ao 6,30 % de entre o 4 e o 10 de xullo, o que supón un aumento do 41 % na porcentaxe de positividade desde hai unha semana.

A incidencia acumulada a 7 e 14 días é de 278 e 418 casos por 100.000 habitantes, respectivamente, valores superiores aos observados hai unha semana, que eran de 179 e 252 casos por 100.000 habitantes, respectivamente (aumento do 55 % a 7 días e do 66 % a 14 días).

A tendencia diaria mostra, desde o 1 de marzo, un primeiro tramo de crecemento lento, cunha porcentaxe de cambio diaria (PCD) do 0,6 %; un segundo tramo decrecente, a un ritmo non moi rápido, cunha PCD do -2,2 %, e un terceiro, a partir do 19 de xuño, de crecemento rápido cunha PCD do 10,7 %.

En relación coas áreas sanitarias, as taxas a 14 días están entre os 239,01 casos por 100.000 habitantes de Ferrol e os 653,51 de Ourense. As taxas de incidencia a 14 días seguen a aumentar respecto de hai 7 días. Todas as áreas presentan taxas a 14 días con valores superiores aos 250 casos por 100.000 habitantes e taxas a 7 días superiores aos 150 casos por 100.000 habitantes. As áreas de Ourense e Pontevedra presentan taxas a 14 días superiores aos 500 casos por 100.000 habitantes.

No que respecta á hospitalización dos casos COVID-19, a media de pacientes con COVID-19 en hospitalización de agudos nos últimos 7 días foi de 85,1, o que significa un aumento do 70,3 % respecto de hai 7 días. A taxa de pacientes con COVID-19 en hospitalización de agudos é de 3,2 ingresados por 100.000 habitantes, cun aumento, tamén, do 70,3 % respecto de hai 7 días.

En canto aos ingresos COVID-19 nas unidades de críticos (UCI) nos últimos 7 días, a media foi de 17,4 e a taxa a 7 días de ingresados nas UCI é de 0,6 ingresados por 100.000 habitantes, o que supón un aumento do 62,7 % respecto de hai 7 días, tanto na media como na taxa.

En canto á situación epidemiolóxica dos concellos, nos concellos con poboación igual ou maior de 10.000 habitantes (54), 14 presentan unha taxa axustada de incidencia a 14 días igual ou superior aos 250 casos por 100.000 habitantes, fronte aos oito do informe anterior, e dous superan os 500 casos por 100.000 habitantes, O Barco de Valdeorras e Sanxenxo.

No que se refire aos concellos de menos de 10.000 habitantes (259), 17 presentan unha taxa axustada de incidencia a 14 días igual ou superior aos 250 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 5 de hai unha semana. Deles, un presenta taxas axustadas de incidencia iguais ou superiores a 500 casos por 100.000 habitantes, o de Avión.

No que atinxe ás comarcas, aplicando os mesmos niveis de incidencia que para os concellos e tendo en conta as taxas axustadas, está no nivel máximo O Salnés. No nivel alto atópanse as comarcas de Vigo, Pontevedra, O Baixo Miño, Valdeorras, Ourense, O Carballiño, A Mariña Oriental, A Mariña Central, A Mariña Occidental, Terra de Melide e Barbanza. Atópanse no nivel medio, desde hai máis dun día, as comarcas do Morrazo, O Ribeiro, A Baixa Limia, Allariz-Maceda, Sarria, Meira, Lugo, Santiago, Noia, Fisterra, A Coruña e Bergantiños.

Por outro lado, en canto ás variantes, o informe sinala que desde a posta en marcha da vixilancia da prevalencia das variantes en Galicia, baseada na aplicación dunhas PCR específicas sobre unha mostra aleatoria das mostras positivas para SARS-CoV-2 por PCR da semana previa, identificadas nos servizos de microbioloxía dos hospitais CHUAC, CHUS, Chuvi, CHUO, HULA e Vithas (Vigo), na semana epidemiolóxica 27/2021 (do 5 ao 11 de xullo), a porcentaxe de positividade para a posible variante Alfa foi dun 43 % (IC95 %: 40-45 %) e para a variante Delta foi do 47 % (IC95 %: 44-49 %).

Polas diferenzas nas fraccións de mostraxe entre áreas sanitarias, a prevalencia axustouse ao número de casos en cadansúa área, que é notablemente diferente á prevalencia sen axustar, 57 % (IC95 %: 54-59 %) e 39 % (IC95 %: 37-42 %) para as variantes Delta e Alfa, respectivamente.

Ata a semana 27, incluída, das variantes de preocupación (VOC) identificáronse 874 casos da variante Alfa con secuenciación completa, da variante Beta, 55 casos (28 por secuenciación e 27 con patrón compatible por PCR); da variante Gamma, 107 casos, 82 por secuenciación e 15 con patrón compatible por PCR); da variante Delta, 153 casos.Ademais das VOC, tense constancia de catro mostras coa variante Eta, nove mostras coa variante Iota, 15 mostras coa variante Lambda (C.37) e 18 mostras con variante B.1.621.

Segundo os datos reflectidos no informe, este conclúe que a taxa de incidencia segue a aumentar tanto a 7 como a 14 días. A tendencia amosou un novo cambio cara ao ascenso, cunha porcentaxe de cambio diario do 10,7 %, a partir do 19 de xuño. O Rt no global de Galicia segue por riba de 1.

A información do modelo de predición indica que a incidencia parece ter unha certa estabilización a 7 días e seguiría a aumentar a 14 días.

A taxa de incidencia a 14 días, no global de Galicia, está nos 418 casos por 100.000 habitantes. As áreas sanitarias da Ourense, Pontevedra e Vigo presentan taxas a 14 días superiores aos 400 casos por 100.000 habitantes.

No que atinxe aos concellos de máis de 10.000 habitantes, xa aplicando o axuste de taxas, hai 14 concellos con taxas de incidencia a 14 días iguais ou superiores a 250 por 100.000 habitantes. Nos de menos de 10.000, hai 17 concellos que superen unha taxa de incidencia de 250 por 100.000 habitantes.

Neste momento a circulación da cepa Alfa segue a diminuír e a variante Delta xa é a de maior prevalencia (47 % Delta, 43 % Alfa), e posto que ten unha transmisibilidade maior ca a británica, pode ser, entre outros motivos, o que estea a influír nun aumento da transmisión.

Cómpre indicar que o criterio que se vén utilizando para determinar os niveis de restrición aplicables a cada un dos concellos da Comunidade Autónoma é, ademais do da situación sanitaria, o da taxa de incidencia acumulada segundo os casos por cada 100.000 habitantes, tanto a 14 días como a 7 días; esta última permite reaccionar con maior rapidez e eficacia fronte aos gromos.

Desta maneira establecéronse os seguintes niveis de restricións: nivel de restricións máximo, alto, medio e medio-baixo.

Atendendo ás taxas de incidencia acumulada a 14 días, sitúanse no nivel medio-baixo os concellos con taxas por debaixo dos 150 casos por cada 100.000 habitantes; no medio, os concellos con taxas que se atopen entre os 150 e por debaixo dos 250 casos por cada 100.000 habitantes; no alto, os concellos con taxas que se atopen entre os 250 e por debaixo dos 500 casos por cada 100.000 habitantes, e no nivel de restrición máxima, os concellos cuxas taxas de incidencia acumulada sexan máis de 500 casos por 100.000 habitantes.

Pola súa banda, atendendo ás taxas de incidencia acumulada a 7 días, sitúanse no nivel medio-baixo os concellos que se atopen por debaixo dos 75 casos por cada 100.000 habitantes; no medio, os concellos que se atopen entre os 75 e por debaixo dos 125 casos por cada 100.000 habitantes; no nivel alto, os concellos que se atopen entre os 125 e por debaixo dos 250 casos por cada 100.000 habitantes, e no nivel de restrición máxima, os concellos cuxas taxas de incidencia acumulada sexan máis de 500 casos por 100.000 habitantes.

A taxa de incidencia acumulada non é o único criterio que se ten en conta para determinar o nivel aplicable a cada concello, xa que este dato se modula en función doutros factores e da análise da situación do propio concello. Así, o criterio da incidencia vese completado coa consideración de criterios demográficos (pois debe terse en conta que en concellos de escasa poboación poucos casos poden dar lugar a taxas moi elevadas, que deben ser postas no debido contexto). Ademais, os servizos de saúde pública e o Comité e o Subcomité Clínico veñen analizando as características específicas de cada gromo. Neste sentido, vénse prestando unha especial atención á existencia de gromos non controlados ou de casos sen vínculo epidemiolóxico, así como ao feito de que non se observe unha melloría clara na evolución da situación epidemiolóxica.

Actualmente, o avance da campaña de vacinación masiva esta a conseguir protexer a poboación e retomar actividades económicas e sociais ata o de agora limitadas para evitar un maior número de contaxios. Non obstante, e mentres non se alcance a inmunidade de grupo, é necesario seguir adoptando medidas preventivas e de control que permitan garantir as máximas condicións de seguridade e reducir o risco de contaxio e propagación da COVID-19. Estas medidas deben ser adecuadas e eficaces de acordo coa evolución da situación epidemiolóxica e de capacidade do sistema asistencial.

Tendo en conta o expresado en relación con que existe unha porcentaxe moi elevada de poboación vacinada, o cal permitiu unha redución importante de hospitalizacións e falecementos, foi necesario actualizar os indicadores de risco establecidos antes do inicio da campaña de vacinación. Deste xeito, a partir da adopción destes novos criterios, as medidas de prevención e control pretenden adaptarse ao novo escenario en que nos atopamos, onde prevalecen os casos entre a poboación máis nova e na que unha porcentaxe maioritaria non ten consecuencias clínicas importantes. Neste sentido, saliéntase que dous terzos dos casos se están a dar entre os 15 e os 39 anos de idade e que existe un menor risco de padecer a enfermidade grave nesas franxas de idade.

Na situación actual concorren, en definitiva, determinadas circunstancias que aconsellan axustar as taxas de incidencia acumulada mediante a aplicación dun factor de corrección baseado no risco de ingreso hospitalario, xa que a situación da carga asistencial hospitalaria é, neste momento, de 3,2 e 0,6 ingresos por 100.000 en hospitalización de agudos e en unidades de críticos, respectivamente, a pesar das taxas de incidencia elevadas que se están a observar. Isto indica que a onda ten un menor impacto nos ingresos por COVID-19, o que se atribúe aos factores aludidos de vacinación dos maiores e á idade dos casos.

Para reflectir este feito, a partir da adopción deste novo criterio, a incidencia acumulada global a 14 e 7 días axustarase segundo evolucione o risco de ingreso en cada momento. A consideración do risco de ingreso como factor permitirá manter os niveis de restricións establecidos na súa forma actual (nivel máximo, nivel alto, nivel medio e nivel medio-baixo), pero cunha actualización dos valores que provocan a entrada nun ou noutro nivel segundo o factor expresado do risco de ingreso, o que permitirá ter en conta en cada momento de forma dinámica os efectos positivos do avance da campaña de vacinación.

Para determinar nesta orde os concellos de nivel de restrición máximo e alto tivéronse en conta as taxas de incidencia a 14 e 7 días axustadas, mais mantendo as mesmas taxas de incidencia previas ao axuste.

A metodoloxía utilizada para o cálculo da incidencia acumulada axustada por risco de ingreso parte do cálculo dun factor de corrección que se interpreta como o risco relativo de ingreso no período comprendido entre agosto de 2020 e marzo de 2021 (período de referencia) comparado co momento actual. Este factor é superior a 1, debido á vacinación e á diferente distribución por idade dos casos, que actualmente se concentran fundamentalmente na poboación de 15 a 29 anos. Para axustar a incidencia a 7 e 14 días dos concellos, divídese a taxa bruta polo factor de corrección.

O factor de corrección calcúlase, para cada día, como o cociente entre a taxa bruta de ingresos nos últimos 28 días e a taxa axustada por idade, aplicando o método directo e usando como poboación estándar o número de casos do período de referencia.

A taxa bruta de ingresos a 28 días é a porcentaxe de casos que ingresaron entre os casos con diagnóstico por PCR ou tests de antíxenos acumulados nos últimos 28 días. As taxas específicas de ingreso por idade calcúlanse do mesmo xeito pero no grupo de idade correspondente.

A taxa axustada de ingresos calcúlase aplicando as taxas específicas de ingreso por idade a 28 días á poboación de referencia. A suma dos valores obtidos por idade divídese entre o total de casos do período de referencia (97.996) e o resultado interprétase como a porcentaxe de casos que terían ingresado se tivesen a mesma distribución por idade ca no período de referencia (taxa de ingresos axustada).

Igualmente, para o descenso de nivel de restrición, terase en conta a evolución das súas taxas de incidencia que indique un claro descenso desta incidencia e se a aparición de casos novos entra dentro do esperado no contexto dos abrochos que se estean a desenvolver nos concellos.

A cada un dos distintos niveis de restrición seranlle de aplicación as medidas xerais e específicas previstas para cada caso nas disposicións vixentes, aprobadas polas autoridades sanitarias competentes, tendo en conta, ademais, que no día de hoxe está cientificamente constatado que, mentres non exista unha alta cobertura poboacional de vacinación, as intervencións non farmacolóxicas son as intervencións de saúde pública máis efectivas contra a COVID-19, medidas que se poderán ir suavizando na súa aplicación en vista da situación epidemiolóxica no territorio e do aumento da cobertura vacinal.

Debe destacarse, ao fío do anterior, que Galicia conta cunha poboación especialmente envellecida, cunha porcentaxe de persoas de 65 e máis anos (ano 2020) do 25,4 % fronte ao 19,6 % do conxunto de España.

Porén, tamén hai que ter en consideración que, aínda que esta cobertura se obteña en determinados grupos, a distribución poboacional pode ser desigual, se se ten en conta toda a poboación e non os grupos de idade prioritarios que se están a vacinar en primeiro lugar. Tampouco se pode esquecer que mentres non se consiga conter a pandemia no mundo, con países con alta circulación do virus, poden aparecer novas variantes do virus que poidan ter a capacidade de escapar á inmunidade proporcionada polas vacinas actuais. Ademais, a circulación da variante Delta pode facer que haxa escape á inmunidade naquelas persoas que non estean completamente vacinadas e certo escape nas completamente vacinadas, sen esquecer que esta variante se considera que é un 40-60 % máis transmisible ca a variante Alfa.

Non obstante, estas medidas aplicaranse con criterios epidemiolóxicos pero tamén de proporcionalidade, e estarán en vixencia só polo tempo preciso para asegurar que a evolución desta situación epidemiolóxica é boa e se está a cortar a transmisión, que é o obxectivo destas medidas.

En atención ao exposto, tendo en conta o indicado no citado informe da Dirección Xeral de Saúde Pública e logo de escoitar as recomendacións do Comité Clínico reunido para estes efectos, acórdase ascender ao nivel máximo de restricións os concellos do Barco de Valdeorras e Sanxenxo, polas súas taxas axustadas a 7 e 14 días; e aos concellos da Pobra do Caramiñal, Boiro, Cambados, Meaño e O Grove, polas súas taxas axustadas a 7 días.

En todos estes concellos, agás no de Cambados, o aumento da incidencia comeza a observarse a partir do 5 de xullo, que pasa de taxas a 7 días de 22,3 (O Barco de Valdeorras), 17,2 (Sanxenxo), 17,2 (A Pobra do Caramiñal), 37,1 (Boiro), 75,2 (Meaño) 66,6 (O Grove), a taxas de 685, 1.148,5; 901,5; 1000,8; 901,9 e 751,1, respectivamente, o 19 de xullo.

No concello de Cambados a incidencia a primeiros de xullo xa era de 233,2 e este concello entrara no nivel medio de restricións o día 3 de xullo, e no alto o día 9 de xullo.

Nestes concellos, dada a incidencia, está sendo dificultoso o rastrexo dos casos, é dicir, coñecer cal puido ser o seu caso fonte, porque as actividades están a centrarse na identificación de contactos, que dado o aumento das interaccións sociais tamén aumenta en número.

Respecto do concello do Barco de Valdeorras, a incidencia comezou a aumentar desde principios de xullo, a raíz dun abrocho orixinado nun establecemento de lecer nocturno que dá conta de 70 casos e cuxo caso fonte é importado dunha provincia de fóra de Galicia. O aumento da incidencia coincide co regreso dos estudantes e o aumento de relacións entre eles. Ademais, teñen identificados cinco abrochos familiares, dos que dous afectan a familia estendida e non só o núcleo familiar de convivencia estable.

Respecto do concello de Sanxenxo, só se puideron rastrexar e vincular os abrochos do 12 % dos casos. Só se teñen identificados tres abrochos de amigos, seis familiares e un laboral nunha discoteca. Dentro dos casos sen asociar a abrochos, os técnicos responsables da Xefatura Territorial identifican casos relacionados coa hostalaría como casos en taperías, cafetarías, tabernas, pubs, discotecas e unha instalación recreativa.

En relación coa Pobra do Caramiñal, hai un 14 % de casos sen asociar a abrochos e sen vínculo epidemiolóxico. Un total de 68 casos están asociados a oito abrochos de diferentes ámbitos, onde predominan os de tipo social.

En relación co concello de Boiro, hai un 22 % de casos sen asociar a abrochos e sen vínculo epidemiolóxico. Actualmente están identificados 117 abrochos, familiares e sociais, aínda que se poderían englobar nun gran abrocho relacionado coa celebración das festas de Boiro do 2 ao 7 de xullo, o que desencadeou a transmisión comunitaria sostida.

Respecto do concello de Cambados, só se puido vincular a abrochos o 28 % dos casos. Teñen identificados tres abrochos de amigos, dous familiares e un laboral. Na investigación de casos observan que hai relación coas reunións sociais e cos campamentos e as actividades de verán.

En relación co concello de Meaño, só se conseguiu vincular a abrochos o 18 % dos casos. Identificaron un brote de amigos e un familiar, dous casos de traballadores dunha discoteca de Sanxenxo, onde hai un abrocho entre os traballadores, e seis casos en traballadores da hostalaría, bares e cafetarías.

Por último, en relación co concello do Grove, só se conseguiu vincular a abrochos o 4 % dos casos. Identificaron un abrocho laboral dunha orquestra que ía participar nun concerto, un abrocho familiar e un abrocho de amigos. Ademais, hai oito casos na contorna laboral da hostalaría, bares e cafetarías.

Por outra banda, manteríanse no nivel alto de restricións os concellos de Barbadás, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, tal como amosan as súas taxas axustadas a 7 e 14 días.

Respecto de Ourense, aínda que a súa taxa axustada a 7 días indica o nivel máximo de restricións, debido a que se observou unha melloría na evolución da súa incidencia que pasa dunha razón de taxas a 7 días, é dicir, a taxa actual a 7 días respecto de hai unha semana é de 3,85 a 1,30, o que significaría que, practicamente, xa non se están a xerar casos novos, considérase que se podería manter neste nivel alto.

Por outro lado, ascenderían ao nivel alto de restricións Melide, Burela, Viveiro e Avión. Ben que aínda que estes concellos deberían estar no nivel máximo polas súas taxas axustadas, considérase que poderían estar neste nivel polo de agora e na espera de observar a evolución das súas taxas de incidencia, debido a que, nos tres primeiros concellos, o ascenso a máximo se debe só á taxa a 7 días.

No caso de Avión, decídese esperar antes de ascendelo ao nivel máximo, xa que se trata dun concello de menos de 2.000 habitantes e todos os casos están asociados a un abrocho de orixe coñecida.

Así mesmo, aumentarían do nivel medio actual ao nivel alto, tal como indican as súas taxas axustadas a 7 e/ou 14 días, os seguintes concellos: Porto do Son, O Carballiño, Marín, Poio, Pontevedra e Vigo.

Tamén aumentarían do nivel medio-baixo actual ao nivel alto, tal como indican as súas taxas axustadas a 7 e/ou 14 días, os concellos de Carballo, Fisterra, Oleiros, Vimianzo, Arzúa, Ribeira, Cervo, Foz, Ribadeo, Baiona, Gondomar, Nigrán, O Rosal e Tomiño.

En relación cos concellos que se manterían no nivel medio de restricións, son os concellos de Culleredo, Sarria, Caldas de Reis e Redondela, tal como indican as súas taxas axustadas a 7 e 14 días. Tamén se mantería neste nivel medio Ribadavia, pola súa taxa a 14 días e na espera de que a súa evolución favorable se consolide antes de descendelo de nivel.

Respecto dos concellos que ascenderían ao nivel medio de restricións son Beariz e Entrimo. Ben que as súas taxas axustadas a 7 días indicarían o nivel máximo de restricións, non obstante, ao tratarse de dous concellos de ao redor de 1.000 habitantes e ao ser un número pequeno de casos que aumenta artificialmente a súa taxa de incidencia, considérase que, polo de agora e mentres a súa situación epidemiolóxica non cambie, poderían ascender ao nivel medio.

Así mesmo, aumentarían a este nivel medio, a pesar de que as súas taxas axustadas indican o nivel alto, os concellos de Pontecesures, Mondoñedo, Boborás, Maceda, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Vilamartín de Valdeorras, Meis e Ribadumia. Todos eles concellos de menos de 5.500 habitantes, posto que se considerou preciso esperar a coñecer a evolución da súa situación epidemiolóxica antes de ascendelos de nivel, polo que se manterán baixo vixilancia.

Ademais, nestes concellos a meirande parte dos casos están asociados a abrochos de orixe controlada e, nalgúns casos, como nos concellos da provincia de Ourense, a partir de casos importados doutras provincias de Galicia ou de fóra de Galicia.

O concello da Coruña, aínda que a súa taxa a 7 días indica o nivel alto, debido a que está moi próxima ao limiar dos 125 casos por 100.000 habitantes, ademais de que non se observou un incremento exponencial na súa incidencia, como acontece noutros concellos, considérase que se pode esperar a coñecer como evoluciona a súa incidencia e se esta se consolida cara ao ascenso.

Finalmente, ascenderían desde o nivel medio baixo actual, tal como indican as súas taxas axustadas a 7 e/ou 14 días, os seguintes concellos: Cambre, Sada, Ames, Muros, Noia, Oroso, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Fene, Ferrol, Mugardos, Lugo, Vilalba, Bueu, Ponte Caldelas, A Guarda, Moaña, Mos, O Porriño e Tui.

Para o resto de concellos de Galicia recoméndase o nivel medio-baixo de restricións.

A eficacia desta orde comezará ás 00.00 horas do día 24 de xullo de 2021 e estenderase durante o período en que se manteña a eficacia da Orde do 25 de xuño de 2021, sen prexuízo do seguimento e da avaliación continua a que está sometida co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria.

III

As medidas que se adoptan nesta orde teñen o seu fundamento normativo no artigo 26 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; nos artigos 27.2 e 54 da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública, e nos artigos 34 a 38.1 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Conforme o artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, a persoa titular da Consellería de Sanidade ten a condición de autoridade sanitaria, polo que é competente para adoptar as medidas de prevención específicas para facer fronte ao risco sanitario derivado da situación epidemiolóxica existente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, coa urxencia que a protección da saúde pública demanda.

Na súa virtude, en aplicación do punto sexto do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición a unha nova normalidade, na súa redacción vixente, e na condición de autoridade sanitaria, conforme o artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo,

DISPOÑO:

Primeiro. Prórroga da eficacia das medidas previstas na Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia

Atendendo á evolución da situación epidemiolóxica, prorrógase ata as 00.00 horas do día 7 de agosto de 2021 a eficacia das medidas previstas na Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo do indicado no punto segundo desta orde.

Segundo. Modificación da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia

Un. Suprímese o punto cuarto da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Dous. Modifícase o número 1 do punto 3.15 do anexo I da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado como segue:

«3.15. Actividade deportiva.

1. A realización da actividade física e deportiva non federada axustarase ás seguintes regras, en función dos datos epidemiolóxicos existentes nos correspondentes concellos:

a) Nos concellos enumerados na letra A do anexo II da presente orde, a práctica da actividade física e deportiva non federada só se poderá realizar ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre respectando as limitacións de grupos de persoas aplicables no respectivo concello, e coa utilización de máscara de acordo co disposto no punto 1.4 do anexo I da presente orde.

b) Nos concellos enumerados nas letras B e C do anexo II da presente orde, a práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, coa utilización da máscara, de acordo co disposto no punto 1.4 do anexo I da presente orde. No caso da práctica de forma colectiva, os grupos deberán respectar as limitacións de grupos de persoas aplicables no respectivo concello, sen contar, de ser o caso, o monitor.

Nas instalacións e nos centros deportivos pechados poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata seis persoas, sexan ou non conviventes, sen contar o monitor, coa utilización da máscara e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas, cunha ocupación máxima do 50 %.

c) Nos concellos enumerados na letra D do anexo II, a práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, e coa utilización de máscara, de acordo co disposto no punto 1.4 do anexo I da presente orde.

No caso da práctica de forma colectiva, os grupos deberán respectar as limitacións de grupos de persoas aplicables no respectivo concello, sen contar, de ser o caso, o monitor. No caso da práctica da actividade física e deportiva non federada en instalacións e en centros deportivos pechados, poderase realizar en grupos de ata seis persoas, sexan ou non conviventes, sen contar o monitor, coa utilización da máscara e sempre que non se supere o setenta e cinco por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas cunha ocupación máxima do 75 %».

Tres. Modifícase o número 5 do punto 3.21 do anexo I da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado como segue:

«5. No referente á celebración dos espectáculos musicais/artísticos ao aire libre, aqueles organizados con público de pé, unicamente poderán desenvolverse nos concellos enumerados na letra D do anexo II sen superar o 33 % da superficie útil do recinto, de xeito que cada persoa dispoña de tres metros cadrados, cun límite máximo de asistentes de 2.000 persoas.

Aqueles espectáculos musicais organizados con público sentado poderán desenvolverse, sen superar o cincuenta por cento da capacidade permitida e cun límite máximo de 2.500 persoas nos concellos enumerados na letra A e B do anexo II. Nos concellos enumerados nas letras C e D do anexo II, estas actividades poderán desenvolverse sen superar o setenta e cinco por cento da capacidade permitida, cun límite máximo de 5.000 persoas.

No relativo ás medidas preventivas e de seguridade destes espectáculos musicais ao aire libre con público sentado ou de pé serán de aplicación así mesmo as indicadas nos protocolos publicados no seguinte enderezo electrónico:

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Espectaculos-musicais-airelibre».

Catro. Modifícase o número 1 do punto 3.22 do anexo I da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado como segue:

«3.22. Hostalaría e restauración.

1. A prestación de servizos de hostalaría e restauración en bares, cafetarías e restaurantes axustarase ás seguintes regras, en función dos datos epidemiolóxicos existentes nos correspondentes concellos:

a) Nos concellos enumerados na letra A do anexo II da presente orde, os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e de consumo a domicilio, de entrega a domicilio e de terraza co cincuenta por cento da capacidade máxima permitida con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez, e tamén de servizo no interior cunha ocupación do trinta por cento. Non se poderá prestar servizo na barra.

Para o consumo no interior do local requiriráselles ás persoas maiores de 12 anos a presentación dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:

1º. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.

2º. Que dispoñen dunha proba diagnóstica de infección activa (PDIA) negativa. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/ C 24/01, do Consello de Europa. A proba debe ser realizada nas últimas 72 horas anteriores.

3º. Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 diagnosticada e está no período comprendido entre o día 11 e o 180, ambos incluídos, despois da PDIA positiva.

Así mesmo, para acreditar a circunstancia do ordinal 2º, ademais da presentación dun certificado, admitirase a exhibición da comunicación remitida polo servizo público de saúde do resultado negativo da PDIA realizada nas 72 horas anteriores.

Para os efectos do establecido neste punto, a exhibición da información a que se refire este só poderá ser solicitada no momento de acceso. Non se conservarán estes datos nin se crearán ficheiros con eles.

En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, as agrupacións de mesas, e a ocupación máxima será de seis persoas no interior e dez persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesas.

Así mesmo, controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.

O horario de peche ao público será ás 23.00 horas. Os establecementos que utilicen a opción de ampliar o seu horario ata a 1.00 horas deberán cumprir os requisitos que se determinan para este caso no número 2 deste punto e nas medidas aprobadas pola consellería competente en materia de sanidade no marco do Plan de hostalaría segura, e sen que se poidan admitir novos clientes a partir das 00.00 horas.

b) Nos concellos enumerados na letra B do anexo II da presente orde, os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e de consumo a domicilio, de entrega a domicilio e de terraza co cincuenta por cento da capacidade máxima permitida con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez, e tamén de servizo no interior cunha ocupación do cincuenta por cento. Non se poderá prestar servizo na barra.

Para o consumo no interior do local requiriráselles ás persoas maiores de 12 anos a presentación dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:

1º. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.

2º. Que dispoñen dunha proba diagnóstica de infección activa (PDIA) negativa. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/ C 24/01, do Consello de Europa. A proba debe ser realizada nas últimas 72 horas anteriores.

3º. Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 diagnosticada e está no período comprendido entre o día 11 e o 180, ambos incluídos, despois da PDIA positiva.

Así mesmo, para acreditar a circunstancia do ordinal 2º, ademais da presentación dun certificado, admitirase a exhibición da comunicación remitida polo servizo público de saúde do resultado negativo da PDIA realizada nas 72 horas anteriores.

Para os efectos do establecido neste punto, a exhibición da información a que se refire este só poderá ser solicitada no momento de acceso. Non se conservarán estes datos nin se crearán ficheiros con eles.

En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, as agrupacións de mesas, e a ocupación máxima será de seis persoas no interior e dez persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesas.

Asi mesmo, controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.

O horario de peche ao público será ás 23.00 horas. Os establecementos que utilicen a opción de ampliar o seu horario ata a 1.00 horas deberán cumprir os requisitos que se determinan para este caso no número 2 deste punto e nas medidas aprobadas pola consellería competente en materia de sanidade no marco do Plan de hostalaría segura, e sen que se poidan admitir novos clientes a partir das 00.00 horas.

c) Nos concellos enumerados na letra C do anexo II da presente orde, os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e de consumo a domicilio, de entrega a domicilio e de terraza co cincuenta por cento da capacidade máxima permitida con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez, e tamén de servizo no interior cunha ocupación do cincuenta por cento. Non se poderá prestar servizo na barra.

En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, as agrupacións de mesas, e a ocupación máxima será de seis persoas no interior e dez persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesas.

Así mesmo, controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.

O horario de peche ao público será ás 23.00 horas. Os establecementos que utilicen a opción de ampliar o seu horario ata a 1.00 horas deberán cumprir os requisitos que se determinan para este caso no número 2 deste punto e nas medidas aprobadas pola consellería competente en materia de sanidade no marco do Plan de hostalaría segura, e sen que se poidan admitir novos clientes a partir das 00.00 horas.

Os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e de consumo a domicilio ou ben servizo de entrega a domicilio ata a 1.00 horas. Neste caso, a permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que os consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.

d) Nos concellos enumerados na letra D do anexo II da presente orde, os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e de consumo a domicilio, de entrega a domicilio e de terraza co cen por cento da capacidade máxima permitida con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez, e tamén de servizo no interior cunha ocupación do cincuenta por cento. Só se poderá utilizar a barra para solicitar e recoller consumicións por parte das persoas usuarias, pero non para realizar o consumo nela.

En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, as agrupacións de mesas, e a ocupación máxima será de seis persoas no interior e dez persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesas.

O horario de peche ao público será ás 23.00 horas. Os establecementos que utilicen a opción de ampliar o seu horario ata a 1.00 horas deberán cumprir os requisitos que se determinan para este caso no número 2 deste punto e nas medidas aprobadas pola consellería competente en materia de sanidade no marco do Plan de hostalaría segura, e sen que se poidan admitir novos clientes a partir das 00.00 horas.

Os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e de consumo a domicilio ou ben servizo de entrega a domicilio ata a 1.00 horas. Neste caso, a permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios».

Cinco. Modifícase o número 3 do punto 3.27 do anexo I da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado como segue:

«3. A situación dos obxectos persoais, toallas, hamacas e elementos similares nas zonas de estadía das piscinas e praias levarase a cabo de forma que se poida manter a distancia de seguridade interpersoal con respecto a outros usuarios. Así mesmo, deberán respectarse as limitacións de grupos de persoas aplicables no respectivo concello».

Seis. Modifícase a epígrafe III.2. do punto 4.1 do anexo I da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado como segue:

«III.2. Establecementos de actividades recreativas.

III.2.1. Establecementos de xogo.

III.2.1.1. Casinos.

III.2.1.2. Salas de bingo.

III.2.1.3. Salóns de xogo.

III.2.1.4. Tendas de apostas.

1. Nos concellos enumerados na letra A do anexo II, os establecementos de xogos colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas, conforme estableza a normativa sectorial en materia de xogo, poderán realizar a súa actividade sempre que non se supere o trinta por cento da súa capacidade permitida.

Para o acceso ao interior do local requirirase a presentación dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:

1º. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.

2º. Que dispoñen dunha proba diagnóstica de infección activa (PDIA) negativa. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/ C 24/01, do Consello de Europa. A proba debe ser realizada nas últimas 72 horas anteriores.

3º. Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 diagnosticada e está no período comprendido entre o día 11 e o 180, ambos incluídos, despois da PDIA positiva.

Así mesmo, para acreditar a circunstancia do ordinal 2º, ademais da presentación dun certificado, admitirase a exhibición da comunicación remitida polo servizo público de saúde do resultado negativo da PDIA realizada nas 72 horas anteriores.

Para os efectos do establecido neste punto, a exhibición da información a que se refire este só poderá ser solicitada no momento de acceso. Non se conservarán estes datos nin se crearán ficheiros con eles.

2. Nos concellos enumerados na letra B, C e D do anexo II, os establecementos de xogos colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas, conforme estableza a normativa sectorial en materia de xogo, poderán realizar a súa actividade sempre que non se supere o cincuenta por cento da súa capacidade permitida.

Para o acceso ao interior dos locais nos concellos enumerados na letra B do anexo II requirirase a presentación dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:

1º. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.

2º. Que dispoñen dunha proba diagnóstica de infección activa (PDIA) negativa. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/ C 24/01, do Consello de Europa. A proba debe ser realizada nas últimas 72 horas anteriores.

3º. Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 diagnosticada e está no período comprendido entre o día 11 e o 180, ambos incluídos, despois da PDIA positiva.

Así mesmo, para acreditar a circunstancia do ordinal 2º, ademais da presentación dun certificado, admitirase a exhibición da comunicación remitida polo servizo público de saúde do resultado negativo da PDIA realizada nas 72 horas anteriores.

Para os efectos do establecido neste punto, a exhibición da información a que se refire este só poderá ser solicitada no momento de acceso. Non se conservarán estes datos nin se crearán ficheiros con eles.

3. En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de seis persoas por mesa ou agrupación de mesas.

Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas súas instalacións, especialmente na disposición e no uso das máquinas ou de calquera outro dispositivo de xogo nos locais e establecementos en que se desenvolvan actividades, de acordo co previsto no punto 1.3. O uso da máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos na normativa vixente.

Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención, no caso de que se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, o réxime e horario de prestación deste servizo axustarase ao disposto para os establecementos de hostalaría neste anexo.

Neste sentido, o horario de peche ao público será ás 23.00 horas. Os establecementos que utilicen a opción de ampliar o seu horario ata a 1.00 horas deberán cumprir os requisitos que se determinan para este caso no número 2 do punto 3.22 e nas medidas aprobadas pola consellería competente en materia de sanidade no marco do Plan de hostalaría segura».

Sete. Modifícase a epígrafe III.2.3.1 do punto 4.1 do anexo I da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactada como segue:

«III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.

Nos concellos enumerados nas letras A e B do anexo II, os parques de atraccións e temáticos permanecerán pechados.

Nos concellos enumerados nas letras C e D do anexo II poderán desenvolver a súa actividade cunha capacidade do 50 % respecto da súa capacidade máxima. Estableceranse os oportunos mecanismos de control de acceso, tanto nas entradas e saídas do recinto como nos accesos ás distintas atraccións, de xeito que se eviten aglomeracións e se manteña obrigatoriamente a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

Así mesmo, deberán respectarse as limitacións de grupos de persoas aplicables no respectivo concello.

A entidade titular da instalación intensificará a limpeza e a desinfección dos elementos de uso compartido.

Aqueles establecementos que ofrezan servizos de hostalaría ou restauración nas súas instalacións observarán as regras establecidas no punto 3.22 do anexo I para este tipo de servizos.

O uso da máscara rexerase polo establecido no punto 1.4.

Respecto do uso de vestiarios e aseos en todas as instalacións, poderase utilizar o 100 % naqueles que dispoñan de cabinas ou o 50 %, se non dispoñen delas».

Oito. Modifícase o número 3 da epígrafe III.2.3.2 do punto 4.1 do anexo I da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado como segue:

«3. A situación dos obxectos persoais, toallas, hamacas e elementos similares nas zonas de estadía e espazos comúns levarase a cabo de forma que se poida manter a distancia de seguridade interpersoal con respecto a outros usuarios. Así mesmo, deberán respectarse as limitacións de grupos de persoas aplicables no respectivo concello».

Nove. Modifícase a epígrafe III.2.7. do punto 4.1 do anexo I da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado como segue:

«III.2.7. Establecementos de lecer e entretemento.

III.2.7.1. Salas de festas.

III.2.7.2. Discotecas.

III.2.7.3. Pubs.

III.2.7.4. Cafés-espectáculo.

1. Nos concellos enumerados nas letras A e B do anexo II, os establecementos de lecer nocturno, tales como discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festas, así como as salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga aos anteriores, poderán prestar unicamente servizo nas terrazas ao aire libre, para o consumo e o servizo sentado na mesa, co cincuenta por cento da capacidade máxima permitida con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez.

Consideraranse terrazas ao aire libre todo espazo exterior ao local non cuberto ou todo espazo que, estando cuberto, estea rodeado lateralmente por un máximo de dúas paredes, muros ou paramentos.

Non estará permitida a instalación de barras para o consumo ou o servizo nelas a clientes da terraza.

En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, as agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de dez persoas por mesa ou agrupación de mesas. A mesa ou agrupación de mesas que se utilice para este fin deberá ser acorde co número de persoas e permitir que se respecte a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas.

O horario máximo de peche dos establecementos de lecer nocturno nestes concellos será á 1.00 horas.

2. Nos concellos enumerados nas letras C e D do anexo II, estes establecementos poderán desenvolver a súa actividade cumprindo as seguintes medidas xerais:

a) Os establecementos poderán prestar servizos de terraza co cen por cento da capacidade máxima permitida. Para o servizo no interior, a ocupación máxima será do 50 % da capacidade máxima permitida.

Serán aplicables os puntos segundo, terceiro e cuarto da Orde do 25 de febreiro de 2021, pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia, no referido a capacidades máximas e responsabilidade, capacidade interior e porcentaxe máxima de uso, e capacidade exterior e porcentaxe máxima de uso.

A distribución das mesas e das persoas será homoxénea entre as diferentes estancias e andares, se existen.

b) Poderase consumir sentado/a ou de pé. Non se poderá prestar servizo na barra. Só se poderá utilizar a barra para solicitar e recoller consumicións por parte das persoas usuarias, pero non para realizar o consumo nela. Na barra deberán respectarse as distancias de seguridade e impedirase a formación de aglomeracións.

c) Deberá manterse a debida distancia de seguridade interpersoal de acordo co establecido no punto 1.3 e evitar, en particular, a formación de aglomeracións. Así mesmo, deberá manterse a distancia de seguridade de 1,5 metros nas mesas ou, de ser o caso, nas agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de seis persoas no interior e dez persoas na terraza por mesa ou agrupación de mesas.

d) No caso de existir pista de baile, permitirase o seu uso cunha ocupación que en ningún caso será superior á que resulte da asignación de dous metros cadrados da pista por cada usuario.

e) Na entrada e na saída dos asistentes deben establecerse os mecanismos necesarios para impedir as aglomeracións de persoas e respectar as distancias de seguridade.

f) O horario máximo de peche dos establecementos de lecer nocturno será ás 3.00 horas.

g) O uso de máscara será obrigatorio en todo momento. Só se poderá exceptuar o uso da máscara exclusivamente nos momentos estritamente necesarios para comer ou beber.

h) Os establecementos deberán usar dispositivos medidores de CO2, que deberán dispor dunha pantalla que mostre os niveis de CO2 en tempo real nunha zona visible para os usuarios. Estes dispositivos deberán levar a marcación CE.

A localización do medidor deberá axustarse ás indicacións técnicas aplicables e ter en conta o tamaño e a forma do espazo, as súas entradas de aire e o fluxo da ventilación. Non se situarán preto das fiestras, portas ou doutros puntos de ventilación.

No caso de sistemas mecánicos de ventilación, débese asegurar en todo caso o nivel de CO2 interior e persoal cualificado documentará o mantemento adecuado e as actuacións realizadas.

Tanto nos casos de ventilación natural coma nos de mecánica ou mixta, non se deberán superar no interior as 1.000 p.p.m. de concentración de CO2, e será responsabilidade do local adoptar as medidas precisas de renovación do aire, a partir das 800 p.p.m., para que non se supere a cifra antes indicada.

i) Os establecementos deberán dispor dun rexistro de clientes nas condicións que se establezan mediante a orde da Consellería de Sanidade que aprobe o Protocolo de lecer nocturno.

j) O acceso aos locais requirirá da presentación dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:

1º. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.

2º. Que dispoñen dunha proba diagnóstica de infección activa (PDIA) negativa. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/ C 24/01, do Consello de Europa. A proba debe ser realizada nas últimas 72 horas anteriores.

3º. Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 diagnosticada e está no período comprendido entre o día 11 e o 180, ambos incluídos, despois da PDIA positiva.

Así mesmo, para acreditar a circunstancia do ordinal 2º, ademais da presentación dun certificado, admitirase a exhibición da comunicación remitida polo servizo público de saúde do resultado negativo da PDIA realizada nas 72 horas anteriores.

Para os efectos do establecido neste punto, a exhibición da información a que se refire este só poderá ser solicitada no momento de acceso. Non se conservarán estes datos nin se crearán ficheiros con eles.

3. As medidas xerais recollidas nos puntos anteriores serán desenvolvidas pola orde da Consellería de Sanidade que aprobe o Protocolo de lecer nocturno e poderán ser revisadas en función da evolución da situación epidemiolóxica».

Dez. Modifícase o anexo II da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado segundo o anexo desta orde.

Corrección de erros. Artigo 2 apartado 2 redactado conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 140, do 23 de xullo de 2021.

Terceiro. Modificación da Orde do 1 de xullo de 2021 pola que se aproba o Protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19

Modifícase o punto 4.1 da Orde do 1 de xullo de 2021 pola que se aproba o Protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, que queda redactado como segue:

«4.1. Nivel epidemiolóxico.

Os establecementos de lecer nocturno nos concellos enumerados nas letras A e B do anexo II da Orde pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia poderán prestar unicamente servizo nas terrazas ao aire libre, para o consumo e o servizo sentado na mesa.

Os establecementos de lecer nocturno poderán desenvolver a súa actividade tanto no interior coma na terraza nos concellos con nivel de restrición medio ou medio-baixo recollidos nas letras C e D do anexo II da Orde pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, vixente en cada momento.

O acceso aos establecementos de lecer nocturno nestes concellos requirirá da presentación dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:

1º. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.

2º. Que dispoñen dunha proba diagnóstica de infección activa (PDIA) negativa. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/ C 24/01, do Consello de Europa. A proba debe ser realizada nas últimas 72 horas anteriores.

3º. Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 diagnosticada e está no período comprendido entre o día 11 e o 180, ambos incluídos, despois da PDIA positiva.

Así mesmo, para acreditar a circunstancia do ordinal 2º, ademais da presentación dun certificado, admitirase a exhibición da comunicación remitida polo servizo público de saúde do resultado negativo da PDIA realizada nas 72 horas anteriores.

Para os efectos do establecido neste punto, a exhibición da información a que se refire este só poderá ser solicitada no momento de acceso. Non se conservarán estes datos nin se crearán ficheiros con eles».

Corrección de erros. Artigo 3 redactado conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 140, do 23 de xullo de 2021.

Cuarto. Eficacia

1. As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 24 de xullo.

2. No caso das celebracións e eventos en establecementos de restauración para os días 24 e 25 de xullo que xa estivesen concertados antes do día 23 de xullo, non serán aplicables as limitacións que sexan consecuencia da elevación do nivel de restrición, ben que estas celebracións e eventos deberán ser comunicados polos titulares dos establecementos á correspondente xefatura territorial da Consellería de Sanidade para que se poidan adoptar as medidas ou efectuar as recomendacións pertinentes.

3. En cumprimento dos principios de necesidade e de proporcionalidade, as medidas previstas nesta orde serán obxecto de seguimento e avaliación continua co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Como consecuencia deste seguimento e avaliación, as medidas poderán ser prorrogadas, modificadas ou levantadas por orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2021

Julio García Comesaña

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

ANEXO II

A) Concellos con nivel de restrición máxima:

Barco de Valdeorras (O)

Boiro

Cambados

Grove (O)

Meaño

Pobra do Caramiñal (A)

Sanxenxo

B) Concellos con nivel de restrición alta.

Arzúa

Avión

Baiona

Barbadás

Burela

Carballiño (O)

Carballo

Cervo

Fisterra

Foz

Gondomar

Illa de Arousa (A)

Marín

Melide

Nigrán

Oleiros

Ourense

Poio

Pontevedra

Porto do Son

Ribadeo

Ribeira

Rosal (O)

Tomiño

Vigo

Vilagarcía de Arousa

Vilanova de Arousa

Vimianzo

Viveiro

C) Concellos con nivel de restrición media.

Ames

Beariz

Boborás

Bueu

Caldas de Reis

Cambre

Coruña (A)

Culleredo

Entrimo

Fene

Ferrol

Guarda (A)

Lugo

Maceda

Meis

Moaña

Mondoñedo

Mugardos

Muros

Mos

Noia

Oroso

Pereiro de Aguiar (O)

Ponte Caldelas

Pontecesures

Porriño (O)

Redondela

Ribadavia

Ribadumia

Sada

San Cibrao das Viñas

Santiago de Compostela

Sarria

Silleda

Teo

Tui

Vilalba

Vilamartín de Valdeorras

D) Concellos con nivel de restrición media-baixa.

Abadín

Abegondo

Agolada

Alfoz

Allariz

Ames

Amoeiro

Antas de Ulla

Aranga

Arbo

Ares

Arnoia (A)

Arteixo

Baleira

Baltar

Bande

Baña (A)

Baños de Molgas

Baralla

Barreiros

Barro

Beade

Becerreá

Begonte

Bergondo

Betanzos

Blancos (Os)

Bola (A)

Bolo (O)

Bóveda

Boimorto

Boqueixón

Brión

Cabana de Bergantiños

Cabanas

Calvos de Randín

Camariñas

Campo Lameiro

Cangas

Cañiza (A)

Capela (A)

Carballeda de Avia

Carballeda de Valdeorras

Carballedo

Cariño

Carnota

Carral

Cartelle

Castrelo de Miño

Castrelo do Val

Castro Caldelas

Castro de Rei

Castroverde

Catoira

Cedeira

Cee

Celanova

Cenlle

Cerceda

Cerdedo-Cotobade

Cerdido

Cervantes

Chandrexa de Queixa

Chantada

Coirós

Coles

Corcubión

Corgo (O)

Coristanco

Cortegada

Cospeito

Covelo

Crecente

Cualedro

Cuntis

Curtis

Dodro

Dozón

Dumbría

Esgos

Estrada (A)

Folgoso do Courel

Fonsagrada (A)

Forcarei

Fornelos de Montes

Frades

Friol

Gomesende

Gudiña (A)

Guitiriz

Guntín

Incio (O)

Irixo (O)

Irixoa

Lalín

Lama (A)

Láncara

Laracha (A)

Larouco

Laxe

Laza

Leiro

Lobeira

Lobios

Lourenzá

Lousame

Malpica de Bergantiños

Manzaneda

Mañón

Maside

Mazaricos

Meira

Melón

Merca (A)

Mesía

Mezquita (A)

Miño

Moeche

Mondariz-Balneario

Mondariz

Monfero

Monforte de Lemos

Montederramo

Monterrei

Monterroso

Moraña

Muíños

Muras

Muros

Muxía

Narón

Navia de Suarna

Neda

Negreira

Negueira de Muñiz

Neves (As)

Nogais (As)

Nogueira de Ramuín

Oia

Oímbra

Ordes

Ortigueira

Ourol

Outeiro de Rei

Outes

Oza-Cesuras

Paderne de Allariz

Paderne

Padrenda

Padrón

Palas de Rei

Pantón

Parada de Sil

Paradela

Páramo (O)

Pastoriza (A)

Pazos de Borbén

Pedrafita do Cebreiro

Peroxa (A)

Petín

Pino (O)

Piñor

Pobra de Trives (A)

Pobra do Brollón (A)

Pol

Ponteareas

Ponteceso

Pontedeume

Pontedeva

Pontenova (A)

Pontes de García Rodríguez (As)

Porqueira

Portas

Portomarín

Punxín

Quintela de Leirado

Quiroga

Rábade

Rairiz de Veiga

Ramirás

Rianxo

Ribas de Sil

Ribeira de Piquín

Riós

Riotorto

Rodeiro

Rois

Rúa (A)

Rubiá

Salceda de Caselas

Salvaterra de Miño

Samos

San Amaro

San Cristovo de Cea

San Sadurniño

Santiso

San Xoán de Río

Sandiás

Santa Comba

Sarreaus

Saviñao (O)

Sober

Sobrado

Somozas (As)

Soutomaior

Taboada

Taboadela

Teixeira (A)

Toén

Tomiño

Toques

Tordoia

Touro

Trabada

Trasmiras

Trazo

Triacastela

Val do Dubra

Valadouro (O)

Valdoviño

Valga

Vedra

Veiga (A)

Verea

Verín

Viana do Bolo

Vicedo (O)

Vilaboa

Vila de Cruces

Vilamarín

Vilar de Barrio

Vilar de Santos

Vilardevós

Vilariño de Conso

Vilarmaior

Vilasantar

Xermade

Xinzo de Limia

Xove

Xunqueira de Ambía

Xunqueira de Espadanedo

Zas

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Universidade de Santiago de Compostela
Parlamento de Galicia
Xunta de Galicia