lex.gal dereito galego consolidado

Norma Consolidada

Lei 7/2007, do 21 de maio, de medidas administrativas e tributarias para a conservación da superficie agraria útil e do Banco de Terras de Galicia.

Publicado en: DOG 104 31/05/2007

Departamento: Parlamento de Galicia

Estado: Parcialmente derrogada

PDF

Modificacións
Téñase en conta que segundo a Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, as referencias previstas á Sociedade Anónima Xestora do Banco de Terras de Galicia ou á sociedade Bantegal entenderanse efectuadas á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Exposición de motivos

1

Unha das características da agricultura galega é a de ter pasado dun modelo de produción de explotación familiar de escasa dimensión, onde predominaba o autoconsumo, a outro no que, aínda existindo as pequenas explotacións, hai relevancia das producións dirixidas ao mercado.

Este proceso, similar a outras agriculturas da nosa contorna, tivo especial incidencia en Galicia polas senlleiras características da propiedade, como é a excesiva fragmentación nun elevado número de parcelas de pouca dimensión.

Ligado a isto, produciuse unha forte redución do número de explotacións e, en moitos casos, de abandono, con escasa transferencia da súa base territorial, o que tamén supuxo unha mínima relevancia xeracional ao non disporen dunha superficie agraria adecuada que lles garantise un nivel de rendas suficiente aos titulares das explotacións agrarias e ás súas familias.

Ademais, débese ter presente que este abandono se traduce nunha continua redución da superficie agraria útil, coa consecuente perda dunha riqueza de interese social e público que un país non se pode permitir.

Ao tempo, en moitos casos tamén existe unha demanda por parte de explotacións que permanecen no sector e que pretenden ampliar a base territorial das súas unidades produtivas, polo que hai que buscar fórmulas que permitan que esas explotacións poidan seguir a ser viables.

2

Polos motivos expostos, e tendo en conta a función social do dereito de propiedade de acordo co disposto no artigo 33 da Constitución, faise necesario levar a cabo unha mobilización das superficies agrarias útiles hoxe improdutivas, que permita o redimensionamento das explotacións que sobreviven a unha maior extensificación e redución de insumos e, así mesmo, a ampliación da base territorial das explotacións existentes, de xeito que se convertan, en definitiva, nun factor de riqueza colectiva.

Esta dinamización do mercado da terra permitirá modelos de desenvolvemento das explotacións de carácter extensivo no camiño dunha agricultura sustentable e compatible coa conservación do medio e coa seguridade alimentaria que demanda actualmente a sociedade, axudará a unha mellor xestión do territorio con fins agrarios e contribuirá, definitivamente, a ordenar o espazo agrogandeiro e forestal. Todos estes obxectivos deben ter presente, en todo momento, o respecto e o fomento do principio de igualdade entre homes e mulleres.

É precisamente un obxectivo básico desta lei o establecemento dunha serie de instrumentos que favorezan o mantemento da capacidade produtiva da terra para evitar a perda de superficie agraria útil e recuperar a que se perdeu nos últimos anos, que velen pola conservación do contorno e das condicións ambientais, preserven os predios e as explotacións dos seus adxacentes, axilicen os labores de prevención de lumes forestais e protexan os bens patrimoniais públicos e privados.

A aplicación da lei (agás excepcións moi concretas que se sinalan nela) limítase ás zonas de especial interese agrario, ámbitos territoriais definidos no artigo 3 da lei, de xeito que estas coinciden basicamente co solo rústico de protección agropecuaria, tal e como está previsto pola Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, ademais das que poida establecer, de cara a un futuro, o Consello da Xunta de Galicia, para o que se lle outorga a oportuna habilitación. Deste xeito, circunscríbese a aplicación da lei, na súa meirande parte, a territorios de alto valor agrario.

As zonas de especial interese agrario estarán constituídas polos predios de alta produtividade agrícola ou gandeira, posta de manifesto pola existencia de explotacións que a avalen ou polas propias características ou a potencialidade dos terreos ou das zonas onde se enclaven. Ter sido obxecto de concentración, selo no futuro ou formar áreas de cultivo de singular extensión son factores que determinan, entre outros, a inclusión nestas zonas.

En suma, o fin último da lei é frear a perda de superficies de aptitude agraria en Galicia coa intención de aumentar a riqueza do país a través da posta en valor daquelas terras que contan con esa aptitude.

3

Este texto legal dítase ao abeiro da alínea 3 do artigo 30.I do Estatuto de autonomía para Galicia, que lle outorga á nosa Comunidade Autónoma competencia exclusiva, de acordo coas bases e coa ordenación da actuación económica xeral e a política monetaria, en materia de agricultura e gandería.

A lei estrutúrase en oito títulos, que tratan sucesivamente das disposicións xerais fundamentais para a aplicación da norma, do Banco de Terras de Galicia e do seu órgano de xestión, do réxime xurídico da incorporación de bens ao Banco de Terras de Galicia, da transmisión dos bens incorporados ao devandito banco, das medidas tributarias e de fomento, da Comisión Técnica de Prezos e Valores, dos predios incultos e abandonados e mais do réxime sancionador.

No primeiro deles concrétase o obxectivo da norma, e enuméranse os instrumentos que se articulan de cara á súa consecución e que se desenvolven nos títulos seguintes. Incorpóranse tamén o ámbito e as definicións oportunas de cara a facilitar a aplicación da lei.

No título II instrumentalízase, como un inventario onde figurarán todos os predios rústicos que servirán para a consecución dos obxectivos previstos por esta lei, independentemente da súa titularidade, o Banco de Terras de Galicia. Ademais, enuméranse os destinos agrarios, en consecuencia cos obxectivos da norma, aos que deberán quedar necesariamente vinculados estes predios. Créase unha sociedade pública baixo a denominación de Sociedade Anónima Xestora do Banco de Terras de Galicia, Bantegal, que terá como función principal a xestión dos predios incorporados ao banco, co gallo de axilizar a mobilidade das terras, co que se favorece, deste xeito, o redimensionamento das explotacións e unha maior extensificación e redución de insumos.

O título III establece o réxime xurídico da incorporación de bens ao Banco de Terras de Galicia. O seu capítulo I céntrase nos dereitos de adquisición preferente que lle corresponden á sociedade Bantegal e no procedemento para o seu exercicio. No capítulo II regúlase o procedemento para a cesión voluntaria de predios rústicos situados en zonas de especial interese agrario, para a súa xestión e posta no mercado pola sociedade Bantegal por tempo determinado non inferior a cinco anos, de xeito similar ao contrato de mandato indirecto do Código civil, aínda que con peculiaridades de seu. Neste suposto prevense vantaxes para os cedentes, como son a garantía da percepción do pagamento da renda, avalada pola sociedade xestora.

O título IV desenvolve o procedemento para a transmisión dos predios rústicos incorporados ao Banco de Terras de Galicia, para o que se distinguen dous réximes distintos segundo a quen lle corresponda a titularidade dos bens. Os que pertenzan á sociedade Bantegal poderán ser alleados por esta ou ben cedidos temporalmente a terceiras persoas. Esta última é a única posibilidade de transmisión cando os bens pertenzan a outros titulares, públicos ou privados, no exercicio da función da sociedade pública de facilitar a mobilidade de terras agrarias.

En canto ao alleamento, distínguese o procedemento de poxa pública, que será o réxime xeral, e a adxudicación directa, nos supostos taxados establecidos pola lei. Respecto da cesión temporal a terceiras persoas que se dediquen á agricultura, para o seu uso e aproveitamento, regúlanse polo miúdo as correspondentes relacións do órgano xestor coas terceiras persoas adxudicatarias destes.

No título V establécense medidas tributarias e de fomento para os propietarios que soliciten a mediación da sociedade xestora, que van desde beneficios fiscais no imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados ata a posibilidade de axudas públicas para realizar, entre outros, labores de mantemento ou de acondicionamento dos predios rústicos.

No título VI créase a Comisión Técnica de Prezos e Valores, que emitirá informe sobre os prezos aplicables ás transaccións previstas nesta lei, que serán aprobados en Consello da Xunta de Galicia. Este órgano colexiado está formado por representantes da Administración -das consellarías competentes en materia de agricultura, ambiente, economía e ordenación do territorio-, das entidades locais galegas, do catastro, das cooperativas galegas e, finalmente, das organizacións profesionais agrarias.

No título VII defínense os predios incultos ou abandonados como os situados en zonas de especial interese agrario que cumpran determinadas características que aconsellen a intervención da Administración, co fin de asegurar o cultivo e de realizar prácticas agrícolas respectuosas co medio, así como de evitar fundamentalmente danos ás entidades públicas ou aos veciños e mais a propagación do lume. Regúlase o procedemento para a súa declaración, que garante a audiencia dos interesados e os recursos oportunos.

E, finalmente, no título VIII regúlase o réxime sancionador aplicable ás infraccións administrativas correspondentes aos incumprimentos das disposicións establecidas nesta lei, en cumprimento do principio de legalidade recollido na Constitución.

Para rematar, a lei conta cunha disposición adicional e cinco disposicións derradeiras, das que se poden salientar as que modifican parcialmente a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e a Lei 12/2001, do 10 de setembro, de modificación da Lei de concentración parcelaria para Galicia.

Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2º do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, promulgo en nome de El-Rei a Lei de medidas administrativas e tributarias para a conservación da superficie agraria útil e do Banco de Terras de Galicia.

TÍTULO I Disposicións xerais

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 1 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 2 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 3 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

TÍTULO II Do Banco de Terras de Galicia e do seu órgano de xestión

Capítulo I Do Banco de Terras de Galicia

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 4 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 5 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 6 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Capítulo II Da sociedade pública Bantegal

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 7 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 8 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

TÍTULO III Do réxime xurídico da incorporación de bens ao Banco de Terras de Galicia

Capítulo I Dos dereitos de adquisición preferente

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 9 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 10 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 11 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 12 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Capítulo II Da incorporación de predios rústicos ao Banco de Terras de Galicia para a súa xestión

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 13 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 14 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

TÍTULO IV Da transmisión dos bens incorporados ao Banco de Terras de Galicia

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 14 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 15 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Capítulo I Do alleamento de bens e dereitos de titularidade da sociedade Bantegal

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 16 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 17 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 18 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Capítulo II Da cesión a terceiras persoas por tempo determinado

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 19 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 20 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 21 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 22 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 23 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Capítulo III Proxectos agrarios prioritarios

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 24 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

TÍTULO V Das medidas tributarias e de fomento

Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo.

Artigo derrogado:Artigo 25 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.g).

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 26 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

TÍTULO VI Da Comisión Técnica de Prezos e Valores

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 27 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 28 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 29 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

TÍTULO VII Dos predios incultos ou abandonados

Capítulo I Das condicións para a súa declaración

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 30 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 31 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Capítulo II Do procedemento

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 32 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 33 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 34 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 35 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 36 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

TÍTULO VIII Do réxime sancionador

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 37 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 38 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 39 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 40 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 41 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 42 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 43 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 44 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 45 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 46 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Artigo 47 derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Disposición derradeira única derrogada por disposición derrogatoria única apartado 1.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Modificación da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

A Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, queda modificada como segue:

Un.-O artigo 27 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 27.

1. Os montes veciñais en man común serán xestionados cautelarmente pola consellaría competente en materia de montes nas seguintes situacións:

a) Por extinción ou desaparición da comunidade de veciños titular do monte de xeito provisional ata que, de ser o caso, se reconstitúa a comunidade, e sempre e cando a parroquia onde radique o monte non exerza o seu dereito conferido no artigo 20 desta lei.

b) Cando sexa declarada a situación de estado de grave abandono ou degradación do monte veciñal, consonte o previsto nesta lei.

2. A consellaría competente en materia de montes poderá exercitar a xestión cautelar prevista no apartado 1 deste artigo directamente ou ben mediante a súa encomenda a entes ou empresas das que o capital sexa integramente público.».

Dous.-O artigo 30 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 30.

1. Ao terse decretado un monte en estado de grave abandono ou degradación, a consellaría competente en materia de montes tomará ao seu cargo no prazo de dous anos a execución do plan de xestión e mellora integral proposto, e deberalle render conta da súa xestión á xunta reitora para información á asemblea anual da comunidade.

2. No suposto no que, consonte o previsto no artigo 27.2 desta lei, se lle teña encomendada a xestión cautelar do monte veciñal a un ente ou empresa da que o capital sexa integramente público, a execución do plan de xestión e mellora integral e a rendición de conta á que se refire o apartado anterior corresponderanlle ao mesmo ente ou empresa.

3. Os beneficios derivados do plan de mellora e aproveitamento dos montes xestionados cautelarmente, unha vez deducidos os gastos e os investimentos na xestión e mellora do monte, serán para a comunidade. De non existir esta, serán para o concello ou os concellos onde radique o monte, que os destinará a melloras de interese xeral nas parroquias correspondentes.».

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Disposición derradeira segunda derrogada por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Disposición derradeira terceira derrogada por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Disposición derradeira cuarta derrogada por disposición derrogatoria única apartado 1.

Lei 6/2011, do 13 de outubro.

Artigo derrogado:Disposición derradeira quinta derrogada por disposición derrogatoria única apartado 1.

Santiago de Compostela, vinte e un de maio de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Universidade de Santiago de Compostela
Parlamento de Galicia
Xunta de Galicia