lex.gal dereito galego consolidado

Norma Consolidada

Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.

Publicado en: DOG 144 28/07/1998

Departamento: Consellería de Presidencia e Administración Pública

Estado: En vigor

PDF

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, dispón no seu artigo 10 que os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega. O mesmo artigo establece no seu número 2 que lle corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbana e dos topónimos de Galicia.

Tendo en conta o Decreto 132/1984, do 6 de setembro, polo que se establece o procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia, contando co preceptivo dictame da Comisión de Toponimia, emitido na súa reunión do día vintenove de xuño de mil novecentos noventa e oito, aínda que os topónimos correspondentes ás entidades de poboación que figuran como anexo a este decreto xa foron aprobados e publicados no Diario Oficial de Galicia, as correccións propostas pola comisión fan necesario aproba-lo nomenclátor correspondente á provincia de Pontevedra como corpo único que recolla a forma oficial das ditas entidades.

Polo exposto, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de xullo de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-

Queda aprobado o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra que figura como anexo a este decreto.

Disposición adicional

Única.-

Do establecido neste decreto e do seu anexo daráselles conta ás autoridades estatais correspondentes para os efectos que cumpran no exercicio das súas funcións.

Disposición derrogatoria

Única.-

Quedan derrogadas tódalas normas de igual ou inferior categoría que se opoñan ó establecido neste decreto.

Disposición derradeira

Única.-

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dous de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

[táboa]

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Universidade de Santiago de Compostela
Parlamento de Galicia
Xunta de Galicia