Resolución da Secretaría Xeral pola que se autoriza o uso do selo de órgano para a sinatura de comunicacións relativas á convocatoria de bolsas na aplicación "Xescampus"
NORMA CONSOLIDADA
Por resolución da Secretaría Xeral do 12 de xullo de 2017 autorizouse o uso do selo de órgano en determinados procedementos automatizados da Universidade de Santiago de Compostela.
Visto escrito da xefa do Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado no que solicita a sinatura mediante selo de órgano de comunicacións relativas ás convocatorias de bolsas e de prezos públicos.
Visto que esta solicitude foi informada favorablemente pola Comisión Técnica de Administración Electrónica na súa reunión do 6 de maio de 2021.
Tendo en conta que o artigo 31 do Regulamento de Administración Electrónica da USC indica que Por resolución da Secretaría Xeral autorizarase a utilización de selos de órgano en determinados procedementos automatizados da USC.
Por isto, resolvo:
1.-
Autorizar o uso do selo de órgano nas seguintes comunicacións xeradas na aplicación informática "Xescampus":
a. Comunicación ás persoas titulares dunha subvención de prezos públicos para aceptar ou rexeitar a solicitude.
b. Comunicación ao estudantado solicitante da bolsa xeral do Ministerio ao que lle falta documentación.
2.-
Publicar como anexo a esta resolución a relación actualizada de procedementos para os que se autoriza o uso do selo de órgano.
A Secertaria Xeral
Dulce María García Mella
Anexo
Relación actualizada de procedementos para os que se autoriza o uso do selo de órgano
| Aplicación | Procedemento |
|---|---|
| Enquisas de avaliación docente | Certificado de avaliación do profesorado |
| Enquisas de avaliación docente | Resolución da solicitude de anulación da avaliaciónnunha materia |
| Moodle | Informe de uso |
| OIT Virtual | Certificado de pertenza a programas de RRHH |
| OIT Virtual | Certificado de composición actual de grupo deinvestigación |
| OIT Virtual | Certificado de composición mínima de grupo deinvestigación |
| OIT Virtual | Certificado de pertenza a grupo de investigación |
| OIT Virtual | Certificado de beneficiario de axudas propias da USC |
| OIT Virtual | Certificado de investigadores emerxentes |
| OIT Virtual | Certificado de consolidación de grupos de referenciacompetitiva |
| OIT Virtual | Certificado de consolidación de grupos con potencialcrecemento |
| OIT Virtual | Certificado de convocatoria de redes de investigación |
| OIT Virtual | Certificado de participación en actividades de I+D |
| OIT Virtual | Certificado de historial de grupo de investigación |
| OIT Virtual | Certificado de historial de grupo de investigación(formato corto) |
| Xescampus | Certificado de acreditación de probas de nivel deidiomas segundo o MECR |
| Xescampus | Certificado de acreditación de cursos de idiomassegundo o MECR |
| Xescampus | Certificado de titorización/cotitorización de TFG/TFM |
| Xescampus | Certificado de docencia |
| Xescampus | Certificado de participación en tribunais de TFG/TFM |
| Xescampus | Certificado académico |
| Xescampus | Certificado tipo BIR, EIR, FIR, MIR, PIR, QUIR |
| Xescampus | Certificado de título |
| Xescampus | Comunicación de subvencións de prezos públicos |
| Xescampus | Comunicación de falta de documentación (convocatoriade bolsas xerais do Ministerio) |
| Sede Electrónica | Comprobante de publicación no Taboleiro |
| Sede Electrónica | Xustificante de rexistro de saída |
| Sede Electrónica | Xustificante de rexistro de entrada |
| Sede Electrónica | Xustificante de posta a disposición de notificación |
| Sede Electrónica | Xustificante de lectura dunha notificación |
| Xestor de formularios | Xustificante de solicitude presentada |
| Xestión Económica | Autorizacións electrónicas por parte dos directores decentros de gasto |
| Xestión Económica | Emisión de facturas da USC en eSicus |
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.