Resolución da Secretaría Xeral pola que se autoriza o uso do selo de órgano para a sinatura de comunicacións relativas á convocatoria de bolsas na aplicación "Xescampus"

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 0417
Departamento: Secretaría Xeral
Estado: En vigor

Por resolución da Secretaría Xeral do 12 de xullo de 2017 autorizouse o uso do selo de órgano en determinados procedementos automatizados da Universidade de Santiago de Compostela.

Visto escrito da xefa do Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado no que solicita a sinatura mediante selo de órgano de comunicacións relativas ás convocatorias de bolsas e de prezos públicos.

Visto que esta solicitude foi informada favorablemente pola Comisión Técnica de Administración Electrónica na súa reunión do 6 de maio de 2021.

Tendo en conta que o artigo 31 do Regulamento de Administración Electrónica da USC indica que Por resolución da Secretaría Xeral autorizarase a utilización de selos de órgano en determinados procedementos automatizados da USC.

Por isto, resolvo:

1.-

Autorizar o uso do selo de órgano nas seguintes comunicacións xeradas na aplicación informática "Xescampus":

a. Comunicación ás persoas titulares dunha subvención de prezos públicos para aceptar ou rexeitar a solicitude.

b. Comunicación ao estudantado solicitante da bolsa xeral do Ministerio ao que lle falta documentación.

2.-

Publicar como anexo a esta resolución a relación actualizada de procedementos para os que se autoriza o uso do selo de órgano.

A Secertaria Xeral

Dulce María García Mella

Anexo

Relación actualizada de procedementos para os que se autoriza o uso do selo de órgano

Aplicación Procedemento
Enquisas de avaliación docente Certificado de avaliación do profesorado
Enquisas de avaliación docente Resolución da solicitude de anulación da avaliaciónnunha materia
Moodle Informe de uso
OIT Virtual Certificado de pertenza a programas de RRHH
OIT Virtual Certificado de composición actual de grupo deinvestigación
OIT Virtual Certificado de composición mínima de grupo deinvestigación
OIT Virtual Certificado de pertenza a grupo de investigación
OIT Virtual Certificado de beneficiario de axudas propias da USC
OIT Virtual Certificado de investigadores emerxentes
OIT Virtual Certificado de consolidación de grupos de referenciacompetitiva
OIT Virtual Certificado de consolidación de grupos con potencialcrecemento
OIT Virtual Certificado de convocatoria de redes de investigación
OIT Virtual Certificado de participación en actividades de I+D
OIT Virtual Certificado de historial de grupo de investigación
OIT Virtual Certificado de historial de grupo de investigación(formato corto)
Xescampus Certificado de acreditación de probas de nivel deidiomas segundo o MECR
Xescampus Certificado de acreditación de cursos de idiomassegundo o MECR
Xescampus Certificado de titorización/cotitorización de TFG/TFM
Xescampus Certificado de docencia
Xescampus Certificado de participación en tribunais de TFG/TFM
Xescampus Certificado académico
Xescampus Certificado tipo BIR, EIR, FIR, MIR, PIR, QUIR
Xescampus Certificado de título
Xescampus Comunicación de subvencións de prezos públicos
Xescampus Comunicación de falta de documentación (convocatoriade bolsas xerais do Ministerio)
Sede Electrónica Comprobante de publicación no Taboleiro
Sede Electrónica Xustificante de rexistro de saída
Sede Electrónica Xustificante de rexistro de entrada
Sede Electrónica Xustificante de posta a disposición de notificación
Sede Electrónica Xustificante de lectura dunha notificación
Xestor de formularios Xustificante de solicitude presentada
Xestión Económica Autorizacións electrónicas por parte dos directores decentros de gasto
Xestión Económica Emisión de facturas da USC en eSicus

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Volver