Acordo do consello de goberno do 29 de decembro de 2020 polo que se aproba o Regulamento de indemnizacións por razón de servizo da Universidade de Santiago de Compostela
NORMA CONSOLIDADA
- Instrución V/2023 da xerencia, do 6 de setembro de 2023, pola que se modifica o Regulamento de indemnizacións por razón do servizo e das tarifas do servizo do parque móbil da Universidade de Santiago de Compostela
- Modificación do Regulamento de indemnizacións por razón do servizo da USC (2023)
- Modificación do Regulamento de indemnizacións por razón do servizo da USC (2025)
A Universidade de Santiago de Compostela non conta cunha norma específica que regule as indemnizacións por razón de servizo dos distintos colectivos que conforman o seu persoal motivo polo que se viñan aplicando as bases de execución dos distintos orzamentos e, no non disposto nelas, as normas autonómicas e estatais de referencia nesa materia.
Porén, regulouse mediante a Instrución XI/2016 da Xerencia pola que se establece o procedemento de xestión económico orzamentaria das actividades internacionais de cooperación e mobilidade algúns aspectos de forma parcial aplicables ás actividades internacionais de cooperación e mobilidade.
As indemnizacións por razón de servizo están dirixidas a retribuír os gastos nos que poida incorrer o persoal da Universidade naqueles cometidos que se ordenan e autorizan por razóns de servizo. Trátase pois de condicións de traballo que deben ser negociadas coa representación do persoal e que se deben aplicar cun tratamento homoxéneo desta circunstancia aos diferentes réximes xurídicos e colectivos aos que pertence o persoal ao servizo da institución.
Este regulamento adapta ás circunstancias da Universidade a normativa autonómica e estatal en materia de indemnizacións por razón de servizo e as gratificacións por asistencias. Non obstante, a normativa estatal será de aplicación complementaria e subsidiaria no non regulado expresamente nesta norma.
O regulamento consta de catro capítulos, vinte e dous artigos e seis disposicións adicionais nos que se describen os conceptos que dan lugar a indemnización así como os requisitos e criterios para o seu devengo. Así mesmo incorpora catro anexos cos grupos de clasificación e contías autorizadas para as diferentes indemnizacións previstas.
Á vista do exposto, unha vez negociado na Mesa Xeral de Negociación da Universidade, e en virtude das competencias atribuídas polos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, o Consello de Goberno na súa sesión do 29 de decembro de 2020, ACORDA
Artigo único. Aprobación do regulamento
Apróbase o regulamento de indemnizacións por razón de servizo da Universidade de Santiago de Compostela.
Disposición adicional primeira. Actualización normativa
No momento no que se produza a modificación dos preceptos legais e regulamentarios aos que se fai referencia nesta norma, entenderanse automaticamente modificados ou substituídos sen prexuízo da consolidación da presente norma.
Disposición adicional segunda. Modificación e actualización dos formularios normalizados
Os formularios afectados por este procedemento e que se viñan empregando para os diferentes colectivos, así como para a tramitación das axudas de custo, serán adaptados ao disposto neste regulamento e incorporados no catálogo de procedementos da sede electrónica da Universidade no prazo de 6 meses desde a entrada en vigor do regulamento.
Así, para a presentación das propostas e autorizacións de actividades que dean lugar a indemnizacións por razón de servizo será necesario empregar os formularios normalizados.
Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa
Quedan derrogadas expresamente:
- a Instrución VI/2016 da Xerencia da USC pola que se establece a limitación do gasto en tribunais de teses.
- a Instrución XI/2016 da Xerencia pola que se establece o procedemento de xestión económico orzamentaria das actividades internacionais de cooperación e mobilidade.
Así mesmo, quedan derrogadas cantas normas de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido neste regulamento.
Disposición final. Entrada en vigor.
O regulamento entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Taboleiro Electrónico da Universidade de Santiago de Compostela.
ANEXO. REGULAMENTO DE INDEMNIZACIÓNS POR RAZÓN DE SERVIZO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
CAPÍTULO I - Ámbito de aplicación
Artigo 1. Ámbito de aplicación obxectivo
1. Darán orixe a indemnización ou compensación os seguintes supostos, nas circunstancias, condicións e límites contidos neste regulamento:
a) Comisións de servizo con dereito a indemnización
b) Asistencias, nos termos establecidos neste regulamento
2. Considerarase nula toda concesión de indemnizacións que non se axuste na súa contía ou nos requisitos ao disposto neste regulamento
Artigo 2. Ámbito de aplicación subxectivo
Este regulamento será de aplicación:
a) Ao persoal ao servizo da Universidade de Santiago de Compostela con independencia da natureza xurídica da súa relación de emprego, agás no suposto de que algunha normativa específica determine outro réxime.
b) Ao persoal ao servizo doutras administracións públicas que participe en tribunais encargados de xulgar procesos para a selección de persoal, tanto de Persoal Docente e Investigador (PDI) como de Persoal de Administración e Servizos (PAS) e tribunais encargados de xulgar teses doutorais.
c) Ao persoal que imparta cursos, seminarios, congresos e conferencias ou similares promovidos pola Universidade.
d) Ao alumnado da universidade que, excepcional, motivada e xustificadamente, realice desprazamentos ou outros actos indemnizables.
e) A outro persoal non vinculado xuridicamente coa Universidade cando preste servizos que poidan dar orixe a indemnizacións ou compensacións que se regulen neste regulamento.
CAPÍTULO II - Comisións de servizo con dereito a indemnización
Sección 1ª. Normas xerais
Artigo 3. Definición das comisións de servizo con dereito a indemnización
1. Son comisións de servizo con dereito a indemnización os cometidos que circunstancialmente e por razón do servizo se lle ordenen ao persoal comprendido no artigo primeiro e que deban desempeñarse fóra do termo municipal onde radique o seu posto de traballo habitual. En ningún caso, poderá ter a consideración de comisión de servizo o desprazamento desde o lugar de residencia ata o do centro de traballo cando se atopen en termos municipais distintos.
2. Non se considerarán comisións de servizo con dereito a indemnización, e polo tanto, non poderán ser indemnizados aqueles servizos que estean retribuídos expresamente por calquera outro concepto.
3. Tampouco darán lugar a indemnización aquelas comisións nas que a prestación do servizo fóra do termo municipal teña lugar por petición propia ou haxa renuncia expresa da citada indemnización. Así mesmo, non darán lugar a indemnización os desprazamentos que non foran previamente autorizados.
Artigo 4. Designación e autorización das comisións de servizo
1. Nas comisións de servizo autorizarase o desprazamento dun só empregado público, evitando os desprazamentos de equipos de traballo. Excepcionalmente, previa autorización expresa do órgano competente para autorizar a comisión de servizos, por proposta motivada da persoa responsable que designa, poderase autorizar o desprazamento de máis dunha persoa para a mesma reunión ou acto.
2. A proposta das comisións de servizo con dereito a indemnización realizarase pola persoa responsable funcional correspondente e con previa reserva de crédito por parte do/a director/a do centro de gasto no caso de ser distinto.
3. A autorización será expedida, segundo o colectivo ao que pertenza a persoa comisionada, polos seguintes órganos:
a) a Vicerreitoría de Profesorado no suposto de Persoal Docente e Investigador
b) a Vicerreitoría de Investigación e Innovación no suposto de persoal contratado con recursos finalistas de actividades e proxectos de investigación así como en programas de recursos humanos.
c) a Xerencia no suposto de Persoal de Administración e Servizos e de persoal contratado con recursos finalistas procedentes de estudos propios e de fóra do ámbito da investigación.
4. No caso de viaxes internacionais nas que sexa precisa a comunicación á Autoridade Laboral e á Seguridade Social, a autorización deberá cursarse con 10 días de antelación como mínimo para o que se dará traslado ao Servizo de Xestión de Persoal.
Artigo 5. Duración das comisións de servizo
1. Toda comisión con dereito a indemnización, agás casos excepcionais, non durará máis dun mes en territorio nacional e de tres no estranxeiro.
2. No obstante o disposto no apartado anterior, se antes de vencer o prazo marcado para o desempeño dunha comisión resultase insuficiente para o total cumprimento do servizo, a persoa responsable correspondente poderá propoñer razoadamente ao órgano competente a concesión de prórroga polo tempo estritamente indispensable.
Artigo 6. Comisións con consideración de residencia eventual
As comisións que superen os límites establecidos no artigo anterior, así como as prórrogas que dean lugar a un exceso sobre eses límites, terán a consideración de residencia eventual desde o comezo da comisión inicial ou da súa prórroga, respectivamente.
Artigo 7. Asistencia a cursos de formación
1. A asistencia aos cursos de capacitación, especialización ou ampliación de estudos e, en xeral, aos de perfeccionamento convocados polas administracións públicas que deba realizar o persoal da Universidade, contando con autorización expresa, terá o carácter de residencia eventual sempre que teña lugar fóra do termo municipal do seu posto de traballo habitual e calquera que sexa a duración destes.
Non obstante, cando o persoal que estea realizando estes cursos regrese a pernoctar na súa residencia habitual non percibirá esta indemnización. Se por razón do horario tivesen que xantar na localidade onde se imparten, terán dereito a percibir a cantidade correspondente ao 50 por cento dos gastos de manutención, e a indemnización que por gastos de viaxe puidera corresponderlles segundo o disposto nos criterios de devengo deste regulamento.
2. A consideración de residencia eventual empezará a contar desde o día de inicio do curso e durará ata o remate deste. Os días anteriores e posteriores estritamente indispensables para efectuar a ida e o regreso ata o centro de estudos indemnizaranse, se é o caso, de acordo co disposto con carácter xeral para as comisións de servizo.
Sección 2ª. Clases de indemnizacións
Artigo 8. Conceptos con dereito a indemnización
1. A axuda de custos é a cantidade que se devenga diariamente para satisfacer os gastos que orixina a estancia fóra da residencia habitual.
2. Indemnización de residencia eventual é a cantidade que se devenga diariamente para satisfacer os gastos que orixina a estancia fóra da residencia oficial cando a comisión se prevé de longa duración ou se prolongue necesariamente, nos casos previstos neste regulamento.
3. Gastos de viaxe é a cantidade que se aboa pola utilización de calquera medio de transporte por razón do servizo.
Sección 3ª. Contía das indemnizacións
Artigo 9. Indemnización por axudas de custo
1. Aplicarase, con carácter xeral, o réxime de axudas previsto neste regulamento á totalidade do persoal comprendido no seu ámbito de aplicación adecuándose ao principio de austeridade no gasto público cuxos importes se actualizarán anualmente nos orzamentos da Universidade.
2. Nas comisións de servizo percibiranse as axudas de custo a que se teña dereito de conformidade cos grupos que se especifican no anexo I e as contías que se establecen nos anexos II e III, segundo se desempeñen en territorio nacional ou estranxeiro, respectivamente.
3. As contías fixadas nos anexos II e III comprenden os gastos de manutención correspondentes ao xantar e á cea e os importes máximos que por gastos de aloxamento e almorzo se poden percibir día a día.
4. As axudas de aloxamento e manutención non serán obxecto de indemnización no suposto de que este tipo de gasto non supoña ningún custo para a persoa comisionada por imputarse a partidas orzamentarias en concepto de reunións e conferencias ou atencións protocolarias ou ben porque o seu custo se financie con cargo ao orzamento das entidades organizadoras da reunión ou dos actos obxecto da comisión.
5. De non aplicarse a contratación do desprazamento e o aloxamento mediante unha axencia de viaxes o importe a percibir por gastos de aloxamento e asimilados será o realmente gastado e xustificado documentalmente, sen que a súa contía total, con excepción dos importes autorizados de ser o caso poida exceder das sinaladas nos anexos II e III.
6. Con carácter excepcional e motivado poderá elevarse o importe máximo por aloxamento ata un 50 por 100 do importe establecido para cada grupo.
7. O pagamento das indemnizacións reguladas nesta sección terá carácter preferente.
Artigo 10. Criterios de devengo das indemnizacións
1. Con carácter xeral, o devengo de indemnizacións deberá axustar temporalmente o inicio e a finalización da comisión de servizo ao momento de inicio e finalización do exercicio das funcións que dan lugar á comisión, non sendo resarcibles as antelacións ou prolongacións de estancia en destino cando non estean debidamente xustificadas.
2. Nas comisións cuxa duración sexa igual ou inferior a un día natural, en xeral non se percibirán indemnizacións por gastos de aloxamento nin de manutención agás cando, tendo a comisión unha duración mínima de cinco horas, se inicie antes das catorce horas e finalice despois das dezaseis horas, suposto no que se percibirá o 50 por 100 do importe da axuda por manutención.
3. Nas comisións cuxa duración sexa igual ou menor a vinte e catro horas, pero comprendan parte de dous días naturais, poderán percibirse indemnizacións por gastos de aloxamento correspondente a un só día e os gastos de manutención nas mesmas condicións fixadas no seguinte apartado para os días de saída e regreso.
4. Nas comisións cuxa duración sexa superior a vinte e catro horas terase en conta:
a) No día de saída poderanse percibir gastos de aloxamento pero non gastos de manutención, agás que a hora fixada para iniciar a comisión sexa anterior ás catorce horas, suposto no que se percibirá o 100 por 100 destes gastos, porcentaxe que se reducirá ao 50 por 100 cando esta hora de saída sexa posterior ás catorce horas pero anterior ás vinte e dúas horas.
b) No día de regreso non se poderán percibir gastos de aloxamento nin de manutención, agás que a hora fixada para concluír a comisión sexa posterior ás catorce horas, en cuxo caso se percibirá, con carácter xeral, unicamente o 50 por 100 dos gastos de manutención ou posterior ás vinte e dúas horas en cuxo caso se percibirá o 100 por 100 destes gastos.
c) Nos días intermedios entre os de saída e regreso percibiranse o 100 por 100 das axudas.
5. As axudas fixadas para as comisións que se desempeñen fóra do territorio nacional devengaranse desde o día en que se pase a fronteira ou se saia do último porto ou aeroporto nacional e durante o percorrido e estancia no estranxeiro, nas contías correspondentes a cada país nos que se desempeñe a comisión de servizo, deixándose de percibir o día da chegada á fronteira ou primeiro porto ou aeroporto nacional, aínda que se a distancia ao lugar da residencia oficial obrigara a unha continuación da viaxe en territorio nacional serán indemnizables os correspondentes gastos por aloxamento e manutención segundo os casos.
Se durante a viaxe se tivera que pernoctar noutro país a contía da indemnización, polo que se refire a estes gastos será a xustificada dentro do máximo correspondente ao país no que se pernocta.
Durante os percorridos por territorio nacional aboaranse as axudas que correspondan a este territorio de acordo co previsto nos apartados anteriores, aínda que as porcentaxes que se especifican neles poderán aplicarse sobre a contía dos gastos de manutención no estranxeiro cando se xustifique mediante a correspondente factura ou recibo que no día de regreso se realizaron, excepcionalmente, fóra do territorio nacional.
Así mesmo, poderanse indemnizar os gastos de consignas de equipaxes cando a persoa comisionada se vexa obrigada a permanecer en tránsito nalgunha cidade ou no propio aeroporto ou estación.
Artigo 11. Comisións de servizo en representación ou por delegación de cargo con clasificación nun grupo superior
Ningunha persoa comisionada poderá percibir axudas dun grupo superior ao que lle corresponda aínda que realice o servizo por delegación ou en representación dunha autoridade ou persoal clasificado nun grupo superior.
Artigo 12. Concertos e contratos con empresas dos gastos de aloxamento e viaxes
Os gastos de aloxamento e os de viaxe poderán concertarse ou contratarse con carácter xeral con entidades autorizadas para transporte de pasaxeiros e aloxamento, sen que os prezos que se concerten ou contraten poidan ser superiores ao establecidos neste regulamento, sen prexuízo das excepcións establecidas no artigo 10.
Artigo 13. Contía das indemnizacións por residencia eventual
1. O límite máximo de indemnización de residencia eventual será igual ao 80 por 100% das axudas de custo enteiras que corresponderían conforme aos anexos II e III, segundo se trate de comisións de servizo en territorio nacional ou estranxeiro, respectivamente, e a súa contía será fixada polo mesmo órgano que autoriza a comisión.
2. Cando nas comisións de servizo o persoal que estivese na situación de residencia eventual tivese que desprazarse desta, percibirá durante os días en que dure o citado desprazamento axudas de custo exclusivamente por aloxamento e os correspondentes gastos de viaxe, nas condicións establecidas para as comisións de servizo en xeral.
Artigo 14. Indemnizacións por gastos de viaxe
1. Con carácter xeral empregaranse medios de transporte públicos nas modalidades máis económicas posibles. Non obstante, en casos de urxencia cando non houbera billete ou pasaxe da clase que corresponda, ou por motivos de representación ou duración das viaxes, o órgano que autorice a comisión poderá autorizar unha clase superior.
2. A percepción de axudas pola utilización do vehículo particular para efectuar desprazamentos debe ser excepcional. Será preciso xustificar os desprazamentos mediante declaración responsable na que se indique o itinerario, as datas, número de quilómetros e motivo do desprazamento.
3. Con carácter excepcional poderá autorizarse o gasto de alugueiro de vehículo sempre que non se poida utilizar ou resulte antieconómico o transporte público ou o vehículo propio, xuntando o informe xustificativo da necesidade.
4. O uso do taxi quedará limitado aos traxectos entre aeroportos ou estacións e o lugar de destino ou residencia exceptuándose desta limitación o uso de taxi naqueles países que, por razóns de seguridade quede xustificado, así como excepcionalmente noutras circunstancias que se requira e sempre con previa autorización.
5. Con carácter excepcional, autorizarase o uso dos aparcadoiros para o vehículo particular nas estacións de ferrocarril, autobuses, portos ou aeroportos, permitindo o estacionamento neles durante un prazo superior ás 24 horas, sempre que se xustifique que o seu custo é inferior ao do taxi de ida e volta desde estes lugares ata o punto no que se inicia ou remata a comisión.
6. Nos casos en que se utilicen para o desprazamento medios gratuítos da Universidade non se terá dereito a ser indemnizado por este concepto.
7. No suposto de viaxar no vehículo particular doutra persoa que fose indemnizada na mesma viaxe non se terá dereito a indemnización por este concepto.
8. As indemnizacións por gastos de viaxe incluirán, de ser o caso, os gastos extraordinarios necesarios para a entrada no país de que se trate, tales como vacinas, visados e cobertura sanitaria entre outros.
Modificación do Regulamento de indemnizacións por razón do servizo da USC (2025).
Artigo modificado: Artigo 14 apartado 2 nova redacción por punto 1.
CAPÍTULO III - Asistencias
Sección 1ª. Normas xerais sobre asistencias
Artigo 15. Asistencias que dan lugar a indemnización
Enténdese por asistencia a indemnización regulamentaria aboable ao persoal comprendido no artigo 2 deste regulamento polos seguintes conceptos:
a) Pola asistencia ás sesións de tribunais encargados da selección do persoal ao servizo da universidade así como pola asistencia en calidade de asesor do tribunal.
b) Por colaboración con carácter non permanente nin habitual en actividades de formación e perfeccionamento do persoal da Universidade.
c) Pola asistencia ás sesións de tribunais de teses doutorais.
d) Pola asistencia ao Consello Social
Artigo 16. Límites nos importes a indemnizar
No caso do persoal da Universidade as cantidades percibidas polos conceptos sinalados no artigo anterior non poderán en ningún caso totalizar, para o conxunto dos tipos de asistencias establecidos no artigo anterior, un importe por ano natural superior ao 50 por 100 das retribucións anuais, excluídas as de carácter persoal derivadas da antigüidade, que se perciban polo posto de traballo desempeñado.
Artigo 17. Compatibilidade con outros conceptos indemnizables
1. As percepcións correspondentes ás asistencias reguladas neste capítulo serán compatibles co devengo das axudas de custo e os gastos de transporte que poidan corresponder ao persoal que para asistir se desprace da súa residencia oficial, tendo en conta para o seu cálculo as horas de saída e chegada á residencia oficial.
2. As normas xerais e os importes a indemnizar por estes conceptos serán os establecidos no Capítulo II. Comisións de servizo con dereito a indemnización, quedando asimilado para estes efectos o persoal alleo á Universidade ao grupo segundo de persoal dos establecidos no anexo I.
Sección 2ª. Clases de asistencias
Artigo 18. Asistencia ás sesións de tribunais encargados da selección de persoal
Aboaranse asistencias aos membros dos tribunais de oposicións e concursos encargados da selección de persoal ou das probas cuxa superación sexa necesaria para o exercicio de profesións ou para a realización de actividades, sempre que estes procesos de selección impliquen a realización de exercicios escritos ou orais, así como aos colaboradores técnicos, administrativos e de servizos destes órganos, naqueles casos en que expresamente se autorice polo órgano competente.
Artigo 19. Criterios de devengo por asistencias a tribunais de selección
1. O persoal que forme parte de tribunais de oposicións e concursos clasificarase para os efectos da percepción de asistencias dos seus membros na correspondente categoría de entre as sinaladas no anexo I, sendo as contías a percibir as que se sinalan no anexo IV:
2. As contías fixadas no anexo IV incrementaranse no 50 por 100 do seu importe cando as asistencias se devenguen pola concorrencia a sesións que se celebren en sábados ou en días festivos.
3. As asistencias devengaranse por cada sesión determinada con independencia de se esta se estende a máis dun día, devengándose unha única asistencia no suposto de que se celebre máis dunha sesión no mesmo día.
Artigo 20. Asistencias pola colaboración en actividades de formación e perfeccionamento
1. O persoal ao servizo da Universidade poderá percibir asistencias pola colaboración, con carácter non permanente nin habitual, nas actividades de formación e perfeccionamento da Universidade así como ocasionalmente en conferencias ou cursos, congresos, ponencias, seminarios e actividades análogas dentro das dispoñibilidades orzamentarias e sempre que o total de horas do conxunto destas actividades non supere individualmente o máximo de setenta e cinco ao ano.
2. As remuneracións a percibir axustaranse aos baremos que se aproben para ese fin polos órganos competentes.
Artigo 21. Asistencias a sesións de tribunais de teses doutorais
1. O persoal que forme parte dos tribunais de tese doutoral terá dereito a indemnización unicamente polos conceptos de axudas de custo e gastos de viaxe.
2. Os membros dos tribunais de tese clasificaranse na categoría primeira das sinaladas no anexo I para os efectos de percibir as indemnizacións establecidas no apartado anterior.
3. O custo das indemnizacións non poderá superar os 600 € para a totalidade do tribunal no suposto de teses sen mención internacional nin os 1.100 € para os tribunais de teses con mención internacional.
CAPÍTULO IV - Compensación horaria
Artigo 22. Compensación por traballo desempeñado en sábados pola tarde, domingos e días festivos universitarios
1.No suposto de que as comisións de servizo reguladas no capítulo II se desenvolvan en sábados pola tarde, domingos e días declarados festivos universitarios no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno o persoal terá dereito á compensación mediante dous días de libre disposición ou, de ser o caso, a dúas horas de compensación por cada hora traballada.
2. Sen prexuízo do anterior, nas relacións de postos de traballo teranse en conta as especiais características que requiran dun desprazamento continuo fóra dos termos municipais onde ten presenza a Universidade de Santiago de Compostela.
ANEXO I. Grupos de clasificación
Grupos para o cálculo das indemnizacións por razón do servizo
Grupo 1 - Altos cargos, considerando como tales o/a reitor/a, os/as vicerreitores/as, o/a secretario/a xeral e o/a xerente/a de conformidade co artigo 70 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela.
Grupo 2 - Resto de persoal e alumnado
Grupos de clasificación para asistencias
Categoría primeira - acceso a Corpos ou Escalas do grupo A (subgrupos A1 e A2) ou categorías de persoal laboral dos grupos I e II.
Categoría segunda - acceso a Corpos ou Escalas do grupo C (subgrupos C1 e C2) ou categorías de persoal laboral dos grupos III e IV.
ANEXO II. Axudas de custo e locomoción
| AXUDAS DE CUSTO (€) | Por aloxamento | Por manutención | Media manutención | Axuda enteira |
|---|---|---|---|---|
| Grupo I | 120,92 | 53,34 | 26,67 | 177,26 |
| Grupo II | 77,78 | 44,09 | 22,05 | 121,87 |
| AXUDAS DE LOCOMOCIÓN(1) |
|---|
| 0,26 €/km |
(1) En vigor dende o 6 de setembro de 2023.
Artigo modificado: Anexo II nova redacción por punto 1.
Modificación do Regulamento de indemnizacións por razón do servizo da USC (2023)
Artigo modificado: Anexo II nova redacción por punto 1.
ANEXO III. Axudas en territorio estranxeiro
| Contías en euros | |||
|---|---|---|---|
| Por aloxamento | Por manutención | Axuda enteira | |
| Alemaña | |||
| Grupo 1 | 155,66 | 68,52 | 224,18 |
| Grupo 2 | 132,82 | 59,50 | 192,32 |
| Andorra | |||
| Grupo 1 | 54,69 | 44,47 | 99,17 |
| Grupo 2 | 46,88 | 37,86 | 84,74 |
| Angola | |||
| Grupo 1 | 158,67 | 66,71 | 225,38 |
| Grupo 2 | 135,23 | 59,50 | 194,73 |
| Arabia Saudí | |||
| Grupo 1 | 86,55 | 60,70 | 147,25 |
| Grupo 2 | 73,92 | 54,09 | 128,02 |
| Arxelia | |||
| Grupo 1 | 119,00 | 51,09 | 170,09 |
| Grupo 2 | 101,57 | 44,47 | 146,05 |
| Arxentina | |||
| Grupo 1 | 130,42 | 64,91 | 195,33 |
| Grupo 2 | 111,19 | 55,29 | 166,48 |
| Australia | |||
| Grupo 1 | 94,96 | 57,10 | 152,06 |
| Grupo 2 | 81,14 | 51,09 | 132,22 |
| Austria | |||
| Grupo 1 | 112,39 | 66,11 | 178,50 |
| Grupo 2 | 95,56 | 58,90 | 154,46 |
| Bélxica | |||
| Grupo 1 | 174,29 | 91,35 | 265,65 |
| Grupo 2 | 148,45 | 82,94 | 231,39 |
| Bolivia | |||
| Grupo 1 | 60,10 | 42,67 | 102,77 |
| Grupo 2 | 51,09 | 36,66 | 87,75 |
| Bosnia-Herzegovina | |||
| Grupo 1 | 85,34 | 57,70 | 143,04 |
| Grupo 2 | 72,72 | 49,88 | 122,61 |
| Brasil | |||
| Grupo 1 | 150,25 | 91,35 | 241,61 |
| Grupo 2 | 128,02 | 79,33 | 207,35 |
| Bulgaria | |||
| Grupo 1 | 62,51 | 44,47 | 106,98 |
| Grupo 2 | 53,49 | 37,86 | 91,35 |
| Camerún | |||
| Grupo 1 | 103,37 | 55,29 | 158,67 |
| Grupo 2 | 88,35 | 48,68 | 137,03 |
| Canadá | |||
| Grupo 1 | 110,59 | 58,30 | 168,88 |
| Grupo 2 | 94,36 | 51,69 | 146,05 |
| Chile | |||
| Grupo 1 | 120,20 | 57,70 | 177,90 |
| Grupo 2 | 102,17 | 50,49 | 152,66 |
| China | |||
| Grupo 1 | 84,14 | 51,69 | 135,83 |
| Grupo 2 | 71,52 | 46,28 | 117,80 |
| Colombia | |||
| Grupo 1 | 145,44 | 90,15 | 235,60 |
| Grupo 2 | 123,81 | 78,13 | 201,94 |
| Corea | |||
| Grupo 1 | 120,20 | 62,51 | 182,71 |
| Grupo 2 | 102,17 | 55,29 | 157,47 |
| Costa de Marfil | |||
| Grupo 1 | 72,12 | 55,89 | 128,02 |
| Grupo 2 | 61,30 | 49,28 | 110,59 |
| Costa Rica | |||
| Grupo 1 | 76,93 | 52,29 | 129,22 |
| Grupo 2 | 65,51 | 44,47 | 109,99 |
| Croacia | |||
| Grupo 1 | 85,34 | 57,70 | 143,04 |
| Grupo 2 | 72,72 | 49,88 | 122,61 |
| Cuba | |||
| Grupo 1 | 66,11 | 38,46 | 104,58 |
| Grupo 2 | 56,50 | 33,06 | 89,55 |
| Dinamarca | |||
| Grupo 1 | 144,24 | 72,12 | 216,36 |
| Grupo 2 | 122,61 | 64,91 | 187,52 |
| República Dominicana | |||
| Grupo 1 | 75,13 | 42,07 | 117,20 |
| Grupo 2 | 64,31 | 36,66 | 100,97 |
| Ecuador | |||
| Grupo 1 | 75,73 | 50,49 | 126,21 |
| Grupo 2 | 64,91 | 43,27 | 108,18 |
| Exipto | |||
| Grupo 1 | 106,98 | 44,47 | 151,46 |
| Grupo 2 | 91,35 | 39,07 | 130,42 |
| El Salvador | |||
| Grupo 1 | 77,53 | 50,49 | 128,02 |
| Grupo 2 | 66,11 | 43,27 | 109,38 |
| Emiratos Árabes Unidos | |||
| Grupo 1 | 119,00 | 63,71 | 182,71 |
| Grupo 2 | 101,57 | 56,50 | 158,07 |
| Eslovaquia | |||
| Grupo 1 | 88,95 | 49,88 | 138,83 |
| Grupo 2 | 75,73 | 43,27 | 119,00 |
| Estados Unidos | |||
| Grupo 1 | 168,28 | 77,53 | 245,81 |
| Grupo 2 | 143,04 | 69,72 | 212,76 |
| Etiopía | |||
| Grupo 1 | 140,04 | 43,87 | 183,91 |
| Grupo 2 | 119,60 | 37,86 | 157,47 |
| Filipinas | |||
| Grupo 1 | 84,14 | 45,08 | 129,22 |
| Grupo 2 | 71,52 | 39,67 | 111,19 |
| Finlandia | |||
| Grupo 1 | 134,63 | 72,72 | 207,35 |
| Grupo 2 | 114,79 | 65,51 | 180,30 |
| Francia | |||
| Grupo 1 | 144,24 | 72,72 | 216,97 |
| Grupo 2 | 122,61 | 65,51 | 188,12 |
| Gabón | |||
| Grupo 1 | 117,80 | 59,50 | 177,30 |
| Grupo 2 | 100,37 | 52,89 | 153,26 |
| Ghana | |||
| Grupo 1 | 78,13 | 42,67 | 120,80 |
| Grupo 2 | 66,71 | 37,26 | 103,98 |
| Grecia | |||
| Grupo 1 | 81,14 | 45,08 | 126,21 |
| Grupo 2 | 69,12 | 39,07 | 108,18 |
| Guatemala | |||
| Grupo 1 | 105,18 | 49,28 | 154,46 |
| Grupo 2 | 89,55 | 42,67 | 132,22 |
| Guinea Ecuatorial | |||
| Grupo 1 | 102,77 | 56,50 | 159,27 |
| Grupo 2 | 87,75 | 50,49 | 138,23 |
| Haití | |||
| Grupo 1 | 52,89 | 43,87 | 96,76 |
| Grupo 2 | 45,08 | 37,86 | 82,94 |
| Honduras | |||
| Grupo 1 | 81,74 | 49,28 | 131,02 |
| Grupo 2 | 69,72 | 42,07 | 111,79 |
| Hong Kong | |||
| Grupo 1 | 142,44 | 57,70 | 200,14 |
| Grupo 2 | 121,40 | 51,69 | 173,09 |
| Hungría | |||
| Grupo 1 | 135,23 | 52,89 | 188,12 |
| Grupo 2 | 115,39 | 46,28 | 161,67 |
| India | |||
| Grupo 1 | 117,20 | 44,47 | 161,67 |
| Grupo 2 | 99,77 | 38,46 | 138,23 |
| Indonesia | |||
| Grupo 1 | 120,20 | 48,68 | 168,88 |
| Grupo 2 | 102,17 | 42,67 | 144,84 |
| Iemen | |||
| Grupo 1 | 156,26 | 49,28 | 205,55 |
| Grupo 2 | 132,82 | 43,27 | 176,10 |
| Macedonia do Norte | |||
| Grupo 1 | 115,39 | 57,70 | 173,09 |
| Grupo 2 | 98,57 | 49,88 | 148,45 |
| Iraq | |||
| Grupo 1 | 77,53 | 44,47 | 122,01 |
| Grupo 2 | 66,11 | 39,07 | 105,18 |
| Irán | |||
| Grupo 1 | 94,36 | 51,69 | 146,05 |
| Grupo 2 | 80,54 | 44,47 | 125,01 |
| Irlanda | |||
| Grupo 1 | 109,38 | 54,09 | 163,48 |
| Grupo 2 | 93,16 | 48,08 | 141,24 |
| Israel | |||
| Grupo 1 | 108,78 | 63,71 | 172,49 |
| Grupo 2 | 92,56 | 56,50 | 149,05 |
| Italia | |||
| Grupo 1 | 153,86 | 69,72 | 223,58 |
| Grupo 2 | 131,02 | 63,11 | 194,13 |
| Kenia | |||
| Grupo 1 | 96,76 | 45,08 | 141,84 |
| Grupo 2 | 82,34 | 39,67 | 122,01 |
| Kuwait | |||
| Grupo 1 | 144,24 | 50,49 | 194,73 |
| Grupo 2 | 122,61 | 44,47 | 167,08 |
| Líbano | |||
| Grupo 1 | 135,23 | 40,87 | 176,10 |
| Grupo 2 | 115,39 | 34,86 | 150,25 |
| Libia | |||
| Grupo 1 | 119,60 | 62,51 | 182,11 |
| Grupo 2 | 102,17 | 54,69 | 156,86 |
| Luxemburgo | |||
| Grupo 1 | 159,27 | 63,11 | 222,37 |
| Grupo 2 | 135,83 | 55,89 | 191,72 |
| Malaisia | |||
| Grupo 1 | 108,18 | 39,67 | 147,85 |
| Grupo 2 | 91,95 | 34,26 | 126,21 |
| Malta | |||
| Grupo 1 | 54,09 | 37,26 | 91,35 |
| Grupo 2 | 46,28 | 31,85 | 78,13 |
| Marrocos | |||
| Grupo 1 | 116,60 | 45,68 | 162,27 |
| Grupo 2 | 99,17 | 39,67 | 138,83 |
| Mauritania | |||
| Grupo 1 | 57,70 | 45,08 | 102,77 |
| Grupo 2 | 49,28 | 39,07 | 88,35 |
| México | |||
| Grupo 1 | 96,16 | 49,88 | 146,05 |
| Grupo 2 | 81,74 | 43,27 | 125,01 |
| Mozambique | |||
| Grupo 1 | 78,73 | 48,08 | 126,81 |
| Grupo 2 | 67,31 | 42,67 | 109,99 |
| Nicaragua | |||
| Grupo 1 | 110,59 | 61,90 | 172,49 |
| Grupo 2 | 94,36 | 52,89 | 147,25 |
| Nixeria | |||
| Grupo 1 | 138,23 | 51,69 | 189,92 |
| Grupo 2 | 117,80 | 46,88 | 164,68 |
| Noruega | |||
| Grupo 1 | 156,26 | 89,55 | 245,81 |
| Grupo 2 | 132,82 | 80,54 | 213,36 |
| Nova Zelanda | |||
| Grupo 1 | 76,93 | 46,28 | 123,21 |
| Grupo 2 | 65,51 | 40,27 | 105,78 |
| Países Baixos | |||
| Grupo 1 | 149,05 | 71,52 | 220,57 |
| Grupo 2 | 126,81 | 64,31 | 191,12 |
| Pakistán | |||
| Grupo 1 | 68,52 | 43,27 | 111,79 |
| Grupo 2 | 58,30 | 37,26 | 95,56 |
| Panamá | |||
| Grupo 1 | 75,73 | 42,07 | 117,80 |
| Grupo 2 | 64,91 | 36,66 | 101,57 |
| Paraguai | |||
| Grupo 1 | 53,49 | 38,46 | 91,95 |
| Grupo 2 | 45,68 | 33,06 | 78,73 |
| Perú | |||
| Grupo 1 | 93,76 | 50,49 | 144,24 |
| Grupo 2 | 79,93 | 43,27 | 123,21 |
| Polonia | |||
| Grupo 1 | 117,20 | 48,68 | 165,88 |
| Grupo 2 | 99,77 | 42,67 | 142,44 |
| Portugal | |||
| Grupo 1 | 114,19 | 51,09 | 165,28 |
| Grupo 2 | 97,36 | 43,87 | 141,24 |
| Reino Unido | |||
| Grupo 1 | 183,91 | 91,35 | 275,26 |
| Grupo 2 | 156,86 | 82,94 | 239,80 |
| República Checa | |||
| Grupo 1 | 119,00 | 49,88 | 168,88 |
| Grupo 2 | 101,57 | 43,27 | 144,84 |
| Rumanía | |||
| Grupo 1 | 149,05 | 44,47 | 193,53 |
| Grupo 2 | 126,81 | 38,46 | 165,28 |
| Rusia | |||
| Grupo 1 | 267,45 | 83,54 | 350,99 |
| Grupo 2 | 227,78 | 73,32 | 301,11 |
| Senegal | |||
| Grupo 1 | 79,33 | 51,09 | 130,42 |
| Grupo 2 | 67,91 | 45,08 | 112,99 |
| Singapur | |||
| Grupo 1 | 99,77 | 54,09 | 153,86 |
| Grupo 2 | 85,34 | 48,08 | 133,42 |
| Siria | |||
| Grupo 1 | 97,96 | 52,29 | 150,25 |
| Grupo 2 | 83,54 | 46,28 | 129,82 |
| Sudáfrica | |||
| Grupo 1 | 75,13 | 55,89 | 131,02 |
| Grupo 2 | 64,31 | 48,08 | 112,39 |
| Suecia | |||
| Grupo 1 | 173,09 | 82,34 | 255,43 |
| Grupo 2 | 147,25 | 75,13 | 222,37 |
| Suíza | |||
| Grupo 1 | 174,29 | 69,12 | 243,41 |
| Grupo 2 | 148,45 | 61,30 | 209,75 |
| Tailandia | |||
| Grupo 1 | 81,14 | 45,08 | 126,21 |
| Grupo 2 | 69,12 | 39,07 | 108,18 |
| Taiwán | |||
| Grupo 1 | 96,16 | 54,09 | 150,25 |
| Grupo 2 | 81,74 | 48,68 | 130,42 |
| Tanzania | |||
| Grupo 1 | 90,15 | 34,86 | 125,01 |
| Grupo 2 | 76,93 | 30,05 | 106,98 |
| Túnez | |||
| Grupo 1 | 60,70 | 54,09 | 114,79 |
| Grupo 2 | 51,69 | 46,28 | 97,96 |
| Turquía | |||
| Grupo 1 | 72,12 | 45,08 | 117,20 |
| Grupo 2 | 61,30 | 39,07 | 100,37 |
| Uruguai | |||
| Grupo 1 | 67,31 | 46,68 | 116,00 |
| Grupo 2 | 57,70 | 41,47 | 99,17 |
| Venezuela | |||
| Grupo 1 | 91,35 | 42,07 | 133,42 |
| Grupo 2 | 78,13 | 36,06 | 114,19 |
| Xamaica | |||
| Grupo 1 | 90,15 | 51,69 | 141,84 |
| Grupo 2 | 76,93 | 46,28 | 123,21 |
| Xapón | |||
| Grupo 1 | 187,52 | 108,18 | 295,70 |
| Grupo 2 | 159,87 | 96,76 | 256,63 |
| Xordania | |||
| Grupo 1 | 109,38 | 48,68 | 158,07 |
| Grupo 2 | 93,16 | 42,67 | 135,83 |
| Zaire/Congo | |||
| Grupo 1 | 119,00 | 60,70 | 179,70 |
| Grupo 2 | 101,57 | 54,09 | 155,66 |
| Zimbabue | |||
| Grupo 1 | 90,15 | 45,08 | 135,23 |
| Grupo 2 | 76,93 | 39,07 | 116,00 |
| Resto do mundo | |||
| Grupo 1 | 127,41 | 46,88 | 174,29 |
| Grupo 2 | 108,78 | 40,87 | 149,65 |
ANEXO IV. Asistencias tribunais de selección e provisión de persoal
| Categorías | Contías (€) |
|---|---|
| Primeira: | |
| Presidente/a e Secretario/a | 45,89 |
| Vogais | 42,83 |
| Segunda: | |
| Presidente/a e Secretario/a | 42,83 |
| Vogais | 39,78 |
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.