Modificación do Regulamento de indemnizacións por razón do servizo da USC

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 1233
Departamento: Consello de Goberno
Estado: En vigor
Texto Texto con anotacións

Por acordo do Consello de Goberno do 29 de decembro de 2020 aprobouse o Regulamento de indemnizacións por razón de servizo da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

No artigo 14 do Regulamento de indemnizacións por razón de servizo da USC establecese que a percepción de axudas pola utilización do vehículo particular para efectuar desprazamentos debe ser excepcional e indicarase sempre o itinerario seguido. Será preciso xustificar os desprazamentos fóra de Galicia que sexan superiores a 300 quilómetros achegando recibos de peaxe de autoestradas ou xustificación de reposición de combustible no traxecto.

O requirimento da documentación sinalada supón un incremento da carga administrativa, ao ter que comprobarse e arquivarse varios documentos por cada desprazamento realizado, o que resta axilidade a tramitación e non achega valor ao procedemento.

O Estatuto Básico do empregado público establece que os empregados públicos deben desempeñan o seu traballo de conformidade, entre outros,cos principios de eficiencia, eficacia e honradez.

Así mesmo, resulta unha práctica cada vez máis habitual en aras de facilitar e axilizar as xestións no ámbito da administración pública o emprego de declaracións responsables das persoas peticionarias nas solicitudes que realizan.

Con base nos sinalados principios e en aras de facilitar a xestión considerase máis axeitado a presentación dunha declaración responsable da persoa que solicita a axuda de custo na que recolla os datos precisos para xustificar o importe que solicita.

Á vista do anterior, proponse:

1.

Modificar o artigo 14.2 quedando coa seguinte redacción

A percepción de axudas pola utilización do vehículo particular para efectuar desprazamentos debe ser excepcional. Será preciso xustificar os desprazamentos mediante declaración responsable na que se indique o itinerario, as datas, número de quilómetros e motivo do desprazamento.

2.

A publicación desta modificación no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela e a súa entrada en vigor a partir do día seguinte da súa publicación.

Santiago de Compostela,

Javier Ferreira Fernández

Xerente

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Volver