Resolución reitoral do 3 de novembro de 2026, pola que se modifica a resolución de competencias lingüísticas

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 1292
Departamento: Reitor
Estado: En vigor
Texto Texto con anotacións

A Resolución reitoral do 2 de marzo de 2023 actualizou as competencias lingüísticas adquiridas polo estudantado das titulacións de grao da Universidade de Santiago de Competela e dispuxo que, para a súa acreditación, bastaba con ter superados os módulos indicados no seu anexo, sen necesidade de ter rematada a correspondente titulación. Para os graos en Filoloxía Clásica, Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas e Linguas e Literaturas Modernas, o Anexo atribúe actualmente á Formación Básica da Lingua Inglesa o nivel B1.

A Xunta da Facultade de Filoloxía, na sesión ordinaria do 25 de marzo de 2026, acordou informar favorablemente o recoñecemento do nivel B2 para as materias de formación básica Lingua Inglesa 1 e Lingua Inglesa 2 dos mencionados graos e solicitar, en consecuencia, a modificación do nivel B1 actualmente recollido na Resolución reitoral, segundo consta na certificación expedida polo secretario da Facultade.

A solicitude do Decanato fundamenta a modificación, esencialmente, na implantación no curso 2026-2027 dos novos plans de estudos e no feito de que a memoria do Grao en Lingua e Literatura Inglesas establece que coa superación das materias de formación básica Lingua Inglesa 1 e Lingua Inglesa 2 o estudantado acada un ”nivel B2.1” segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER)”. A Facultade sinala tamén as consecuencias favorables do recoñecemento do B2 para a mobilidade internacional do estudantado e solicita expresamente a actualización da Resolución reitoral do 2 de marzo de 2023.

En vista de todo o anterior, esta reitoría

RESOLVE:

PRIMEIRO.-

Actualizar o cadro Anexo á Resolución reitoral do 2 de marzo de 2023, onde se lle atribúe un nivel B1 ás competencias linguísticas adquiridas polo estudantado do Grao en Filoloxía Clásica; Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas, e Linguas e Literaturas Modernas que supere o módulo de formación básica da Lingua Inglesa, asignándolle á Formación Básica da Lingua Inglesa un nivel B2.

SEGUNDO.-

Para a acreditación destas competencias lingüísticas será suficiente con ter superado o módulo indicado no anexo, polo que non será preciso ter rematada a titulación correspondente.

TERCEIRO.-

Queda derrogado, no que se opoña á presente resolución reitoral, o Anexo á resolución reitoral do 2 de marzo de 2023.

Esta resolución entrará en vigor desde a súa publicación no Taboleiro Electrónico da Universidade.

A reitora

Rosa M. Crujeiras Casais

ANEXO

 

Titulación Materia / Módulo Competencia lingüística (MERCL)
Grao en Ciencias da Cultura e difusión Cultural G5101105 Idioma Moderno I (Lingua Inglesa) B1
G5101104 Idioma Moderno I (Lingua Francesa) B1
G5101115 Idioma Moderno II (Lingua Inglesa ) B1
G5101114 Idioma Moderno II (Lingua Francesa) B2
Grao en Filoloxía Clásica; Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas, e Linguas e Literaturas Modernas Formación Básica da Lingua Alemá A2
Formación Básica da Lingua Francesa A2
Formación Básica da Lingua Inglesa B2
Formación Básica da Lingua Italiana A2
Formación Básica da Lingua Portuguesa B1
Modalidade Maior das titulacións: Grao en Linguas e Literaturas Modernas (alemán, francés, italiano, portugués) e Grao en Lingua e Literatura Inglesas Maior en Lingua e Cultura Alemás C1
Maior en Lingua e Literatura Francesas C2
Maior en Lingua e Literatura Inglesas C2
Maior en Lingua e Literatura Italianas C1
Maior en Lingua e Literatura Italianas + Módulo optativo de especialización en LL Italianas C2
Maior en Lingua Portuguesa e Literaturas Lusófonas C2
Modalidade Minor dos graos en linguas: Grao en Filoloxía Clásica; Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas, e Lingua e Literaturas Modernas de Alemán; Francés; Italiano; Portugués Estudos Ingleses C1
Estudos Lusófonos C1
Lingua e Literatura Alemás B2
Lingua e Literatura Francesas B2
Lingua e Literatura Italianas B2
Outros módulos dos graos en linguas: Grao en Filoloxía Clásica; Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas, e Lingua e Literatura Modernas (alemán; francés; italiano; portugués; linguas románicas) Módulo Complementario en Estudos Ingleses I B2
Módulo Complementario en Estudos Lusófonos I B2
Módulo Complementario en Lingua e Literatura Alemás B1
Módulo Complementario en Lingua e Literatura Francesas I B1
Módulo Complementario en Lingua e Literatura Italianas I B1
Módulo de Catalán. Lingua, Cultura e Literatura B1
Módulo de Lingua e Literatura Occitanas A2
Módulo de Lingua e Literatura Romanesas A2
Módulo de Lingua e Literatura Danesas B1
Alumnos con lingua materna distinta do español e do galego que cursen algún dos graos en linguas Formación Básica da Lingua española B1
Formación Básica da Lingua galega B1
Módulo complementario en Lingua e Cultura Catalá B1
Grao en Mestre en Educación Infantil (Orde ECI/3854/2007, 27 de decembro pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Mestre en Educación Infantil ) Aprendizaxe de linguas en Contextos multilingües (mód. Didáctico Disciplinar - Inglés) B1
Grao en Mestre en Educación Primaria (Orde ECI/3857/2007, 27 de decembro pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Mestre en Educación Primaria ) Ensino e aprendizaxe de competencias comunicativas (Alemán, Inglés, Portugués e Francés) B1
Alumnos con lingua materna distinta do español e do galego que cursen algún dos graos de Mestres acadarán a competencia lingüística de Castelán e Galego equivalente ao C1
Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas Inglés para comunicación comercial II B1
Grao en Xestión Cultural (modalidades presencial e semipresencial) Inglés para usos profesionais I B1
Inglés para usos profesionais II B2
Linguas internacionais para a xestión cultural. Francés A2
Linguas internacionais para a xestión cultural. Portugués B1

Titulados conforme a ordenacións anteriores ao RD 1393/2007

Licenciados en Filoloxía que inclúan o estudo dunha lingua estranxeira como materia obrigatoria B1
Licenciados en Humanidades que teñan superadas as seguintes materias dunha mesma lingua: Primeira Lingua Estranxeira (Francés I, Inglés I); Primeira Lingua Estranxeira (Francés II, Inglés II); Literatura da primeira Lingua Estranxeira I (Francés/Inglés) B1
Mestres Especialidade en Lingua Estranxeira B1
Alumnos que teñan superadas materias dunha lingua estranxeira nestas ou outras titulacións, que proporcionen competencias lingüísticas instrumentais e o número mínimo de créditos da totalidade destas materias dunha mesma lingua sexa de 24 B1

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Volver