Resolución reitoral do 3 de novembro de 2026, pola que se modifica a resolución de competencias lingüísticas
NORMA CONSOLIDADA
A Resolución reitoral do 2 de marzo de 2023 actualizou as competencias lingüísticas adquiridas polo estudantado das titulacións de grao da Universidade de Santiago de Competela e dispuxo que, para a súa acreditación, bastaba con ter superados os módulos indicados no seu anexo, sen necesidade de ter rematada a correspondente titulación. Para os graos en Filoloxía Clásica, Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas e Linguas e Literaturas Modernas, o Anexo atribúe actualmente á Formación Básica da Lingua Inglesa o nivel B1.
A Xunta da Facultade de Filoloxía, na sesión ordinaria do 25 de marzo de 2026, acordou informar favorablemente o recoñecemento do nivel B2 para as materias de formación básica Lingua Inglesa 1 e Lingua Inglesa 2 dos mencionados graos e solicitar, en consecuencia, a modificación do nivel B1 actualmente recollido na Resolución reitoral, segundo consta na certificación expedida polo secretario da Facultade.
A solicitude do Decanato fundamenta a modificación, esencialmente, na implantación no curso 2026-2027 dos novos plans de estudos e no feito de que a memoria do Grao en Lingua e Literatura Inglesas establece que coa superación das materias de formación básica Lingua Inglesa 1 e Lingua Inglesa 2 o estudantado acada un ”nivel B2.1” segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER)”. A Facultade sinala tamén as consecuencias favorables do recoñecemento do B2 para a mobilidade internacional do estudantado e solicita expresamente a actualización da Resolución reitoral do 2 de marzo de 2023.
En vista de todo o anterior, esta reitoría
RESOLVE:
PRIMEIRO.-
Actualizar o cadro Anexo á Resolución reitoral do 2 de marzo de 2023, onde se lle atribúe un nivel B1 ás competencias linguísticas adquiridas polo estudantado do Grao en Filoloxía Clásica; Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas, e Linguas e Literaturas Modernas que supere o módulo de formación básica da Lingua Inglesa, asignándolle á Formación Básica da Lingua Inglesa un nivel B2.
SEGUNDO.-
Para a acreditación destas competencias lingüísticas será suficiente con ter superado o módulo indicado no anexo, polo que non será preciso ter rematada a titulación correspondente.
TERCEIRO.-
Queda derrogado, no que se opoña á presente resolución reitoral, o Anexo á resolución reitoral do 2 de marzo de 2023.
Esta resolución entrará en vigor desde a súa publicación no Taboleiro Electrónico da Universidade.
A reitora
Rosa M. Crujeiras Casais
ANEXO
| Titulación | Materia / Módulo | Competencia lingüística (MERCL) |
|---|---|---|
| Grao en Ciencias da Cultura e difusión Cultural | G5101105 Idioma Moderno I (Lingua Inglesa) | B1 |
| G5101104 Idioma Moderno I (Lingua Francesa) | B1 | |
| G5101115 Idioma Moderno II (Lingua Inglesa ) | B1 | |
| G5101114 Idioma Moderno II (Lingua Francesa) | B2 | |
| Grao en Filoloxía Clásica; Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas, e Linguas e Literaturas Modernas | Formación Básica da Lingua Alemá | A2 |
| Formación Básica da Lingua Francesa | A2 | |
| Formación Básica da Lingua Inglesa | B2 | |
| Formación Básica da Lingua Italiana | A2 | |
| Formación Básica da Lingua Portuguesa | B1 | |
| Modalidade Maior das titulacións: Grao en Linguas e Literaturas Modernas (alemán, francés, italiano, portugués) e Grao en Lingua e Literatura Inglesas | Maior en Lingua e Cultura Alemás | C1 |
| Maior en Lingua e Literatura Francesas | C2 | |
| Maior en Lingua e Literatura Inglesas | C2 | |
| Maior en Lingua e Literatura Italianas | C1 | |
| Maior en Lingua e Literatura Italianas + Módulo optativo de especialización en LL Italianas | C2 | |
| Maior en Lingua Portuguesa e Literaturas Lusófonas | C2 | |
| Modalidade Minor dos graos en linguas: Grao en Filoloxía Clásica; Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas, e Lingua e Literaturas Modernas de Alemán; Francés; Italiano; Portugués | Estudos Ingleses | C1 |
| Estudos Lusófonos | C1 | |
| Lingua e Literatura Alemás | B2 | |
| Lingua e Literatura Francesas | B2 | |
| Lingua e Literatura Italianas | B2 | |
| Outros módulos dos graos en linguas: Grao en Filoloxía Clásica; Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas, e Lingua e Literatura Modernas (alemán; francés; italiano; portugués; linguas románicas) | Módulo Complementario en Estudos Ingleses I | B2 |
| Módulo Complementario en Estudos Lusófonos I | B2 | |
| Módulo Complementario en Lingua e Literatura Alemás | B1 | |
| Módulo Complementario en Lingua e Literatura Francesas I | B1 | |
| Módulo Complementario en Lingua e Literatura Italianas I | B1 | |
| Módulo de Catalán. Lingua, Cultura e Literatura | B1 | |
| Módulo de Lingua e Literatura Occitanas | A2 | |
| Módulo de Lingua e Literatura Romanesas | A2 | |
| Módulo de Lingua e Literatura Danesas | B1 | |
| Alumnos con lingua materna distinta do español e do galego que cursen algún dos graos en linguas | Formación Básica da Lingua española | B1 |
| Formación Básica da Lingua galega | B1 | |
| Módulo complementario en Lingua e Cultura Catalá | B1 | |
| Grao en Mestre en Educación Infantil (Orde ECI/3854/2007, 27 de decembro pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Mestre en Educación Infantil ) | Aprendizaxe de linguas en Contextos multilingües (mód. Didáctico Disciplinar - Inglés) | B1 |
| Grao en Mestre en Educación Primaria (Orde ECI/3857/2007, 27 de decembro pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Mestre en Educación Primaria ) | Ensino e aprendizaxe de competencias comunicativas (Alemán, Inglés, Portugués e Francés) | B1 |
| Alumnos con lingua materna distinta do español e do galego que cursen algún dos graos de Mestres acadarán a competencia lingüística de Castelán e Galego equivalente ao | C1 | |
| Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas | Inglés para comunicación comercial II | B1 |
| Grao en Xestión Cultural (modalidades presencial e semipresencial) | Inglés para usos profesionais I | B1 |
| Inglés para usos profesionais II | B2 | |
| Linguas internacionais para a xestión cultural. Francés | A2 | |
| Linguas internacionais para a xestión cultural. Portugués | B1 | |
Titulados conforme a ordenacións anteriores ao RD 1393/2007
| Licenciados en Filoloxía que inclúan o estudo dunha lingua estranxeira como materia obrigatoria | B1 |
|---|---|
| Licenciados en Humanidades que teñan superadas as seguintes materias dunha mesma lingua: Primeira Lingua Estranxeira (Francés I, Inglés I); Primeira Lingua Estranxeira (Francés II, Inglés II); Literatura da primeira Lingua Estranxeira I (Francés/Inglés) | B1 |
| Mestres Especialidade en Lingua Estranxeira | B1 |
| Alumnos que teñan superadas materias dunha lingua estranxeira nestas ou outras titulacións, que proporcionen competencias lingüísticas instrumentais e o número mínimo de créditos da totalidade destas materias dunha mesma lingua sexa de 24 | B1 |
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.