Instrución conxunta da Xerencia e da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, Planificación Económica e Infraestruturas do 9 de outubro de 2026, pola que se determina o calendario, os criterios e outras medidas para a elaboración dos orzamentos da USC para o exercicio 2027

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 1291
Departamento: Xerencia
Estado: En vigor
Texto Texto con anotacións
Esta instrución producirá efectos desde a súa publicación no Taboleiro Electrónico Oficial da Universidade de Santiago de Compostela e será aplicable ao proceso de elaboración do Orzamento da USC para o exercicio 2027.

A elaboración do Orzamento da Universidade de Santiago de Compostela para o exercicio 2027 constitúe un dos principais instrumentos para trasladar á planificación económico-financeira as prioridades da institución e ordenar os recursos necesarios para o desenvolvemento das súas funcións. Neste proceso deberán conciliarse os obxectivos da Universidade coa estimación dos recursos previsibles e coa necesaria priorización das políticas de gasto, procurando unha utilización eficiente e responsable dos fondos públicos.

Marco económico

A elaboración do Orzamento para 2027 enmárcase nun contexto no que, xunto coa evolución das principais magnitudes económicas, adquiren especial relevancia as condicións derivadas do marco de estabilidade orzamentaria e da aplicación das regras fiscais.

O actual marco de gobernanza económica europea reforza a planificación fiscal a medio prazo e atribúe á evolución do gasto un papel relevante no seguimento dos compromisos fiscais. Pola súa banda, a Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, establece os principios que deben orientar a actuación económico-financeira do sector público e regula expresamente a regra de gasto no seu artigo 12.

Neste contexto, a elaboración do Orzamento da USC para 2027 deberá atender ao cumprimento das regras fiscais que resulten de aplicación e, en particular, ás esixencias derivadas da estabilidade orzamentaria, da sustentabilidade financeira e da regra de gasto. Estes condicionantes deberán terse en conta na determinación do escenario orzamentario global, na evolución dos gastos e na valoración da capacidade para incorporar novas actuacións ou asumir novos compromisos de carácter estrutural ou recorrente.

A estes condicionantes engádese a situación específica do financiamento universitario. A finalización do período de vixencia inicialmente previsto para o Plan Galego de Financiamento Universitario 2022-2026, prorrogado para o orzamento 2027, fai necesario abordar a elaboración do Orzamento de 2027 con criterios de prudencia, atendendo á información dispoñible sobre o marco de financiamento que resulte aplicable ao Sistema Universitario de Galicia e evitando incorporar previsións de ingresos que non conten cunha base suficientemente contrastada.

Neste escenario, a planificación orzamentaria deberá prestar especial atención aos compromisos económicos xa asumidos, aos gastos necesarios para garantir o funcionamento ordinario da Universidade e á incidencia das novas decisións de gasto. A incorporación de novas actuacións deberá avaliarse atendendo á súa prioridade institucional, á existencia de financiamento suficiente e, cando proceda, ao seu impacto en exercicios posteriores.

As propostas que sirvan de base para a elaboración do orzamento deberán incorporar, por tanto, unha perspectiva que permita valorar non só as necesidades correspondentes ao exercicio 2027, senón tamén os compromisos futuros derivados das decisións que se adopten, especialmente no caso dos gastos de carácter estrutural ou recorrente. A planificación orzamentaria deberá contribuír deste xeito a compatibilizar o desenvolvemento das políticas universitarias coa sustentabilidade financeira da institución.

De conformidade co artigo 15.2 do Regulamento de xestión orzamentaria da Universidade de Santiago de Compostela, a elaboración e aprobación do orzamento determinarase atendendo ao calendario e ás demais indicacións que estableza a Xerencia.

En virtude desta previsión normativa,

DISPOÑO

Primeira. Obxecto e ámbito de aplicación

1. Esta instrución ten por obxecto establecer o calendario, os criterios, a información necesaria e as medidas estruturais e organizativas que deberán terse en conta na elaboración do proxecto de Orzamento da Universidade de Santiago de Compostela para o exercicio 2027.

2. As previsións desta instrución serán de aplicación ás Vicerreitorías, Centros, Departamentos, Institutos e Centros de investigación, Servizos, Unidades Administrativas e restantes estruturas da Universidade con responsabilidade na xestión de ingresos ou gastos ou que dispoñan de información relevante para a elaboración do orzamento.

3. Incluirase igualmente no proxecto de orzamento a información orzamentaria que corresponda das entidades públicas vinculadas ou dependentes da USC, consonte a normativa que resulte de aplicación.

Segunda. Criterios xerais para a elaboración do orzamento

A elaboración das propostas que servirán de base para a confección do proxecto de Orzamento para 2027 atenderá aos seguintes criterios xerais:

a) Prudencia na estimación dos ingresos, de maneira que as previsións se fundamenten en información suficientemente contrastada e, sempre que resulte posible, nunha base documental ou nunha expectativa razoablemente acreditada de financiamento.

b) Suficiencia financeira, procurando que os gastos que se propoñan conten coa correspondente cobertura financeira.

c) Prioridade dos compromisos adquiridos, singularmente dos que deriven de obrigas contractuais, actuacións plurianuais ou outras obrigas que deban ser atendidas no exercicio 2027.

d) Garantía do funcionamento ordinario dos servizos e actividades universitarias, priorizando os recursos necesarios para asegurar a continuidade das funcións docentes, investigadoras, de transferencia e de xestión.

e) Eficiencia na asignación dos recursos, de maneira que as novas necesidades e actuacións sexan avaliadas atendendo á súa prioridade institucional, impacto e dispoñibilidade efectiva de financiamento.

f) Sustentabilidade financeira e perspectiva plurianual, tendo en conta non só o gasto previsto para 2027, senón tamén os compromisos que as decisións adoptadas poidan xerar nos exercicios posteriores, especialmente cando teñan carácter estrutural ou recorrente.

g) Cumprimento das regras fiscais, de maneira que a elaboración do orzamento e a determinación dos créditos se realicen atendendo ás esixencias de estabilidade orzamentaria, sustentabilidade financeira e regra de gasto que resulten de aplicación á Universidade no exercicio 2027, de conformidade, en particular, co previsto na Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.

Terceira. Unidade de orzamentación

Os orzamentos da Universidade de Santiago de Compostela elaboraranse tendo como unidade de conta o euro.

Cuarta. Previsión de ingresos

1. As unidades que xestionen ingresos ou dispoñan de información relevante para a súa estimación deberán comunicar á Xerencia as previsións correspondentes ao exercicio 2027 dentro do prazo que se estableza no calendario de elaboración.

2. As previsións deberán identificar, cando menos:

a) Os ingresos derivados da prórroga do Plan Galego de Financiamento para o exercicio 2027

b) Os ingresos derivados de prezos públicos, tarifas e prestacións de servizos.

c) As transferencias correntes e de capital procedentes da Comunidade Autónoma, do Estado ou doutras administracións públicas.

d) Os ingresos derivados de subvencións, convenios e outras resolucións de financiamento que teñan anualidade ou execución prevista durante 2027.

e) Os ingresos derivados de proxectos e actuacións financiados con fondos europeos ou outros instrumentos de financiamento externo.

f) Os ingresos derivados de contratos, convenios e actividades de investigación, transferencia ou prestación de servizos que teñan incidencia no exercicio.

g) As actuacións que se veñan desenvolvendo en exercicios sucesivos e para as que exista unha expectativa suficientemente fundada de continuidade do financiamento.

h) Calquera outro ingreso do que exista información que permita realizar unha estimación razoable para o exercicio 2027.

3. A Xerencia realizará a estimación global de ingresos tendo en conta a información remitida polas unidades, a execución do exercicio corrente, a evolución dos ingresos nos exercicios precedentes e a información dispoñible sobre o financiamento da USC para o exercicio 2027.

Quinta. Previsión e determinación das necesidades de gasto

4. A Xerencia coordinará coas Vicerreitorías e cos Centros, Departamentos, Servizos, Unidades e restantes estruturas organizativas con capacidade de gasto a determinación das necesidades para o exercicio 2027.

5. As propostas deberán identificar adecuadamente:

a) Os gastos derivados de compromisos adquiridos en exercicios anteriores que deban imputarse total ou parcialmente a 2027.

b) Os gastos necesarios para garantir o funcionamento ordinario das unidades e servizos.

c) Os gastos derivados de contratos vixentes e das contratacións previstas que deban producir efectos económicos en 2027.

d) Os gastos asociados a subvencións, axudas, bolsas ou transferencias que se prevexa convocar ou conceder durante o exercicio.

e) Os gastos derivados de proxectos, convenios e outras actuacións con financiamento afectado.

f) Os investimentos previstos para 2027, con indicación, cando proceda, da súa fonte de financiamento e da súa posible incidencia plurianual.

g) As novas necesidades ou actuacións propostas para o exercicio, diferenciándoas dos compromisos previamente adquiridos e dos gastos recorrentes.

6. As novas actuacións que impliquen compromisos de gasto para exercicios futuros deberán incorporar información suficiente para avaliar a súa incidencia económica plurianual.

Sexta. Procedemento e calendario de elaboración

O proceso de elaboración do Orzamento da USC para 2027 desenvolverase, con carácter xeral, nas seguintes fases:

1. Recollida da información de ingresos e gastos. As unidades responsables deberán facilitar á Xerencia a información necesaria nos formatos, procedementos e prazos que se determinen. Para estes efectos, a Xerencia comunicará oportunamente as instrucións e ferramentas que se empregarán para a recollida da información.

2. Estimación do escenario de ingresos. A Xerencia elaborará unha estimación dos recursos dispoñibles para 2027 a partir da información sobre o financiamento público previsto, da execución do exercicio corrente e das restantes fontes de financiamento.

3. Elaboración das liñas xerais do orzamento e límite de gasto non financeiro. O proxecto de liñas xerais do orzamento incorporará a proposta correspondente ao límite de gasto non financeiro para o exercicio 2027, nos termos previstos na normativa aplicable.

4. Elaboración do proxecto de orzamento. A Xerencia integrará as previsións de ingresos e as propostas e necesidades de gasto, realizando os axustes necesarios para garantir o equilibrio, a sustentabilidade e a coherencia global do proxecto.

5. Tramitación perante os órganos de goberno. O proxecto deberá ultimarse coa antelación suficiente para a súa tramitación e aprobación polos órganos competentes antes do inicio do exercicio 2027.

CALENDARIO

• Remisión da información para a previsión inicial de ingresos:31/10/2026

• Remisión das necesidades e previsións de gasto:31/10/2026

• Remisión das propostas de tarifas:06/11/2026

• Presentación das liñas xerais do orzamento:segundo o calendario institucional do Claustro Universitario.

• Informe de impacto por razón de xénero:15/11/2026

• Informe de impacto ambiental:15/11/2026

• Debate e aprobación do proxecto de orzamento por parte do Consello de Goberno:segundo o calendario institucional do Consello de Goberno.

• Debate e aprobación dos Orzamentos por parte do Consello Social segundo o calendario institucional do Consello Social.

Sétima. Estrutura orzamentaria

Para a elaboración do proxecto de orzamento teranse en conta a organización existente, a natureza económica dos ingresos e gastos e os fins e obxectivos aos que se destinan os recursos.

I. Ingresos

a) Estrutura orgánica.

O orzamento de ingresos elaborarase de acordo coa clasificación orgánica que figure no Anexo I.

b) Estrutura económica.

Os recursos incluídos nos estados de ingresos ordenaranse segundo a súa natureza económica conforme coa clasificación establecida no Anexo II.

O Servizo de Orzamentación e Planificación poderá crear os conceptos e subconceptos que resulten necesarios dentro da estrutura económica establecida.

II. Gastos

a) Estrutura orgánica.

O orzamento de gastos elaborarase de acordo coa clasificación orgánica recollida no Anexo I.

b) Estrutura económica.

Os créditos incluídos nos estados de gastos clasificaranse segundo a súa natureza económica de acordo coa clasificación que se estableza no Anexo III.

O Servizo de Orzamentación e Planificación poderá establecer os conceptos e subconceptos necesarios para a adecuada xestión e rexistro das operacións.

III. Estrutura funcional por programas

Os créditos dos estados de gastos agruparanse segundo a estrutura funcional por programas establecida no Anexo IV.

O Servizo de Orzamentación e Planificación poderá crear os programas que resulten necesarios para adaptar a estrutura orzamentaria ás necesidades organizativas e funcionais da Universidade.

Oitava. Unidades descentralizadas de gasto

Para os efectos da xestión descentralizada dos créditos, manteranse as unidades descentralizadas de gasto nos termos establecidos no Regulamento de xestión orzamentaria.

Corresponderá á Xerencia o mantemento da clasificación destas unidades e a determinación das unidades de gasto ou ingreso sobre as que exerzan responsabilidade, que se reflectirán nos correspondentes estados de ingresos e gastos.

Novena. Entidades vinculadas ou dependentes

As entidades vinculadas ou dependentes da USC deberán facilitar, nos prazos e formatos que determine a Xerencia, a información necesaria para a súa incorporación ao proxecto de orzamento e, cando proceda, para dar cumprimento ás obrigas de consolidación e de información económico-financeira que resulten aplicables.

A información incluirá, cando corresponda, os seus orzamentos estimativos de explotación e capital e a previsión das achegas ou transferencias que deban recibir da USC.

Décima. Tarifas e prezos

As unidades que presten servizos suxeitos a tarifas ou prezos deberán revisar as contías aplicables e comunicar á Xerencia:

a) as propostas de creación, supresión ou modificación de tarifas;

b) a previsión de ingresos para o exercicio 2027;

c) a información económico-financeira que resulte necesaria para xustificar as propostas presentadas.

Décimo primeira. Informe de impacto por razón de xénero

A Oficina de Igualdade de Xénero coordinará a elaboración do informe de impacto por razón de xénero do proxecto de orzamento, que deberá remitirse á Xerencia dentro do prazo establecido no calendario.

Décimo segunda. Informe de impacto ambiental

A Area de Infraestruturas coordinará a elaboración do informe de impacto ambiental do proxecto de orzamento e remitirao á Xerencia no prazo establecido.

Disposición adicional. Coordinación e desenvolvemento do proceso

Facúltase a Vicexerencia de Economía e Orzamentos, no ámbito das súas competencias, para coordinar o proceso de recollida, análise e integración da información necesaria para a elaboración do proxecto de orzamento e para ditar as indicacións técnicas e establecer os modelos normalizados que resulten precisos para a aplicación desta instrución.

Disposición final. Vixencia

Esta instrución producirá efectos desde a súa publicación no Taboleiro Electrónico Oficial da Universidade de Santiago de Compostela e será aplicable ao proceso de elaboración do Orzamento da USC para o exercicio 2027.

O Xerente

Juan M. Díaz Villoslada

O Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Planificación Economica e Infraestruturas

Roberto Bande Ramudo

Anexo I. Clasificación orgánica

Relación de códigos corporativos activados como códigos orgánicos

ÓRGANOS DE GOBERNO
8010 Reitoría
8025 Vicerreitoría de Ordenación Académica e Oferta Formativa
8032 Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, Planificación Económica e Infraestruturas
8038 Vicerreitoría de Estudantado, Igualdade, Diversidade e Benestar
8039 Vicerreitoría de Profesorado e Innovación Docente
8044 Vicerreitoría de Cultura, Lingua e Patrimonio
8050 Vicerreitoría de Investigación e Ciencia Aberta
8054 Vicerreitoría de Innovación e Transferencia do Coñecemento
8060 Secretaria Xeral
8070 Consello Social
8075 Xerencia

DELEGADOS/A DIRECTOR/A DO/A REITOR/A
8309 Delegado/a de Estratexia de Internacionalización
8310 Delegado/a de Asuntos de Ensino Medio e a coordinación do Programa A Ponte
8312 Dirección do Campus Terra

FACULTADES
5010 Facultade de Bioloxía
5011 Facultade de Ciencias
5012 Facultade de Ciencias da Comunicación
5013 Facultade de Administración e Dirección de Empresas
5014 Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
5015 Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
5016 Facultade de Ciencias da Educación
5017 Facultade de Formación do Profesorado
5024 Facultade de Relacións Laborais
5025 Facultade de Dereito
5035 Facultade de Farmacia
5040 Facultade de Filoloxía
5045 Facultade de Filosofía
5050 Facultade de Física
5053 Facultade de Humanidades
5055 Facultade de Medicina e Odontoloxía
5056 Facultade de Óptica e Optometría
5057 Facultade de Enfermaría
5060 Facultade de Matemáticas
5064 Facultade de Psicoloxía
5065 Facultade de Química
5070 Facultade de Veterinaria
5075 Facultade de Xeografía e Historia

ESCOLAS TÉCNICAS SUPERIORES
5250 Escola Técnica Superior de Enxeñaría
5260 Escola Politécnica Superior de Enxeñaría

OUTROS CENTROS DOCENTES
5505 Centro de Estudos Propios (CEP)
5511 Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS)

DEPARTAMENTOS UNIVERSITARIOS
2101 Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado
2103 Departamento de Dereito Común
2108 Departamento de Fundamentos da Análise Económica
2109 Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
2110 Departamento de Organización de Empresas e Comercialización
2111 Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular
2112 Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía
2113 Departamento de Fisioloxía
2114 Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola
2120 Departamento de Ciencias Morfolóxicas
2122 Departamento de Filoloxía Galega
2127 Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
2128 Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación
2132 Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
2134 Departamento de Física Aplicada
2137 Departamento de Historia da Arte
2140 Departamento de Xeografía
2142 Departamento de Matemática Aplicada
2146 Departamento de Química Inorgánica
2147 Departamento de Química Física
2148 Departamento de Química Orgánica
2149 Departamento de Enxeñaría Química
2150 Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
2151 Departamento de Electrónica e Computación
2152 Departamento de Ciencias da Comunicación
2165 Departamento de Economía Cuantitativa
2167 Departamento de Patoloxía Animal
2183 Departamento de Botánica
2186 Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá
2189 Departamento de Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
2190 Departamento de Bioloxía Funcional
2191 Departamento de Ciencia Política e Socioloxía
2192 Departamento de Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
2193 Departamento de Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
2194 Departamento de Dereito Público Especial e da Empresa
2195 Departamento de Didácticas Aplicadas
2196 Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
2197 Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
2198 Departamento de Filosofía e Antropoloxía
2199 Departamento de Historia
21A1 Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
21A2 Departamento de Matemáticas
21A3 Departamento de Pedagoxía e Didáctica
21A4 Departamento de Producción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
21A6 Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
21A7 Departamento de Economía Aplicada
21A8 Departamento de Física de Partículas
21A9 Departamento de Enxeñaría Agroforestal
2181 / 2182 Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización / Departamento de Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina

INSTITUTOS UNIVERSITARIOS
6010 Instituto de Ciencias da Educación (ICE)
6015 Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA)
6025 Instituto da Lingua Galega (ILG)
6036 Instituto de Materiais (IMATUS)
6040 Instituto de Ciencias Forenses "Luis Concheiro" (INCIFOR)
6051 Instituto de Investigación en Humanidades da USC (IHUS)
6052 Instituto de Investigación en Psicoloxía da USC (IPsIUS)
6075 Instituto de Investigación do Medio Acuático para unha Saúde Global (IARCUS)
6095 Instituto Universitario de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER)
6096 Instituto de Investigacións Lingüísticas e Literarias da USC (ILTIUS)
6097 Instituto de Investigación en Saúde Global e Desenvolvemento Sostible (ITERRA)

CENTROS SINGULARES DE INVESTIGACIÓN
2002 Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS)
2003 Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS)
2005 Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS)
2010 Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)
2011 Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS)

CENTROS DE INVESTIGACIÓN INTERUNIVERSITARIOS
6201 Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga)
6202 Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC)
6203 Centro de Investigación Interuniversitario en Economía e Empresa para a Sociedade (ECOBAS)

REDE DE INVESTIGACIÓN
2268 Centro de Biomedicina Experimental (CEBEGA)

SERVIZOS DE APOIO Á DOCENCIA E Á INVESTIGACIÓN
7010 Biblioteca Universitaria (BUSC)
7033 Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento
7039 Área de Infraestruturas de Investigación
7069 Rede de Estacións Biolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela (REBUSC)

SERVIZOS Á COMUNIDADE UNIVERSITARIA
7505 Área Tecnoloxías da Información e da Comunicación (ATIC)
7522 Centro de Formación de Persoal
7535 Escola Infantil Breogán
7540 Área Deportiva

SERVIZO UNIVERSITARIO DE RESIDENCIAS
7600

Servizo Universitario de Residencias (SUR)

 

 

Anexo II. Clasificación económica de ingresos

 

3 - PREZOS PÚBLICOS E OUTROS INGRESOS
30 TAXAS ADMINISTRATIVAS
  301 TAXAS POR SERVIZOS ADMINISTRATIVOS
31 PREZOS PÚBLICOS POR SERVICIOS ACADÉMICOS
  310 PREZOS PÚBLICOS ESTUDOS OFICIAIS
  311 PREZOS PÚBLICOS ESTUDOS PROPIOS
  312 PREZOS PRIVADOS
  319 PREZOS PÚBLICOS OUTROS ESTUDOS
38 REINTEGROS
  380 REINTEGROS DE EXERCICIOS PECHADOS
  381 REINTEGROS DE EXERCICIO CORRENTE
39 OUTROS INGRESOS
  391 OUTROS INGRESOS SERVIZOS PRESTADOS E XUROS (ESPECÍFICO USC)
  399 OUTROS INGRESOS

5 - INGRESOS PATRIMONIAIS
50 XUROS DE TÍTULOS VALORES
  500 XUROS DE TITULOS E VALORES DO ESTADO
  507 XUROS DE TITULOS E VALORES POR EMPRESAS PRIVADAS
52 XUROS DE DEPÓSITOS
  520 XUROS DE CONTAS BANCARIAS
53 DIVIDENDOS E PARTICIPACIÓNS EN BENEFICIOS
  537 DIVIDENDOS E PARTICIPACIÓN EN BENEFICIOS DE EMPRESAS
54 RENDAS DE BENS INMOBLES
  540 ALUGER DE INMOBLES
55 PRODUTOS DE CONCESIÓNS
  550 CONCESIÓNS ADMINISTRATIVAS
59 OUTROS INGRESOS PATRIMONIAIS
  599 OUTROS INGRESOS PATRIMONIAIS

6 - ALLEAMENTO DE INVESTIMENTOS REAIS
60 ALLEAMENTO DE TERREOS
  600 VENDA DE TERREOS
61 VENDA DE OUTROS INVESTIMENTOS REAIS
  619 VENDA DE OUTROS INVESTIMENTOS REAIS

7 - TRANSFERENCIAS DE CAPITAL
70 DA ADMINISTRACIÓN XERAL E ORGANISMOS PÚBLICOS DO ESTADO
  701 SEGURIDADE SOCIAL
  702 DE ORGANISMOS AUTÓNOMOS E AXENCIAS ESTATAIS
  704 SUBVENCIÓNS FINALISTAS DA ADMINISTRACIÓN XERAL
71 DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTÓΝΟΜΑ
  710 DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
72 DO RESTO DE ENTIDADES DO SECTOR PÚBLICO
  720 DO RESTO DE ENTIDADES DO SECTOR PÚBLICO
  721 ENTIDADES PÚBLICAS DOUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS
  722 UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE FÓRA DE GALICIA
73 DE ORGANISMOS PUBLICOS AUTÓNOMOS E AXENCIAS PÚBLICAS AUTONÓMICAS
  730 DE ORGANISMOS PUBLICOS AUTÓNOMOS
  731 DE ENTIDADES PÚBLICAS INSTRUMENTAIS DE CONSULTA OU ASESORAMENTO
  732 AXENCIAS PÚBLICAS AUTONÓMICAS
74 DE SOCIEDADES PÚBLICAS E OUTRAS ENTIDADES PÚBLICAS INSTRUMENTAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA
  741 DE ENTIDADES PÚBLICAS EMPRESARIAIS
  745 DE OUTRAS ENTIDADES PÚBLICAS INSTRUMENTAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOM
75 DE COMUNIDADES AUTONÓMAS
  750 OUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS
76 DE CORPORACIÓNS LOCAIS
  760 CONCELLOS
  761 DEPUTACIÓNS
  769 DOUTROS ENTES LOCAIS
77 DE EMPRESAS PRIVADAS
  770 DE EMPRESAS PRIVADAS
78 DE FAMILIAS E INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO
  780 FAMILIAS
  781 DE INSTITUCIÓNS SEN FIN DE LUCRO. (PRIVADAS)
79 DO EXTERIOR
  790 DO EXTERIOR
  795 FONDOS PARA PROGRAMAS DO PLAN DE TRANSFORMACIÓN, RECUPERACIÓN E R
  797 FÓRA DA UNIÓN EUROPEA
  799 DA UNIÓN EUROPEA

8 - ACTIVOS FINANCEIROS
82 REINTEGRO PRÉSTAMOS SECTOR PÚBLICO
  821 REINTEGRO PRÉSTAMOS SECTOR PÚBLICO A LONGO PRAZO
85 ALLEAMENTO DE ACCIÓNS E PARTICIPACIONS DO SECTOR PÚBLICO
  850 ALLEAMENTO DE ACCIÓNS E PARTICIPACIÓNS DO SECTOR PÚBLICO
87 REMANENTE DE TESOURARÍA
  870 REMANENTE DE TESOURARÍA

9 - PASIVOS FINANCEIROS
95 ANTICIPOS RECIBIDOS MRR
  950 PRÉSTAMOS RECIBIDOS E EMISIÓN DE DÉBEDA

Anexo III. Clasificación económica de gasto

 

1 - GASTOS DE PERSOAL
10 ALTOS CARGOS E PERSOAL DIRECTIVO
  100 ALTOS CARGOS E PERSOAL DIRECTIVO
11 PERSOAL EVENTUAL
  110 PERSOAL EVENTUAL
12 PERSOAL FUNCIONARIO
  120 RETRIBUCIÓNS BÁSICAS FUNCIONARIOS
  121 RETRIBUCIÓNS COMPLEMENTARIAS FUNCIONARIOS
  122 AMPLIACIÓN E MELLORA
13 PERSOAL LABORAL
  130 SOLDO LABORAL FIXO
  131 SOLDO PERSOAL LABORAL TEMPORAL
  133 PERSOAL LABORAL OUTROS
14 PDI OUTROS RÉXIMES XURÍDICOS
  148 PDI EMÉRITO
15 INCENTIVOS AO RENDEMENTO
  150 PRODUTIVIDADE E GRATIFICACIÓNS
  151 GRATIFICACIÓNS
16 GASTOS SOCIAIS
  160 COTAS SOCIAIS
  162 GASTOS SOCIAIS

2 - GASTOS EN BENS CORRENTES E SERVIZOS
20 ARRENDAMENTO E CANONS
  200 ARRENDAMENTO TERREOS
  202 ARRENDAMENTO EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCCIÓNS
  203 ARRENDAMENTO MAQUINARIA
  204 ARRENDAMENTO ELEMENTOS DE TRANSPORTE
  206 ARRENDAMENTO DE EQUIPOS PARA PROCESOS DE INFORMACIÓN
  209 CANONS
21 REPARACIÓN E CONSERVACIÓN
  212 REPARACIÓNS E MANTEMENTO EDIFICIOS
  213 REPARACIÓNS E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS
  214 REPARACIÓNS E MANTEMENTO ELEMENTOS DE TRANSPORTE
  215 REPARACIÓNS E MANTEMENTO MOBILIARIO E EQUIPOS
22 MATERIAL, SUBMINISTRACIÓNS E OUTROS
  220 MATERIAL DE OFICINA
  221 SUBMINISTRACIÓN
  222 COMUNICACIÓNS
  223 TRANSPORTES
  224 PRIMAS DE SEGUROS
  225 TRIBUTOS
  226 GASTOS DIVERSOS
  227 TRABALLOS REALIZADOS POR EMPRESAS E PROFESIONAIS
23 INDEMNIZACIÓNS POR RAZÓNS DO SERVIZO
  230 AXUDAS DE CUSTO E LOCOMOCIÓN
  233 OUTRAS INDEMNIZACIÓNS
24 MEDIOS PROPIOS
  240 MEDIOS PROPIOS
28 DOCENCIA, EXTENSIÓN E OUTROS
  280 ESTUDOS OFICIAIS
  281 ESTUDOS PROPIOS
  282 GASTOS DE FUNCIONAMENTO ASOCIADOS A PROGRAMAS DE MOBILIDADE
  284 CURSOS E CONFERENCIAS
  285 EXTENSIÓN UNIVERSITARIA
  286 GASTOS FUNCIONAMENTO DE ATENCIÓNS CLÍNICAS

3 - GASTOS FINANCEIROS
30 XUROS DE PRÉSTAMOS
  300 XUROS DE PRÉSTAMOS
31 GASTOS DE FORMALIZACIÓN, MODIFICACIÓN E CANCELACIÓN DE PRÉSTAMOS
  310 GASTOS DE FORMALIZACIÓN, MODIFICACIÓN E CANCELACIÓN DE PRÉSTAMOS
34 XUROS DE PÓLIZAS E FINANZAS
  340 XUROS DE PÓLIZAS
  341 XUROS DE FIANZAS
35 XUROS DE MORA E OUTROS GASTOS FINANCEIROS
  352 XUROS DE MORA E PROCESUAIS
  359 OUTROS GASTOS FINANCEIROS

4 - TRANSFERENCIAS CORRENTES
48 TRANSFERENCIAS CORRENTES A FAMILIAS E INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO
  480 TRANSFERENCIAS CORRENTES A FAMILIAS
  481 TRANSFERENCIAS CORRENTES A INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO
  483 TRANSFERENCIAS CORRENTES A ORGANISMOS E INSTITUCIÓNS PARTICIPADAS POLA
  485 TRANSFERENCIAS CORRENTES OUTROS ORGANISMOS
49 TRANSFERENCIAS CORRENTES AO EXTERIOR
  490 TRANSFERENCIAS CORRENTES AO EXTERIOR

5 - FONDO DE CONTINXENCIA
50 FONDO DE CONTINXENCIA
  500 FONDO DE CONTINXENCIA

6 - INVESTIMENTOS REAIS
62 INVESTIMENTO NOVO ASOCIADOS AO FUNCIONAMENTO OPERATIVO DOS SERVIZOS
  620 INVESTIMENTO EN TERREOS E BENS NATURAIS
  622 INVESTIMENTO NOVO EN EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCCIÓNS
  623 MAQUINARIA, INSTALACIÓNS E UTENSILIOS
  624 ELEMENTOS DE TRANSPORTE
  625 MOBILIARIO E UTENSILIOS
  626 EQUIPOS PARA O PROCESADO DE INFORMACIÓN
  628 OUTRO INMOBILIZADO MATERIAL
63 INVESTIMENTOS DE REPOSICIÓN ASOCIADOS AO FUNCIONAMENTO OPERATIVO DOS SERVIZOS
  632 REPARACIÓN, AMPLIACIÓN E MELLORA DE EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS
64 INVESTIMENTOS INMATERIAIS
  640 PROGRAMAS DE RECURSOS HUMANOS DE INVESTIGACIÓN
  641 PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN
  642 CONTRATOS DE INVESTIGACIÓN
  643 REUNIÓNS CIENTÍFICAS
  644 PROXECTOS DE COOPERACIÓN
  645 OUTRO INMOBILIZADO INMATERIAL DE INVESTIGACIÓN
  646 AXUDA INVESTIGACIÓN DEPARTAMENTOS, INSTITUTOS E CENTROS SINGULARES
  647 OUTROS PROXECTOS DE INVESTIMENTO INMATERIAL

7 - TRANSFERENCIAS DE CAPITAL
74 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL A SOCIEDADES E OUTRAS ENTIDADES PÚBLICAS
  740 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL A ENTIDADES PÚBLICAS EMPRESARIAIS
78 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL A INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO
  780 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL A FAMILIAS E INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO

8 - ACTIVOS FINANCEIROS
86 ACCIÓNS E PARTICIPACIÓNS FÓRA DO SECTOR PÚBLICO
  860 ADQUISIÓN DE ACCIÓNS DENTRO DO SECTOR PRIVADO
87 ACHEGAS Á CONTA DE CAPITAL
  870 ACHEGAS AO CAPITAL DE ENTES DO SECTOR PÚBLICO
  871 ACHEGAS AO CAPITAL DE SOCIEDADES MERCANTIS PARTICIPADAS
  875 ACHEGAS AO CAPITAL DE FUNDACIÓNS PÚBLICAS DA UNIVERSIDADE

9 - PASIVOS FINANCEIROS
91 DEVOLUCIÓN DE PRÉSTAMOS E ANTICIPOS
  911 DEVOLUCIÓN ANTICIPOS REEMBOLSABLES
  912 FONDO MRR A REGULARIZAR MEDIENTE FORMALIZACIÓN
  913 AMORTIZACIÓN PRÉSTAMOS BANCARIOS

Anexo IV. Clasificación funcional

Grupos / Subgrupos

1 - ENSINO UNIVERSITARIO
10 Ensino universitario en xeral
11 Graos
12 Másters
13 Programas de doutoramento
14 Posgrao propio
15 Sen definir
16 Microcredenciais e outras actividades específicas con financiamento externo no ámb
17 Prácticas docentes
18 Cuarto Ciclo e outras actividades formativas
19 Universidade de verán

2 - INVESTIGACIÓN UNIVERSITARIA, EMPRENDEMENTO E TRANSFERENCIA
20 Investigación universitaria en xeral
21 Actividades institucionais de investigación derivadas de financiamentos específicos
22 Actividades dos servizos da Área de Infraestruturas de Investigación
23 Programas de incorporación de recursos humanos de investigación, financiamento e
24 Programas de incorporación de recursos humanos de investigación da USC
25 Actividades singulares de I+D con financiamento externo
26 Programas de investigación da USC
27 Emprendemento
28 Liñas de investigación. Recursos humanos de investigación da USC
29 Outras actividades de investigación

3 - SERVIZOS COMÚNS PARA A DOCENCIA, A INVESTIGACIÓN E A EXTENSIÓN UNIVERSITARIAS
30 Servizos comúns en xeral
31 Bibliotecas e arquivos
32 Calidade, Desenvolvemento Sostible
33 Internacionalización
34 Persoal temporal de Capítulo I
35 Fondos instrumentais para distribución posterior
36 Mecenado
37 Programas transversais con financiamento específico
38 *Sen definir
39 Subvencións e outros gastos de carácter xeral

4 - EXTENSIÓN UNIVERSITARIA
40 Extensión universitaria en xeral
41 Residencias universitarias
42 Cultura
43 Cátedras
44 Deportes
45 Outros programas propios de extensión universitaria
46 Outros programas de extensión universitaria con financiamento externo
47 *Sen definir
48 Escola Infantil
49 Programas de intercambio (Erasmus, ...)

5 - ENDEBEDAMENTO
50 Endebedamento en xeral

6 - COOPERACIÓN UNIVERSITARIA
60 Cooperación universitaria en xeral
61 Proxectos singulares de cooperación

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Volver