Instrución conxunta da Xerencia e da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, Planificación Económica e Infraestruturas do 9 de outubro de 2026, pola que se determina o calendario, os criterios e outras medidas para a elaboración dos orzamentos da USC para o exercicio 2027
NORMA CONSOLIDADA
Esta instrución producirá efectos desde a súa publicación no Taboleiro Electrónico Oficial da Universidade de Santiago de Compostela e será aplicable ao proceso de elaboración do Orzamento da USC para o exercicio 2027.
A elaboración do Orzamento da Universidade de Santiago de Compostela para o exercicio 2027 constitúe un dos principais instrumentos para trasladar á planificación económico-financeira as prioridades da institución e ordenar os recursos necesarios para o desenvolvemento das súas funcións. Neste proceso deberán conciliarse os obxectivos da Universidade coa estimación dos recursos previsibles e coa necesaria priorización das políticas de gasto, procurando unha utilización eficiente e responsable dos fondos públicos.
Marco económico
A elaboración do Orzamento para 2027 enmárcase nun contexto no que, xunto coa evolución das principais magnitudes económicas, adquiren especial relevancia as condicións derivadas do marco de estabilidade orzamentaria e da aplicación das regras fiscais.
O actual marco de gobernanza económica europea reforza a planificación fiscal a medio prazo e atribúe á evolución do gasto un papel relevante no seguimento dos compromisos fiscais. Pola súa banda, a Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, establece os principios que deben orientar a actuación económico-financeira do sector público e regula expresamente a regra de gasto no seu artigo 12.
Neste contexto, a elaboración do Orzamento da USC para 2027 deberá atender ao cumprimento das regras fiscais que resulten de aplicación e, en particular, ás esixencias derivadas da estabilidade orzamentaria, da sustentabilidade financeira e da regra de gasto. Estes condicionantes deberán terse en conta na determinación do escenario orzamentario global, na evolución dos gastos e na valoración da capacidade para incorporar novas actuacións ou asumir novos compromisos de carácter estrutural ou recorrente.
A estes condicionantes engádese a situación específica do financiamento universitario. A finalización do período de vixencia inicialmente previsto para o Plan Galego de Financiamento Universitario 2022-2026, prorrogado para o orzamento 2027, fai necesario abordar a elaboración do Orzamento de 2027 con criterios de prudencia, atendendo á información dispoñible sobre o marco de financiamento que resulte aplicable ao Sistema Universitario de Galicia e evitando incorporar previsións de ingresos que non conten cunha base suficientemente contrastada.
Neste escenario, a planificación orzamentaria deberá prestar especial atención aos compromisos económicos xa asumidos, aos gastos necesarios para garantir o funcionamento ordinario da Universidade e á incidencia das novas decisións de gasto. A incorporación de novas actuacións deberá avaliarse atendendo á súa prioridade institucional, á existencia de financiamento suficiente e, cando proceda, ao seu impacto en exercicios posteriores.
As propostas que sirvan de base para a elaboración do orzamento deberán incorporar, por tanto, unha perspectiva que permita valorar non só as necesidades correspondentes ao exercicio 2027, senón tamén os compromisos futuros derivados das decisións que se adopten, especialmente no caso dos gastos de carácter estrutural ou recorrente. A planificación orzamentaria deberá contribuír deste xeito a compatibilizar o desenvolvemento das políticas universitarias coa sustentabilidade financeira da institución.
De conformidade co artigo 15.2 do Regulamento de xestión orzamentaria da Universidade de Santiago de Compostela, a elaboración e aprobación do orzamento determinarase atendendo ao calendario e ás demais indicacións que estableza a Xerencia.
En virtude desta previsión normativa,
DISPOÑO
Primeira. Obxecto e ámbito de aplicación
1. Esta instrución ten por obxecto establecer o calendario, os criterios, a información necesaria e as medidas estruturais e organizativas que deberán terse en conta na elaboración do proxecto de Orzamento da Universidade de Santiago de Compostela para o exercicio 2027.
2. As previsións desta instrución serán de aplicación ás Vicerreitorías, Centros, Departamentos, Institutos e Centros de investigación, Servizos, Unidades Administrativas e restantes estruturas da Universidade con responsabilidade na xestión de ingresos ou gastos ou que dispoñan de información relevante para a elaboración do orzamento.
3. Incluirase igualmente no proxecto de orzamento a información orzamentaria que corresponda das entidades públicas vinculadas ou dependentes da USC, consonte a normativa que resulte de aplicación.
Segunda. Criterios xerais para a elaboración do orzamento
A elaboración das propostas que servirán de base para a confección do proxecto de Orzamento para 2027 atenderá aos seguintes criterios xerais:
a) Prudencia na estimación dos ingresos, de maneira que as previsións se fundamenten en información suficientemente contrastada e, sempre que resulte posible, nunha base documental ou nunha expectativa razoablemente acreditada de financiamento.
b) Suficiencia financeira, procurando que os gastos que se propoñan conten coa correspondente cobertura financeira.
c) Prioridade dos compromisos adquiridos, singularmente dos que deriven de obrigas contractuais, actuacións plurianuais ou outras obrigas que deban ser atendidas no exercicio 2027.
d) Garantía do funcionamento ordinario dos servizos e actividades universitarias, priorizando os recursos necesarios para asegurar a continuidade das funcións docentes, investigadoras, de transferencia e de xestión.
e) Eficiencia na asignación dos recursos, de maneira que as novas necesidades e actuacións sexan avaliadas atendendo á súa prioridade institucional, impacto e dispoñibilidade efectiva de financiamento.
f) Sustentabilidade financeira e perspectiva plurianual, tendo en conta non só o gasto previsto para 2027, senón tamén os compromisos que as decisións adoptadas poidan xerar nos exercicios posteriores, especialmente cando teñan carácter estrutural ou recorrente.
g) Cumprimento das regras fiscais, de maneira que a elaboración do orzamento e a determinación dos créditos se realicen atendendo ás esixencias de estabilidade orzamentaria, sustentabilidade financeira e regra de gasto que resulten de aplicación á Universidade no exercicio 2027, de conformidade, en particular, co previsto na Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.
Terceira. Unidade de orzamentación
Os orzamentos da Universidade de Santiago de Compostela elaboraranse tendo como unidade de conta o euro.
Cuarta. Previsión de ingresos
1. As unidades que xestionen ingresos ou dispoñan de información relevante para a súa estimación deberán comunicar á Xerencia as previsións correspondentes ao exercicio 2027 dentro do prazo que se estableza no calendario de elaboración.
2. As previsións deberán identificar, cando menos:
a) Os ingresos derivados da prórroga do Plan Galego de Financiamento para o exercicio 2027
b) Os ingresos derivados de prezos públicos, tarifas e prestacións de servizos.
c) As transferencias correntes e de capital procedentes da Comunidade Autónoma, do Estado ou doutras administracións públicas.
d) Os ingresos derivados de subvencións, convenios e outras resolucións de financiamento que teñan anualidade ou execución prevista durante 2027.
e) Os ingresos derivados de proxectos e actuacións financiados con fondos europeos ou outros instrumentos de financiamento externo.
f) Os ingresos derivados de contratos, convenios e actividades de investigación, transferencia ou prestación de servizos que teñan incidencia no exercicio.
g) As actuacións que se veñan desenvolvendo en exercicios sucesivos e para as que exista unha expectativa suficientemente fundada de continuidade do financiamento.
h) Calquera outro ingreso do que exista información que permita realizar unha estimación razoable para o exercicio 2027.
3. A Xerencia realizará a estimación global de ingresos tendo en conta a información remitida polas unidades, a execución do exercicio corrente, a evolución dos ingresos nos exercicios precedentes e a información dispoñible sobre o financiamento da USC para o exercicio 2027.
Quinta. Previsión e determinación das necesidades de gasto
4. A Xerencia coordinará coas Vicerreitorías e cos Centros, Departamentos, Servizos, Unidades e restantes estruturas organizativas con capacidade de gasto a determinación das necesidades para o exercicio 2027.
5. As propostas deberán identificar adecuadamente:
a) Os gastos derivados de compromisos adquiridos en exercicios anteriores que deban imputarse total ou parcialmente a 2027.
b) Os gastos necesarios para garantir o funcionamento ordinario das unidades e servizos.
c) Os gastos derivados de contratos vixentes e das contratacións previstas que deban producir efectos económicos en 2027.
d) Os gastos asociados a subvencións, axudas, bolsas ou transferencias que se prevexa convocar ou conceder durante o exercicio.
e) Os gastos derivados de proxectos, convenios e outras actuacións con financiamento afectado.
f) Os investimentos previstos para 2027, con indicación, cando proceda, da súa fonte de financiamento e da súa posible incidencia plurianual.
g) As novas necesidades ou actuacións propostas para o exercicio, diferenciándoas dos compromisos previamente adquiridos e dos gastos recorrentes.
6. As novas actuacións que impliquen compromisos de gasto para exercicios futuros deberán incorporar información suficiente para avaliar a súa incidencia económica plurianual.
Sexta. Procedemento e calendario de elaboración
O proceso de elaboración do Orzamento da USC para 2027 desenvolverase, con carácter xeral, nas seguintes fases:
1. Recollida da información de ingresos e gastos. As unidades responsables deberán facilitar á Xerencia a información necesaria nos formatos, procedementos e prazos que se determinen. Para estes efectos, a Xerencia comunicará oportunamente as instrucións e ferramentas que se empregarán para a recollida da información.
2. Estimación do escenario de ingresos. A Xerencia elaborará unha estimación dos recursos dispoñibles para 2027 a partir da información sobre o financiamento público previsto, da execución do exercicio corrente e das restantes fontes de financiamento.
3. Elaboración das liñas xerais do orzamento e límite de gasto non financeiro. O proxecto de liñas xerais do orzamento incorporará a proposta correspondente ao límite de gasto non financeiro para o exercicio 2027, nos termos previstos na normativa aplicable.
4. Elaboración do proxecto de orzamento. A Xerencia integrará as previsións de ingresos e as propostas e necesidades de gasto, realizando os axustes necesarios para garantir o equilibrio, a sustentabilidade e a coherencia global do proxecto.
5. Tramitación perante os órganos de goberno. O proxecto deberá ultimarse coa antelación suficiente para a súa tramitación e aprobación polos órganos competentes antes do inicio do exercicio 2027.
CALENDARIO
• Remisión da información para a previsión inicial de ingresos:31/10/2026
• Remisión das necesidades e previsións de gasto:31/10/2026
• Remisión das propostas de tarifas:06/11/2026
• Presentación das liñas xerais do orzamento:segundo o calendario institucional do Claustro Universitario.
• Informe de impacto por razón de xénero:15/11/2026
• Informe de impacto ambiental:15/11/2026
• Debate e aprobación do proxecto de orzamento por parte do Consello de Goberno:segundo o calendario institucional do Consello de Goberno.
• Debate e aprobación dos Orzamentos por parte do Consello Social segundo o calendario institucional do Consello Social.
Sétima. Estrutura orzamentaria
Para a elaboración do proxecto de orzamento teranse en conta a organización existente, a natureza económica dos ingresos e gastos e os fins e obxectivos aos que se destinan os recursos.
I. Ingresos
a) Estrutura orgánica.
O orzamento de ingresos elaborarase de acordo coa clasificación orgánica que figure no Anexo I.
b) Estrutura económica.
Os recursos incluídos nos estados de ingresos ordenaranse segundo a súa natureza económica conforme coa clasificación establecida no Anexo II.
O Servizo de Orzamentación e Planificación poderá crear os conceptos e subconceptos que resulten necesarios dentro da estrutura económica establecida.
II. Gastos
a) Estrutura orgánica.
O orzamento de gastos elaborarase de acordo coa clasificación orgánica recollida no Anexo I.
b) Estrutura económica.
Os créditos incluídos nos estados de gastos clasificaranse segundo a súa natureza económica de acordo coa clasificación que se estableza no Anexo III.
O Servizo de Orzamentación e Planificación poderá establecer os conceptos e subconceptos necesarios para a adecuada xestión e rexistro das operacións.
III. Estrutura funcional por programas
Os créditos dos estados de gastos agruparanse segundo a estrutura funcional por programas establecida no Anexo IV.
O Servizo de Orzamentación e Planificación poderá crear os programas que resulten necesarios para adaptar a estrutura orzamentaria ás necesidades organizativas e funcionais da Universidade.
Oitava. Unidades descentralizadas de gasto
Para os efectos da xestión descentralizada dos créditos, manteranse as unidades descentralizadas de gasto nos termos establecidos no Regulamento de xestión orzamentaria.
Corresponderá á Xerencia o mantemento da clasificación destas unidades e a determinación das unidades de gasto ou ingreso sobre as que exerzan responsabilidade, que se reflectirán nos correspondentes estados de ingresos e gastos.
Novena. Entidades vinculadas ou dependentes
As entidades vinculadas ou dependentes da USC deberán facilitar, nos prazos e formatos que determine a Xerencia, a información necesaria para a súa incorporación ao proxecto de orzamento e, cando proceda, para dar cumprimento ás obrigas de consolidación e de información económico-financeira que resulten aplicables.
A información incluirá, cando corresponda, os seus orzamentos estimativos de explotación e capital e a previsión das achegas ou transferencias que deban recibir da USC.
Décima. Tarifas e prezos
As unidades que presten servizos suxeitos a tarifas ou prezos deberán revisar as contías aplicables e comunicar á Xerencia:
a) as propostas de creación, supresión ou modificación de tarifas;
b) a previsión de ingresos para o exercicio 2027;
c) a información económico-financeira que resulte necesaria para xustificar as propostas presentadas.
Décimo primeira. Informe de impacto por razón de xénero
A Oficina de Igualdade de Xénero coordinará a elaboración do informe de impacto por razón de xénero do proxecto de orzamento, que deberá remitirse á Xerencia dentro do prazo establecido no calendario.
Décimo segunda. Informe de impacto ambiental
A Area de Infraestruturas coordinará a elaboración do informe de impacto ambiental do proxecto de orzamento e remitirao á Xerencia no prazo establecido.
Disposición adicional. Coordinación e desenvolvemento do proceso
Facúltase a Vicexerencia de Economía e Orzamentos, no ámbito das súas competencias, para coordinar o proceso de recollida, análise e integración da información necesaria para a elaboración do proxecto de orzamento e para ditar as indicacións técnicas e establecer os modelos normalizados que resulten precisos para a aplicación desta instrución.
Disposición final. Vixencia
Esta instrución producirá efectos desde a súa publicación no Taboleiro Electrónico Oficial da Universidade de Santiago de Compostela e será aplicable ao proceso de elaboración do Orzamento da USC para o exercicio 2027.
O Xerente
Juan M. Díaz Villoslada
O Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Planificación Economica e Infraestruturas
Roberto Bande Ramudo
Anexo I. Clasificación orgánica
Relación de códigos corporativos activados como códigos orgánicos
| ÓRGANOS DE GOBERNO | |
|---|---|
| 8010 | Reitoría |
| 8025 | Vicerreitoría de Ordenación Académica e Oferta Formativa |
| 8032 | Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, Planificación Económica e Infraestruturas |
| 8038 | Vicerreitoría de Estudantado, Igualdade, Diversidade e Benestar |
| 8039 | Vicerreitoría de Profesorado e Innovación Docente |
| 8044 | Vicerreitoría de Cultura, Lingua e Patrimonio |
| 8050 | Vicerreitoría de Investigación e Ciencia Aberta |
| 8054 | Vicerreitoría de Innovación e Transferencia do Coñecemento |
| 8060 | Secretaria Xeral |
| 8070 | Consello Social |
| 8075 | Xerencia |
| DELEGADOS/A DIRECTOR/A DO/A REITOR/A | |
|---|---|
| 8309 | Delegado/a de Estratexia de Internacionalización |
| 8310 | Delegado/a de Asuntos de Ensino Medio e a coordinación do Programa A Ponte |
| 8312 | Dirección do Campus Terra |
| FACULTADES | |
|---|---|
| 5010 | Facultade de Bioloxía |
| 5011 | Facultade de Ciencias |
| 5012 | Facultade de Ciencias da Comunicación |
| 5013 | Facultade de Administración e Dirección de Empresas |
| 5014 | Facultade de Ciencias Políticas e Sociais |
| 5015 | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
| 5016 | Facultade de Ciencias da Educación |
| 5017 | Facultade de Formación do Profesorado |
| 5024 | Facultade de Relacións Laborais |
| 5025 | Facultade de Dereito |
| 5035 | Facultade de Farmacia |
| 5040 | Facultade de Filoloxía |
| 5045 | Facultade de Filosofía |
| 5050 | Facultade de Física |
| 5053 | Facultade de Humanidades |
| 5055 | Facultade de Medicina e Odontoloxía |
| 5056 | Facultade de Óptica e Optometría |
| 5057 | Facultade de Enfermaría |
| 5060 | Facultade de Matemáticas |
| 5064 | Facultade de Psicoloxía |
| 5065 | Facultade de Química |
| 5070 | Facultade de Veterinaria |
| 5075 | Facultade de Xeografía e Historia |
| ESCOLAS TÉCNICAS SUPERIORES | |
|---|---|
| 5250 | Escola Técnica Superior de Enxeñaría |
| 5260 | Escola Politécnica Superior de Enxeñaría |
| OUTROS CENTROS DOCENTES | |
|---|---|
| 5505 | Centro de Estudos Propios (CEP) |
| 5511 | Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS) |
| DEPARTAMENTOS UNIVERSITARIOS | |
|---|---|
| 2101 | Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado |
| 2103 | Departamento de Dereito Común |
| 2108 | Departamento de Fundamentos da Análise Económica |
| 2109 | Departamento de Economía Financeira e Contabilidade |
| 2110 | Departamento de Organización de Empresas e Comercialización |
| 2111 | Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular |
| 2112 | Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía |
| 2113 | Departamento de Fisioloxía |
| 2114 | Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola |
| 2120 | Departamento de Ciencias Morfolóxicas |
| 2122 | Departamento de Filoloxía Galega |
| 2127 | Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía |
| 2128 | Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación |
| 2132 | Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía |
| 2134 | Departamento de Física Aplicada |
| 2137 | Departamento de Historia da Arte |
| 2140 | Departamento de Xeografía |
| 2142 | Departamento de Matemática Aplicada |
| 2146 | Departamento de Química Inorgánica |
| 2147 | Departamento de Química Física |
| 2148 | Departamento de Química Orgánica |
| 2149 | Departamento de Enxeñaría Química |
| 2150 | Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía |
| 2151 | Departamento de Electrónica e Computación |
| 2152 | Departamento de Ciencias da Comunicación |
| 2165 | Departamento de Economía Cuantitativa |
| 2167 | Departamento de Patoloxía Animal |
| 2183 | Departamento de Botánica |
| 2186 | Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá |
| 2189 | Departamento de Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias |
| 2190 | Departamento de Bioloxía Funcional |
| 2191 | Departamento de Ciencia Política e Socioloxía |
| 2192 | Departamento de Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría |
| 2193 | Departamento de Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas |
| 2194 | Departamento de Dereito Público Especial e da Empresa |
| 2195 | Departamento de Didácticas Aplicadas |
| 2196 | Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica |
| 2197 | Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana |
| 2198 | Departamento de Filosofía e Antropoloxía |
| 2199 | Departamento de Historia |
| 21A1 | Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral |
| 21A2 | Departamento de Matemáticas |
| 21A3 | Departamento de Pedagoxía e Didáctica |
| 21A4 | Departamento de Producción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría |
| 21A6 | Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física |
| 21A7 | Departamento de Economía Aplicada |
| 21A8 | Departamento de Física de Partículas |
| 21A9 | Departamento de Enxeñaría Agroforestal |
| 2181 / 2182 | Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización / Departamento de Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina |
| INSTITUTOS UNIVERSITARIOS | |
|---|---|
| 6010 | Instituto de Ciencias da Educación (ICE) |
| 6015 | Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) |
| 6025 | Instituto da Lingua Galega (ILG) |
| 6036 | Instituto de Materiais (IMATUS) |
| 6040 | Instituto de Ciencias Forenses "Luis Concheiro" (INCIFOR) |
| 6051 | Instituto de Investigación en Humanidades da USC (IHUS) |
| 6052 | Instituto de Investigación en Psicoloxía da USC (IPsIUS) |
| 6075 | Instituto de Investigación do Medio Acuático para unha Saúde Global (IARCUS) |
| 6095 | Instituto Universitario de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) |
| 6096 | Instituto de Investigacións Lingüísticas e Literarias da USC (ILTIUS) |
| 6097 | Instituto de Investigación en Saúde Global e Desenvolvemento Sostible (ITERRA) |
| CENTROS SINGULARES DE INVESTIGACIÓN | |
|---|---|
| 2002 | Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) |
| 2003 | Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) |
| 2005 | Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS) |
| 2010 | Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) |
| 2011 | Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) |
| CENTROS DE INVESTIGACIÓN INTERUNIVERSITARIOS | |
|---|---|
| 6201 | Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) |
| 6202 | Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) |
| 6203 | Centro de Investigación Interuniversitario en Economía e Empresa para a Sociedade (ECOBAS) |
| REDE DE INVESTIGACIÓN | |
|---|---|
| 2268 | Centro de Biomedicina Experimental (CEBEGA) |
| SERVIZOS DE APOIO Á DOCENCIA E Á INVESTIGACIÓN | |
|---|---|
| 7010 | Biblioteca Universitaria (BUSC) |
| 7033 | Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento |
| 7039 | Área de Infraestruturas de Investigación |
| 7069 | Rede de Estacións Biolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela (REBUSC) |
| SERVIZOS Á COMUNIDADE UNIVERSITARIA | |
|---|---|
| 7505 | Área Tecnoloxías da Información e da Comunicación (ATIC) |
| 7522 | Centro de Formación de Persoal |
| 7535 | Escola Infantil Breogán |
| 7540 | Área Deportiva |
| SERVIZO UNIVERSITARIO DE RESIDENCIAS | |
|---|---|
| 7600 |
Servizo Universitario de Residencias (SUR) |
Anexo II. Clasificación económica de ingresos
| 3 - PREZOS PÚBLICOS E OUTROS INGRESOS | |
|---|---|
| 30 | TAXAS ADMINISTRATIVAS |
| 301 TAXAS POR SERVIZOS ADMINISTRATIVOS | |
| 31 | PREZOS PÚBLICOS POR SERVICIOS ACADÉMICOS |
| 310 PREZOS PÚBLICOS ESTUDOS OFICIAIS | |
| 311 PREZOS PÚBLICOS ESTUDOS PROPIOS | |
| 312 PREZOS PRIVADOS | |
| 319 PREZOS PÚBLICOS OUTROS ESTUDOS | |
| 38 | REINTEGROS |
| 380 REINTEGROS DE EXERCICIOS PECHADOS | |
| 381 REINTEGROS DE EXERCICIO CORRENTE | |
| 39 | OUTROS INGRESOS |
| 391 OUTROS INGRESOS SERVIZOS PRESTADOS E XUROS (ESPECÍFICO USC) | |
| 399 OUTROS INGRESOS | |
| 5 - INGRESOS PATRIMONIAIS | |
|---|---|
| 50 | XUROS DE TÍTULOS VALORES |
| 500 XUROS DE TITULOS E VALORES DO ESTADO | |
| 507 XUROS DE TITULOS E VALORES POR EMPRESAS PRIVADAS | |
| 52 | XUROS DE DEPÓSITOS |
| 520 XUROS DE CONTAS BANCARIAS | |
| 53 | DIVIDENDOS E PARTICIPACIÓNS EN BENEFICIOS |
| 537 DIVIDENDOS E PARTICIPACIÓN EN BENEFICIOS DE EMPRESAS | |
| 54 | RENDAS DE BENS INMOBLES |
| 540 ALUGER DE INMOBLES | |
| 55 | PRODUTOS DE CONCESIÓNS |
| 550 CONCESIÓNS ADMINISTRATIVAS | |
| 59 | OUTROS INGRESOS PATRIMONIAIS |
| 599 OUTROS INGRESOS PATRIMONIAIS | |
| 6 - ALLEAMENTO DE INVESTIMENTOS REAIS | |
|---|---|
| 60 | ALLEAMENTO DE TERREOS |
| 600 VENDA DE TERREOS | |
| 61 | VENDA DE OUTROS INVESTIMENTOS REAIS |
| 619 VENDA DE OUTROS INVESTIMENTOS REAIS | |
| 7 - TRANSFERENCIAS DE CAPITAL | |
|---|---|
| 70 | DA ADMINISTRACIÓN XERAL E ORGANISMOS PÚBLICOS DO ESTADO |
| 701 SEGURIDADE SOCIAL | |
| 702 DE ORGANISMOS AUTÓNOMOS E AXENCIAS ESTATAIS | |
| 704 SUBVENCIÓNS FINALISTAS DA ADMINISTRACIÓN XERAL | |
| 71 | DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTÓΝΟΜΑ |
| 710 DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA | |
| 72 | DO RESTO DE ENTIDADES DO SECTOR PÚBLICO |
| 720 DO RESTO DE ENTIDADES DO SECTOR PÚBLICO | |
| 721 ENTIDADES PÚBLICAS DOUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS | |
| 722 UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE FÓRA DE GALICIA | |
| 73 | DE ORGANISMOS PUBLICOS AUTÓNOMOS E AXENCIAS PÚBLICAS AUTONÓMICAS |
| 730 DE ORGANISMOS PUBLICOS AUTÓNOMOS | |
| 731 DE ENTIDADES PÚBLICAS INSTRUMENTAIS DE CONSULTA OU ASESORAMENTO | |
| 732 AXENCIAS PÚBLICAS AUTONÓMICAS | |
| 74 | DE SOCIEDADES PÚBLICAS E OUTRAS ENTIDADES PÚBLICAS INSTRUMENTAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA |
| 741 DE ENTIDADES PÚBLICAS EMPRESARIAIS | |
| 745 DE OUTRAS ENTIDADES PÚBLICAS INSTRUMENTAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOM | |
| 75 | DE COMUNIDADES AUTONÓMAS |
| 750 OUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS | |
| 76 | DE CORPORACIÓNS LOCAIS |
| 760 CONCELLOS | |
| 761 DEPUTACIÓNS | |
| 769 DOUTROS ENTES LOCAIS | |
| 77 | DE EMPRESAS PRIVADAS |
| 770 DE EMPRESAS PRIVADAS | |
| 78 | DE FAMILIAS E INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO |
| 780 FAMILIAS | |
| 781 DE INSTITUCIÓNS SEN FIN DE LUCRO. (PRIVADAS) | |
| 79 | DO EXTERIOR |
| 790 DO EXTERIOR | |
| 795 FONDOS PARA PROGRAMAS DO PLAN DE TRANSFORMACIÓN, RECUPERACIÓN E R | |
| 797 FÓRA DA UNIÓN EUROPEA | |
| 799 DA UNIÓN EUROPEA | |
| 8 - ACTIVOS FINANCEIROS | |
|---|---|
| 82 | REINTEGRO PRÉSTAMOS SECTOR PÚBLICO |
| 821 REINTEGRO PRÉSTAMOS SECTOR PÚBLICO A LONGO PRAZO | |
| 85 | ALLEAMENTO DE ACCIÓNS E PARTICIPACIONS DO SECTOR PÚBLICO |
| 850 ALLEAMENTO DE ACCIÓNS E PARTICIPACIÓNS DO SECTOR PÚBLICO | |
| 87 | REMANENTE DE TESOURARÍA |
| 870 REMANENTE DE TESOURARÍA | |
| 9 - PASIVOS FINANCEIROS | |
|---|---|
| 95 | ANTICIPOS RECIBIDOS MRR |
| 950 PRÉSTAMOS RECIBIDOS E EMISIÓN DE DÉBEDA | |
Anexo III. Clasificación económica de gasto
| 1 - GASTOS DE PERSOAL | |
|---|---|
| 10 | ALTOS CARGOS E PERSOAL DIRECTIVO |
| 100 ALTOS CARGOS E PERSOAL DIRECTIVO | |
| 11 | PERSOAL EVENTUAL |
| 110 PERSOAL EVENTUAL | |
| 12 | PERSOAL FUNCIONARIO |
| 120 RETRIBUCIÓNS BÁSICAS FUNCIONARIOS | |
| 121 RETRIBUCIÓNS COMPLEMENTARIAS FUNCIONARIOS | |
| 122 AMPLIACIÓN E MELLORA | |
| 13 | PERSOAL LABORAL |
| 130 SOLDO LABORAL FIXO | |
| 131 SOLDO PERSOAL LABORAL TEMPORAL | |
| 133 PERSOAL LABORAL OUTROS | |
| 14 | PDI OUTROS RÉXIMES XURÍDICOS |
| 148 PDI EMÉRITO | |
| 15 | INCENTIVOS AO RENDEMENTO |
| 150 PRODUTIVIDADE E GRATIFICACIÓNS | |
| 151 GRATIFICACIÓNS | |
| 16 | GASTOS SOCIAIS |
| 160 COTAS SOCIAIS | |
| 162 GASTOS SOCIAIS | |
| 2 - GASTOS EN BENS CORRENTES E SERVIZOS | |
|---|---|
| 20 | ARRENDAMENTO E CANONS |
| 200 ARRENDAMENTO TERREOS | |
| 202 ARRENDAMENTO EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCCIÓNS | |
| 203 ARRENDAMENTO MAQUINARIA | |
| 204 ARRENDAMENTO ELEMENTOS DE TRANSPORTE | |
| 206 ARRENDAMENTO DE EQUIPOS PARA PROCESOS DE INFORMACIÓN | |
| 209 CANONS | |
| 21 | REPARACIÓN E CONSERVACIÓN |
| 212 REPARACIÓNS E MANTEMENTO EDIFICIOS | |
| 213 REPARACIÓNS E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS | |
| 214 REPARACIÓNS E MANTEMENTO ELEMENTOS DE TRANSPORTE | |
| 215 REPARACIÓNS E MANTEMENTO MOBILIARIO E EQUIPOS | |
| 22 | MATERIAL, SUBMINISTRACIÓNS E OUTROS |
| 220 MATERIAL DE OFICINA | |
| 221 SUBMINISTRACIÓN | |
| 222 COMUNICACIÓNS | |
| 223 TRANSPORTES | |
| 224 PRIMAS DE SEGUROS | |
| 225 TRIBUTOS | |
| 226 GASTOS DIVERSOS | |
| 227 TRABALLOS REALIZADOS POR EMPRESAS E PROFESIONAIS | |
| 23 | INDEMNIZACIÓNS POR RAZÓNS DO SERVIZO |
| 230 AXUDAS DE CUSTO E LOCOMOCIÓN | |
| 233 OUTRAS INDEMNIZACIÓNS | |
| 24 | MEDIOS PROPIOS |
| 240 MEDIOS PROPIOS | |
| 28 | DOCENCIA, EXTENSIÓN E OUTROS |
| 280 ESTUDOS OFICIAIS | |
| 281 ESTUDOS PROPIOS | |
| 282 GASTOS DE FUNCIONAMENTO ASOCIADOS A PROGRAMAS DE MOBILIDADE | |
| 284 CURSOS E CONFERENCIAS | |
| 285 EXTENSIÓN UNIVERSITARIA | |
| 286 GASTOS FUNCIONAMENTO DE ATENCIÓNS CLÍNICAS | |
| 3 - GASTOS FINANCEIROS | |
|---|---|
| 30 | XUROS DE PRÉSTAMOS |
| 300 XUROS DE PRÉSTAMOS | |
| 31 | GASTOS DE FORMALIZACIÓN, MODIFICACIÓN E CANCELACIÓN DE PRÉSTAMOS |
| 310 GASTOS DE FORMALIZACIÓN, MODIFICACIÓN E CANCELACIÓN DE PRÉSTAMOS | |
| 34 | XUROS DE PÓLIZAS E FINANZAS |
| 340 XUROS DE PÓLIZAS | |
| 341 XUROS DE FIANZAS | |
| 35 | XUROS DE MORA E OUTROS GASTOS FINANCEIROS |
| 352 XUROS DE MORA E PROCESUAIS | |
| 359 OUTROS GASTOS FINANCEIROS | |
| 4 - TRANSFERENCIAS CORRENTES | |
|---|---|
| 48 | TRANSFERENCIAS CORRENTES A FAMILIAS E INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO |
| 480 TRANSFERENCIAS CORRENTES A FAMILIAS | |
| 481 TRANSFERENCIAS CORRENTES A INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO | |
| 483 TRANSFERENCIAS CORRENTES A ORGANISMOS E INSTITUCIÓNS PARTICIPADAS POLA | |
| 485 TRANSFERENCIAS CORRENTES OUTROS ORGANISMOS | |
| 49 | TRANSFERENCIAS CORRENTES AO EXTERIOR |
| 490 TRANSFERENCIAS CORRENTES AO EXTERIOR | |
| 5 - FONDO DE CONTINXENCIA | |
|---|---|
| 50 | FONDO DE CONTINXENCIA |
| 500 FONDO DE CONTINXENCIA | |
| 6 - INVESTIMENTOS REAIS | |
|---|---|
| 62 | INVESTIMENTO NOVO ASOCIADOS AO FUNCIONAMENTO OPERATIVO DOS SERVIZOS |
| 620 INVESTIMENTO EN TERREOS E BENS NATURAIS | |
| 622 INVESTIMENTO NOVO EN EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCCIÓNS | |
| 623 MAQUINARIA, INSTALACIÓNS E UTENSILIOS | |
| 624 ELEMENTOS DE TRANSPORTE | |
| 625 MOBILIARIO E UTENSILIOS | |
| 626 EQUIPOS PARA O PROCESADO DE INFORMACIÓN | |
| 628 OUTRO INMOBILIZADO MATERIAL | |
| 63 | INVESTIMENTOS DE REPOSICIÓN ASOCIADOS AO FUNCIONAMENTO OPERATIVO DOS SERVIZOS |
| 632 REPARACIÓN, AMPLIACIÓN E MELLORA DE EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS | |
| 64 | INVESTIMENTOS INMATERIAIS |
| 640 PROGRAMAS DE RECURSOS HUMANOS DE INVESTIGACIÓN | |
| 641 PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN | |
| 642 CONTRATOS DE INVESTIGACIÓN | |
| 643 REUNIÓNS CIENTÍFICAS | |
| 644 PROXECTOS DE COOPERACIÓN | |
| 645 OUTRO INMOBILIZADO INMATERIAL DE INVESTIGACIÓN | |
| 646 AXUDA INVESTIGACIÓN DEPARTAMENTOS, INSTITUTOS E CENTROS SINGULARES | |
| 647 OUTROS PROXECTOS DE INVESTIMENTO INMATERIAL | |
| 7 - TRANSFERENCIAS DE CAPITAL | |
|---|---|
| 74 | TRANSFERENCIAS DE CAPITAL A SOCIEDADES E OUTRAS ENTIDADES PÚBLICAS |
| 740 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL A ENTIDADES PÚBLICAS EMPRESARIAIS | |
| 78 | TRANSFERENCIAS DE CAPITAL A INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO |
| 780 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL A FAMILIAS E INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO | |
| 8 - ACTIVOS FINANCEIROS | |
|---|---|
| 86 | ACCIÓNS E PARTICIPACIÓNS FÓRA DO SECTOR PÚBLICO |
| 860 ADQUISIÓN DE ACCIÓNS DENTRO DO SECTOR PRIVADO | |
| 87 | ACHEGAS Á CONTA DE CAPITAL |
| 870 ACHEGAS AO CAPITAL DE ENTES DO SECTOR PÚBLICO | |
| 871 ACHEGAS AO CAPITAL DE SOCIEDADES MERCANTIS PARTICIPADAS | |
| 875 ACHEGAS AO CAPITAL DE FUNDACIÓNS PÚBLICAS DA UNIVERSIDADE | |
| 9 - PASIVOS FINANCEIROS | |
|---|---|
| 91 | DEVOLUCIÓN DE PRÉSTAMOS E ANTICIPOS |
| 911 DEVOLUCIÓN ANTICIPOS REEMBOLSABLES | |
| 912 FONDO MRR A REGULARIZAR MEDIENTE FORMALIZACIÓN | |
| 913 AMORTIZACIÓN PRÉSTAMOS BANCARIOS | |
Anexo IV. Clasificación funcional
Grupos / Subgrupos
| 1 - ENSINO UNIVERSITARIO | |
|---|---|
| 10 | Ensino universitario en xeral |
| 11 | Graos |
| 12 | Másters |
| 13 | Programas de doutoramento |
| 14 | Posgrao propio |
| 15 | Sen definir |
| 16 | Microcredenciais e outras actividades específicas con financiamento externo no ámb |
| 17 | Prácticas docentes |
| 18 | Cuarto Ciclo e outras actividades formativas |
| 19 | Universidade de verán |
| 2 - INVESTIGACIÓN UNIVERSITARIA, EMPRENDEMENTO E TRANSFERENCIA | |
|---|---|
| 20 | Investigación universitaria en xeral |
| 21 | Actividades institucionais de investigación derivadas de financiamentos específicos |
| 22 | Actividades dos servizos da Área de Infraestruturas de Investigación |
| 23 | Programas de incorporación de recursos humanos de investigación, financiamento e |
| 24 | Programas de incorporación de recursos humanos de investigación da USC |
| 25 | Actividades singulares de I+D con financiamento externo |
| 26 | Programas de investigación da USC |
| 27 | Emprendemento |
| 28 | Liñas de investigación. Recursos humanos de investigación da USC |
| 29 | Outras actividades de investigación |
| 3 - SERVIZOS COMÚNS PARA A DOCENCIA, A INVESTIGACIÓN E A EXTENSIÓN UNIVERSITARIAS | |
|---|---|
| 30 | Servizos comúns en xeral |
| 31 | Bibliotecas e arquivos |
| 32 | Calidade, Desenvolvemento Sostible |
| 33 | Internacionalización |
| 34 | Persoal temporal de Capítulo I |
| 35 | Fondos instrumentais para distribución posterior |
| 36 | Mecenado |
| 37 | Programas transversais con financiamento específico |
| 38 | *Sen definir |
| 39 | Subvencións e outros gastos de carácter xeral |
| 4 - EXTENSIÓN UNIVERSITARIA | |
|---|---|
| 40 | Extensión universitaria en xeral |
| 41 | Residencias universitarias |
| 42 | Cultura |
| 43 | Cátedras |
| 44 | Deportes |
| 45 | Outros programas propios de extensión universitaria |
| 46 | Outros programas de extensión universitaria con financiamento externo |
| 47 | *Sen definir |
| 48 | Escola Infantil |
| 49 | Programas de intercambio (Erasmus, ...) |
| 5 - ENDEBEDAMENTO | |
|---|---|
| 50 | Endebedamento en xeral |
| 6 - COOPERACIÓN UNIVERSITARIA | |
|---|---|
| 60 | Cooperación universitaria en xeral |
| 61 | Proxectos singulares de cooperación |
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.