Comunicación do 23 de decembro de 1983, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do texto modificado do Regulamento do Parlamento de Galicia

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: DOG 004 07/01/1984
Departamento: Parlamento de Galicia
Estado: En vigor
Texto Texto con anotacións
MODIFICACIÓNS

TITULO PRELIMINAR DOS IDIOMAS OFICIAIS NO PARLAMENTO DE GALICIA

Artigo 1

1.- O galego e o castelán serán as linguas oficiais do Parlamento de Galicia.

2.- Os Deputados poderán facer uso, indistintamente, de ámbolos idiomas.

3.- As publicacións oficiais do Parlamento de Galicia serán bilingües.

TITULO PRIMEIRO DA SESION CONSTITUTIVA DO PARLAMENTO DE GALICIA

Artigo 2

1.- Celebradas as eleccións ó Parlamento Galego e proclamados os resultados en tódalas circunscricións electorais, a Xunta de Galicia publicará o Decreto da Sesión constitutiva, conforme ó que dispoña unha lei do Parlamento.

2.- A Sesión constitutiva terá lugar na data que, dentro do prazo dun mes, a partir do día de celebración das eleccións, determine o Decreto de convocatoria.

Artigo 3

A sesión constitutiva será presidida inicialmente polo Deputado electo de maior idade dos presentes, asistido, en calidade de Secretarios, polos dous Deputados máis novos.

Artigo 4

1.- O Presidente declarará aberta a Sesión e por un dos Secretarios darase lectura ó Decreto de convocatoria, á relación de Deputados electos e ós recursos contencioso-electorais interpostos, con indicación dos Deputados electos que puidesen quedar afectados pola resolución dos mesmos.

2.- Procederase seguidamente polo Pleno á elección da Mesa do Parlamento de Galicia, de acordo co procedemento previsto no artigo 36 deste Regulamento.

Artigo 5

1.- Concluídas as votacións, os elixidos ocuparán os seus postos. O Presidente electo prestará e solicitará dos demais Deputados o xuramento ou promesa de acatar e gardar fidelidade a Constitución e o Estatuto de Galicia. para o cal serán chamados por orde alfabética. Rematado o chamamento, o Presidente declarará constituido o Parlamento, levantando a seguir a Sesión.

2.- A constitución do Parlamento será comunicada polo seu Presidente a El-Rei, ó Senado, ó Presidente do Goberno e ó Presidente en funcións da Xunta de Galicia.

Artigo 6

Dentro do prazo dos quince días seguintes á celebración da Sesión constitutiva, terá lugar a solemne Sesión de apertura da lexislatura.

TITULO Il DO ESTATUTO DOS DEPUTADOS

DISPOSICION XERAL

Artigo 7

1.-O Deputado proclamado electo adquirirá a condición plena de Deputado polo cumprimento conxunto dos seguintes requisitos:

1º. Presentar na Oficialía Maior a credencial expedida polo correspondente órgano da Administración Electoral.

2º. Cumprimenta-la súa declaración a efectos do exame de incompatibilidades, reflexando os datos relativos a profesión e cargos públicos que desempeñe.

3º. Prestar na primeira Sesión do Pleno á que asista a promesa ou xuramento de acatar e gardar fidelidade á Constitución e ó Estatuto de Galicia.

2.- Os dereitos e prerrogativas serán efectivos desde o momento mesmo en que o Deputado sexa proclamado electo. Con todo, celebradas tres sesións plenarias sen que o Deputado adquira a condición plena de tal, non terá dereitos regulamentarios ata que esta adquisición se produza.

CAPITULO PRIMEIRO DOS DEREITOS DOS DEPUTADOS

Artigo 8

1.- Os Deputados terán o dereito de asistir con voz e voto ás Sesións do Pleno do Parlamento e ás das Comisión, de que formen parte. Poderán asistir Igualmente. nas condicións establecidas neste Regulamento, as Sesións das Comisións das que non formen parte.

2.- Os Deputados terán dereito a formar parte, polo menos, dunha Comisión e exerce-las facultades e desempeña-las funcións que este Regulamento lles atribúe.

Artigo 9

1- Para o mellor cumprimento das súas funcións parlamentarias, os Deputados, previo coñecemento do respectivo Grupo Parlamentario, terán a facultade de recabar das Administracións Públicas os datos, informes ou documentos que obren en poder destas.

2.- A solicitude dirixirase, en todo caso, por conduto da Presidencia do Parlamento, e a Administración autonómica deberá facilitar a documentación solicitada ou manifestar á Presidencia do Parlamento, en prazo non superior a trinta días e para o seu máis conveniente traslado á persoa solicitante, as razóns fundadas en dereito que o impidan, ou comunicar a súa disposición para lle permitir o acceso directo á documentación solicitada.

2 bis.- No caso de que a Administración autonómica non facilite a información requirida e de que non medie comunicación que xustifique a negativa no prazo sinalado na alínea anterior, transcorridos trinta días as solicitudes de información poderán ser reconvertidas, sempre por petición do autor ou da autora delas, en pregunta en comisión, onde recibirán o tratamento das preguntas orais.

3.- Os Deputados teñen dereito tamén a recibir directamente ou a través do seu Grupo Parlamentario a información e documentación necesaria para o desenrolo das súas tarefas. Os servicios xerais da Cámara teñen a obriga de facilitárllela.

Comunicación do 7 de agosto de 2015.

Artigo modificado: Artigo 9 apartado 2 nova redacción e apartado 2 bis engadido por artigo único apartado un.

Artigo 10

I.- Os Deputados percibirán unha asignación económica que lles permita cumprir eficaz e dignamente a súa función.

2.- Terán igualmente dereito ás indemnizacións e dietas por gastos que sexan indispensables para o cumprimento da súa función.

2 bis.- A totalidade das percepcións dos deputados e das deputadas estarán suxeitas ás normas de carácter xeral. Igualmente, a información tributaria facilitada será sometida ás normas de transparencia que resulten aplicables.

3.- A Mesa do Parlamento de Galicia fixará cada ano a cuantía das percepcións dos Deputados e as súas modalidades dentro das correspondentes consignacións presupostarias.

Comunicación do 7 de agosto de 2015.

Artigo modificado: Artigo 10 apartado 2 bis engadido por artigo único apartado dous.

Artigo 11

1.- Correrá a cargo do Presuposto do Parlamento o abono das cotizacións á Seguridade Social e ás Mutualidades daqueles Deputados que, como consecuencia da súa adicación parlamentaria, deixen de presta-lo servicio que motivaba a súa afiliación ou pertenza a aquelas.

2.- O Parlamento de Galicia poderá realizar coas Entidades Xestoras da Seguridade Social os concertos precisos para cumpri-lo disposto no apartado anterior e para afiliar. no réxime que proceda, ós Deputados que asi o desexen e que con anterioridade non estivesen dados de alta na Seguridade Social.

3.- O establecido no apartado I extenderase, no caso dos funcionarios públicos que pola súa adicación parlamentaria estean en situación de excedencia, ás cuotas das clases pasivas.

CAPITULO Il DOS DEBERES DOS DEPUTADOS

Artigo 12

1.- Os deputados e as deputadas terán o deber de asistir ás sesións do Pleno do Parlamento e das comisións de que formen parte.

2.- Publicaranse no Portal de transparencia, ao final de cada período de sesións, as asistencias dos deputados e das deputadas ás diferentes sesións parlamentarias e o sentido do seu voto.

Comunicación do 7 de agosto de 2015.

Artigo modificado: Artigo 12 nova redacción por artigo único apartado tres.

Artigo 13

Os Deputados están obrigados a axeita-la súa conducta ó Regulamento e a respeta-la orde, a cortesía e a disciplina parlamentarias así como a non divulga-las actuacións que, segundo o disposto naquel, poidan ter excepcionalmente o carácter de secretas.

Artigo 14

Os Deputados non poderán invocar ou facer uso da súa condición de Parlamentarios para o exercicio de actividade mercantil, industrial ou profesional.

Artigo 15

1.- As deputadas e os deputados estarán obrigados a efectuar declaración dos seus bens e dereitos e daquelas actividades que poidan constituír causa de incompatibilidade, de acordo co establecido na lexislación vixente, así como de calquera actividade que lles proporcione ou poida proporcionar ingresos económicos.

2.- As declaracións deberán formularse inicialmente como requisito para a adquisición da condición plena de deputada ou deputado e no prazo dos trinta días naturais seguintes á perda da dita condición. Así mesmo, deberán actualizarse sempre que existan circunstancias que as modifiquen. Para estes efectos, a Mesa aprobará os modelos a que necesariamente deberán axustarse as declaracións.

3.- A declaración de bens e dereitos conterá, entre outros, os seguintes datos:

a) As rendas percibidas de calquera clase.

b) Os bens e dereitos de contido económico de que sexa titular a persoa declarante e os títulos representativos do capital en calquera entidade xurídica.

c) Os créditos, os préstamos e as débedas que integran o seu pasivo.

d) A cota líquida pagada polo imposto da renda das persoas físicas.

4.- Na declaración de bens e dereitos deberá constar a súa valoración, segundo os seguintes criterios:

a) Os bens inmobles, polo valor catastral.

b) Os vehículos, as embarcacións e as aeronaves valoraranse segundo os prezos medios de venda aprobados polo Ministerio de Facenda.

c) Os restantes bens e dereitos valoraranse aplicando os criterios de valoración do imposto sobre o patrimonio. No suposto de bens e dereitos indivisos indicarase o valor que corresponda segundo a porcentaxe de participación da persoa declarante no ben ou dereito correspondente.

5.- As declaracións sobre actividades e bens inscribiranse no Rexistro de Intereses constituído na Cámara baixo a dependencia directa da Presidencia. O seu contido será público, a través do Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e do Portal de transparencia da Cámara, agás aqueles datos referentes á localización dos bens inmobles e mais aqueloutros que a Mesa acorde omitir para salvagardar a privacidade e a seguridade dos seus titulares.

Tamén se inscribirán neste rexistro as resolucións do Pleno en materia de incompatibilidades e cantos outros datos sobre actividades dos deputados e deputadas sexan remitidos pola Comisión do Estatuto dos Deputados e non consten previamente nel.

Comunicación do 8 de setembro de 1993.

Artigo modificado: Artigo 15 nova redacción por artigo único.

Comunicación do 7 de agosto de 2015.

Artigo modificado: Artigo 15 apartados 1, 2 e 3 nova redacción e apartados 4 e 5 engadidos por artigo único apartado catro.

Artigo 16

1.- Os Deputados deberán observar en todo momento as normas sobre incompatibilidades establecidas na Constitución, no Estatuto e nas leis.

2.- A Comisión do Estatuto dos Deputados elevaralle ó Pleno as súas propostas sobre a situación de incompatibilidade de cada deputado no prazo dos vinte días seguintes, contados a partir da plena asunción polo mesmo da condición de deputado ou da comunicación, que obrigatoriamente deberá realizar, de calquera alteración na declaración formulada para efectos de incompatibilidades. Para estes fins, remitiránselle desde o Rexistro de Intereses á Comisión do Estatuto dos Deputados a copia das declaracións de actividades e as súas modificacións.

3.- Declarada e notificada a incompatibilidade, o Deputado incurso nela terá oito días para optar entre o escano e o cargo incompatible. Se non exercita-la opción no prazo sinalado, entenderase que renuncia ó seu escano.

4.- Todo membro do Parlamento que se ocupe directamentamente, no marco da súa profesión ou no dunha actividade remunerada, dunha cuestión que é obxecto de debate no Pleno dunha Comisión, manifestarao con anterioridade.

Comunicación do 8 de setembro de 1993.

Artigo modificado: Artigo 16 apartado 2 nova redacción por artigo único.

CAPITULO III DAS PRERROGATIVAS PARLAMENTARIAS

Artigo 17

Os Deputados gozarán de inviolabilidade, aínda despois de cesaren no seu mandato, polos votos emitidos e polas opinións manifestadas no exercicio das súas funcións.

Artigo 18

Os Deputados, durante o seu mandato, non poderán ser detidos nin retidos polos actos delictivos cometidos no territorio de Galicia, senón en caso de flagrante delito, correspondendo decidir, en todo caso, sobre a súa inculpación, prisión, procesamento e xuício ó Tribunal Superior de Xusticia de Galicia. Fóra deste territorio, a responsabilidade penal será esixible, nos mesmos términos, ante a Sala do Penal do Tribunal Supremo.

Artigo 19

O Presidente do Parlamento, unha vez coñecida a detención ou retención dun Deputado, ou calquera outra actuación xudicial ou gubernativa que obstaculiza-lo exercicio da súa función parlamentaria, adoptará, de inmediato, cantas medidas coide convenientes, en orde a salvagarda-los dereitos e prerrogativas da Cámara e máis dos seus membros.

CAPITULO IV DA SUSPENSION E PERDA DA CONDICION DE DEPUTADO

Artigo 20

O Deputado quedará suspendido nos seus dereitos e deberes parlamentarios:

1.º Nos casos, en que, conforme a este Regulamento, así proceda.

2.º Cando unha sentencia firme condenatoria así o impoña ou cando o seu cumprimento implique a imposibilidade de exerce-la función parlamentaria.

Artigo 21

O Deputado perderá a súa condición de tal polas seguintes causas:

1.ª Por decisión xudicial firme que anule a elección ou a proclamación do Deputado.

2.ª Por falecemento ou incapacitación do Deputado, declarada esta por decisión xudicial firme.

3.ª Por extinción do mandato ó transcorre-lo seu prazo ou disolverse a Cámara, sen prexuicio da prórroga nas súas funcións dos membros, titulares e suplentes, da Deputación Permanente, ata a constitución da nova Cámara.

4.ª Por renuncia expresa do deputado, perante a Mesa do Parlamento ou, en caso de imposibilidade física, perante notario, que lle remitirá o correspondente testemuño á Mesa.

Comunicación do 8 de setembro de 1993.

Artigo modificado: Artigo 21 apartado 4 nova redacción por artigo único.

TITULO III DOS GRUPOS PARLAMENTARIOS

Artigo 22

1.- 0s Grupos Parlamentarios deberán constar, polo menos, de cinco Deputados. Cada Deputado non poderá formar parte máis que dun só Grupo Parlamentario.

2.- Non poden constituír Grupo Parlamentario separado Deputados que pertenzan a un mesmo Partido ou Coalición electoral, agás a excepción prevista no apartado 3 do artigo 26 deste Regulamento.

Artigo 23

1.- A constitución inicial de Grupos Parlamentarios farase dentro dos cinco días seguintes á sesión constitutiva do Parlamento mediante escrito dirixido á Mesa da Cámara.

2.- No devandito escrito, que irá firmado por tódolos que desexen constituí-lo Grupo, deberá consta-Ia denominación deste e os nomes de tódolos membros, do seu Portavoz e dos Deputados que eventualmente poidan sustituílo.

3.- Os Deputados que non sexan membros de ningún dos Grupos Parlamentarios constituidos poderán asociarse a algún deles, mediante solicitude que, aceptada polo Portavoz do Grupo a que se pretende asociar, se dirixa á Mesa da Cámara dentro do prazo sinalado no apartado 1 precedente.

4.- Os asociados computaranse para a determinación dos minimos que se establecen no artigo precedente, asi como para fixa-lo número de Deputados de cada Grupo nas distintas Comisións.

Artigo 24

Os Deputados que, conforme ó establecido nos artigos precedentes, non quedasen integrados nun Grupo Parlamentario nos prazos sinalados, quedarán necesariamente incorporados ó Grupo Mixto polo vixente período de sesións.

Artigo 25

Os Deputados que adquiran a súa condición con posterioridade á sesión constitutiva do Parlamento de Galicia, deberán incorporarse a un Grupo Parlamentario dentro dos cinco días seguintes a esta adquisición. Para que se poida produci-la incorporación, deberá consta- la aceptación do Portavoz do Grupo Parlamentario correspondente. En caso contrario, quedará incorporado ó Grupo Parlamentario Mixto, nos mesmos términos establecidos no artigo anterior.

Artigo 26

1.- Unha vez producida a adscrición a un Grupo Parlamentario no tempo e forma previstos no artigo anterior, o Deputado que o abandonase terá que se encadrar necesariamente no Grupo Mixto durante o vixente periodo de sesións.

2.- Cando os componentes dun Grupo Parlamentario distinto do Mixto se reduzan durante o transcurso da lexislatura a un número inferior á metade do mínimo esixido para a súa constitución, o Grupo quedará disolto e os seus membros pasarán automaticamente a formar parte daquel, nos mesmos términos prescritos no apartado que antecede.

3.- Iniciado un novo periodo de sesións os Deputados poderán incorporarse ó Grupo Parlamentario que desexen dos constituídos, e só para o suposto de que por calquera circunstancia se extinguise ou rematase a actividade do Partido ou Coalición electoral polo que concorreran, poderán constituír, por unha soa vez, Grupo ou Grupos Parlamentarios distintos se para iso cumpren as esixencias previstas neste Regulamento.

Artigo 27

1.- O Parlamento poñerá a disposición dos Grupos Parlamentarios locais e medios materiais suficientes e asignaralles, con cargo ó seu Presuposto, unha subvención fixa idéntica para todos e outra variable en función do número de Deputados de cada un deles. As cuantías fixaranse pola Mesa da Cámara dentro dos límites da correspondente consignación presupostaria.

2.- Os grupos parlamentarios levarán unha contabilidade específica da subvención a que se refire a alínea anterior, que poñerán á disposición da Mesa do Parlamento de Galicia sempre que esta o pida. Anualmente, esta información publicarase no Portal de transparencia do Parlamento de Galicia.

Comunicación do 7 de agosto de 2015.

Artigo modificado: Artigo 27 apartado 2 nova redacción por artigo único apartado cinco.

Artigo 28

Tódolos Grupos Parlamentarios, coas especificacións previstas no presente Regulamento, gozan de idénticos dereitos.

TITULO IV DA ORGANiZACION DO PARLAMENTO

CAPITULO PRIMEIRO DA MESA

Sección Primeira Das funcións da Mesa e dos seus membros

Artigo 29

1.- A Mesa é o órgano rector da Cámara e ostenta a representación colexiada desta nos actos a que asista.

2.- A Mesa estará composta polo Presidente do Parlamento, dous Vicepresidentes, un Secretario e un Vicesecretario. Entenderase validamente constituída canto estean presentes, polo menos, tres dos seus membros.

3.- O Presidente dirixe e coordina a acción da Mesa.

Artigo 30

1.- Corresponde á Mesa as seguintes funcións:

I.ª Interpretar e supri-lo Regulamento, no seu caso, nos supostos de dúbida ou omisión.

2.ª Adoptar cantas decisións e medidas requiran a organización do traballo e o réxime e gobemo interiores da Cámara.

3ª. Elaborar o proxecto de orzamentos do Parlamento de Galicia, proceder á súa execución unha vez aprobados e, ao final de cada exercicio, elaborar un informe sobre a súa execución, que se presentará perante a Xunta de Portavoces e se publicará no Portal de transparencia.

4.ª Aproba-los gastos da Cámara, sen prexuicio das delegacións que poida acordar.

5.ª Calificar, consonte co Regulamento, os escritos e documentos de índole parlamentaria, así como declara-la admisibilidade ou ínadmisibilidade dos mesmos.

6.ª Decidi-la tramitación de tódolos escritos e documentos de indole parlamentaria, de acordo coas normas establecidas neste Regulamento. Tanto se a resolución fose tramita-lo escrito no seo da propia Cámara ou dirixilo a outras institucións, como se se resolvese o arquivo do mesmo, darase conta da decisión adoptada ó peticionario ou peticionarios.

7.ª Programa-las liñas xerais de actuación da Cámara, fixa-lo calendario de actividades do Pleno e das Comisións para cada período de Sesións e coordina-los traballos dos seus distintos órganos, todo isto previa audiencia da Xunta de Portavoces.

8.ª Calquera outra que lle encomende o presente Regulamento e as que non estean atribuídas a un órgano específico.

2.- Se un Deputado ou un Grupo Parlamentario discrepar da decisión adoptada pola Mesa no exercicio das funcións a que se refiren os puntos 5º 0 e 6º do apartado anterior, poderá solicita-la súa reconsideración. A Mesa decidirá definitivamente, oída a Xunta de Portavoces, mediante resolución motivada.

Comunicación do 7 de agosto de 2015.

Artigo modificado: Artigo 30 apartado 1 nova redacción por artigo único apartado seis.

Artigo 31

1.- O Presidente do Parlamento ostenta a representación da Cámara, asegura a boa marcha dos traballos, dirixe os debates, mantén a orde dos mesmos e ordena os pagamentos, sen prexuicio das delegacións que poida conferir.

2.- Corresponde ó Presidente cumprir e facer cumpri- lo Regulamento e interpretar e supri-lo mesmo no transcurso dos debates.

3.- O Presidente desempeña, así mesmo, tódalas demais funcións que lle confiren o Estatuto de Galicia, as demais Leis e o presente Regulamento.

Artigo 32

Os Vicepresidentes, pola súa orde, sustitúen ó Presidente, exercendo as súas funcións en caso de vacante, ausencia ou imposibilidade deste. Desempeñan, ademais, calquera outra función, prevista neste Regulamento, que lle encomende o Presidente ou a Mesa.

Artigo 33

O Secretario e o Vicesecretario supervisan e autorizan, co visto e prace do Presidente, as Actas das Sesións Plenarias, da Mesa e da Xunta de Portavoces, así como as certificacións que se deban expedir; asisten ó Presidente nas Sesións para asegura-la orde nos debates e a corrección nas votacións; colaboran para o normal desenvolvemento dos traballos da Cámara segundo as disposicións do Presidente; exercen, ademais, calquera outra función, prevista neste Regulamento, que lle encomende o Presidente ou a Mesa.

Artigo 34

A Mesa reunirase a convocatoria do Presidente e estará asesorada polo Secretario, que redactará a Acta das Sesións e coidará, baixo a dirección do Presidente, da execución dos acordos.

Sección Il Da elección dos membros da Mesa

Artigo 35

1.- O Pleno elixirá os membros da Mesa na Sesión constitutiva do Parlamento de Galicia.

2.- Procederase a unha nova elección dos membros da Mesa cando as sentencias recaidas nos recursos contecioso-electorais supuxesen cambio na titularidade de máis do dez por cento dos escanos. A devandita elección terá lugar unha vez que os novos Deputados teñan adquirida a plena condición de tales.

Artigo 36

1.- Na elección de Presidente, cada Deputado escribirá só un nome na papeleta. Resultará elixido o que obteña o voto da maioria absoluta. dos membros da Cámara. Se ningún obtivese na primeira votación esta maioria, repetirase a elección entre os que acadasen as dúas maiores votacións e resultará elixido o que obteña máis votos.

2.- Os dous Vicepresidentes elixiranse simultaneamente. Cada Deputado escribirá só un nome na papeleta. Resultarán elixidos, por orde sucesiva, os dous que obteñan maior número de votos. Na mesma forma serán elixidos o Secretario e mailo Vicesecretario.

3.- Se naÍgunha votación se producir empate, celebraranse sucesivas votacións entre os candidatos igualados en votos ata que o empate quede dirimido.

Artigo 37

As vacantes que se produzan na Mesa durante a lexislatura serán cubertas por elección do Pleno na forma establecida no artigo anterior, axeitado nas súas previsións á realidade das vacantes que se teñen que cubrir.

CAPITULO Il DA XUNTA DE PORTAVOCES

Artigo 38

1.- Os Portavoces dos Grupos Parlamentarios constitúen a Xunta de Portavoces, que se reunirá baixo a presidencia do Presidente do Parlamento. Este convocaraa a iniciativa propia ou a petición de dous Grupos Parlamentarios ou da quinta parte dos membros da Cámara.

2.- Das convocatorias da Xunta de Portavoces darase conta ó Goberno Autonómico de Galjcia para que envie, se o considera oportuno, un representante, que poderá estar acompañado, no seu caso, por persoa que o asista.

3.- Deberán asistir ás reunións da Xunta de Portavoces, polo menos, un Vicepresidente, o Secretario ou Vicesecretario da Cámara e o Letrado Oficial Maior. Os Portavoces ou os seus suplentes poderán estar acompañados por un membro do seu Grupo que non terá dereito a voto.

4.- As decisións da Xunta de Portavoces adoptaranse sempre en función do criterio de voto ponderado.

Artigo 39

Sen prexuicio das funcións que lle atribúe o presente Regulamento, a Xunta de Portavoces será escoitada para:

Establece-los criterios que contribúan a ordenar e facilita-los debates e as tarefas do Parlamento.

Decidi-la Comisión competente para entender nos Proxectos ou nas Proposicións de Lei.

Fixa-lo número de membros de cada Grupo Parlamentario que integrarán as Comisións. Establece-lo calendario de actividades das Comisións.

Asigna-los escanos no Salón de Sesións ós diferentes Grupos Parlamentarios.

CAPITCLO III DAS COMISIONS

Sección Primeira Das Comisións en xeral

Artigo 40

1.- As Comisións, agás precepto en contrario, estarán formadas polos membros que designen os Grupos Parlamentarios no número que, respecto de cada un, indique a Mesa do Parlamento, oída a Xunta de Portavoces, e en proporción á importancia numérica daqueles na Cámara. Tódolos Grupos Parlamentarios teñen dereito a contar, como mínimo, cun representante en cada Comisión.

2.- Os grupos parlamentarios poden substituír un ou varios dos seus membros adscritos a unha Comisión, por outro ou outros do mesmo grupo, logo de comunicación por escrito ó presidente do Parlamento. Se a susbtitución fose só para un determinado asunto, debate ou sesión, a comunicación faráselle verbalmente ou por escrito ó presidente da Comisión, quen admitirá como membro da mesma, indistintamente, o substituto ou o substituído.

Así mesmo poderán ser eventualmente substituídos o vicepresidente ou o secretario dunha Comisión por outros membros do mesmo grupo parlamentario, comunicándollo así ó presidente da Comisión verbalmente.

3.- Os membros da Xunta de Galicia poderán asistir con voz ás Comisións.

Comunicación do 8 de setembro de 1993.

Artigo modificado: Artigo 40 apartado 2 nova redacción por artigo único.

Artigo 41

As Comisións, coas excepcións previstas neste Regulamento, elixen de entre os seus membros unha Mesa, composta por un Presidente, un Vicepresidente e mais un Secretario. A elección verificarase de acordo co establecido para a elección da Mesa do Parlamento, axeitado ó distinto número de postos que se teñen que cubrir.

Artigo 42

1.- As Comisións serán Convocadas polo seu Presidente, de acordo co do Parlamento, por iniciativa propia ou a petición de dous Grupos Parlamentarios ou dunha quinta parte dos membros da Comisión.

O Presidente do Parlamento poderá convocar e presidir calquera Comisión, ainda que só terá voto naquelas de que forma parte.

2.- As Comisións entenderanse validamente constituidas en sesión plenaria cando estean presentes a metade máis un dos seus membros.

Artigo 43

1.- As Comisións coñecerán dos proxectos, proposicións ou asuntos que lles encomende, de acordo coa súa respectiva competencia, a Mesa do Parlamento.

2.- A Mesa do Parlamento, pola súa propia iniciativa ou a petición dunha Comisión interesada, poderá acordar que sobre unha cuestión que sexa competencia principal dunha Comisión, informe previamente outra ou outras Comisións.

3.- As Comisións deberán concluí-Ia tramitación de calquera asunto nun prazo máximo de dous meses, agás naqueles casos en que este Regulamento impoña un prazo distinto ou a Mesa da Cámara, atendidas as circunstancias excepcionais que poidan concorrer, acorde amplialo ou reducilo.

4.- As Comisións poden reunirse no período de vacacións parlamentarias, mais, neste lapso, non poderán actuar con capacidade lexislativa plena.

Artigo 44

1.- A través do Presidente do Parlamento, as Comisións poden:

I.º Pedi-la información e documentación que necesiten das Institucions Autonómicas e mais dos Entes Públicos de Galicia. Así mesmo poden solicitar información e documentación ás autoridades do Estado respecto daquelas competencias atribuídas á Xunta de Galicia das cales non estean ainda transferidos os servicios. As autoridades requiridas, nun término non superior ós trinta días, facilitarán o que se lles pedise ou ben manifestarán ó Presidente do Parlamento as razóns polas que non poden facelo, para que o comunique á Comisión solicitante.

2.º Requiri-la presencia dos membros da Xunta de Galicia competentes por razón da materia que se debata, para informaren sobre tódalas cuestións das que sexan consultados.

3º.- Solicita-la presencia de funcionarios, autoridades e particulares.

2.- Se os funcionarios ou as autoridades non compareceren e non o xustificaren no prazo establecido pola Comisión, ou non se responder á petición de información requirida no periodo indicado no apartado anterior, o Presidente do Parlamento comunicarao á autoridade ou 6 funcionario superior correspondente por se for procedente esixirlles algunha responsabilidade.

Comunicación do 8 de setembro de 1993.

Artigo modificado: Artigo 44 apartado 1 nova redacción por artigo único.

Sección Il Das Comisións Permanentes

Artigo 45

1.- Son Comisións Permanentes lexislativas as seguintes:

I.ª Institucional, de Administración Xeral, Xusticia e Interior.

2.ª Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servicios.

3.ª Economía, Facenda e Presupostos.

4.ª Educación e Cultura.

5.ª Sanidade, Política Social e Emprego.

6.ª Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.

7.ª Agricultura, Alimentación, Ganderia e Montes.

8.ª Pesca e Marisqueo.

2.- Son tamén Comisións Permanentes aquelas que deban constituírse por disposición legal e mailas seguintes:

1.ª Regulamento.

2.ª Estatuto dos Deputados.

3.ª Peticións.

3.- As Comisións Permanentes a que se refiren os apartados anteriores deberán constituírse dentro dos dez días seguintes á Sesión constitutiva do Parlamento de Galicia.

Artigo 46

A Comisión de Regulamento estará formada polo Presidente da Cámara, que a presidirá, polos demais membros da Mesa do Parlamento de Galicia e mais polos Deputados que designen os Grupos Parlamentarios, de acordo co disposto no artigo 40 deste Regulamento.

Artigo 47

1.- A Comisión do Estatuto dos Deputados estará composta por un membro de cada un dos grupos parlamentarios. Terá un presidente, un vicepresidente e un secretario, e adoptará as súas resolucións mediante o voto ponderado de cada un dos seus membros.

2.- A Comisión actuara como órgano preparatorio das resoluciós do Pleno cando este, de acordo co Regulamento, deba pronunciarse en asuntos que afecten ó Estatuto dos Deputados, agás no caso de que a proposta corresponda á Presidencia ou á Mesa do Parlamento de Galicia. A Comisión elevará ó Pleno, debidamente articuladas, as propostas que no seu seo estiveren formalizadas.

Comunicación do 8 de setembro de 1993.

Artigo modificado: Artigo 47 apartado 1 nova redacción por artigo único.

Artigo 48

1.- A Comisión de Peticións estará formada pola Mesa do Parlamento máis un Deputado de cada Grupo Parlamentario e adoptará as decisións polo sistema de voto ponderado.

2.- A Comisión examinará cada petición, individual ou colectiva, que reciba o Parlamento de Galicia e poderá acorda-la súa remisión, segundo proceda, por conducto do Presidente da Cámara:

1.º O Defensor do Pobo.

2.º A Comisión do Parlamento que estiver coñecendo ou puider coñece-lo asunto de que se trate.

3.º As Cortes, ó Goberno, ós Tribunais, ó Ministerio Fiscal ou á Comunidade Autónoma, Deputación ou Concello a quen corresponda.

3.- A Comisión tamén poderá acordar, se non procede-la remisión a que se refire o apartado anterior, o arquivo da petición sen máis trámites.

4.- En todo caso, acusarase recibo da petición e comunicarase ó peticionario o acordo adoptado.

Artigo 49

1.- O Pleno da Cámara, a proposta da Mesa, oída a Xunta de Portavoces, poderá acorda-la creación doutras Comisións que teñan carácter permanente durante a lexislatura en que o acordo se adopte.

2.- O acordo de creación fixará o criterio de distribución de competencias entre a Comisión creada e as que, no seu caso, poidan resultar afectadas.

3.- Polo mesmo procedemento sinalado no apartado 1 poderá acordarse a disolución das Comisión a que este artigo se refire.

Sección III Das Comisións non Permanentes

Artigo 5O

Son comisións non permanentes as que se crean para unha función especial ou un traballo concreto.

Extínguense ó finaliza-lo seu obxecto e, en todo caso, ó concluí-la lexislatura. Poden ser especiais ou de investigación, e os seus acordos, resolucións ou propostas adoptaranse mediante o voto ponderado, incluída a elección da correspondente Mesa, salvo cando a representación de cada grupo parlamentario na Comisión garde a proporcionalidade existente no Pleno.

Comunicación do 8 de setembro de 1993.

Artigo modificado: Artigo 50 nova redacción por artigo único.

Artigo 51

A creación de comisións especiais e o seu eventual carácter mixto ou conxunto respecto doutras xa existentes poderá acordala a Mesa do Parlamento por iniciativa propia, de dous grupos parlamentarios ou da quinta parte dos deputados membros da Cámara, e logo de audiencia da Xunta de Portavoces.

Comunicación do 8 de setembro de 1993.

Artigo modificado: Artigo 51 nova redacción por artigo único.

Artigo 52

1.- O Pleno do Parlamento de Galicia, a proposta da Xunta, da Mesa, de dous Grupos Parlamentarios ou da quinta parte dos Deputados membros da Cámara, poderá acorda-la creación dunha Comisión de Investigación sobre calquera asunto de interés público.

1 bis.- Poderase crear de xeito automático unha única comisión de investigación por lexislatura de o solicitaren un terzo dos deputados e das deputadas da Cámara que pertenzan a un mesmo grupo parlamentario, ou as dúas quintas partes dos deputados e das deputadas da Cámara.

2.- As comisións de investigación elaborarán un plan de traballo e poderán nomear ponencias no seu seo e requiri-la presencia, por conducto da Presidencia do Parlamento de Galicia, de calquera persoa para ser oída. Os extremos sobre os que deba informa- la persoa requirida deberán serlle comunicados cunha antelación mínima de cinco días. Os comparecentes serán advertidos dos seus dereitos así como da posibilidade de acudir asistidos de letrado.

3.- A Presidencia da Cámara, oída a Comisión, poderá, no seu caso, dicta-las oportunas normas de procedemento.

4.- As conclusións destas Comisións deberán plasmarse nun dictame que será discutido no Pleno da Cámara. O Presidente do Parlamento, oída a Mesa e Xunta de Portavoces, está facultado para ordena-lo debate, concede-la palabra e fixa-los tempos das intervencións.

5.- As conclusións aprobadas polo Pleno da Cámara serán publicadas no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e comunicadas á Xunta de Galicia, sen prexuicio de que a Mesa do Parlamento dea traslado das mesmas ó Ministerio Fiscal para o exercicio, cando proceda, das accións oportunas.

6.- A petición do Grupo Parlamentario proponente publicaranse tamén no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia os votos particulares rexeitados.

Comunicación do 19 de decembro de 1994.

Artigo modificado: Artigo 52 apartado 2 nova redacción por artigo único.

Comunicación do 7 de agosto de 2015.

Artigo modificado: Artigo 52 apartado 1 bis engadido por artigo único apartado sete.

CAPITULO IV DO PLENO

Artigo 53

O Pleno do Parlamento de Galicia será convocado polo seu Presidente, por propia iniciativa ou a solicitude, alomenos, de dous Grupos Parlamentarios ou da quinta parte dos Deputados membros da Cámara.

Artigo 54

1.- Os Deputados tomarán asento no Salón de Sesións conforme á súa adscrición a Grupos Parlamentarios.

2.- Haberá no Salón de Sesións un banco especial destinado ós membros da Xunta de Galicia.

3.- Só terán acceso ó Salón de Sesións, ademais das persoas indicadas, os funcionarios do Parlamento de Galicia no exercicio do seu cargo e quen estea expresamente autorizado polo Presidente.

CAPITULO V DA DEPUTACION PERMANENTE

Artigo 55

1.- A Deputación Permanente velará polos poderes da Cámara cando estea expirado o mandato parlamentario. cando o Parlamento estea disolto ou non estea reunido por vacacións ou por calquera causa de forza maior que impida reuni-lo Pleno. Especialmente:

I.º Coñecerá a delegación temporal das funcións executivas do Presidente da Xunta de Galicia nun dos Conselleiros.

2.º Exercerá o control da lexislación delegada.

3.º Entenderá en todo o que atingue á inviolabilidade parlamentaria.

4.ºConvocará o Parlamento por acordo da maioría absoluta dos membros da Deputación Permanente.

5.º Poderá autorizar presupostos extraordinarios, suplementos de créditos e créditos extraordinarios, a petición da Xunta de Galicia, por razón de urxencia e de necesidade xustificada, sempre que así o acorda-la maioría absoluta dos seus membros.

6.º Poderá tamén autorizar ampliacións ou transferencias de crédito, cando o esixan a conservación da orde, unha calamidade pública ou unha necesidade financeira urxente doutra natureza, de acordo coa maioria absoluta dos seus membros.

2.- A Deputación Permanente debe cumprir calquera outra función que lle encomende o Regulamento do Parlamento.

Artigo 56

1.- A Deputación Permanente estará presidida polo Presidente do Parlamento de Galicia. Formarán parte da mesma un mínimo de once membros, que representarán ós Grupos Parlamentarios en proporción á súa importancia numérica.

2.- A fixación do número de membros farase conforme ó establecido no apartado 1 do artigo 40. Cada Grupo Parlamentario designará o número de Deputados titulares que lle correspondan e outros tantos en concepto de suplentes.

3.- A Deputación elixirá de entre os seus membros un Vicepresidente e un Secretario, de acordo co establecido para a elección da Mesa do Parlamento de Galicia, axeitado ó distinto número de postos que se teñen que cubrir.

4.- A Deputación Permanente será convocada polo Presidente, a iniciativa propia ou a petición de dous Grupos Parlamentarios ou dunha quinta parte dos membros daquela.

Artigo 57

1.- En calquera caso, a Deputación Permanente dará conta ó Pleno do Parlamento dos asuntos e decisións tratados na primeira Sesión ordinaria.

2.- O se constituí-lo Parlamento, dentro do prazo de quince días seguintes á súa primeira reunión, os Deputados e os Grupos Parlamentarios poderán formular obxeccións contra a vixencia dos acordos que adoptase a Deputación Permanente.

3.- Se durante este prazo se formularen obxeccións a través de escrito dirixido á Mesa do Parlamento, esta enviaraas á Comisión competente, que haberá de emitir un Dictame no prazo que se sinale. O Dictame será debatido no Pleno do Parlamento segundo as normas xerais de procedemento lexislativo; a este efecto, cada observación considerarase como una emenda.

Artigo 58

Será aplicable ás Sesións da Deputación Permanente e ó seu funcionamento o establecido para o Pleno no presente Regulamento.

Artigo 59

Despois da celebración de eleccións ó Parlamento de Galicia, a Deputación Permanente dará conta ó Pleno do mesmo, unha vez constituído este, dos asuntos que tratase e das decisións adoptadas.

CAPITULO VI DOS SERVICIOS DO PARLAMENTO

Artigo 60

1.- O Parlamento de Galicia disporá dos medios persoais e materiais necesarios para o desenrolo das súas funcións, especialmente de servicios técnicos, de documentación e de asesoramento.

2.- A relación de postos de traballo e a determinación de funcións correspondentes a cada un deles farase pola Mesa do Parlamento.

3.- Estes postos cubriranse conforme ó disposto nas leis que lles sexan de aplicación.

Artigo 61

O Parlamento contará cunha biblioteca, e o presuposto da Cámara adicará anualmente unha asignación para a mesma.

Artigo 62

1.- O Letrado Oficial Maior do Parlamento, baixo a dirección do Presidente e da Mesa, é o xefe superior de todo o persoal e de tódolos servicios do Parlamento e cumpre as funcións técnicas e de asesoramento dos órganos rectores deste, asistido dos Letrados do Parlamento adscritos á Oficialía Maior.

2.- O Letrado Oficial Maior é nomeado pola Mesa do Parlamento, de entre os Letrados do mesmo.

Artigo 63

As publicacións oficiais do Parlamento de Galicia son as seguintes:

1.ª O Diario de Sesións do Parlamento de Galicia.

2.ª O Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.

Artigo 64

1.- No «Diario de Sesións» reproduciranse integramente, deixando constancia dos incidentes producidos, tódalas intervencións e acordos adoptados en Sesións do Pleno. da Deputación Permanente e. ne seu caso, das Comisións que non teñan carácter secreto.

2.- Das Sesións secretas levantarase acta taquigráfica, o único exemplar da cal custodiarase na Presidencia. Este exemplar poderá ser consultado polos Deputados. Os acordos adoptados publicaranse no Diario de Sesións, a non ser que o órgano parlamentario decida o carácter reservado dos mesmos e sen prexuicio do disposto nos apartados 5- e 6 do artigo 52 deste Regulamento.

Artigo 65

O «Boletin Oficial do Parlamento de Galicia» publicará os proxectos e as proposicións de lei, os votos particulares ou as emendas que se teñan de defender no Pleno ou en Comisións con capacidade lexislativa plena, os informes de Ponencia, os dictames das Comisións, os acordos das Comisións e do Pleno, as interpelacións, as mocións, as proposicións non de lei, as propostas de resolución, as preguntas e as respostas que se dean que non sexan de carácter reservado, as comunicacións da Xunta de Galicia, e calquera outro texto ou documento dos cales sexa esixida a súa publicación por algún precepto deste Regulamento ou a ordene o Presidente, atendendo á esixencia dun trámite que requira a intervención do Parlamento. Tamén publicará a xuicio da Presidencia as disposicións das Cortes Xerais do Estado que poidan afectar á Comunidade Autónoma Galega.

Artigo 66

1.- A Mesa da Cámara adoptará as medidas axeitadas, en cada caso, para facilitar ós medios de comunicación social a información sobre as actividades dos distintos órganos do Parlamento de Galicia.

2.- A propia Mesa regulará a concesión de credenciais ós representantes dos distintos medios de comunicación social, con obxecto de que poidan acceder ós locais do recinto parlamentario que se lles destine e ás Sesións a que poidan asistir.

3.- Ninguén poderá, sen estar expresamente autorizado polo Presidente do Parlamento, realizar grabacións gráficas ou sonoras das Sesións dos órganos da Cámara.

Artigo 66 bis

1.- No Portal de transparencia do Parlamento de Galicia estará dispoñible toda a información prevista pola lexislación en materia de transparencia pública, así como a establecida neste regulamento. O acceso á información respectará os límites legais en garantía dos dereitos das persoas.

2.- Correspónde á Mesa aprobar as normas e adoptar as medidas que resulten necesarias para o cumprimento do disposto na alínea anterior.

Comunicación do 7 de agosto de 2015.

Artigo engadido: Artigo 66 bis engadido por artigo único apartado oito.

TITULO V DAS DISPOSICIONS XERAIS DE FUNCIONAMENTO.

CAPITULO PRIMEIRO DAS SESIONS

Artigo 67

1.- O Parlamento de Galicia reunirase anualmente en dous períodos de sesións, de setembro a decembro e do 15 de xaneiro ao 15 de xullo.

2.- Fóra dos devanditos períodos, a Cámara só poderá celebrar Sesións extraordinarias a petición da Xunta de Galicia, da Deputación Permanente ou da maioria absoluta dos membros do Parlamento. Na petición debera figura-la Orde do Día que se propón para a Sesión extraordinaria solicitada.

3.- A convocatoria e a fixación da Orde do Día das Sesións extraordinarias, tanto das Comisións coma do Pleno, farase de acordo co previsto neste Regulamento para as Sesións ordinarias do Pleno.

Comunicación do 7 de agosto de 2015.

Artigo modificado: Artigo 67 apartado 1 nova redacción por artigo único apartado nove.

Artigo 68

1.- As Sesións, por regra xeral, celebraranse en días comprendidos entre o martes e o venres, ámbolos dous inclusive, de cada semana.

2.- Poderán, non obstante, celebrarse en días diferentes dos sinalados:

I.º Por acordo tomado en Pleno ou en Comisión, a iniciativa dos seus respectivos Presidentes, de dous Grupos Parlamentarios ou dunha quinta parte dos Deputados membros da Cámara ou da Comisión.

2.º Por acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, aceptado pola Xunta de Portavoces.

Artigo 69

As Sesións do Pleno seràn publicas coas seguintes excepcións:

I.ª Cando se traten cuestións que atingan ó decoro da Cámara ou dos seus membros, ou da suspensión dun Deputado.

2.ª Cando se debatan propostas, dictames, informes ou conclusións elaboradas no seo da Comisión do Estatuto dos Deputados.

3.ª Cando o acorde o Pleno por maioria absoluta dos seus membros, a iniciativa da Mesa do Parlamento, da Xunta, de dous Grupos Parlamentarios ou da quinta parte dos membros da Càmara. Plantexada a solicitude de Sesión secreta, someterase a votación sen debate e a Sesión continuarà co caràcter que se acordase.

Comunicación do 19 de decembro de 1994.

Artigo modificado: Artigo 69 apartado 2 nova redacción por artigo único.

Artigo 70

1.-As sesións das comisións son a porta pechada, mais poderán asisti-los representantes dos medios de comunicación social debidamente acreditados.

2.-As sesións das comisións serán secretas canda o acorden por maioría absoluta dos seus membros, por iniciativa da súa respectiva Mesa, da Xunta de dous grupos parlamentarios ou da quinta parte dos seus compoñentes.

3.-Serán secretas, en todo caso, as sesións e os traballos da Comisión do Estado dos Deputados.

4.-As sesións das comisións de investigación axustaranse ó previsto no apartado 1 deste artigo, coas seguintes excepcións:

a) Serán secretas as reunións das ponencias que se creen no seo da Comisión.

b) Serán igualmente secretas as comparecencias que versen sobre materias que fosen declaradas reservadas ou secretas conforme a lexislación vixente e as que traten sobre asuntos que coincidan con actuacións xurídicas que fosen declaradas secretas.

c) Tamén serán secretos os datos, informes ou documentos facilitados a estas comisións para o cumprimento dos seus fins cando o dispoña unha lei ou cando motivadamente o acorde a propia Comisión.

Comunicación do 19 de decembro de 1994.

Artigo modificado: Artigo 70 nova redacción por artigo único.

Artigo 71

1.- Das Sesións do Pleno e das Comisións levantarase Acta, que conterá unha relación sucinta das materias debatidas, persoas intervenientes, incidencias producidas e acordos adoptados.

2.- As Actas serán firmadas polo Secretario ou Vicesecretario, co visto e prace do Presidente, e quedarán a disposición dos Deputados na Oficialía Maior do Parlamento. No caso de que non se produza reclamación sobre o seu contido dentro dos dez días seguintes á celebración da Sesión, entenderase aprobada; en caso contaría, someterase á decisión do órgano correspondente na súa seguinte Sesión.

CAPITULO Il DA ORDE DO DIA

Artigo 72

1.- O Presidente, de acordo coa Mesa e a Xunta de Portavoces, tendo en conta o calendario de actividades, fixará a orde do día do Pleno, que se incluirá na correspondente convocatoria.

2.- A orde do día das Comisións será fixada pola súa respectiva Mesa, tendo en conta o calendario establecido pola Mesa do Parlamento.

3.- A Xunta de Galicia poderá pedir que nunha Sesión concreta se inclúa un asunto con carácter prioritario, sempre que este cumprise os trámites regulamentarios que o fagan estar en condición de ser incluido na orde do día.

4.- A iniciativa dun Grupo Parlamentario ou da Xunta de Galicia, a Mesa do Parlamento poderá acordar por maioría coa Xunta de Portavoces e o seu Presidente, e atendendo a razóns de urxencia, a inclusión na orde do día dun determinado asunto . aínda que non cumprise os trámites regulamentarios.

5.- As Sesións plenarias non poderán ser levantadas antes que a orde do dia fose debatida na súa totalidade sen prexuicio das alteracións previstas no presente Regulamento.

Artigo 73

1.- A orde do día do Pleno pode ser alterada por acordo deste, a proposta do Presidente ou a petición de dous Grupos Parlamentarios ou dunha quinta parte dos membros da Cámara.

2.- A orde do día dunha Comisión pode ser alterada por acordo desta, a proposta do seu Presidente ou a petición de dous Grupos Parlamentarios ou dunha quinta parte dos Deputados membros da mesma.

3.- Nun e noutro caso, cando se trate de incluír un asunto, este terá que ter cumpridos os trámites regulamentarios que lle permitan estar en condicións de ser incluído.

CAPITULO III DOS DEBATES

Artigo 74

Ningún debate poderá comenzar sen a previa distribución, alomenos con corenta e oito horas de antelación, do informe, dictame ou documentación que teña de servir de base ó mesmo, agás acordo contrario da Mesa do Parlamento ou da Comisión, debidamente xustificado.

Artigo 75

1.- Ningún Deputado poderá falar sen ter pedida e obtida do Presidente a palabra. Se un Deputado chamado pola Presidencia non se encontrase presente, enténdese que renunciou a facer uso da palabra.

2.- Os discursos pronunciaranse persoalmente e de viva voz. O orador poderá facer uso da palabra desde a tribuna ou desde o escano.

3.- Ninguén poderá ser interrompido, cando fale, senón polo Presidente, para lle advertir que esgotou o tempo, para chamalo á cuestión ou á orde, para lle retira-la palabra ou para facer chamadas á orde á Cámara, a algún dos seus membros ou ó público.

4.- Os Deputados que pedisen a palabra nun mesmo senso poderán cederse o turno entre si. Previa comunicación ó Presidente e para un caso concreto calquera Deputado con dereito a intervir poderá ser sustituido por outro do mesmo Grupo Parlamentario.

5.- Os membros da Xunta de Galicia poderán intervir, sempre que o solicitasen, ó longo dos debates para matizar ou esclarecer feítos ou fixa-la postura do Goberno. Estas intervencións non reabrirán o debate, sen prexuício da réplica específica que poderá exercela oposición e da dúplica a cargo do Goberno.

6.- Transcorrido o tempo establecido, o Presidente, tras indicar dúas veces ó orador que conclúa, retiraralle a palabra.

Comunicación do 8 de setembro de 1993.

Artigo modificado: Artigo 75 apartado 5 nova redacción por artigo único.

Artigo 76

1.- Cando, a xuicio da Presidencia, no desenrolo dos debates se fixesen alusións que impliquen xuícios de valor ou inexactitudes sobre a persoa ou conducta dun Deputado, concederase ó aludido, se así o solicitase, o uso da palabra, por un tempo de tres minutos, para que conteste ás alusións realizadas.

2.- Non se poderá contestar ás alusións senón na mesma Sesión. Se o Deputado aludido non estiver presente, poderá contestar á alusión na Sesión seguinte.

3.- Cando a alusión afecte ó decoro ou dignidade dun Grupo Parlamentario, o Presidente poderá conceder a un representante daquel o uso da palabra polo mesmo tempo e coas condicións que se establecen nos apartados 1 e 2 do presente artigo.

Artigo 77

1.- En calquera estado do debate, un Deputado poderá pedi-la observancia do Regulamento. A este efecto, deberá cita-lo artigo ou artigos dos que reclama a aplicación. Non caberá por este motivo debate ningún debendo acatarse a resolución que a Presidencia adopte á vista da alegación feita.

2.- Calquera Deputado poderá tamén pedir, durante a discusión ou antes de votar, a lectura das normas ou documentos que coide conducentes á ilustración da materia de que se trate. A Presidencia poderá denega-las lecturas que coide non pertinentes ou innecesarias.

Artigo 78

1.- En todo debate, o que fose contradito nas súas argumentacións por outro ou outros dos intervenientes, terá dereito a replicar ou rectificar por unha soa vez e por tempo máximo de cinco minutos.

2.- Dentro do marco establecido no presente Regulamento, o presidente ten as facultades de ordena-los debates e as votacións, acumulando asuntos, incrementando ou diminuíndo o tempo das intervencións, ponderando para isto a importancia dun asunto e as circunstancias concorrentes.

Comunicación do 8 de setembro de 1993.

Artigo modificado: Artigo 78 apartado 2 nova redacción por artigo único.

Artigo 79

1.- Se non houber precepto específico entenderase que en todo debate cabe un turno a favor, outro en contra e un turno de Portavoces. Non poderán intervir neste último os Grupos Parlamentarios que xa o fixeran no turno a favor ou en contra. A duración das intervencións nunha discusión sobre calquera asunto ou cues. tión, agás precepto en contra deste Regulamento, será fixada pola Mesa de acordo coa Xunta de Portavoces.

2.- Se o debate for dos calificados como de totalidade, os turnos serán de quince minutos, e, tras eles, os demais Grupos Parlamentarios poderán fixa-la súa posición en intervencións que non excedan de dez minutos.

Artigo 80

1.- Os Grupos Parlamentarios intervirán nos turnos xerais en orde inversa á súa importancia numérica, comenzando polo Grupo de menor número de membros.

2.- Os membros do Grupo Mixto distribuirán entre eles o tempo total de intervención, que no seu conxunto non poderá exceder do que corresponde a cada un dos demais Grupos. A Presidencia da Cámara deberá ser informada do acordo antes de cada Sesión, e de non teren concretada a intervención os membros do Grupo, resolverá sobre a distribución do tempo que se ha de empregar por cada un deles.

Artigo 81

A Presidencia poderá acorda-lo cerre dunha discusión, de acordo coa Mesa, cando estimase que un asunto está suficientemente debatido. Tamén poderá acordalo a petición do portavoz dun Grupo Parlamentario. En torno a esta petición de cerre poderán falar, durante cinco minutos como máximo cada un, un orador en contra e outro a favor.

Artigo 82

Cando o Presidente, os Vicepresidentes ou o Secretario ou Vicesecretario da Cámara ou da Comisión desexaren tomar parte no debate, abandonarán o seu lugar na Mesa e non volverán a ocupalo ata que concluíse a discusión do tema de que se trate.

CAPITULO IV DAS VOTACIONS

Artigo 83

1.- Para adoptar acordos, a Cámara e mailos seus órganos deberán estar reunidos regulamentariamente e con asistencia da maioría dos seus membros.

2.- Se chegado o momento da votación ou celebrada esta resultar que non existise o quot;quorumquot; a que se refire o apartado anterior, posporase a votación polo prazo máximo de dúas horas. Se transcorrido este prazo tampouco non puider celebrarse validamente aquela, o asunto será sometido a decisión do órgano correspondente na seguinte Sesión.

Artigo 84

1. Os acordos serán válidos unha vez aprobados pola maioría simple dos membros presentes do órgano correspondente, sen prexuízo das maiorías especiais que establecen o Estatuto de autonomía de Galicia, as demais leis de Galicia e mais este Regulamento.

2. Computaranse como presentes nunha votación as deputadas e os deputados da Cámara que malia estaren ausentes fosen autorizados expresamente pola Mesa do Parlamento para participar na devandita votación a través dos mecanismos previstos neste Regulamento.

3. O voto das deputadas e dos deputados é persoal e indelegable, agás nos casos de embarazo, maternidade ou paternidade que, por impedir o desenvolvemento da función parlamentaria e unha vez avaliadas as especiais circunstancias, se consideren abondo xustificados. A Mesa do Parlamento, mediante resolución motivada, poderá autorizar que a deputada ou o deputado poida participar nas votacións a través dos sistemas de voto delegado ou voto telemático.

4. O voto delegado: as deputadas e os deputados poderán delegar o seu voto noutra deputada ou deputado do seu mesmo grupo parlamentario. Para tal efecto, a deputada ou o deputado dirixirá escrito á Mesa do Parlamento, no que se farán constar o nome da deputada ou do deputado que delega o seu voto, o nome da deputada ou do deputado que recibe a delegación e o período de duración da delegación ou os debates e as votacións en que debe exercese. Deberá constar, así mesmo, mediante sinatura, o coñecemento da ou do portavoz do grupo parlamentario correspondente. A delegación non se entenderá prorrogada tacitamente.

5. O voto telemático: as deputadas e os deputados poderán exercer o seu voto telematicamente. Para tal efecto, dirixirán escrito á Mesa do Parlamento, no que se fará constar o seu nome, as votacións ou o período de tempo durante o cal poderá emitir o seu voto a través deste procedemento.

6. Ningunha deputada nin deputado poderá tomar parte, directamente ou mediante delegación, nas votacións sobre resolucións que afecten o seu estatuto de deputados.

7. A Mesa, de acordo coa Xunta de Portavoces, poderá habilitar excepcionalmente e por tempo determinado a presenza, o voto delegado, sistemas de videoconferencia ou calquera outro sistema técnico viable e adecuado que garanta, para todos os efectos regulamentarios, a asistencia e participación nas sesións e nos debates e o exercicio do dereito de voto por quen non puider asistir ás sesións de forma xustificada por atoparse Galicia nunha situación de afectación grave da saúde da poboación declarada polas autoridades sanitarias públicas competentes que lle imposibilite a presenza física na sesión correspondente por comprometer a saúde das persoas.

Comunicación do 7 de agosto de 2012.

Artigo modificado: Artigo 84 nova redacción por artigo único apartado un.

Comunicación do 7 de outubro de 2020.

Artigo modificado: Artigo 84 apartado 7 engadido por artigo único.

Artigo 85

As votacións non poderán interromperse por ningunha causa. Durante o desenrolo da votación, a Presidencia non concederá o uso da palabra e ningún Deputado poderá entrar no Salón nin abandonalo agás caso de forza maior e coa venia da Presidencia.

Artigo 86

Nos casos establecidos no presente Regulamento e naqueles que pola súa singularidade ou importancia a Presidencia así o acorde, a votación realizarase a hora fixa, anunciada previamente por aquela. Se, chegada a hora fixada, o debate non estiver rematado, a Presidencia sinalará nova hora para a votación.

Artigo 87

A votación poderá ser:

1.º Por asentimento.

2.º Ordinaria.

3.º Pública.

4.º Secreta.

Artigo 88

Consideraranse aprobadas por asentimento as propostas do Presidente, cando, unha vez anunciadas, non suscitaren ningunha obxección nin oposición. Noutro caso, farase votación ordinaria.

Artigo 89

A votación ordinaria poderá realizarse, por decisión da Presidencia, nunha das seguintes formas:

1.ª Erguéndose primeiro os que aproben, a seguir os que desaproben, e finalmente os que se absteñan. O Presidente ordenará o reconto polo Secretario ou Vicesecretario se tiver dúbida do resultado ou, se, mesmo despois de publicado este, algún Grupo Parlamentario o reclamar.

2.ª Por procedemento electrónico que acredite o senso do voto de cada Deputado e mailos resultados totais da votación.

Artigo 90

Na votación pública por chamamento o Secretario ou Vicesecretario nomeará ós Deputados e estes responderán «si», «non» ou «abstención». O chamamento realizarase por orde alfabética de primeiro apelido, comenzando polo Deputado do cal o seu nome sexa sacado a sorte. Os membros da Xunta de Galicia que sexan Deputados e maila Mesa votarán ó final.

Artigo 91

1.- A votación secreta poderá facerse:

1.º Por procedemento electrónico que acredite o resultato total da votación, omitindo a identificación dos votantes.

2.º Por papeletas cando se tratar de eleccións de persoal, cando o decida a Presidencia e cando se tiver especificada esta modalidade na solicitude de voto secreto.

2.- Para realiza-las votacións a que se refire o punto 2.º do apartado anterior, os Deputados serán chamados nominalmente á Mesa para depositaren a papeleta na urna correspondente.

Artigo 92

1.- A votación será pública por chamamento ou secreta cando así o esixa este Regulamento ou o soliciten dous Grupos Parlamentarios ou unha quinta parte dos Deputados ou dos membros da Comisión. Se houber solicitudes concorrentes en senso contrario, prevalecerá a de votación secreta. En ningún caso a votación poderá ser secreta cando se tratar de materia lexislativa.

2.- As votacións para investidura do Presidente da Xunta, a moción de censura e a cuestión de confianza, serán en todo caso públicas por chamamento.

Artigo 93

1.- Cando ocorrer empate nalgunha votación, realizarase unha segunda e, de persistir aquel, suspenderase a votación durante o prazo que coide razoable a Presidencia. Transcorrido o prazo, repetirase a votación e, se de novo se producir empate, entenderase desbotado o dictame, artigo, emenda, voto particular ou proposición de que se trate.

2.- Nas votacións en Comisión sobre unha cuestión que deba ser ulteriormente sometida ó Pleno, entenderase que non existe empate cando a igualdade de votos, sendo idéntico o senso en que votasen tódolos membros da Comisión pertencentes a un mesmo Grupo Parlamentario, puider dirimirse ponderando o número de votos con que cada Grupo conte no Pleno.

Artigo 94

1.- Verificada unha votación, ou o conxunto de votacións sobre unha mesma cuestión, cada Grupo Parlamentario poderá explica-lo voto por tempo máximo de cinco minutos.

2.- Nos Proxectos e Proposicións de Lei, só poderá explicarse o voto trala derradeira votación, a non ser que se dividise en partes claramente diferenciadas a efectos do debate, pois neste caso caberá a explicación despois da derradeira votación correspondente a cada parte. Nos casos previstos neste apartado, a Presidencia poderá amplia-lo tempo ata dez minutos.

3.- Non caberá explicación do voto cando a votación fora secreta ou cando o Grupo Parlamentario interviñera no debate precedente. Sen embargo e neste último suposto, o Grupo Parlamentario que cambiara o sentido do seu voto terá dereito a explicalo.

CAPITULO V DO COMPUTO DOS PRAZOS E DA PRESENTACION DE DOCUMENTOS

Artigo 95

1.- Os prazos sinalados por días neste regulamento computaranse en días hábiles, e os sinalados por meses de data a data, na forma que determine a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2.- Excluiranse do cómputo os períodos en que o Parlamento non celebre Sesións, a non ser que o asunto en cuestión estiver incluido na Orde do Dia dunha Sesión extraordinaria. A Mesa da Cámara fixará os dias que han de habilitarse cos únicos efectos de cumprimenta- los trámites que posibiliten a celebración daquela.

Comunicación do 7 de agosto de 2015.

Artigo modificado: Artigo 95 apartado 1 nova redacción por artigo único apartado dez.

Artigo 96

1.- A Mesa da Cámara de acordo coa Xunta de Portavoces poderá acorda-la prórroga ou reducción dos prazos establecidos neste Regulamento.

2.- Agás casos excepcionais, as prórrogas non serán superiores a outro tanto do prazo nin as reduccións á súa metade.

Artigo 97

I.- A presentación de documentos no Rexistro da Oficialía Maior do Parlamento poderá facerse nos días e horas que fixe a Mesa da Cámara. A Mesa ha de garantizar que os servicios de Rexistro da Oficíalía Maior poidan recibi-los documentos correspondentes antes de que expiren os prazos dos días e horas prefixados.

2.- Serán admitidos os documentos presentados dentro do prazo nas Oficinas de Correos, sempre que concorran os requisitos esixidos na Lei de Procedemento Administrativo.

CAPITULO VI DA DECLARACION DE URXENCIA

Artigo 98

1.· A petición da Xunta de Galicia, de dous Grupos Parlamentarios ou dunha quinta parte dos Deputados, a Mesa do Parlamento poderá acordar que un asunto se tramite por procedemento de urxencia.

2.· Se o acordo se tomar achándose un trámite en curso, o procedemento de urxencia aplicarase para os trámites seguintes a aquel.

Artigo 99

Sen prexuicio do establecido no artigo 96 do presente Regulamento, os prazos terán unha duración da meta· de dos establecidos con carácter ordinario.

CAPITULO VII DA DISCIPLINA PARLAMENTARIA

Sección Primeira Das sancións polo incumprimento dos deberes dos Deputados

Artigo 100

Durante as Sesións do Pleno e das Comisións, os Deputados teñen a obriga de respeta-las regras de orde establecidas por este Regulamento, de evitar toda clase de perturbación ou desorde, acusacións ou recriminacións entre eles, expresións inconvenientes ó decoro da Cámara, interrupcións ós oradores sen autorización do Presidente e facer uso da palabra máis tempo do autorizado, coma tamén entorpecer deliberadamente o curso dos debates ou de obstrui-lo traballo parlamentario.

Artigo 101

1.- O Deputado poderá ser privado, por acordo da Mesa, dalgún ou de tódolos dereitos que lle conceden os artigos 8 ó 11 no presente Regulamento nos seguintes supostos:

1.º Cando de forma reiterada e sen xustificación deixar de asistir voluntariamente ás Sesións do Pleno ou das Comisións.

2.º Cando quebranta-lo deber de secreto establecido no artigo 13 deste Regulamento.

2.- O acordo da Mesa, que será motivado, sinalará a extensión e duración das sancións, que poderán extenderse tamén á parte alícuota de subvención contemplada no artigo 27 do presente Regulamento.

Artigo 102

A prohibición de asistir a unha ou dúas Sesións e a expulsión inmediata dun Deputado poderán ser impostas polo Presidente, nos términos establecidos no presente Regulamento.

Artigo 103

1.- A suspensión temporal na condición de Deputado poderá acordarse polo Pleno da Cámara, por mor de disciplina parlamentaria, nos seguintes supostos:

1.º Cando, imposta e cumprida a sanción prevista no artigo 101, o Deputado persistir na súa actitude.

2.º Cando o Deputado portar armas dentro do recinto parlamentario.

3.º Cando o Deputado, despois de ser expulsado do Salón de Sesións, se negar a abandonalo.

4.- Cando o Deputado contraviñese o disposto nos artigos 13 e 14 deste Regulamento.

2.- As propostas formuladas pola Mesa da Cámara nos tres primeiros supostos do apartado anterior e pola Comisión do Estatuto dos Deputados no cuarto, someteranse á consideración e decisión do Pleno da Cámara en Sesión secreta. No debate os Grupos Parlamentarios poderán intervir por medio dos seus Portavoces, e a Cámara resolverá sen máis trámites.

3.- Se a causa da sanción puider ser, a xuicio da Mesa, constitutiva de delito, a Presidencia dará conta ó órgano xudicial competente.

Sección II Das chamadas á cuestión e á orde

Artigo 104

1.- Os oradores serán chamados á cuestión sempre que estiveren fóra dela, xa por digresións extrañas ó punto de que se trate, xa por volveren sobre o que estiver discutido ou votado.

2.- O Presidente retirará a palabra ó orador ó que houber de facer unha terceira chamada á cuestión nunha mesma intervención.

Artigo 105

Os Deputados e os oradores serán chamados á orde:

1.º Cando proferiren palabras ou verqueren conceptos ofensivos ó decoro da Cámara ou dos seus membros, das Institucións do Estado e de Galicia ou de calquera outra persoa ou entidade.

2.º Cando nos seus discursos faltaren ó establecido para a boa marcha das deliberacións.

3.º Cando con interrupcións ou de calquera forma alteraren a orde das Sesións.

4.º Cando, retirada a palabra a un orador, pretender continuar facendo uso dela.

Artigo 106

1.- O Deputado ou orador que for chamado á orde tres veces nunha mesma Sesión, advertido unha segunda vez das consecuencias dunha terceira chamada, retiraráselle, no seu caso, a palabra e o Presidente, sen debate, poderá impoñerlle a sanción de non asistir ó resto da Sesión.

2.- Se o Deputado sancionado non atender ó requirimento de abandona-lo Salón de Sesións, o Presidente adoptará as medidas que considere pertinentes para facer efectiva a expulsión. Neste caso, a Presidencia. sen prexuicio do establecido no artigo 103, poderá impoñerlle, ademais, a prohibición de asistir á seguinte Sesión.

3.- Cando se produci-lo suposto previsto no punto 1. o do artigo anterior, o Presidente requirirá ó Deputado ou orador para que retire as ofensas proferidas e ordenará que non consten no quot;Diario de Sesiónsquot;. A negativa a este requirimento poderá dar lugar a sucesivas chamadas á orde, cos efectos previstos nos apartados anteriores deste artigo.

Sección III Da orde dentro do recinto parlamentario

Artigo 107

O Presidente vela polo mantemento da orde dentro de tódalas dependencias do Parlamento. A este efecto pode tomar tódalas medidas que considere pertinentes, incluída a de pór a disposición xudicial ás persoas responsables.

Artigo 108

Calquera persoa que no recinto parlamentario, en Sesión ou fóra dela, promover desorde grave coa súa conducta de obra ou palabra, será inmediatamente expulsada. Se se tratar dun Deputado, o Presidente suspenderao, ademais, no acto, dos seus dereitos parlamentarios por prazo de ata un mes, sen prexuicio de que a Cámara, a proposta da Mesa e de acordo co previsto no artigo 103, poida ampliar ou agrava-la sanción.

Artigo 109

1.- O Presidente velará, nas Sesións públicas, polo mantemento da orde das tribunas.

2.- Os que nestas deren mostras de aprobación ou desaprobación, perturbaren a orde ou faltaren á debida compostura, serán inmediatamente expulsados do Palacio por indicación da Presidencia, ordenando, cando o estime conveniente, que os Servicios de Seguridade da Cámara levanten as oportunas dilixencias por se os actos producidos puidesen ser constitutivos de delito ou de falta.

TITULO VI DO PROCEDEMENTO LEXISLATIVO

CAPITULO PRIMEIRO DA INICIATIVA LEXISLATIVA

Artigo 110

A iniciativa lexislativa, sen prexuicio do disposto no artigo 87.2 da Constitución e no 10.1, f) do Estatuto de Autonomía, corresponde:

1.- Os Deputados e ós Grupos Parlamentarios de acordo co que establece este Regulamento.

2.- A Xunta ou Goberno de Galicia.

3.- Os cidadáns, de acordo co artigo 87.3 da Constitución Española e da Lei Orgánica que o desenrole.

CAPITULO Il DO PROCEDEMENTO LEXISLATIVO COMUN

Sección Primeira Dos Proxectos de Lei

Artigo 111

1.- Os Proxectos de Lei remitidos pola Xunta de Galicia deben ir acompañados dunha exposición de motivos e dos antecedentes necesarios para se poder pronunciar.

2.- A Mesa do Parlamento mandará que se publiquen, que se abra o prazo de emendas e, oída a Xunta de Portavoces, que se tramiten na Comisión correspondente.

Artigo 112

1.- Publicado un Proxecto de Lei, os Deputados e os Grupos Parlamentarios terán un prazo de quince días para presentar emendas ó mesmo mediante escrito dirixido á Mesa da Comisión. O escrito de emendas deberá leva-la firma do Portavoz do Grupo ó que pertenza o Deputado ou da persoa que sustitúa a aquel, ós meros efectos de coñecemento. A omisión deste trámite poderá repararse antes do comenzo da discusión en Comisión.

2.- As emendas poderán ser á totalidade ou ó articulado.

3.- Serán emendas á totalidade as que versen sobre a oportunidade, os principios ou o espirito do Proxecto de lei e postulen a devolución daquel á Xunta, ou as que propoñan un texto completo alternativo ó do Proxecto. Só poderán ser presentadas polos Grupos Parlamentarios ou por un Deputado coa firma doutros catro.

4.- As emendas ó articulado poderán ser de supresión, modificación ou adición. Nos dous últimos supostos, a emenda deberá conte-lo texto completo que se propoña.

5.- A tal fin, e en xeral, a tódolos efectos do procedemento lexislativo, cada disposición adicional, derradeira, derogatoria ou transitoria, terá a consideración dun artigo, ó igual có título da lei, as rúbricas das distintas partes en que estea sistematizado, a propia ordenación sistemática e a exposición de motivos.

Artigo 113

1.- As emendas a un proxecto de lei que supoñan aumento dos créditos ou mingua dos ingresos presupostarias requirirán a conformidade da Xunta de Galicia para a súa tramitación.

2.- A tal efecto, a Ponencia encargada de redacta-lo informe remitirá á Xunta de Galicia, por conducto da Presidencia do Parlamento, as que supoñan antedito aumento ou mingua.

3.- A Xunta de Galicia deberá dar resposta razoada no prazo de quince días. Transcorrido este, entenderase que o silencio da Xunta de Galicia expresa conformidade.

4.- A Xunta de Galicia poderá manifesta-la súa disconformidade coa tramitación de emendas que supoñan aumento dos créditos ou mingua dos ingresos presupostarias en calquera momento da tramitación, de non ter sido consultada na forma que sinalan os apartados anteriores.

5.- Cando se tratar de emendas que, ainda implicando mingua de ingresos tributarios, non estiveren suxeitas á conformidade da Xunta de Galicia para a súa tramitación, ademais dos requisitos de carácter xeral, deberán propor unha baixa correlativa dos gastos.

Artigo 114

1.- O debate de totalidade dos Proxectos de Lei no Pleno procederá cando estiveren presentadas, dentro do prazo regulamentario, emendas á totalidade. O Presidente da Comisión, neste caso, trasladará ó Presidente do Parlamento de Galicia as emendas á totalidade que estivesen presentadas para a súa inclusión na Orde do Día da Sesión Plenaria en que se teñan de debater.

2.- O debate de totalidade desenvolverase con suxeición ó establecido neste Regulamento para os deste carácter, se ben unha vez defendidas tódalas emendas, e como regra xeral, se establecerá unha rolda a favor e outra en contra sobre as mesmas, e unha rolda de portavoces para os grupos non emendantes.

3.- Terminada a delliberación, o Presidente someterá a votación as emendas á totalidade defendidas, comenzando por aquelas que propoñan a devolución do Proxecto á Xunta.

4.- Se o Pleno acorda-la devolución do proxecto, este quedará desbotado e o Presidente do Parlamento de Galicia comunicara ó da Xunta. No caso contrario, remitirase á Comisión para prosegui-la súa tramitación.

5.- Se o Pleno aprobar unha emenda á totalidade das que propoñan un texto alternativo, darase traslado do mesmo á Comisión correspondente, publicándose no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e procedéndose a abrir un novo prazo de presentación de emendas, que só poderán formularse sobre o articulado.

Comunicación do 8 de setembro de 1993.

Artigo modificado: Artigo 114 apartado 2 nova redacción por artigo único.

Artigo 115

1.- Finalizado o debate de todalidade, se o houber, e en todo caso o prazo de presentación de emendas, a Comisión nomeará no seu seo un ou varios ponentes para que, á vista do texto e das emendas presentadas ó articulado, redacte un informe no prazo de quince días.

2.- A Mesa da Comisión, sen prexuicio do establecido no apartado 3 do artigo 43 do presente Regulamento, poderá prorroga-lo prazo para a emisión do informe, cando a transcendencia ou complexidade do Proxecto de Lei así o esixir.

3.- A Ponencia encargada de redactar o informe poderá establecer un trámite de audiencia de altos cargos da Xunta de Galicia, de persoas expertas e de representantes de colectivos sociais que poidan resultar especialmente afectados pola materia sobre a cal verse o proxecto de lei.

Comunicación do 7 de agosto de 2015.

Artigo modificado: Artigo 115 apartado 3 engadido por artigo único apartado once.

Artigo 116

1.- Concluído o informe da Ponencia, comenzará o debate en Comisión, que se fará artigo por artigo. En cada un deles poderán facer uso da palabra os emendantes ó artigo e os membros da Comisión.

2.- As emendas que estivesen presentadas en relación coa exposición de motivos discutiranse ó final do articulado, se a Comisión acordar incorpora-la devandita exposición de motivos como preámbulo da Lei.

3.- Durante a discusión dun artigo, a Mesa poderá admitir a trámite novas emendas que se presenten neste momento por escrito por un membro da Comisión, sempre que tendan a alcanzar un acordo por aproximación entre as emendas xa formuladas e o texto do artigo. Tamén se admitirán a trámite emendas que teñan por finalidade reparar erros ou incorreccións técnicas, terminolóxicas ou gramaticais.

Artigo 117

1.- Na dirección dos debates da Comisión, a Presidencia da Mesa exercerá as funcións que neste Regulamento se confiran á Presidencia e á Mesa do Parlamento.

2.- O Presidente da Comisión, de acordo coa Mesa desta, poderá establece-lo tempo máximo da discusión para cada artigo, o que corresponda a cada intervención, á vista do número de peticións de palabra e o total para a conclusión do Dictame.

Artigo 118

O Dictame da Comisión, firmado polo seu Presidente e polo Secretario, remitirase ó Presidente do Parlamento a efectos da tramitación subseguinte que proceder.

Artigo 119

Os Grupos Parlamentarios e Deputados, dentro das corenta e oito horas seguintes á data de terminación do Dictame, en escrito dirixido ó Presidente da Cámara, deberán comunica-los votos particulares e emendas que, despois de ser defendidas e votadas en Comisión e non incorporadas ó Dictame, pretendan defender no Pleno.

Artigo 120

1.- O debate no Pleno comezará pola presentación que do dictame da Comisión faga o presidente da mesma ou un deputado en quen delegue, por un tempo de dez minutos.

A continuación os grupos parlamentarios dispoñerán sucesivamente dunha rolda de quince minutos para explica-la súa posición sobre o dictame da Comisión e, se é o caso, defende-las emendas e os votos particulares non incorporados ó mesmo e que oportunamente reservasen.

O debate pecharase con outra rolda de cinco minutos para que sucesivamente os grupos se definan sobre as emendas e os votos particulares defendidos polos demais.

2.- A Presidencia da Cámara someterá a votación as emendas e os votos particulares mantidos, e incorporaranse ó texto os que resulten aprobados.

3.- Durante o debate a Presidencia poderá admitir emendas que teñan por finalidade reparar erros ou incorreccións técnicas, terminolóxicas ou gramaticais. Só se poderán admitir a trámite as emendas de transacción entre as xa presentadas e o texto do dictame, cando se formulen por escrito e ningún grupo parlamentario se opoña á súa admisión. En todo caso, esta comportará a retirada das emendas respecto das que se transaccionen.

4.- Finalmente a Presidencia someterá a votación o dictame da Comisión coas emendas e cos votos particulares que fosen incorporados.

Comunicación do 8 de setembro de 1993.

Artigo modificado: Artigo 120 nova redacción por artigo único.

Artigo 121

Terminado o debate dun proxecto, se, como consecuencia da aprobación dun voto particular ou dunha emenda ou da votación dos artigos, o texto resultante puider ser incongruente ou escuro nalgún dos seus puntos, a Mesa da Cámara poderá, por iniciativa propia ou a petición da Comisión, envia-lo texto aprobado polo Pleno de novo á Comisión, co único fin de que esta, no prazo dun mes, efectúe unha redacción harmónica que deixe a salvo os acordos do Pleno. O Dictame así redactado someterase á decisión final do Pleno, que deberá aprobalo ou rexeitalo no seu conxunto, nunha soa votación.

Sección Il Das Proposicións de Lei

Artigo 122

As Proposicións de Lei dos Deputados presentaranse acompañadas dunha exposición de motivos e dos antecedentes necesarios para se poder pronunciar sobre elas por:

I.º Un Deputado coa firma doutros catro membros da Cámara.

2.º Un Grupo Parlamentario coa firma do seu Portavoz.

Artigo 123

1.- Exercitada a iniciativa, a Mesa do Parlamento ordenará a publicación da Proposición de Lei e a súa remisión á Xunta de Galicia, para que manifeste o seu criterio respecto da toma en consideración, así como a súa conformidade ou non á tramitación se implicar aumento dos créditos ou mingua dos ingresos presupostarias.

2.- Transcorridos quince días sen que a Xunta de Galicia manifestase o seu criterio ou negase expresamente a súa conformidade á súa tramitación, no suposto de implicar aumento dos créditos ou mingua dos ingresos presupostarias do exercicio, a Proposición de Lei quedará en condicións de ser incluída na Orde do Día do Pleno para a súa toma en consideración.

3.- Antes de inicia-lo debate, darase lectura ó criterio da Xunta se o houber. O debate axustarase ó establecido para os de totalidade.

4.- Acto seguido, o Presidente preguntará se a Cámara toma ou non en consideración a Proposición de Lei de que se tratar. En caso afirmativo, a Mesa da Cámara acordará o seu envío á Comisión competente e a apertura do correspondente prazo de presentación de emendas. A Proposición seguirá o trámite previsto para os Proxectos de lei, correspondendo a un Deputado do Grupo autor da iniciativa, a presentación da mesma ante o Pleno.

Artigo 124

As Proposicións de Lei de iniciativa popular deben ser examinadas pola Mesa do Parlamento para ver de que cumpran os requisitos legalmente establecidos. Se os cumpriren, a tramitación axustarase ó previsto no artigo anterior, coas especificidades que poidan derivarse das Leis que regularán esta iniciativa.

Sección III Da retirada de Proxectos e Proposicións de Lei

Artigo 125

1.- O Goberno poderá retirar un Proxecto de Lei en calquera momento da súa tramitación ante a Cámara sempre que non tiver recaído acordo final desta.

2.- Mentres non se acordar tomar en consideración unha Proposición de Lei, o proponente poderá decidir retirala; esta iniciativa terá plenos efectos por ela mesma. Tornada en consideración, a retirada só será efectiva se a acepta-lo Pleno da Cámara.

CAPITULO lII DAS ESPECIALIDADES NO PROCEDEMENTO LEXISLATIVO

Sección Primeira Dos Proxectos e das Proposicións de Lei de desenrolo básico do Estatuto de Galicia.

Artigo 126

1.- A iniciativa lexislativa regulada no artigo ll0 deste Regulamento pódese exercer, así mesmo, en relación coas leis de desenrolo básico que prevé o Estatuto de Galicia.

2.- Non obstante, a Mesa, de acordo coa Xunta de Portavoces e previa iniciativa de dous Grupos Parlamentarios ou dunha quinta parte dos Deputados, pode decidir que nestas materias a iniciativa parlamentaria sexa exercida polos Grupos Parlamentarios. Con esta finalidade, a Comisión competente nomeará no seu seo unha Ponencia para que elabore o texto da Proposición de Lei. Para a publicación da Proposición haberá que aterse ó que dispoñen os artigos 111 e 112 deste Regulamento.

3.- Recibido o Proxecto, a Proposición de Lei ou texto elaborado pola Ponencia referida no apartado anterior, seguirase o procedemento lexislativo común.

Artigo 127

1.- En todo caso, a aprobación das Leis a que se refire o apartado 1 do artigo 126 deste Regulamento require o voto favorable da maioria absoluta dos membros do Parlamento nunha votación final de totalidade. A votación será anunciada con antelación polo Presidente do parlamento. Se non se conseguise a citada maioría, a Comisión emitirá novo Dictame no prazo dun mes.

2.- O debate sobre o novo Dictame axeitarase ás normas que regulan os de totalidade. Se na votación se conseguise o voto favorable da maioría absoluta dos membros do Parlamento, considerarase aprobado, entendéndose definitivamente rexeitado no caso contrario.

3.- A modificación ou derogación das leis de desenrolo básico do Estatuto de Galicia igualmente require en todo caso o voto favorable da maioría absoluta dos membros do Parlamento nunha votación final de totalidade.

Sección Il Da reforma do Estatuto de Galicia

Artigo 128

1.- Os Proxectos e Proposicións de reforma estatutaria a que se refiren os artigos 56 e 57 do Estatuto de Galicia tramitaranse de acordo coas normas establecidas nos artigos 126 e 127 deste Regulamento, pero para seren aprobados será preciso o voto favorable dos dous tercios dos membros de dereito do Parlamento.

2.- Aprobado o Proxecto de reforma, o Presidente do Parlamento remitirao ás Cortes Xerais para a súa tramitación ulterior.

Sección II Do Proxecto de Lei de Presupostos

Artigo 129

1.- No exame, emenda e aprobación dos Presupostos aplicarase o procedemento lexislativo común, agás o disposto na presente Sección.

2.- O Proxecto de Lei de Presupostos gozará de preferencia na tramitación con respecto ós demais traballos da Cámara.

3.- As emendas ó Proxecto de lei de Presupostos que supoñan aumento de créditos nalgún concepto unicamente poderán ser admitidas a trámite se, ademais de cumpri-los requisitos xerais, propoñen unha baixa de igual cuantía na mesma Sección.

4.- As emendas ó Proxecto de Lei de Presupostos que supoñan minoración de ingresos remimitiranse á Xunta de Galicia para que informe sobre as mesmas no prazo de quince días.

5.- Previamente á finalización do prazo de presentación das emendas parciais levaranse a cabo na Comisión 3ª as comparecencias que fosen solicitadas polos grupos parlamentarios e acordadas pola Mesa da Comisión 3ª. En todo caso, comparecerán os responsables das seccións orzamentarias e, sempre que fosen solicitadas, os responsables dos entes instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma que xestionen os principais programas de gasto.

Comunicación do 7 de agosto de 2015.

Artigo modificado: Artigo 129 apartado 5 engadido por artigo único apartado doce.

Artigo 130

1.- O debate de totalidade do Proxecto de lei de presupostos será único, acumulándose no mesmo tanto as emendas que postulen a súa devolución global coma a de calquera sección ou centro xestor de gastos. Para a súa defensa, os grupos que as formulasen dispoñerán dun tempo proporcional entre trinta e corenta e cinco minutos. Só estas emendas terán efectos devolutivos para o proxecto.

A seguir debateranse as emendas que afecten á contía global dos estados dos presupostos ou que transfiran créditos entre seccións. Para a súa defensa cada grupo parlamentario dispoñerá dun tempo proporcional entre quince e trinta minutos.

2.- O debate do Presuposto referirase ó articulado e ó estado de autorización de gastos. Todo isto sen prexuicio do estudio doutros documentos que deban acompañar a aquel.

3.- O Presidente da Comisión e o da Cámara, de acordo coas súas respectivas Mesas, poderán ordenalos debates e votacións na forma que máis se axeite á estructura do Presuposto.

4.- O debate final dos orzamentos no Pleno da Cámara desenvolverase diferenciando o conxunto do articulado da lei e das súas seccións, as cales poderán ser obxecto dun debate conxunto.

Comunicación do 8 de setembro de 1993.

Artigo modificado: Artigo 130 apartado 1 nova redacción por artigo único.

Comunicación do 7 de agosto de 2015.

Artigo modificado: Artigo 130 apartado 4 nova redacción por artigo único apartado trece.

Artigo 131

As disposcións deste apartado tamén son de aplicación para a tramitación e a aprobación por parte do Parlamento dos presupostos dos entes públicos da Xunta de Galicia, para os cales a Lei establece a necesidade de aprobación do Parlamento.

Sección IV Da competencia lexislativa plena das Comisións

Artigo 132

I.- O Pleno da Cámara, por maioría dos dous tercios, a proposta da Mesa, de acordo coa Xunta de Portavoces, ou a iniciativa desta, pode delegar nas Comisións a aprobación de Proxectos e Proposicións de Lei, agás as previstas no apartado 1 do artigo 126 e a reforma estatutaria do artigo 128; naquel caso, a Comisión actuará con capacidade lexislativa plena.

2.- En todo momento, o Pleno pode reclama-lo debate e a votación de calquera Proxecto ou Proposición de Lei que fose obxecto de delegación. A iniciativa pode ser tomada pola Mesa do Parlamento, por dous Grupos Parlamentarios ou por unha quinta parte dos Deputados.

Artigo 133

1.- Para a tramitación destes Proxectos e Proposicións de Lei aplicarase o procedemento lexislativo común, agás o debate e votación no Pleno, e coas especialidades que se establecen nos apartados seguintes.

2.- Recibido o Proxecto ou Proposición de Lei, a Comisión nomeará unha Ponencia formada por un membro da Comisión pertencente a cada Grupo Parlamentario.

3.- Aplicarase ó informe da Ponencia o que prevé o artigo 116 do Regulamento. A Continuación, o Pleno da Comisión seguirá o trámite previsto nesta norma para a deliberación en Pleno.

Sección V Da tramitación dun Proxecto de Lei en lectura única

Artigo 134

1.- Cando a natureza dun Proxecto de Lei o aconsellar ou a súa simplicidade de formulación o permitir, o Pleno da Cámara, a proposta da Mesa, oída a Xunta de Portavoces ou a iniciativa desta, poderá acordar que este Proxecto se tramite directamente e en lectura única ante o Pleno ou ante unha Comisión.

2.- Adoptado o acordo, procederase a un debate suxeito ás normas establecidas para os de totalidade e seguidamente o conxunto do Proxecto someterase a unha soa votación.

TITULO VIl DA INVESTIDURA, DA MOCION DE CENSURA E DA CUESTION DE CONFIANZA

CAPITULO PRIMEIRO DA INVESTIDURA

Artigo 135

De conformidade co disposto no apartado 2 do artigo 15 do Estatuto de Galicia, o Presidente da Xunta de Galicia será elixido polo Parlamento de Galicia de entre os seus membros e será nomeado por El-Rei.

Artigo 136

Para a investidura do Presidente da Xunta de Galicia aplicaranse, conforme 6 establecido no apartado 3 do artigo 15 do Estatuto de Galicia, as seguintes normas:

1.ª O Presidente do Parlamento, consultados os representantes designados polos Partidos ou polos Grupos Políticos con representación parlamentaria, propoñerá de entre os membros do Parlamento un candidato á Presidencia da Xunta. A proposta deberá formularse como máximo no término de trinta días desde a constitución do Parlamento ou o cese do Presidente.

2.ª A Sesión comenzará coa lectura da proposta polo Secretario ou Vicesecretario da Cámara. A seguir, o candidato proposto expoñerá, sen limitación de tempo, o programa político do Goberno que pretende formar, e solicitará a confianza da Cámara.

3.ª Tralo tempo de interrupción decretado pola Presidencia, que terá un mínimo de corenta e oito horas, intervirá cada Grupo Parlamentario que o solicite durante o tempo previamente fixado pola Mesa do Parlamento, de acordo coa Xunta de Portavoces.

4.ª O candidato proposto poderá facer uso da palabra cantas veces o solicitar. Cando contestar individualmente a un dos intervenientes, este terá dereito a réplica por dez minutos. Se o candidato contestar en forma global ós representantes dos Grupos Parlamentarios, estes terán dereito a unha réplica de dez minutos.

5.ª A votación levarase a efecto á hora fixada pola Presidencia.

6.ª Para ser elixido Presidente da Xunta, o candidato deberá obte-los votos da maioria absoluta. Esta elección comportará a aprobación do programa de goberno. Se non acada esta maioria, procederase a unha segunda votación vintecatro horas despois da anterior, e resultará elixido se obtén o voto favorable da maioria simple. Caso de non se conseguir esta maioría, tramitaranse sucesivas propostas na forma prevista anteriormente.

CAPITULO II DA MOCION DE CENSURA

Artigo 137

O Parlamento de Galicia pode esixi-la responsabilidade política da Xunta, do seu Presidente, e dos Conse!leiros con suxección ó establecido nos artigoapos; 10, 15.4 e 17 do Estatuto de Autonomía e nas leis de Galicia que o desenrolen mediante a adopción dunha moción de censura.

Artigo 138

1.- A moción deberá ser proposta, polo menos, pola quinta parte dos Deputados en escrito motivado dirixido á Mesa do Parlamento e terá que incluír un candidato á Presidencia da Xunta.

2.- A Mesa do Parlamento de Galicia, tras comprobar que a moción de censura reúne os requisitos sinalados no número anterior, admitiraa a trámite, dando conta da súa presentación ó Presidente da Xunta e ós Portavoces dos Grupos Parlamentarios.

3.- Dentro dos dous días seguintes á presentación da moción de censura poderán presentarse mocións alternativas, que deberán reuni-los mesmos requisitos sinalados no apartado anterior e estarán sometidas Ós mesmos trámites de admisión sinalados no apartado precedente.

4.- O debate iniciarase pola defensa da moción de censura que, sen limitación de tempo, efectúe un dos Deputados firmantes da mesma.

5.- Trala interrupción decretada pola Presidencia poderán intervi-Ios Grupos Parlamentarios da Cámara que o solicitaren, por tempo de trinta minutos. Tódolos intervenientes teñen dereito a un turno de réplica ou rectificación de dez minutos.

6.- Se se presentase máis dunha moción de censura, o Presidente da Cámara, oída a Xunta de Portavoces, poderá acorda-lo debate conxunto de tódalas incluídas na Orde do Día, pero deberán de ser postas a votación por separado, seguindo a orde da súa presentación.

7.- A moción ou mocións de censura serán sometidas a votación á hora que previamente fose anunciada pola Presidencia e que non poderá ser anterior ó transcurso de cinco días desde a presentación da primeira no Rexistro Xeral.

8.- A aprobación dunha moción de censura requirirá, en todo caso, o voto favorable da maioría absoluta dos membros do Parlamento.

9.- Ningún dos firmantes dunha moción de censura que fose rexeitada poderá firmar outra durante o mesmo periodo de Sesións. A este efecto, a moción presentada entre un periodo de Sesións e outro será imputada ó periodo seguinte.

10.- Se prosperar unha moción de censura:

1.º Non se someterán a votación as restantes que se presentaron.

2.º A Xunta e o seu Presidente cesarán e o candidato incluido nela entenderase investido da confianza da Cámara ós efectos previstos no artigo 136 deste Regulamento.

CAPITULO III DA CUESTION DE CONFIANZA

Artigo 139

1.-O Presidente da Xunta pode plantexar ante o Parlamento a cuestión de confianza sobre o seu programa ou sobre unha declaración politica xeral.

2.- A Cuestión de Confianza presentarase en escrito motivado ante a Mesa do Parlamento e o seu Presidente dará conta do mesmo á Xunta de Portavoces e convocará o Pleno.

3.- O debate desenrolarase con suxección ás mesmas normas establecidas para o de Investidura, correspondendo ó Presidente da Xunta, e no seu caso ós membros da mesma, as intervencións alí establecidas para o candidato.

4.- Rematado o debate, a proposta de confianza será sometida a votación á hora que, previamente, fose anunciada pola Presidencia. A cuestión de confianza non poderá ser votada ata transcorreren vintecatro horas desde a súa presentación.

5.- A confianza entenderase outorgada cando obteña o voto de maioria simple dos Deputados. En caso de non ser outorgada, a Xunta e o seu Presidente cesarán.

TITULO VIII. DO EXAME E DEBATE DE COMUNICACIONS, PROGRAMAS OU PLANS DA XUNTA DE GALICIA E OUTROS INFORMES

CAPITULO PRIMEIRO DAS COMUNICACIONS DA XUNTA DE GALICIA

Artigo 140

1.- Cando a Xunta de Galicia remitir ó Parlamento unha comunicación para o seu debate, que poderá ser ante o Pleno ou en Comisión, aquel iniciarase coa intervención dun membro da Xunta, trala cal poderá facer uso da palabra, por tempo máximo de quince minutos, un representante de cada Grupo Parlamentario.

2.- Os membros da Xunta de Galicia poderán contestar ás cuestións plantexadas de forma illada. conxunta ou agrupadas por razón da materia. Tódolos intervenientes poderán replicar durante un prazo máximo de dez minutos cada un.

Artigo 141

1.- Rematado o debate, abrirase un prazo de trinta minutos durante o cal os Grupos Parlamentarios poderán presentar ante a Mesa propostas de resolución. A Mesa admitirá as propostas que sexan congruentes coa materia obxecto do debate.

2.- As propostas admitidas poderán ser defendidas durante un tempo máximo de dez minutos. O Presidente poderá conceder un turno en contra polo mesmo tempo trala defensa de cada unha delas.

3.- As propostas de resolución serán votadas segundo a orde de presentación, agás aquelas que signifiquen o rexeitamento global do contido da comunicación da Xunta, que se votarán en primeiro lugar.

Artigo 141 bis

1.- Con carácter anual o Pleno celebrará o debate sobre política xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Non caberá celebrar este debate cando no mesmo ano a Cámara investise o presidente ou a presidenta da Xunta de Galicia.

2.- O debate iniciarase coa intervención do presidente ou da presidenta da Xunta de Galicia, sen límite de tempo. A continuación, a Presidencia do Parlamento poderá interromper a sesión, tras a cal haberá unha intervención dunha persoa que represente a cada grupo parlamentario polo tempo que fixe a Presidencia, oída a Xunta de Portavoces.

3.- O presidente ou a presidenta da Xunta de Galicia poderá contestar aos grupos parlamentarios de maneira illada ou conxunta sen límite de tempo e poderá intervir cantas veces o solicite. Todos os grupos parlamentarios poderán replicar durante un tempo máximo de quince minutos cada un, sen prexuízo da contrarréplica final da persoa titular da Presidencia da Xunta.

4.- Ao rematar o debate, a Mesa abrirá un prazo durante o cal os grupos parlamentarios poderán presentar propostas de resolución no número máximo que fixe a Mesa, oída a Xunta de Portavoces, referidas ás grandes liñas de política xeral e de enumeración simple. A Mesa admitirá as propostas que sexan congruentes coas materias obxecto do debate.

5.- As propostas admitidas poderán ser defendidas durante un tempo máximo de trinta minutos. A Presidencia do Parlamento ordenará o debate de defensa ou posicionamento sobre as propostas.

6.- A Presidencia do Parlamento ordenará a votación das propostas de resolución unha vez rematado o debate.

Comunicación do 7 de agosto de 2015.

Artigo engadido: Artigo 141 bis engadido por artigo único apartado catorce.

CAPITULO II DO EXAME DOS PROGRAMAS E PLANS REMITIDOS POLA XUNTA DE GALICIA

Artigo 142

1.- Se a Xunta de Galicia remitir un programa ou plan requirindo o pronunciamiento do Parlamento, a Mesa ordenará o seu envío á Comisión competente.

2.- A Mesa da Comisión organizará a tramitación e fixará prazos da mesma. A Comisión designará, no seu caso, unha Ponencia que estudie o programa ou plan en cuestión. O debate na Comisión axeitarase ó previsto no Capítulo anterior, entendéndose que o prazo para a presentación de propostas de resolución será de tres dias, se a Mesa do Parlamento decidise que aquelas deben debaterse no Pleno da Cámara.

CAPITULO III DAS INFORMACIONS DA XUNTA

Artigo 143

1.- Os membros da Xunta, a petición propia ou cando asi o solicita-la Comisión correspondente, comparecerán ante esta para celebrar unha Sesión informativa.

2.- O desenvolvemento da Sesión constará das seguintes fases: exposición oral do Conselleiro, suspensión por un tempo máximo de corenta e cinco minutos, para que os Deputados e Grupos Parlamentarios poidan prepara-la formulación de preguntas ou observacións, e posterior contestación destas polo membro da Xunta.

3.- Os membros da Xunta poderán comparecer, a estes efectos, asistidos de autoridades e funcionarios das súas Consellerias.

Artigo 144

1.- Os membros da Xunta, a petición propia, ou por acordo da Mesa da Cámara e da Xunta de Portavoces, deberán comparecer ante o Pleno ou calquera das súas Comisións para informaren sobre un asunto determinado. A iniciativa para a adopción de tales acordos corresponderá a dous Grupos Parlamentarios ou á quinta parte dos membros da Cámara ou da Comisión, segundo os casos.

2.- Despois da exposición oral da Xunta, poderán intervi-los representantes de cada Grupo Parlamentario por dez minutos fixando posicións, formulando preguntas ou facendo observacións, ás que contestará aquel sen ulterior votación.

3.- En casos excepcionais, a Presidencia poderá, de acordo coa Mesa e oída a Xunta de Portavoces, abrir un turno para que os Deputados poidan concisamente formular preguntas ou pedir aclaracións sobre a información facilitada. O Presidente, ó efecto, fixará un número ou tempo máximo de intervencións.

TITULO IX DO CONTROL SOBRE AS DISPOSICIONS DA XUNTA CON FORZA DE LEI

Artigo 145

A Xunta, en canto fixer uso da delegación prevista no artigo 10,1 do Estatuto de Galicia, dirixirá ó Parlamento a correspondente comunicación, que conterá o texto articulado ou refundido obxecto daquela e que será publicado no Boletin Oficial do Parlamento de Galicia.

Artigo 146

1.- Cando, de conformidade co establecido no artigo 10,1 do Estatuto de Autonomía de Galicia, as leis de delegación estableceren que o control adicional da lexislatura delegada se realice polo Parlamento Galego, procederase conforme 6 establecido no presente artigo.

2.- Se dentro do mes seguinte á publicación do texto articulado ou refundido, ningún Deputado ou Grupo Parlamentario formulase obxeccións, entenderase que a Xunta fi\o uso correcto da delegación lexislativa.

3.- Se dentro do referido prazo se formular algún reparo á delegación en escrito dirixido á Mesa do Parlamento, esta remitirao á correspondente Comisión da Cámara, que deberá emitir dictame ó respecto no prazo que ó efecto se sinale.

4.- O dictame será debatido no Pleno da Cámara consonte ás normas xerais do procedemento lexislativo.

5.- Os efectos xurídicos do control serán os previstos na lei de delegación.

TITULO X DAS INTERPELACIONS E PREGUNTAS

CAPITULO PRIMEIRO DAS INTERPELACIONS

Artigo 147

Os Deputados e os Grupos Parlamentarios poderán formular interpelacións á Xunta e a cada un dos seus membros.

Artigo 148

1.- As interpelacións terán que presentarse por escrito ante a Mesa do Parlamento e versarán sobre motivos ou propósitos a actuación do Executivo ou das Consellerías, en materias de política xeral ou cuestións de acentuada relevancia.

2.- A Mesa calificará o escrito e, en caso de que o seu contido non sexa propio dunha interpelación, conforme ó establecido no apartado precedente, comunicarao ó seu autor para a súa conversión en pregunta con resposta oral ou por escrito.

Artigo 149

1.- Transcorridos sete días desde a publicación da interpelación, esta estará en condicións de ser incluída na orde do día do Pleno.

2.- As interpelacións incluiranse na Orde do Día, dando prioridade ás dos Deputados de Grupos Parlamentarios ou ás dos propios Grupos Parlamentarios que no correspondente periodo de Sesións non consumisen a cuota resultante de asignar unha interpelación por cada tres Deputados ou fracción pertencentes ó mesmo. Sen prexuicio do mencionado criterio, aplicarase o da prioridade na presentación. En ningunha Orde do Día se poderán incluír máis de dúas interpelacíóns dun mesmo Grupo Parlamentario.

3.- Finalizado un período de Sesións, as interpelacións pendentes tramitaranse como preguntas con resposta por escrito, que serán contestadas antes da iniciación do seguinte período, a non ser que o Deputado ou Grupo Parlamentario interpelante manifeste a súa vontade de mante-la interpelación para o antedito período.

Comunicación do 7 de agosto de 2015.

Artigo modificado: Artigo 149 apartado 1 nova redacción por artigo único apartado quince.

Artigo 150

As interpelacións substanciaranse, como máximo, na segunda sesión plenaria despois de publicada, perante o Pleno, e darán lugar a unha rolda de exposicións polo autor ou a autora da interpelación, á contestación da Xunta e a cadansúa rolda de réplica. As primeiras intervencións non poderán exceder dez minutos nin as réplicas de cinco minutos.

Comunicación do 7 de agosto de 2015.

Artigo modificado: Artigo 150 nova redacción por artigo único apartado dezaseis.

Artigo 151

1.- Toda interpelación poderá dar lugar a unha moción na que a Cámara manifeste a súa posición.

2.- O Grupo Parlamentario interpelante ou aquel ó que pertenza o firmante da interpelación, deberá presenta- la moción nos tres días seguintes ó da substanciación daquela ante o Pleno. A moción, unha vez admitida pola Mesa, incluirase na Orde do Dia da seguinte Sesión plenaria, podendo presentarse emendas ata seis horas antes do comenzo da mesma. A Mesa admitirá a moción se é congruente coa interpelación.

3.- O debate e votación realizarase de acordo co establecido para as Proposicións non de Lei.

CAPITULO II DAS PREGUNTAS

Artigo 152

1.- Os deputados e as deputadas poderán formular preguntas á Xunta de Galicia e a cada un dos seus membros.

2.- Nas sesións plenarias ordinarias as e os portavoces dos grupos parlamentarios poderanlle formular preguntas á Presidencia da Xunta de Galicia. A Mesa, oída a Xunta de Portavoces, fixará o número e a distribución proporcional en cada período de sesións.

Comunicación do 7 de agosto de 2015.

Artigo modificado: Artigo 152 nova redacción por artigo único apartado dezasete.

Artigo 153

1.- As preguntas terán que presentarse por escrito ante a Mesa do Parlamento.

2.- Non será admitida a pregunta de exclusivo interés persoal de quen a formula ou de calquera outra persoa singularizada, nin a que supoña consulta de indole estrictamente xurídica.

3.- A Mesa calificará o escrito e admitirá a pregunta se se axeitar ó establecido no presente Capítulo.

Artigo 154

En defecto de indicación, entenderase que quen formula a pregunta solicita resposta por escrito e, se solicitar resposta oral e non o especificar, entenderase que esta ha de ter lugar na Comisión correspondente.

Artigo 155

1.- Cando se pretenda a resposta oral ante o Pleno, o escrito non poderá conter máis que unha concisa e estricta formulación dunha soa cuestión, interrogando sobre un feito, unha situación ou unha información, sobre se a Xunta tomou ou vai tomar algunha providencia en relación co asunto, ou se vai remitir ó Parlamento algún documento ou informar1le acerca dalgún extremo.

2.- As preguntas estarán en condicións de ser incluídas na orde do día unha vez transcorridos catro días da súa publicación e darase prioridade ás presentadas polos deputados e as deputadas que aínda non formulasen preguntas no Pleno no mesmo período de sesións. Sen prexuízo deste criterio, a Presidencia, de acordo coa Xunta de Portavoces, sinalará o número de preguntas que se van incluír na orde do día de cada sesión plenaria e o criterio de distribución entre deputados e deputadas correspondentes a cada grupo parlamentario.

3.- No debate, trala concisa formulación da pregunta polo Deputado, contestará a Xunta. Aquel poderá intervir a continuación para replicar ou preguntar. e, trala nova intervención da Xunta, terminará o debate. Os tempos distribuiranse polo Presidente e os intervenientes, sen que en ningún caso a formulación da pregunta poida exceder de cinco minutos. Rematado o tempo dunha interpelación, o Presidente automaticamente dará a palabra a quen deba intervir a continuación ou pasará á cuestión seguinte.

4.- A Xunta poderá solicitar, motivadamente, en calquera momento e por unha soa vez, respecto de cada pregunta, que sexa posposta para a orde do día da seguinte sesión plenaria.

5.- Cando unha pregunta fose calificada como urxente, a súa inclusión na orde do día requirirá comunicación á Xunta de Galicia con corenta e oito horas de antelación ó desenrolo daquel.

Comunicación do 7 de agosto de 2015.

Artigo modificado: Artigo 155 apartado 2 nova redacción por artigo único apartado dezaoito.

Artigo 156

1.- As preguntas respecto das cales se pretenda resposta oral en comisión estarán en condicións de ser incluídas na orde do día unha vez transcorridos catro días desde a súa publicación.

2.- Tramitaranse conforme ó establecido no apartado 3 do artigo anterior, coa particularidade de que as primeiras intervencións serán por tempo de dez minutos e as de réplica de cinco. Poderán comparecer para respondelas os Conselleiros, Directores Xerais ou Subdirectores Xerais da Administración Autonómica.

3.- Rematado un período de Sesións, as preguntas pendentes tramitaranse como preguntas con resposta por escrito que serán contestadas antes da iniciación do seguinte período de Sesións.

Comunicación do 7 de agosto de 2015.

Artigo modificado: Artigo 156 apartado 1 nova redacción por artigo único apartado dezanove.

Artigo 157

1.- A contestación por escrito ás preguntas deberá realizarse dentro dos vinte días seguintes á súa publicación, podendo prorrogarse este prazo ·a petición motivada da Xunta e por acordo da Mesa do Parlamento por outro prazo de ata vinte dias máis.

2.- Se a Xunta non envia-la contestación no devandito prazo, o Presidente da Cámara, a petición do autor da pregunta, ordenará que se inclúa na Orde do Día da seguinte Sesión da Comisión competente, onde recibirá o tratamento das preguntas orais, dándose conta de tal decisión á Xunta.

CAPITULO III NORMAS COMUNS

Artigo 158

Nas semanas en que exista Sesión ordinaria do Pleno, dedicaranse, por regra xeral, dúas horas como tempo mínimo a preguntas e interpelacións.

Artigo 159

1.- O Presidente da Cámara está facultado para acumular e ordenar que se debatan simultaneamente as interpelacións ou preguntas incluídas nunha Orde do Día e relativas ó mesmo tema ou a temas conexos entre si.

2.- A Mesa, oída a Xunta de Portavoces, poderá declarar non admisibles a trámite aquelas preguntas ou interpelacións o texto das cales incorra nos supostos contemplados no número 1 do artigo 105 deste Regulamento.

TITULO XI DAS PROPOSICIONS NON DE LEI

Artigo 160

Os Grupos Parlamentarios poderán presentar Proposicións non de Lei a través das cales formulen propostas de resolución á Cámara.

Artigo 161

1.- As Proposicións non de Lei deberán presentarse por escrito á Mesa do Parlamento, que decidirá sobre a súa admisibilidade, ordenará, no seu caso, a súa publicación e acordará a súa tramitación ante o Pleno a Comisión competente en función da importancia dos temas obxecto da Proposición.

2.- Publicada a Proposición non de Lei poderán presentarse emendas polos Grupos Parlamentarios ata seis horas antes do comenzo da Sesión en que se deba de debater.

3.- Para a inclusión das Proposicións non de Lei na Orde do Día do Pleno haberá que aterse ó disposto respecto das interpelacións, no apartado 2 do artigo 149 deste Regulamento.

Artigo 162

1.- A Proposición non de Lei será obxecto de debate, no que poderá intervir, tralo Grupo Parlamentario autor daquela, un representante de cada un dos Grupos Parlamentarios que presentasen emendas e, a seguir, daqueles que non o fixesen. Unha vez concluídas estas intervencións, a Proposición, coas emendas aceptadas polo proponente daquela, será sometida a votación.

2.- O Presidente da Comisión ou da Cámara poderá acumular a efectos de debate.as Proposicións non de Lei relativas a un mesmo tema ou a temas conexos entre si.

TITULO XII PROCEDEMENTOS LEXISLATIVOS ESPECIAIS

Artigo 163

1.- A elaboración de Proposicións de Lei que se vaian presentar ante a Mesa do Congreso dos Deputados e maila solicitude ó Goberno do Estado da adopción dos Proxectos de Lei a que se refire o apartado f) do artigo 10,1 do Estatuto de Autonomía de Galicia, faranse de acordo co que prevé este Regulamento para o procedemento lexislativo ordinario.

2.- As Proposicións e os Proxectos de Lei a que se refire o apartado anterior, deberán ser aprobados, en derradeira votación, polo Pleno do Parlamento de Galicia, por maioría absoluta.

3.- Para a designación dos Deputados que teñan que defende-las Proposicións de Lei no Congreso dos Deputados, segundo o que prevé o artigo 10, 1, apartado f), do Estatuto de Autonomia de Galicia, cada Deputado escribirá un nome na papeleta correspondente. Resultarán elixidos, ata un máximo de tres, no número que previamente fixará o Pleno por maioría absoluta, os Deputados que obteñan máis votos. Se cumprir, a votación repetirase entre os que obtivesen maior número de votos.

TITULO XIII DOS RECURSOS DE INCONSTITUCIONALIDADE E DOS CONFLICTOS DE COMPETENCIA

Artigo 164

1.- De acordo co que establece o artigo 10, apartado 1, g), do Estatuto de Autonomía de Galicia, chegado o caso, o Pleno do Parlamento, en convocatoria específica, adoptará por maioría absoluta os acordos seguintes:

1.º Interpoñe-lo recurso de inconstitucionalidade a que se refire o apartado c) do artigo 161 da Constitución.

2.º Comparecer nos conflictos de competencias a que fai referencia o apartado c) do n.º 1 do artigo 161 da Constitución e designa-lo Deputado ou Deputados que representarán ó Parlamento de Galicia.

3.º Determinar que sexa a Xunta de Galicia a que compareza nos conflictos a que se refire o punto anterior.

2.- No suposto previsto no punto 3.º deste artigo, terán que especificarse con claridade os preceptos da disposición, ou os puntos da resolución ou da acta en vicio de incompetencia, así como as disposicións legais constitucionais das que resulte o vicio.

TITULO XIV DA DESIGNACION DOS SENADORES E DO NO· MEAMENTO DO DEFENSOR DO POBO

Artigo 165

1.- O Pleno do Parlamento, en convocatoria específica, designará os Senadores que representarán á Comunidade Autónoma Galega no Senado, de acordo co artigo 10, I, c), do Estatuto de Autonomía de Galicia.

2.- A Mesa, de acordo coa Xunta de Portavoces, fixará o número de Senadores que corresponden proporcionalmente a cada Grupo Parlamentario.

3.- O Presidente do Parlamento fixará o prazo en que os representantes dos diferentes Grupos Parlamentarios deberán de propoñe-los seus candidatos. Rematado este término, o Presidente fará públicas as resolucións correspondentes e convocará o Pleno do Parlamento para que as ratifique.

4.- Se cumprir sustituir a algún dos Senadores a que se refiren os apartados 1 e 3 deste artigo, o sustituto será proposto polo mesmo Grupo Parlamentario que o propuxese.

Artigo 166

O Defensor do Pobo será designado polo Pleno do Parlamento de Galicia, de acordo co procedemento que estableza a lei de Galicia a que se refire o artigo 14 do Estatuto de Autonomia de Galicia.

DISPOSICIONS TRANSITORIAS

PRIMEIRA

1.- Se transcorreren dous meses a partir da primeira votación de investidura e ningún candidato proposto obtivese a confianza do Parlamento, aplicaranse as leis e disposicións do Estado conforme ó disposto na Disposición Transitoria Terceira do Estatuto de Autonomía de Galicia, en tanto non se aprobase a lei prevista no apartado 4 do artigo 14 do devandito Estatuto.

2.- En tanto non se dicten as leis a que fai referencia o artigo 137 do presente Regulamento, a responsabilidade politica da Xunta, do seu Presidente e de cada un dos Conselleiros esixirase conforme b previsto no Estatuto de Galicia e neste Regulamento.

SEGUNDA

Os Deputados prestarán o xuramento ou promesa de acata-la Constitución e o Estatuto de Galicia na Sesión plenaria seguinte á de aprobación deste Regulamento.

TERCEIRA

As Comisións ás que se refire o artigo 45 deste Regulamento constituiranse dentro dos dez días seguintes b da súa entrada en vigor.

DISPOSICIONS DERRADEIRAS

PRIMEIRA

A presente reforma do Regulamento entrará en vigor o día da súa publicación no Boletin Oficial do Parlamento de Galicia. Tamén se publicará no Diario Of!cial de Galicia.

SEGUNDA

A reforma do presente Regulamento tramitarase polo procedemento establecido para as Proposicións de Lei de iniciativa do Parlamento. A súa aprobación requirirá unha derradeira votación de totalidade por maioría absoluta.

TERCEIRA

Unha vez aprobadas as leis referidas no artigo 128 do presente Regulamento, e concordantes do Estatuto de Autonomía de Galicia e mailas relativas a outras institucións, a Comisión de Regulamento axeitará o mesmo mediante o procedemento previsto na Disposición Derradeira Segunda.

CUARTA

Os dereitos, deberes, situacións, funcións e competencias dos funcionarios ó servicio do Parlamento de Galicia, serán determinados polo Estatuto de Persoal do Parlamento de Galicia.

O Parlamento, a través da Mesa, poderá contratar, con carácter temporal, o servicio de expertos sempre que o requira o traballo das Comisións, previo acordo da Mesa destas e a proposta do seu Presidente.

QUINTA

A Mesa do Parlamento habilitará os sistemas tecnolóxicos e técnicos adecuados para garantir a participación nos debates e nas votacións non presenciais previstos neste Regulamento e adoptará as disposicións e as medidas necesarias para a posta en práctica deste procedemento e dos métodos de verificación persoal.

Comunicación do 7 de agosto de 2012.

Artigo engadido: Disposición derradeira quinta engadida por artigo único apartado dous.

DISPOSICION DEROGATORIA

UNICA

Coa aprobación e entrada en vigor do presente Regulamento quedan derogadas tódalas Normas de carácter regulamentario aprobadas polo Parlamento de Galicia ata o momento.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1983.

Antonio Ouves Qulntás

Secretario

Antonio Rosón Pérez

Presidente

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Volver