Resolución do 25 de xaneiro de 2021 pola que se modifica o anexo II da Orde do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria
NORMA CONSOLIDADA
Resolución publicada na sección III, outras disposicións, do DOG.
A Orde do 9 de decembro de 2020 aproba os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.
Con posterioridade á publicación desta orde procedeuse á aprobación da Lei de medidas fiscais e administrativas que, entre outros aspectos, modifica o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, no sentido de establecer novos tipos reducidos no imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados para o colectivo de vítimas de violencia de xénero.
Da mesma forma a Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado, actualizou nun 2 por cento a escala de gravame dos títulos e grandezas nobiliarios aplicable no imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.
Todo o exposto fai necesario modificar o modelo correspondente á autoliquidación do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados aprobado pola Orde 9 de decembro de 2020 para reflectir nel estes cambios normativos; sendo competente para iso a persoa titular da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia en base á habilitación normativa prevista na disposición adicional sexta da devandita orde
En consecuencia,
RESOLVO:
Primeiro
Modificar no anexo II da Orde de 9 de decembro de 2020 o anexo IV e o cadro de conceptos/ clave/ tipo do modelo 600, que pasa a ser o seguinte:
[Documento: res_ATriGa---_2501A_2021_20210125]
Segundo
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2021
Mª Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.