Resolución do 13 de febreiro de 2019 pola que se dispón a publicación da modificación do Regulamento de organización e funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia
NORMA CONSOLIDADA
A Mesa do Parlamento, na reunión do día 11 de febreiro de 2019, ao abeiro do disposto no artigo 30.1.2 do Regulamento do Parlamento de Galicia, acordou modificar o Regulamento de organización e funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia.
Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 11 de febreiro de 2019, polo que se modifica o Regulamento de organización e funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia
A Mesa do Parlamento de Galicia, en sesión do 11 de febreiro de 2019, ao abeiro do disposto no artigo 30.1.2 do Regulamento do Parlamento de Galicia, dispón:
Artigo único. Modificación do Regulamento de organización e funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia
Engádese unha alínea 4 ao artigo 31 do Regulamento de organización e funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia (DOG núm. 87, do 7 de maio de 2018) coa seguinte redacción:
«4. As persoas usuarias dos dispositivos portátiles telefónicos e informáticos da Cámara poderán, coa finalidade de garantir a reserva dos seus datos de carácter persoal, adquirilos previa taxación pericial do seu valor».
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta modificación publicarase no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2019
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.