Orde do 24 de outubro 2011 pola que se dá publicidade á modificación do Regulamento do réxime interior do Consello Agrario Galego

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: DOG 210 03/11/2011
Departamento: Consellería de Medio Rural
Estado: En vigor

O Pleno do Consello Agrario Galego, na súa reunión do 19 de outubro de 2011, acordou a modificación do seu regulamento de réxime interior, recollido na Orde do 6 de novembro de 2006, pola que se dá publicidade ao Regulamento de réxime interior do Consello Agrario Galego (DOG núm. 220, do 15 de novembro).

Por tanto, co obxecto de dar a oportuna publicidade a esta nova modificación e permitir o seu xeral coñecemento,

DISPOÑO:

Artigo único.

Dar publicidade á modificación do Regulamento de réxime interior aprobada en sesión plenaria do día 19 de outubro de 2011, que se xunta como anexo desta disposición.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2011.

Samuel Jesús Juárez Casado

Conselleiro do Medio Rural

ANEXO

Modificación do Regulamento de réxime interior do Consello Agrario Galego

Incluír un novo número 9 no artigo 7 coa seguinte redacción:

«Artigo 7. Do Pleno.

9. Por decisión do presidente debidamente motivada, o Pleno poderá avocar para si calquera das funcións que este regulamento atribúe á Comisión Permanente. Nestes casos, os acordos que emita o Pleno terán a mesma validez que se fosen emitidos pola Comisión Permanente».

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Volver