Lei 2/1995, do 31 de marzo, pola que se lle dá nova redacción á disposición derrogatoria única da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: DOG 072 12/05/1995
Departamento: Parlamento de Galicia
Estado: En vigor
Texto Texto con anotacións

Advertido erro na redacción da disposición derrogatoria única da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, e esgotado o procedemento lexislativo do que trae causa, faise necesario iniciar un novo, ó abeiro do artigo 134.1 do Regulamento do Parlamento de Galicia, co fin de proceder á súa corrección.

Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, promulgo, en nome de El-Rei, a Lei pola que se lle dá nova redacción á disposición derrogatoria única da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia.

Artigo único

A disposición derrogatoria única da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, queda redactada do seguinte xeito:

«Disposición derrogatoria única

Quedan derrogadas cantas disposicións, de igual ou inferior rango, se opoñan ó disposto nesta lei.»

Disposición derradeira

A presente lei entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1995

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Volver