Acordo do Consello de Goberno do 30 de abril de 2025, polo que se modifica a normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 1229
Departamento: Consello de Goberno
Estado: En vigor

A Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións foi aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 e publicada no DOG do 21 de xullo. No seu artigo 8 contémplase o sistema de revisión de cualificacións.

Dado o tempo transcorrido dende a súa aprobación a as novas circunstancias concorrentes considérase necesaria unha modificación parcial do seu contido, en particular, a revisión da redacción deste precepto para evitar interpretacións diverxentes. Así mesmo, enténdese procedente reducir os prazos de revisión para axilizar a inclusión das cualificacións no expediente académico do estudantado.

Por todo o anterior proponse ao Consello de Goberno a modificación da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.

Único.

Modifícase o apartado 2 do artigo 8 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, que pasa a ter a seguinte redacción:

Artigo 8.- Revisión de cualificacións.

2. A revisión levarase a cabo en dúas datas opcionais e deberá realizarse entre o día hábil seguinte á publicación dos resultados e o sétimo día hábil. Procurarase que estas revisións se poidan levar a cabo en horarios alternativos e que a segunda data sexa posterior ao terceiro día hábil. A revisión debe servir para que o/a estudante poda percibir o seu nivel de coñecementos e carencias, tanto se resulta aprobado como suspenso. A dirección do centro garantirá o dereito do estudantado a revisar as súas cualificacións nos prazos establecidos.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Este acordo entrará en vigor na data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Volver