Orde do 31 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/ patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia
NORMA CONSOLIDADA
- Orde do 5 de xuño de 2026 pola que se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia (códigos de procedemento PE607A e PE607C)
- Derrogada por disposición derrogatoria única.
Inclúe a corrección de erros publicada no DOG núm. 161, do 26 de agosto de 2014.
O Real decreto 4189/1982, do 29 de decembro, ao abeiro das normas constitucionais, estatutarias e legais correspondentes, traspasa á Comunidade Autónoma de Galicia funcións e servizos da Administración do Estado en materia de ensinanzas profesionais náutico-pesqueiras.
O Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e do Fondo Galego de Garantía Agraria, no seu artigo 17, recolle que a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro exercerá a dirección e coordinación das atribucións que ten asumidas a consellería en materia de ensino e titulacións náutico-pesqueiras.
A Orde do 26 de setembro de 2008 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia foi publicada co fin de recoller as recomendacións emanadas de organismos e organizacións marítimas internacionais sobre o nivel mínimo de formación exixible para a obtención das titulacións profesionais de pesca.
Os cambios normativos realizados polo Estado a través do Real decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro, entre outras cousas, establece o marco normativo das titulacións de patrón/patroa costeiro/a polivalente, patrón/patroa local de pesca e mariñeiro/a pescador/a. Este novo marco normativo sumado aos cambios motivados polos avances tecnolóxicos experimentados, así como as recomendacións emanadas de organismos e organizacións marítimas internacionais sobre o nivel mínimo de formación no sector pesqueiro, e as peculiaridades da costa galega que demandan unha maior atención en materia de seguridade, aconsellan acometer unha reforma da normativa autonómica para establecer unhas novas bases e regular o procedemento de obtención dos citados títulos profesionais, co fin de adaptalos á nova normativa estatal e obter unha mellor cualificación profesional.
En primeiro lugar, para a obtención do título de patrón/patroa costeiro/a polivalente, a Orde do 26 de setembro de 2008 establecía un programa de formación cunha duración equivalente a 800 horas, repartidas entre as seccións de ponte, máquinas e materias comúns. Posteriormente, o citado Real decreto 36/2014 fixa no seu anexo I unha duración mínima do curso para a obtención deste título de 600 horas. Neste sentido, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro constituíu un grupo de traballo formado polo profesorado que imparte materias relacionadas co programa desta titulación profesional de pesca nos centros de formación náutico-pesqueira para que analizasen o currículo xeral de formación de patrón/patroa costeiro/a polivalente e propuxesen unha adaptación ao mínimo de 600 horas, estruturada neste caso en dúas seccións de ponte e máquinas.
En segundo lugar, o citado grupo de traballo, de acordo cos mínimos establecidos nos anexos II e III do dito Real decreto 36/2014, elaborou, por unha parte, unha nova programación para o curso de patrón/patroa local de pesca que permitirá unha cualificación profesional máis acorde coas necesidades do contorno náutico-pesqueiro desta comunidade autónoma. Por outra, o curso de mariñeiro/a pescador/a, cunha duración mínima de 23 horas establecida pola normativa do Estado, amplíase a unha duración de 50 horas co obxecto de afondar máis en aspectos relativos á regulamentación internacional para prever as abordaxes no mar e a práctica dunha pesca responsable, co obxecto de cubrir fundamentalmente as necesidades de cualificación para o manexo con fins comerciais de embarcacións de menos de 10 metros de eslora, dedicadas á pesca ou auxiliares de acuicultura, que operen exclusivamente dentro das augas interiores dos portos. Pola súa vez, como condición de acceso ao curso de mariñeiro/a pescador/a, establécese realizar unha proba de natación previa á realización do exame de coñecementos teórico-prácticos.
Por outra banda, a Comunidade Autónoma de Galicia non programaba a convocatoria de exames libres para a obtención dos títulos de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente, ou ben das súas seccións, situación que limitaba o acceso a estes títulos ao alumnado que realizase un curso completo nos centros de formación; ademais provocaba que o alumnado se desprazase a comunidades autónomas que si realizaban estas convocatorias libres.
Así mesmo, as exixencias de coñecementos educativos mínimos para o acceso ao curso de mariñeiro/a pescador/a estaba a crear dificultades de acceso ao alumnado que non completaba a súa formación obrigatoria e abandonaba os estudos. A este feito sumábase que a poboación non residente que busca emprego no noso país non puidese acreditar coñecementos mínimos para acceder á formación que permite obter o certificado de mariñeiro/a pescador/a. Coa publicación desta norma ábrese o abano de medios con que acreditar os coñecementos mínimos de lecto-escritura nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, co que se eliminan as dificultades de acceso á formación pesqueira destes colectivos.
En consecuencia, por proposta da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro,
DISPOÑO:
Artigo 1. Obxecto
O obxecto desta orde é o de establecer as bases e regular o procedemento para a obtención das titulacións profesionais náutico-pesqueiras de mariñeiro/a pescador/a, patrón/ patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 2. Fins
A autorización, organización, seguimento, control e avaliación dos cursos e actividades formativas reguladas nesta orde correspóndenlle á consellería con competencias en materia de pesca a través da dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico e marítimo-pesqueiro.
Artigo 3. Titulacións e contidos formativos
1. Mariñeiro/a pescador/a: para a obtención desta titulación o alumnado deberá realizar satisfactoriamente un curso de formación sobre os coñecementos teórico-prácticos establecidos no anexo III desta orde, superar a proba de natación e aprobar o exame teórico-práctico establecido para o efecto.
A duración do curso non será inferior a 50 horas lectivas, das cales 35 serán de coñecementos teóricos e 15 de contidos prácticos.
2. Patrón/patroa local de pesca: para a obtención desta titulación o alumnado deberá realizar satisfactoriamente un curso de formación sobre os coñecementos teórico-prácticos establecidos no anexo IV desta orde e superar o exame teórico-práctico establecido para o efecto.
A duración do curso non será inferior a 250 horas lectivas, das cales 130 horas corresponderán á sección de ponte e común e 120 horas para a sección de máquinas.
3. Patrón/patroa costeiro/a polivalente: para a obtención desta titulación o alumnado deberá realizar satisfactoriamente un curso de formación sobre os coñecementos teóricoprácticos establecidos no anexo V desta orde e superar o exame teórico-práctico establecido para o efecto.
A duración do curso non será inferior a 600 horas lectivas, das cales 350 horas corresponderán á sección de ponte e 250 horas á sección de máquinas.
Artigo 4. Condicións de acceso aos cursos
1. Para o acceso ao curso de mariñeiro/a pescador/a, o alumnado deberá reunir os seguintes requisitos:
– Ter feitos os dezaseis anos de idade.
– Declaración responsable de posuír aptitude para realizar unha proba de natación previa á realización do exame de coñecementos teórico-prácticos.
– Acreditar unha formación mínima mediante calquera dos seguintes medios:
a) Certificación expedida pola consellería con competencias en materia educativa ou por unha Administración educativa equivalente do Estado de ter superado o nivel 1 de ensinanzas básicas iniciais ou certificado equivalente.
b) Certificado de ter superado un curso de alfabetización en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, expedido por unha entidade pública ou privada.
c) Declaración responsable da persoa solicitante de ter coñecementos básicos de lecto-escritura en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia segundo o modelo publicado no portal web de formación da consellería con competencias en materia pesqueira.
No caso de achegar este último documento, a entidade organizadora poderá comprobar que se cumpren os aspectos da declaración mediante unha proba de lecto-escritura. De non superar a dita proba, o/a alumno/a será dado de baixa do curso.
2. Para o acceso ao curso de patrón/patroa local de pesca, o alumnado deberá reunir os seguintes requisitos:
– Ter feitos os dezaoito anos de idade.
– Estar en posesión do título de mariñeiro/a pescador/a.
3. Para o acceso ao curso de patrón/patroa costeiro polivalente, o alumnado deberá reunir os seguintes requisitos:
– Ter feitos os dezaoito anos de idade.
– Estar en posesión do título de mariñeiro/a pescador/a
– Estar en posesión do certificado de nivel 1 de ensinanzas básicas iniciais ou certificado equivalente, ou ben estar en posesión da tarxeta profesional de patrón/patroa local de pesca.
Artigo 5. Oferta e organización dos cursos por parte da dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico e marítimo-pesqueiro
1. A dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico e marítimo-pesqueiro facilitará o acceso aos cursos polos seguintes medios:
a) A través da oferta formativa programada nos centros de formación da familia marítimo-pesqueira dependentes da consellería con competencias en materia de pesca.
b) Mediante a organización de cursos nos portos pesqueiros de Galicia en colaboración coas confrarías de pescadores.
c) Por medio da oferta de teleformación.
2. Para o acceso a calquera destes cursos exixiranse os requisitos que lle correspondan, segundo o establecido no artigo anterior.
3. A organización dos cursos nos centros de formación dependentes desta consellería estará incorporada á oferta formativa de cada un deles.
Artigo 6. Oferta e organización dos cursos por parte doutras entidades
1. Solicitudes. As entidades públicas e privadas interesadas deberán solicitar autorización dos cursos e demais actividades formativas segundo o modelo de solicitude normalizada que figura como anexo I desta orde (PE 607A).
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Xunto co modelo de solicitude, xuntarase a seguinte documentación:
a) Copia do documento acreditativo da natureza da entidade: CIF ou NIF.
b) Lugar e calendario de realización dos cursos e demais actividades formativas.
c) Identificación do profesorado responsable da formación así como o seu curriculum vitae.
d) Copia da póliza de seguros de responsabilidade civil referente ás instalacións onde se realizarán as actividades e das pólizas de seguro de accidentes e responsabilidade civil que cubra o alumnado ou, no seu defecto, o compromiso de adoptalo con anterioridade ao comezo da actividade lectiva.
2. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante todo o ano.
3. Autorización. Unha vez presentada a solicitude xunto coa documentación requirida, a dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico e marítimo-pesqueiro, cando se cumpran os requisitos recollidos nesta orde, autorizará a realización do curso solicitado mediante a correspondente resolución.
O prazo máximo para ditar e notificar a resolución que se adopte será de 3 meses, contados desde o día seguinte á presentación da solicitude. Transcorrido ese prazo, as entidades interesadas poderán entender estimada a súa solicitude por silencio administrativo.
4. Organización. Unha vez concedido o curso, a entidade solicitante encargarase da difusión, información, inscrición e recollida da documentación necesaria para a asistencia ao curso, que será remitida, xunto coa relación de alumnos/as, á dirección xeral con competencias en materia de ensinanzas náutico e marítimo-pesqueiras para a súa tramitación.
Artigo 7. Solicitude e documentación necesaria para a matrícula
As persoas candidatas interesadas nos cursos impartidos nos centros oficiais de ensino dependentes da dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico e marítimo-pesqueiro, así como nos cursos organizados pola dita dirección xeral nos portos e nas confrarías de pescadores, solicitarán a correspondente matrícula mediante o modelo de solicitude que figura como anexo II nesta orde (PE 607C).
1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
A solicitude tamén poderá presentarse en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es
Así mesmo, as solicitudes poderán presentarse directamente nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde se examinen os/as aspirantes.
2. Para realizar a matrícula nos centros oficiais de ensino dependentes da dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico e marítimo-pesqueiro, as persoas interesadas informaranse nas secretarías destes para coñecer as datas de realización dos cursos.
Tanto nos centros de ensino oficiais como nos cursos impartidos en portos e nas confrarías de pescadores, as persoas interesadas terán un prazo de 10 días previos ao comezo do curso para realizar a dita matrícula.
3. Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación para realizar a matrícula:
a) Copia do título profesional ou, de ser o caso, copia da folla do caderno marítimo onde se acredite estar en posesión do dito título.
b) Certificado de formación mínima de estudos ou, de ser o caso, declaración responsable de ter coñecementos básicos de lecto-escritura segundo o cadro que figura no anexo II desta orde.
c) Declaración responsable de posuír aptitude física para realizar unha proba de natación previa á realización do exame de coñecementos teórico-prácticos segundo o cadro que figura no anexo II desta orde.
d) Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.
Artigo 8. Modalidade de teleformación
1. Os cursos regulados nesta orde poderán realizarse na modalidade de teleformación.
2. A dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico e marítimo-pesqueiro regulará este tipo de formación desenvolvendo as características específicas desta modalidade de formación, as condicións de acceso aos cursos, os prazos, as solicitudes e a documentación para formalizar a matrícula, a duración do curso e o número de prazas, requisitos para acceder ao exame final do curso de teleformación, así como as convocatorias individuais de cada curso.
Artigo 9. Consentimentos e autorizacións
1. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non sexa autorizado o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.
2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou información previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
Artigo 10. Datos de carácter persoal
De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a citada Secretaría Xeral Técnica mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico á secretariaxeraltecnica.cmrm@xunta.es
Artigo 11. Comezo do curso
1. O comezo dos cursos nos centros oficiais de ensino dependentes da dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico e marítimo-pesqueiro figurará nas súas correspondentes programacións xerais anuais, que estarán publicadas nos taboleiros de anuncios de cada centro.
2. No caso das entidades non dependentes da consellería con competencias en materia de pesca, a data de comezo do curso será previamente notificada á dita dirección xeral.
Artigo 12. Formación de grupos
No ensino presencial, o número mínimo de alumnos/as necesario para autorizar un curso será de 12 e o número máximo estará en función da natureza do curso e das capacidades da aula e talleres con que conte o centro formativo.
Artigo 13. Asistencia aos cursos
1. A asistencia aos cursos por parte do alumnado matriculado será obrigatoria.
2. Cando o incumprimento da asistencia supere o 10 % das horas lectivas do curso será motivo de baixa no dito curso, así como a baixa no dereito a participar no exame correspondente.
Artigo 14. Prácticas sometidas a autorización previa
As prácticas que impliquen o embarque e a navegación a bordo dun buque, así como aqueloutras en que se empreguen medios de seguranza que puidesen causar falsas alarmas, deberán contar coa autorización previa da dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico e marítimo-pesqueiro e da capitanía marítima correspondente.
Artigo 15. Inspección dos cursos
1. Co fin de garantir o nivel de calidade necesario no desenvolvemento dos cursos, o órgano competente da consellería con competencias en materia de pesca establecerá un sistema de seguimento e inspección das diversas actividades formativas.
2. Para tal fin os cursos poderán ser inspeccionados e supervisados por persoal funcionario do Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-Pesqueiras. O informe de cada inspección realizada incorporarase ao expediente do curso.
Artigo 16. O profesorado
1. A consellería con competencias en materia de pesca, a través da dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico e marítimo-pesqueiro, fixará as condicións de titulación e de experiencia profesional e docente para a habilitación como profesorado especializado na impartición dos cursos regulados nesta orde.
2. A dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico e marítimo-pesqueiro establecerá un sistema de control e seguimento da calidade formativa mediante inspeccións e diversos soportes documentais, nos cales se recadará información do profesorado e do alumnado. A dita información será incorporada ao expediente do curso.
Artigo 17. Exames
1. Para a obtención do certificado de aptitude, necesario para tramitar o título de cada unha das titulacións reguladas nesta orde, será preciso superar o exame correspondente ante un tribunal.
2. Só se poderá presentar ao exame final o alumnado que asistiu con regularidade ás clases e non superou o 10 % das faltas correspondentes á carga lectiva do curso.
3. O alumnado que durante o ano suspendeu algunha das seccións disporá dunha nova convocatoria de exame, logo da autorización do Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-Pesqueiras.
4. A dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico e marítimo-pesqueiro poderá convocar anualmente, nos seus centros de formación, un exame ordinario de carácter libre para as titulacións recollidas nesta orde.
Artigo 18. Tribunais
1. A dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico e marítimo-pesqueiro, por proposta da dirección do centro de formación en ensino náutico e marítimo-pesqueiro, determinará o lugar, a hora e a data do exame e nomeará o tribunal correspondente.
2. A composición dos tribunais para cada unha das titulacións recollidas nesta orde será a seguinte:
Mariñeiro/a pescador/a:
– Presidente/a.
– Secretario/a.
– Vogal.
Unha das persoas do tribunal, polo menos, deberá ter a titulación profesional de capitán/ capitá de pesca.
Patrón/patroa local de pesca:
– Presidente/a.
– Secretario/a.
– Vogal: para a sección de ponte e común deberá estar en posesión da titulación de capitán/capitá de pesca.
– Vogal: para a sección de máquinas deberá estar en posesión da titulación profesional mínima de diplomado/a en máquinas navais ou equivalente, para os efectos de docencia.
Patrón/patroa costeiro/a polivalente:
– Presidente/a.
– Secretario/a.
– Vogal: para a sección de ponte e común deberá estar en posesión da titulación de capitán/capitá de pesca.
– Vogal: para a sección de máquinas deberá estar en posesión da titulación profesional mínima de diplomado/a en máquinas navais ou equivalente para os efectos de docencia.
Artigo 19. Criterios de valoración
O tribunal valorará os coñecementos teórico-prácticos que a persoa aspirante acredite no exame, de acordo cos programas e criterios de avaliación que figuran nos anexos III, IV e V desta orde.
Artigo 20. Certificados e actas de exame
Rematados os exames teórico-prácticos, o/a secretario/a do tribunal publicará na páxina web desta consellería e no taboleiro de anuncios dos centros de ensino correspondentes unha copia dos exames, cando sexan tipo test, e a folla coas respostas correctas co fin de que as persoas interesadas poidan comprobar os seus resultados.
Unha vez corrixidos os exames teórico-prácticos, o tribunal fará públicas na páxina web de teleformación e no taboleiro de anuncios da dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico e marítimo-pesqueiro as listas provisionais das cualificacións.
As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días hábiles para formular reclamacións contra as cualificacións provisionais, que irán dirixidas ao tribunal.
Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, o/a presidente/a do tribunal ditará unha resolución coa lista das persoas aspirantes que superaron as probas teórico-prácticas. Esta resolución será publicada no taboleiro de anuncios dos centros de formación de Vigo, Ribeira, Ferrol e A Illa de Arousa, así como na páxina web da consellería con competencias en materia de pesca.
Contra a resolución do presidente ou da presidenta do tribunal as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada perante a persoa titular da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva coas cualificacións obtidas polas persoas aspirantes.
Disposición adicional. O título de capitán/capitá de pesca
No título de capitán/capitá de pesca recollido no Real decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro, en canto non sexa deseñado un novo currículo, o programa de ensino será o establecido na Orde do 26 de setembro de 1975 pola que se establecen os temarios e o desenvolvemento dos exames para a obtención dos títulos de patróns de cabotaxe, pesca e mecánicos navais, de acordo co Decreto 2596/1974, e na súa normativa de desenvolvemento.
Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa
Queda derrogada a Orde do 26 de setembro de 2008 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia.
Disposición derradeira primeira. Facultade de desenvolvemento desta orde
Facúltase a dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico e marítimo-pesqueiro para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.
Disposición derradeira segunda. Publicación e entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2014
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar
ANEXO III
Mariñeiro/a pescador/a
1. Identificación e duración do curso que dá acceso ao título.
1.1. Denominación: mariñeiro/a pescador/a.
1.2. Familia profesional: náutico-pesqueira.
1.3. Duración do curso: 50 horas.
2. Competencia xeral do título.
2.1. Exercer como mariñeiro/a en buques de pesca.
2.2. Manexar con fins comerciais embarcacións de menos de 10 metros de eslora, destinadas á pesca ou auxiliares de acuicultura, que operen exclusivamente dentro de augas interiores de portos e teñan unha potencia adecuada á embarcación, sempre que non transporten pasaxeiros/as. Para exercer o mando deberá ter realizado un período de embarque non inferior a 6 meses como mariñeiro/a en buques de pesca ou auxiliares de acuicultura desde a data de expedición do título profesional de mariñeiro/a pescador/a.
2.3. Os contidos mínimos establecidos no anexo III do Real decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro, estarán distribuídos nos módulos formativos e nas prácticas que figuran a continuación.
3. Módulos formativos e temporalización sobre os coñecementos teórico-prácticos.
3.1. Módulo formativo 1. A embarcación de pesca (16 horas).
3.2. Módulo formativo 2. O Regulamento internacional para previr as abordaxes no mar (8 horas).
3.3. Módulo formativo 3. A práctica dunha pesca responsable (6 horas).
3.4. Módulo formativo 4. Manipulación e conservación dos produtos da pesca (5 horas).
3.5. Prácticas (15 horas).
4. Criterios de avaliación.
O exame consistirá nunha proba tipo test de 30 preguntas con 3 posibles respostas.
A composición do exame tipo test será a seguinte:
– 10 preguntas correspondentes ao módulo 1.
– 10 preguntas correspondentes ao módulo 2.
– 5 preguntas correspondentes ao módulo 3.
– 5 preguntas correspondentes ao módulo 4.
Para aprobar o exame será necesario contestar axeitadamente 20 das 30 preguntas. Soamente se admitirán 5 fallos nas preguntas correspondentes ao módulo 2. Ademais, deberá superar un exame práctico.
ANEXO IV
Patrón/Patroa local de pesca
1. Identificación e duración do curso que dá acceso ao título.
1.1. Denominación: patrón/patroa local de pesca.
1.2. Familia profesional: náutico-pesqueira.
1.3. Duración do curso: 250 horas.
2. Competencia xeral do título.
2.1. O patrón/patroa local de pesca, cando sexa o caso, é a persoa designada polo/a armador/a da embarcación de pesca que desempeña a súa representación, e exerce o goberno e a dirección do buque acreditando a súa titulación mediante o título profesional conforme as condicións e atribucións establecidas no Real decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, pola que se regulan as titulacións profesionais do sector pesqueiro.
2.2. Xestionar e executar a administración do buque; controlar e conducir a súa navegación e derrota en todas as súas condicións; organizar e executar as actividades de extracción, elaboración e conservación da pesca baixo parámetros de calidade prefixados; e exercer a xefatura de máquinas, todo isto, en condicións de seguranza e respectando o medio mariño e a normativa nacional e internacional establecida.
2.3. Os contidos mínimos establecidos no anexo II do Real decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, pola que se regulan as titulacións profesionais do sector pesqueiro, estarán recollidos nos módulos e unidades didácticas que figuran no punto 4 deste anexo.
3. Obxectivos.
3.1. Obxectivos relativos á sección de ponte.
– Controlar a navegación e a derrota do buque en todas as condicións.
– Realizar as operacións de estabilidade, trimaxe e manobra do buque.
– Organizar e executar as actividades extractivas e de conservación do produto obtido.
3.2. Obxectivos relativos á sección común a ponte e máquinas.
– Organizar e controlar a seguranza, a asistencia sanitaria a bordo e a preservación do medio mariño.
– Realizar unha correcta administración do buque, unha axeitada aplicación das normas laborais e unhas prácticas de traballo seguras a bordo.
3.3. Obxectivos relativos á sección de máquinas.
– Realizar a condución e mantemento da planta propulsora do buque.
– Supervisar e controlar o funcionamento das instalacións eléctricas, asegurando a súa operatividade e seguranza.
4. Módulos profesionais e unidades didácticas sobre os coñecementos teórico-prácticos.
4.1. Sección de ponte (90 horas/108 sesións).
4.1.1. Módulo profesional 1. Navegación e comunicacións (30 sesións).
– Unidade didáctica 1. Navegación costeira.
– Unidade didáctica 2. Comunicacións.
– Unidade didáctica 3. Coñecementos de oceanografía e meteoroloxía da zona.
4.1.2. Módulo profesional 2. Estabilidade, manobra do buque e regulamentos para previr abordaxes (30 sesións).
– Unidade didáctica 1. Construción naval e teoría do buque.
– Unidade didáctica 2. Estabilidade e estiba do buque.
– Unidade didáctica 3. Manobra nos buques de pesca.
– Unidade didáctica 4. Regulamentos, sinais e balizamentos.
4.1.3. Módulo profesional 3. Pesca responsable (30 sesións).
– Unidade didáctica 1. Bioloxía pesqueira.
– Unidade didáctica 2. Artes e aparellos de pesca.
– Unidade didáctica 3. Lexislación pesqueira básica autonómica, nacional e comunitaria.
– Unidade didáctica 4. Manipulación da pesca.
– Unidade didáctica 5. Conservación dos recursos pesqueiros.
4.1.4. Módulo profesional 4. Simulación e/ou prácticas a bordo dun buque de pesca (18 sesións).
– Unidade didáctica 1. Simulación en pesca e navegación.
– Unidade didáctica 2. Programa de prácticas a bordo dun buque de pesca.
4.2. Sección común a ponte e máquinas (40 horas/48 sesións).
4.2.1. Módulo profesional 1. Seguranza marítima e primeiros auxilios (24 sesións).
– Unidade didáctica 1. Seguridade marítima.
– Unidade didáctica 2. Hixiene e primeiros auxilios.
– Unidade didáctica 3. Preservación do medio mariño.
4.2.2. Módulo profesional 2. A administración do buque e lexislación laboral (24 sesións).
– Unidade didáctica 1. A administración do buque.
– Unidade didáctica 2. Prácticas de traballo seguras a bordo.
– Unidade didáctica 3. Lexislación laboral aplicable ao sector pesqueiro.
– Unidade didáctica 4. A fatiga a bordo.
4.3. Sección máquinas (120 horas/144 sesións).
4.3.1. Módulo profesional 1. Propulsión do buque (84 sesións).
– Unidade didáctica 1. Teoría fundamental dos motores térmicos de combustión interna.
– Unidade didáctica 2. Motores empregados nos buques, partes principais e funcionamento.
– Unidade didáctica 3. Sistemas de alimentación de aire e escape.
– Unidade didáctica 4. Combustión. Combustibles.
– Unidade didáctica 5. Sistema de alimentación e inxección do combustible.
– Unidade didáctica 6. Sistema de lubricación. Lubricantes.
– Unidade didáctica 7. Sistema de refrixeración.
– Unidade didáctica 8. Condución, mantemento e avarías dos motores.
4.3.2. Módulo profesional 2. Electricidade básica (36 sesións).
– Unidade didáctica 1. Principios, circuítos e magnitudes eléctricas.
– Unidade didáctica 2. Baterías.
– Unidade didáctica 3. Servizos eléctricos: conservación e mantemento.
4.3.3. Módulo profesional 3. Servizos do buque (24 sesións).
– Unidade didáctica 1. Hidráulica básica.
– Unidade didáctica 2. Sistemas hidráulicos do buque.
5. Criterios de avaliación.
5.1. Criterios de avaliación da sección de ponte.
5.1.1. Exame teórico-práctico.
Exame teórico: o tribunal deberá acollerse a unha das seguintes opcións:
Opción A. 20 preguntas curtas que se repartirán da seguinte maneira:
– 5 preguntas para regulamentos, sinais e balizamentos (3 de regulamentos e sinais e 2 de balizamentos).
– 3 preguntas para artes e aparellos.
– 2 preguntas para a unidade didáctica de bioloxía pesqueira.
– 2 preguntas para a unidade didáctica de estabilidade e estiba do buque.
– 1 pregunta para cada unha das restantes unidades didácticas.
Opción B. 40 preguntas tipo test de respostas múltiples que se repartirán da seguinte maneira:
– 8 preguntas da unidade didáctica de regulamentos, sinais e balizamentos (5 de regulamentos e sinais e 3 de balizamentos).
– 6 preguntas para a unidade didáctica de artes e aparellos.
– 4 preguntas para a unidade didáctica de navegación costeira.
– 4 preguntas para a unidade didáctica de bioloxía pesqueira.
– 4 preguntas para a unidade didáctica de estabilidade e estiba do buque.
– 2 preguntas para cada unha das restantes unidades didácticas.
Exame práctico: resolución dun problema de navegación sobre unha carta do estreito de Xibraltar. Realización de exercicios de armado e reparación de artes e aparellos de pesca.
5.1.2. Valoración: 4 puntos pola correcta resolución do exercicio de carta; 2 puntos pola práctica de artes e aparellos de pesca e 4 puntos polo exame teórico, dos cales 0,2 puntos corresponden a cada pregunta curta e 0,1 punto a cada pregunta tipo test.
Para superar o exame desta sección será necesario cumprir todos os criterios que se enumeran a seguir:
– Ter un mínimo de 2 puntos no exercicio de carta.
– Ter un mínimo de 1 punto na práctica de artes e aparellos.
– Responder correctamente 2 preguntas curtas de regulamentos e sinais e 1 pregunta curta de balizamentos, ou ter 3 preguntas tipo test de regulamentos e sinais e 2 preguntas tipo test de balizamentos.
– Ter como mínimo 2 puntos no exame teórico.
– Ter unha puntuación mínima global de 5 puntos.
Se a persoa candidata non supera algún dos criterios enumerados anteriormente, será considerado como «non apto».
5.2. Criterios de avaliación da sección común a ponte e máquinas.
5.2.1. Exame teórico-práctico.
Exame teórico: o tribunal deberá acollerse a unha das seguintes opcións:
Opción A. 10 preguntas curtas que se repartirán da seguinte maneira:
– 3 preguntas da unidade didáctica de seguranza marítima.
– 3 preguntas da unidade didáctica de hixiene e primeiros auxilios.
– 1 pregunta para cada unha das restantes unidades didácticas.
Opción B. 20 preguntas tipo test de respostas múltiples que se repartirán da seguinte maneira:
– 6 preguntas da unidade didáctica de seguranza marítima.
– 6 preguntas da unidade didáctica de hixiene e primeiros auxilios.
– 2 preguntas para cada unha das restantes unidades didácticas.
Exame práctico: realización dunha práctica de primeiros auxilios. Recoñecemento e uso dalgún dispositivo individual ou colectivo de seguridade.
5.2.2. Valoración: 4 puntos pola resolución práctica e 6 puntos polo exame teórico, dos cales 0,6 puntos corresponden a cada pregunta curta e 0,3 puntos a cada pregunta tipo test.
Para superar o exame desta sección será necesario cumprir todos os criterios que se enumeran a seguir:
– Ter como mínimo 1 punto na práctica de primeiros auxilios.
– Ter como mínimo 1 punto na práctica de seguranza marítima.
– Ter como mínimo 3 puntos no exame teórico.
– Ter unha puntuación mínima global de 5 puntos.
Se a persoa candidata non supera algún dos criterios enumerados anteriormente, será considerado como «non apto».
5.3. Criterios de avaliación da sección de máquinas.
5.3.1. Exame teórico-práctico.
Exame teórico: o tribunal deberá acollerse a unha das seguintes opcións:
Opción A. 20 preguntas curtas que se repartirán da seguinte maneira:
– 10 preguntas correspondentes ao módulo 1.
– 6 preguntas correspondentes ao módulo 2.
– 4 preguntas correspondentes ao módulo 3.
Opción B. 50 preguntas tipo test de respostas múltiples que se repartirán da seguinte maneira:
– 30 preguntas correspondentes ao módulo 1.
– 12 preguntas correspondentes ao módulo 2.
– 8 preguntas correspondentes ao módulo 3.
Exame práctico: resolución de diversos supostos prácticos de acordo co programa establecido.
5.3.2. Valoración. Para superar o exame desta sección o alumnado terá que responder correctamente 10 preguntas, das cales 5 terán que ser do módulo 1. No suposto de acollerse á opción B, para aprobar o exame o alumnado terá que responder correctamente un 70 % das preguntas tipo test.
A persoa aspirante é apta cando supere os dous exames teórico-prácticos.
Corrección de erros. Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 161, do 26 de agosto de 2014, débese proceder á publicación do anexo IV incluído a continuación da orde.
ANEXO V
Patrón/Patroa costeiro/a polivalente
1. Identificación e duración do curso que dá acceso ao título.
1.1. Denominación: patrón/patroa costeiro/a polivalente.
1.2. Familia profesional: náutico-pesqueira.
1.3. Duración do curso: 600 horas.
2. Competencia xeral do título.
2.1. O patrón/patroa costeiro/a polivalente, cando sexa o caso, é a persoa designada polo/a armador/a da embarcación de pesca que desempeña a súa representación, e exerce o goberno e a dirección do buque acreditando a súa titulación mediante o título profesional conforme as condicións e atribucións establecidas no Real decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, pola que se regulan as titulacións profesionais do sector pesqueiro.
2.2. Xestionar e executar a administración do buque; controlar e conducir a súa navegación e derrota en todas as súas condicións; organizar e executar as actividades de extracción, elaboración e conservación da pesca baixo parámetros de calidade prefixados; e exercer a xefatura de máquinas, todo isto en condicións de seguranza e respectando o medio mariño e a normativa nacional e internacional establecida.
2.3. Os contidos mínimos establecidos no anexo I do Real decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, polo que se regulan as titulacións profesionais do sector pesqueiro, estarán recollidos nos módulos e unidades didácticas que figuran no punto 4 deste anexo.
3. Obxectivos.
3.1. Obxectivos relativos á sección de ponte.
– Controlar a navegación e a derrota do buque en todas as condicións.
– Realizar as operacións de estabilidade, trimaxe e manobra do buque.
– Organizar e executar as actividades extractivas e de conservación do produto obtido.
– Organizar e controlar a seguranza, a supervivencia, a asistencia sanitaria a bordo e a preservación do medio mariño.
– Realizar unha correcta administración do buque, unha axeitada aplicación das normas laborais e unhas prácticas de traballo seguras a bordo.
– Comprender a información específica e profesional das mensaxes orais e escritas en lingua inglesa relativas as diversas situacións de comunicación emitidas directamente por falantes ou por medios de comunicación.
3.2. Obxectivos relativos á sección de máquinas.
– Realizar a condución e mantemento da planta propulsora do buque.
– Supervisar e controlar o funcionamento das instalacións eléctricas, asegurando a súa operatividade e seguranza.
– Controlar o funcionamento e o mantemento de equipamentos hidráulicos e sistemas auxiliares (servizos).
4. Módulos profesionais e unidades didácticas sobre os coñecementos teórico-prácticos.
4.1. Sección de ponte (350 horas/420 sesións).
4.1.1. Módulo profesional 1. Navegación e comunicacións (80 sesións).
– Unidade didáctica 1. Navegación costeira.
– Unidade didáctica 2. Navegación con radar.
– Unidade didáctica 3. Servizo de garda.
– Unidade didáctica 4. Sistemas electrónicos de determinación da situación e da navegación.
– Unidade didáctica 5. As comunicacións a bordo. Procedementos radiotelefónicos.
– Unidade didáctica 6. Busca e salvamento (MERSAR).
4.1.2. Módulo profesional 2. Estabilidade, manobra do buque e regulamentos para previr abordaxes (60 sesións).
– Unidade didáctica 1. Construción naval e teoría do buque.
– Unidade didáctica 2. Estabilidade e construción do buque pesqueiro.
– Unidade didáctica 3. Manobra e goberno dos buques pesqueiros.
– Unidade didáctica 4. Regulamentos para previr as abordaxes e balizamento internacional.
4.1.3. Módulo profesional 3. Pesca responsable (80 sesións).
– Unidade didáctica 1. Bioloxía pesqueira.
– Unidade didáctica 2. Pesca marítima. Artes e aparellos de pesca.
– Unidade didáctica 3. Lexislación marítimo-pesqueira e administración do buque.
– Unidade didáctica 4. Manipulación e estiba das capturas.
4.1.4. Módulo profesional 4. Meteoroloxía e oceanografía (20 sesións).
– Unidade didáctica 1. Meteoroloxía.
– Unidade didáctica 2. Oceanografía.
4.1.5. Módulo profesional 5. Seguranza marítima e preservación do medio mariño (60 sesións).
– Unidade didáctica 1. Seguranza marítima.
– Unidade didáctica 2. Hixiene e primeiros auxilios.
– Unidade didáctica 3. Preservación do medio mariño.
4.1.6. Módulo profesional 6. A seguranza e lexislación marítima laboral (40 sesións).
– Unidade didáctica 1. Prácticas de traballo seguras a bordo.
– Unidade didáctica 2. Lexislación marítima laboral.
– Unidade didáctica 3. A fatiga a bordo.
4.1.7. Módulo profesional 7. Nocións de inglés técnico (20 sesións).
4.1.8. Módulo profesional 8. Simulación e prácticas a bordo dun buque de pesca (60 sesións).
– Unidade didáctica 1. Simulación en radar e ARPA.
– Unidade didáctica 2. Simulación en sistemas electrónicos (navegación e pesca).
– Unidade didáctica 3. Programa de prácticas a bordo dun buque de pesca.
4.1.9. Métodos de demostración da competencia.
– A competencia en materia de navegación demostrarase comprobando a destreza na toma de demoras e a aptitude para determinar o rumbo, a situación e as demoras.
– A proba para a competencia no uso do radar deberá efectuarse con simuladores de radar ou, na súa falta, con rosas de manobra.
– A competencia práctica sobre o regulamento para prever abordaxes farase usando un simulador de navegación ou, na súa falta, empregando pequenos modelos que demostren sinais ou luces.
4.2. Sección máquinas (250 horas/300 sesións).
4.2.1. Módulo profesional 1. Propulsión do buque (120 sesións).
– Unidade didáctica 1. Teoría fundamental dos motores térmicos de combustión interna.
– Unidade didáctica 2. O motor diésel de catro tempos.
– Unidade didáctica 3. Potencias, rendementos e consumos.
– Unidade didáctica 4. Estudo e verificación dos compoñentes do motor.
– Unidade didáctica 5. Sistemas de alimentación de aire e escape.
– Unidade didáctica 6. Combustión. Combustibles.
– Unidade didáctica 7. Sistema de alimentación e inxección do combustible.
– Unidade didáctica 8. Sistema de lubricación. Lubricantes.
– Unidade didáctica 9. Sistema de refrixeración.
– Unidade didáctica 10. Arranque. Liña de eixes. Motores reversibles.
– Unidade didáctica 11. Instrumentos de medida local e remota.
– Unidade didáctica 12. Condución, mantemento e avarías dos motores diésel.
4.2.2. Módulo profesional 2. Electricidade (60 sesións).
– Unidade didáctica 1. Principios, circuítos e magnitudes eléctricas.
– Unidade didáctica 2. Baterías.
– Unidade didáctica 3. Circuíto de carga. Alternador.
– Unidade didáctica 4. Circuíto de arranque. Motor de arranque.
– Unidade didáctica 5. Cadros eléctricos.
4.2.3. Módulo profesional 3. Servizos do buque (60 sesións).
– Unidade didáctica 1. Hidráulica e pneumática básica.
– Unidade didáctica 2. Sistemas hidráulicos do buque.
– Unidade didáctica 3. Servizo de achique, baldeo e contra incendios.
4.2.4. Módulo profesional 4. Tecnoloxía mecánica. Taller (60 sesións).
– Unidade didáctica 1. Recoñecemento e uso de ferramentas. Metroloxía.
– Unidade didáctica 2. Procedemento manual de soldadura por arco eléctrico.
– Unidade didáctica 3. Desmontaxe e montaxe dun motor diésel completo.
– Unidade didáctica 4. Cambio de aceite e filtros do motor.
– Unidade didáctica 5. Regraxe de válvulas e comprobación da posta a punto.
– Unidade didáctica 6. Esmerilaxe de válvulas.
– Unidade didáctica 7. Timbraxe dun inxector sobre bomba de probas.
– Unidade didáctica 8. Preparación do motor para o arranque e para realizar unha travesía.
– Unidade didáctica 9. Utilización do polímetro.
– Unidade didáctica 10. Acoplamento e verificación do estado de carga de baterías.
– Unidade didáctica 11. Verificación do sistema de carga e arranque.
– Unidade didáctica 12. Montaxe dun circuíto hidráulico e pneumático.
– Unidade didáctica 13. Cambio de retén dunha bomba centrífuga.
– Unidade didáctica 14. Seguranza e prevención de riscos no manexo da maquinaria a bordo.
5. Criterios de avaliación.
5.1. Criterios de avaliación para a sección de ponte.
5.1.1. Exame teórico-práctico
Exame teórico: o tribunal deberá acollerse a unha das seguintes opcións:
Opción A. 30 preguntas curtas que se repartirán da seguinte maneira:
– 5 preguntas para regulamentos, sinais e balizamentos: 3 de regulamentos e sinais e 2 de balizamentos.
– 3 preguntas da unidade didáctica de artes e aparellos.
– 3 preguntas da unidade didáctica de seguranza marítima.
– 2 preguntas da unidade didáctica de bioloxía pesqueira.
– 2 preguntas da unidade didáctica de estabilidade e construción do buque pesqueiro.
– 1 pregunta das unidades didácticas 1, 2, 3 e 4 do módulo profesional 1. Navegación e comunicacións.
– 1 pregunta das unidades didácticas 5 e 6 do módulo profesional 1. Navegación e comunicacións.
– 2 preguntas do módulo de nocións do módulo de inglés técnico.
– 1 pregunta para cada unha das restantes unidades didácticas.
Opción B. 60 preguntas tipo test de respostas múltiples que se repartirán da seguinte maneira:
– 10 preguntas para regulamentos, sinais e balizamentos: 6 de regulamentos e sinais e 4 de balizamentos.
– 6 preguntas da unidade didáctica de artes e aparellos.
– 6 preguntas da unidade didáctica de seguranza marítima.
– 2 preguntas da unidade didáctica de bioloxía pesqueira.
– 2 preguntas da unidade didáctica de estabilidade e construción do buque pesqueiro.
– 2 preguntas das unidades didácticas 1, 2, 3 e 4 do módulo profesional 1. Navegación e comunicacións.
– 2 preguntas das unidades didácticas 5 e 6 do módulo profesional 1. Navegación e comunicacións.
– 4 preguntas do módulo de nocións de inglés técnico.
– 2 preguntas para cada unha das restantes unidades didácticas.
Exame práctico: resolución dun problema de navegación sobre unha carta do estreito de Xibraltar. Realización de exercicios de armado e reparación de artes e aparellos de pesca. Realización dunha práctica de primeiros auxilios. Recoñecemento e uso dalgún dispositivo individual ou colectivo de seguridade.
5.1.2. Valoración: 2 puntos pola correcta resolución do exercicio de carta; 2 puntos pola práctica de artes e aparellos de pesca; 1 punto pola práctica de seguranza marítima; 1 punto pola práctica de primeiros auxilios e 4 puntos polo exame teórico.
É necesario cumprir todos os requisitos que se nomean a seguir para superar a sección:
– Ter como mínimo 1 punto no exercicio de carta.
– Ter como mínimo 1 punto na práctica de artes e aparellos.
– Ter como mínimo 0,5 puntos na práctica de primeiros auxilios.
– Ter como mínimo 0,5 puntos na práctica de seguranza marítima.
– Responder correctamente 2 preguntas curtas de regulamentos e sinais e 1 pregunta curta de balizamento, ou 4 preguntas tipo test de regulamentos e sinais e 2 preguntas tipo test de balizamentos.
– Ter como mínimo 2 puntos no exame teórico.
– Ter unha puntuación mínima global de 5 puntos.
Se a persoa candidata non supera algún dos criterios enumerados anteriormente, será considerado como «non apta».
5.2. Criterios de avaliación para a sección de máquinas.
5.2.1. Exame teórico-práctico.
Exame teórico: constará de 30 preguntas curtas, resolución de circuítos e cálculos, que se repartirán da seguinte maneira:
– 16 preguntas correspondentes ao módulo 1.
– 7 preguntas correspondentes ao módulo 2.
– 7 preguntas correspondentes ao módulo 3.
Exame práctico: resolución de tres supostos prácticos, a razón dun suposto práctico por módulo. Tempo máximo para cada módulo 15 minutos.
5.2.2. Valoración: para superar o exame teórico o alumnado deberá responder correctamente a un mínimo de 15 preguntas, que son as seguintes:
– un mínimo de 8 preguntas do módulo 1.
– un mínimo de 4 preguntas do módulo 2.
– un mínimo de 3 preguntas do módulo 3.
Para superar o exame práctico o alumnado deberá obter un mínimo de 5 puntos en cada un dos tres módulos prácticos. A puntuación destes módulos estará comprendida entre 0 e 10 puntos.
Para aprobar o exame, o alumnado deberá superar tanto o exame teórico como o práctico.
Corrección de erros. Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 161, do 26 de agosto de 2014, débese proceder á publicación do anexo V incluído a continuación da orde.
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.