Resolución da Secretaría Xeral do 12 de marzo de 2026

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCB 0003 12/03/2026
Departamento: Secretaría General
Estado: En vigor
Texto Texto con anotaciones

De conformidade co Decreto 14/2014, de 30 de xaneiro, polo que se aproban os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, co Regulamento Electoral Xeral, e no marco da Resolución Reitoral, do 10 de novembro de 2025, pola que se convoca elección de reitora da USC, a Comisión Electoral Central ven de proclamar provisionalmente Reitora electa a Rosa María Crujeiras Casais.

De acordo co disposto no artigo 71 dos Estatutos e na normativa electoral, o Reitor continuará en funcións ata a toma de posesión da nova Reitora. Durante este período, o Reitor en funcións:

Favorecerá o normal desenvolvemento do proceso de toma de posesión da nova Reitora e a conformación do seu equipo de goberno.

Limitará a súa xestión ao despacho ordinario dos asuntos públicos absténdose de adoptar, salvo casos de urxencia, ou por razón de interese xeral, debidamente acreditados, calquera outra medida.

Diana Santiago Iglesias

Secretaria Xeral

Santiago de Compostela, na data da sinatura electrónica

Este documento es de carácter informativo y no tiene valor jurídico. Está elaborado únicamente a partir de las normas publicadas en Lex.gal. Consulte la información contenida al respeto en la sección de preguntas frecuentes.

Volver