Modificación do Anexo do Acordo sobre recoñecemento de niveis de idiomas nos títulos de Grao
NORMA CONSOLIDADA
O Consello de Goberno, na súa sesión do 28 de maio de 2019, aprobou o ACORDO que foi completado pola Instrución 2/2019 da Secretaria Xeral da Universidade de Santiago de Compostela sobre a imputación de idiomas no expediente.
No documento está prevista a actualización da relación de títulos incluídos no anexo do Acordo mencionado tendo en conta os títulos ou diplomas, sendo de especial interese para o recoñecemento na USC os títulos recoñecidos por ACLES (Asociación de Centros de Linguas de las Universidades Españolas).
O Centro de Linguas Modernas da USC forma parte da ACLES dende o ano 2012. A ACLES publica na súa páxina web a relación actualizada dos títulos recoñecidos, a última versión é de 20 de outubro de 2021.
Faise así necesario realizar unha actualización do anexo do Acordo do Consello de Goberno para incorporar estes novos títulos Para incorporar os títulos novos tivéronse en conta as condicións seguintes:
• Que as certificacións contemplen as destrezas básicas receptivas e produtivas ligadas ao nivel de competencia lingüística B1 ou superiores segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MECR).
• Que os documentos acreditativos de superación do B1 e superiores sexan expedidos por universidades de réxime público españolas ou do EEES, que figuren nas listaxes elaboradas polas comisións lingüísticas da CRUE ou na listaxe de ACLES.
Por todo o anterior o Consello de Goberno acorda:
PRIMEIRO
Modificar o anexo do Acordo do Consello de Goberno, do 28 de maio de 2019, sobre recoñecemento de niveis de idiomas nos títulos de grao que queda redactado do seguinte xeito:
ANEXO. RECOÑECEMENTO DE TÍTULOS
As certificacións que se presenten deberán contemplar as destrezas básicas receptivas e produtivas ligadas ao nivel de competencia lingüística B1 ou superiores segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MECR).
Recoñeceranse:
a) Os documentos acreditativos de superación do B1 e superiores expedidos polas universidades de réxime público, españolas ou do EEES, que cumpran co anterior.
b) Os documentos acreditativos da Asociación de Centros de Linguas das Universidades Españolas (ACLES).
c) As certificacións que figuran na listaxes elaboradas polas comisións lingüísticas da CRUE e nas listaxes de ACLES.
No caso de presentar unha certificación de nivel fraccionado, que non sexa uniforme, recoñecérase o nivel inmediatamente anterior.
SEGUNDO
Modifícase a listaxe de títulos que se recoñecen coas seguintes inclusións:
ALEMÁN
B1
Goethe-Test PRO B1
STANDARDIZED LANGUAGE PROFILE (SLP) (STANAG 6001, Ed.5, OTAN) SLP
1111 Nivel Supervivencia (B1)
B2
Goethe-Test PRO B2
STANDARDIZED LANGUAGE PROFILE (SLP) (STANAG 6001, Ed.5, OTAN) SLP
2222 Nivel Funcional (B2)
C1
Goethe-Test PRO C1
C2
Goethe-Zertifikat C2
Goethe-Test PRO C2
CASTELÁN
STANDARDIZED LANGUAGE PROFILE (SLP) (STANAG 6001, Ed.5, OTAN) SLP 1111 Nivel Supervivencia (B1), SLP 2222 Nivel Funcional (B2), SLP 3333 Nivel Profesional (C1)
UNICERT level 1 (B1) (Certificados Homologados UNICERT), level 2 (B2), level 3/4 (C1)
FRANCÉS
B1
BULATS:40-59 pts (Business Language Testing Service). Requisito:Superación das 4 macro destrezas.
STANDARDIZED LANGUAGE PROFILE (SLP) (STANAG 6001, Ed.5, OTAN) SLP
1111 Nivel Supervivencia (B1)
TCF Niveau 3:300-399 pts (Test de connaissance du français) 08/2017 (Compréhension orale, Expression orale, Maîtrise des structures de la langue, Compréhension écrite, Expression écrite)
UNICERT level 1 (Certificados Homologados UNICERT)
B2
STANDARDIZED LANGUAGE PROFILE (SLP) (STANAG 6001, Ed.5, OTAN) SLP
2222 Nivel Funcional (B2)
UNICERT level 2 (Certificados Homologados UNICERT)
C1
Certificados homologados CLES:CLES 3
STANDARDIZED LANGUAGE PROFILE (SLP) (STANAG 6001, Ed.5, OTAN) SLP
3333 Nivel Profesional (C1)
INGLÉS
B1
LINGUASKILL B1
Pearson Edexcel Entry Level Certificate in ESOL SKILLS FOR LIFE (ENTRY 3) (QCF) all skills (reading, speaking, listening, writing)
Trinity College London Entry Level Certificate in ESOL Skills for Life (Entry 3)
UNICERT Nivel1
B2
ESOL SKILLS FOR LIFE (LEVEL 1) qcf all skills (reading, speaking, listening, writing)
LINGUASKILL B2
LTE nivel 3 (London Test of English)
OTE B2 (Oxford Test of English 111-140) superación das 4 macrodestrezas
TELC B2 (The European Language Certificates TELC)
UNICERT Nivel 2 (Certificados Homologados UNICERT)
C1
ESOL SKILLS FOR LIFE (LEVEL 2) qcf all skills (reading, speaking, listening, writing)
ILEC Pass C1 (International Certificate in Legal English)
ICFE:Pass with merit C1 (International Certificate in Financial English)
LTE nivel 4 (London Test of English)
LINGUASKILL C1
UNICERT Nivel 3/4 (Certificados Homologados UNICERT)
C2
LTE nivel 5 (London test of English)
ITALIANO
B1
AIL:DILI I / DILC (Diploma Intermedio di Lingua Italiana / Diploma Intermedio di Lingua Italiana Commerciale)
UNICERT nivel 1 (Certificados Homologados UNICERT)
B2
AIL:DILI II (Diploma Intermedio di Lingua Italiana)
UNICERT nivel 2 (Certificados Homologados UNICERT)
C1
AIL:DALI / DALC (Diploma Avanzado di Lingua Italiana Commerciale)
UNICERT nivel 3 (Certificados Homologados UNICERT)
TERCEIRO
Apróbase a actualización do anexo do Acordo do Consello de Goberno do 28 de maio de 2019, sobre recoñecemento de niveis de idiomas nos títulos de grao, nos termos indicados nos apartados anteriores.
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.