Regulamento de TFG do Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras da USC
NORMA CONSOLIDADA
Aprobado en Xunta de Centro na súa sesión de 19 de xuño de 2025.
Ratificado en Consello de Goberno da USC na súa sesión de 23 de xullo de 2025.
O Real Decreto 822/2021 de 28 de setembro polo que se establece a organización dos ensinos universitarios e o procedemento de aseguramento da calidade, estáblece no seu artigo 14.6 que o TFG ten carácter obrigatorio e como obxectivo esencial a demostración por parte do estudante do dominio e aplicación dos coñecementos, competencias e habilidades do título universitario oficial de grao, debendo ser defendidos nun acto público, de acordo coa normativa que a tal efecto estableza o centro ou, no seu caso, a universidade.
A Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Graoe Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela, aprobada en sesión do Consello de Goberno do 10 de Marzo de 2016, establece distintas pautas relacionadas co Traballo de Fin de Grao (TFG) e especifica as liñas básicas para a uniformidade na regulación dos traballos de fin de grao das diferentes titulacións de grao da USC (ver tamén Resolución de 5 de agosto de 2024 sobre a modificación da normativa de permanencia nas titulacións de grao e máster).
No Plan de Estudos de Graduado en Xestión de Empresas Hostaleiras da Universidade de Santiago de Compostela (USC), impartido no Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), establécese que o TFG desta titulación consta de 6 créditos ECTS.
Considerando as disposicións citadas, a Xunta de Centro do CSHG aproba o seguinte Regulamento dos TFG da titulación de graduado en Xestión de Empresas Hostaleiras pola Universidade de Santiago de Compostela.
1. CAPÍTULO I: CONSIDERACIÓNS XERAIS
Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación
Este Regulamento contén as normas que regulan a definición, elaboración, presentación, avaliación e tramitación administrativa do TFG da titulación de graduado en Xestión de Empresas Hostaleiras da Universidade de Santiago de Compostela, adecuándoo ás características desta titulación
Artigo 2. Características do Traballo Fin de Grao
2.1. O TFG forma parte do plan de estudos da titulación cunha carga lectiva de 6 créditos ECTS.
2.2. O TFG consistirá na elaboración de forma individual ou en parella por parte do estudante, dun proxecto, traballo, memoria ou estudo orixinal no que se integren e desenvolvan coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridos durante os estudos realizados na titulación. Incluirán, como mínimo, tarefas de procura e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de resultados relevantes, redacción, presentación e defensa do traballo.
Estarán orientados á avaliación das competencias asociadas á titulación como:capacitación para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes, normalmente da súa área de estudo; emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas destacados de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e que facilite o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.
A norma xeral será elaborar o TFG de modo individual, podendo exporse excepcionalmente un traballo en parella, que requirirá a conformidade do titor/a e da Comisión de TFG.
2.3. O TFG desenvolverase baixo a supervisión dun/a ou máis titores/as académicos. O persoal docente do Centro Superior de Hostalería de Galicia (centro adscrito da Universidade de Santiago de Compostela), que sexa nomeado titor/a de TFG, ten a obrigación de asumir esta actividade de titorización conforme o establecido nesta normativa e na USC.
2.4. Para a obtención dos créditos asignados no plan de estudos ao Traballo Fin de Grao, o/a estudante deberá matricularse, solicitar a súa presentación e defensa nalgunha das oportunidades previstas para ese efecto.
Artigo 3. Órganos do centro encargados da xestión dos Traballos Fin de Grao
3.1. A aprobación ou modificación deste Regulamento correspóndelle á Xunta de Centro e ao Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela. A Comisión de TFG aprobará os períodos de entrega e presentación do TFG, así como o programa ou guía docente do TFG correspondente a cada curso académico.
3.2. A Dirección do CSHG designará un/unha coordinador/a do TFG e unha comisión encargada de atender ás cuestións propias do desenvolvemento da materia Traballo Fin de Grao.
3.3. A Comisión de TFG estará composta polo/a Director/a, o Coordinador/a do TFG, tres profesores/as a dedicación completa e un/unha estudante do grao. O/a director/a do Centro actuará como presidente da Comisión de TFG.
3.4. O/a Coordinador/a de TFG será o/a encargado/a de supervisar a correcta realización e organización das funcións encomendadas á comisión de TFG, e que aparecen definidas no punto 3.5 deste artigo.
3.5. A Comisión de TFG supervisará os procedementos de asignación, elaboración, modificacións, presentación e avaliación dos TFG. En particular, no marco do establecido neste Regulamento, terá as seguintes funcións:
a) Propoñer anualmente a guía docente do TFG, establecendo as temáticas dos traballos ou proxectos e o sistema de avaliación.
b) Establecer a convocatoria anual e fixar cada curso académico o calendario da materia.
c) Aprobar a proposta de liñas temáticas e temas.
d) Supervisar os sistemas de titorización e aprobar a proposta de traballos.
e) Nomear os tribunais de avaliación e establecer as características da defensa, en función da modalidade de presentación.
f) Resolver as incidencias graves relativas a esta materia.
g) Calquera outra que lle encomende a Xunta de Centro.
3.6. Correspóndelle á unidade de xestión de centro, no caso do CSHG, o departamento de Coordinación Académica:
a) Axestión das solicitudes de propostas de TFG.
b) Arelación coas áreas de coñecemento con docencia na titulación, en todo o relacionado cos Traballos Fin de Grao.
c) A comprobación de que os estudantes hbumpren os requisitos para poder presentar e defender o TFG.
d) A comprobación de que o TFG presentado cumpre os requisitos formais a) y b) que figuran no artigo 12 deste Regulamento.
e) Axestión das solicitudes de defensa dos TFG en cada convocatoria.
f) Acustodia e arquivo dos Traballos Fin de Grao.
g) A xestión dos espazos e medios necesarios para o correcto desenvolvemento das sesións de exposición e defensa dos Traballos Fin de Grao.
h) Axestión das actas dos Traballos Fin de Grao.
3.7. A Xunta de Centro aprobará a guía docente e os períodos de entrega e defensa dos TFG, que serán publicados cada curso académico.
2. CAPÍTULO ll: CONVOCATORIAS, MATRÍCULA E ENTREGA DOS TRABALLOS FIN DE GRAO
Artigo 4. Convocatorias
4.1. A matrícula dos TFG realizarase dentro do prazo xeral de matrícula ordinaria que estableza a Universidade, mediante o abono dos prezos públicos correspondentes á USC e os prezos privados do CSHG que correspondan, conforme aos créditos que teña asignados e conxuntamente coas materias que o alumnado teña pendente de superar para completar os estudos de grao.
Para poder formalizar a matrícula do TFG, o alumnado poderá ter pendentes un máximo de 75 créditos para completar os estudos, excluídos os ECTS correspondentes ao TFG, así como ter superados un mínimo de 150 ECTS da titulación.
4.2. Os/as alumnos/as de intercambio poderán matricularse nesta materia. O seu réxime será o establecido no Regulamento de Intercambios da USC.
4.3. A matrícula dará dereito á entrega e defensa de TFG en dúas oportunidades no curso no que o estudante estea matriculado e reportará os prezos públicos e privados establecidos, sempre que cumpra os requisitos para a súa avaliación.
4.4. Para poder presentar, defender e ser avaliado no TFG, o alumnado poderá ter pendente de superar 18 ECTS da titulación máis os créditos correspondentes ao Practicum en Empresas || de 4? grao, de carácter obrigatorio (16 ECTS), é dicir un número máximo total de 34 créditos.
A unidade de xestión do centro, Coordinación Académica, verificará que se cumpren estes requisitos para autorizar a defensa do TFG. Para estes efectos, no caso de que na data de defensa aínda non se recibiran todas as actas de avaliación das materias, Coordinación Académica solicitará ao profesorado encargado das materias que informe sobre as cualificacións do alumnado que vaia a defender os traballos na mesma convocatoria.
4.5. A Comisión de Traballo Fin de Grao aprobará as datas de entrega, de defensa e exposición dos TFG, que deberán realizarse en febreiro, xuño-kullo ou setembro, segundo calendario académico da USC.
4.6. O número máximo de convocatorias que poderá consumir o alumnado para o TFG será de catro, do mesmo xeito que as restantes materias, e poderá dispoñer de dúas oportunidades por curso académico. A obtención de Non presentado nalgunha das oportunidades ou en todas computarase para os efectos de consumir a convocatoria.
Para poder presentarse a unha nova convocatoria será necesaria a formalización dunha nova matrícula.
4.7. Unha vez formalizada a matrícula, non procederá a devolución dos prezos abonados en caso de non presentarse. No caso de que o/a alumno/a non reúna os requisitos para presentar o TFG, considerarase unha renuncia automática polo que non se computará como convocatoria consumida.
Artigo 5. Solicitude para a presentación e defensa do Traballo Fin de Grao
5.1. O alumnado matriculado no TFG solicitará en cada curso académico, a través da súa secretaría virtual e informando adicionalmente en Coordinación Académica, unha solicitude de presentación e defensa do seu traballo nalgunha das oportunidades previstas.
5.2. A Comisión de TFG establecerá, para cada unha das oportunidades, un prazo de 7 días naturais para presentar a solicitude, en todo caso con anterioridade ao comezo do período de defensa do TFG indicado no calendario académico do curso.
5.3. Unha vez recibida a solicitude, persoal de Coordinación Académica comunicarallo ao titor/a de o TFG e requiriralle o preceptivo informe confidencial, que este/a deberá subir á súa secretaría virtual, enviando copia a Coordinación Académica, cunha antelación de polo menos cinco días lectivos á data de defensa do TFG. A Comisión do TFG establecerá as características formais e criterios de avaliación deste informe que debe emitir o titor/a. Coordinación Académica poñerá este informe ao dispor do tribunal de avaliación ou do titor/a avaliador/a, para que o teña en conta na cualificación final do TFG, segundo os criterios establecidos para cada modalidade de defensa e o indicado na guía docente.
5.4. O/a estudante que, realizada a correspondente solicitude para unha determinada oportunidade, non se presente e pretenda facelo noutra, deberá realizar unha nova solicitude nos prazos previstos.
Artigo 6. Entrega dos Traballos Fin de Grao
O/a estudante subirá unha copia do TFG en formato electrónico no momento de realizar a solicitude de defensa do mesmo, a través da súa secretaría virtual e remitindo copia ao departamento de Coordinación Académica. Non é necesario presentar exemplares impresos.
3. CAPÍTULO III: PROPOSTAS, ASIGNACIÓN, TITORIZACIÓN E CADUCIDADE DOS TRABALLOS FIN DE GRAO
Artigo 7. Propostas de Traballo Fin de Grao
7.1. Finalizado o período de matrícula do curso académico, Coordinación Académica convocará unha reunión co alumnado matriculado a principio de curso informando sobre a estrutura do TFG. O alumnado matriculado no TFG, nos prazos que se determinen, deberá optar por unha das seguintes opcións:
a) Presentar unha proposta de traballo (opción A), asinada tanto polo estudante como polo titor/a de o Traballo Fin de Grao, debendo especificar o Título do traballo e o nome do titor/a. Esta será a única opción que permitirá presentar unha proposta de TFG en parellas.
b) Solicitar que se lle asigne un determinado Traballo Fin de Grao (opción B) e un/unha titor/a para o mesmo.
7.2. O número de traballos asignados a cada área de coñecemento será establecido pola Comisión de TFG, de modo proporcional á carga lectiva dos profesores/as de cada área na titulación, respectando un límite mínimo de dous traballos por profesor/a.
7.3. Na opción B, unha vez publicada a relación de traballos de cada área, o alumnado expresará as súas preferencias mediante o correspondente formulario, dirixido ao/a directora/a de o centro, no que figurará a listaxe completa dos traballos ofertados, que deberán ser numerados por orde de preferencia.
Artigo 8. Asignación dos Traballos Fin de Grao
8.1. A Comisión de TFG analizará, aprobará ou denegará e dará publicidade á asignación dos Traballos Fin de Grao.
8.2. No caso da opción A, de cumprirse todos os requisitos, autorizarase a designación ao estudante do traballo e o/o titor/para solicitados. En caso contrario, a Comisión de TFG asignaralle un traballo e un titor/a da opción B.
8.3. A Comisión de TFG asignará os traballos e a súa temática, no caso da opción B, tendo en conta as preferencias expresadas polo alumnado e utilizando como criterio de asignación a nota media do expediente académico de cada solicitante.
8.4. A Comisión de TFG asignará un traballo e un titor/a da opción B aos estudantes matriculados por primeira vez no TFG que non optasen pola opción A.
8.5. Unha vez asignados e publicados os TFG, o/a estudante deberá contactar co/a titor/a de o seu traballo co obxecto de programar a elaboración de TFG.
8.6. O proceso de asignación e publicación dos Traballos Fin de Grao en cada curso académico debe estar finalizado antes do comezo do segundo semestre.
Artigo 9. Titorización dos Traballos Fin de Grao
9.1. O TFG deberá ter un/a titor/a que asista aos estudantes na realización do traballo. Por razóns xustificadas, e se a Comisión de TFG estímao oportuno, poderá designar outro/a titor/a, cotitor/a ou excepcionalmente dous cotitores.
9.2. Con carácter xeral, o/a titor/a será persoal docente do CSHG das áreas que impartan docencia na propia titulación.
9.3. Os TFG poderán realizarse no marco de convenios con empresas ou institucións. Nestes casos a matrícula realizarase na USC e o CSHG, pero poderá designarse un cotitor/a que poderá ser persoal do centro ou institución no que se desenvolva o traballo. En todo caso, a defensa e avaliación dos traballos deberá realizarse no CSHG. Tamén poderán realizarse no marco de convenios de intercambio de estudantes (ERASMUS, SICUE, ..). Neste último caso, exercerá como titor/a de o TFG o/a Responsable Académico/a de Movilidade (RAM).
9.4. O/o titor/a programará sesións de traballo cos estudantes, nas que establecerá a programación das tarefas para realizar e orientará o traballo. Será responsable de expoñer a cada estudante as características do traballo, de orientalo no seu desenvolvemento e de velar polo cumprimento dos obxectivos fixados, así como de realizar o seguimento e emitir informe preceptivo confidencial sobre este seguimento no prazo que estableza o CSHG antes da defensa do traballo e a efectos de que se teña en conta para a avaliación establecida nesta normativa. Ademais da Comisión de TFG, unicamente o tribunal que avalíe o traballo, ou de ser o caso, o propio titor/a, terán acceso ao devandito informe.
Artigo 10. Prórroga e caducidade
No caso de que o/a estudante non realice ou non supere a presentación e defensa do seu Traballo Fin de Grao nun curso académico, este/a deberá poñerse en contacto co titor/a para que decida se se lle prorroga a titorización do traballo no seguinte curso, comunicándoo á Comisión de TFG.
O/a estudante tamén poderá solicitar, no novo curso académico, a asignación dun novo/a titor/a ou temática entre as opcións de proposta do TFG.
4. CAPÍTULO IV: REQUISITOS DOS TRABALLOS FIN DE GRAO
Artigo 11. Requisitos académicos para a presentación e defensa do Traballo Fin de Grao
Segundo indícase no apartado 4.4., para poder presentar, defender e ser avaliado no TFG, o alumnado poderá ter pendente de superar 18 ECTS da titulación máis os créditos correspondentes ao Practicum en Empresas II de 4º grao, de carácter obrigatorio (16 ECTS), é dicir un número máximo total de 34 créditos.
A unidade de xestión de centro, Coordinación Académica, verificará que se cumpren estes requisitos. En caso contrario, non procederá a presentación e defensa do Traballo Fin de Grao.
Artigo 12. Requisitos formais do Traballo Fin de Grao
12.1. O TFG terá unha extensión mínima de 2O páxinas e máxima de 30O, contabilizándose aparte a portada, o resumo (abstract), bibliografía e anexos.
Incluirá os seguintes apartados:
a) Portada, na que constará a identificación do autor/es, titulación á que pertence o TFG, o título completo deste, ano académico de presentación e convocatoria/oportunidade.
b) Índice de contidos (capítulos, apartados, táboas, ...).
c) Breve resurno [300 palabras máximo) e palabras chave. Redactarase tamén en inglés (abstract and keywords).
d) Introdución, na que se fará referencia aos obxectivos do TFG.
e) Desenvolvemento de contidos.
f) Conclusións,
g) Bibliografía e demais materiais e fontes documentais utilizadas.
h) Agradecementos e anexos (se procede)
No traballo seguirase calquera dos sistemas de citacións de entre os aceptados na área das ciencias sociais e xurídicas.
12.2. A guia docente do Traballo Fin de Grado recollerá a súa vez as normas relativas a o seu formato establecidas pola Comisión de TFG.
5. CAPÍTULO V: DEFENSA E AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO
Artigo 13. Presentación e defensa do Traballo Fin de Grao
13.1. A presentación e defensa do TFG terá lugar nas datas establecidas na convocatoria correspondente; Dependendo do tipo de traballo ou etapa de realización do mesmo, a defensa do traballo consistirá nunha exposición individual, formato congreso, exposición de pósteres ou formato grupo.
13.2. A defensa será oral e terá carácter de acto público en calquera das dúas modalidades de avaliación (modalidade titor e modalidade tribunal), sendo a súa duración máxima de quince minutos por estudante para a exposición. O tribunal ou titor/a, dependendo da modalidade de avaliación elixida, poderán realizar as preguntas e observacións que considere adecuadas para proceder á cualificación dos TFG, dispoñendo dunha duración máxima de quince minutos.
13.3. Para casos excepcionais, debidamente autorizados pola Comisión de TFG, poderá realizarse a presentación e defensa por medios telemáticos, coas garantías que se determinen na autorización.
13.4. O alumnado que, unha vez feita a entrega do traballo e verificadas as condicións para o seu defensa, non se presente á defensa do TFG na data asignada, terá a cualificación de suspenso nesa oportunidade.
13.5. A elaboración e defensa do traballo poderá efectuarse en calquera das linguas que se utilizaron na impartición do grao, conforme ao disposto na memoria de verificación do título, sempre que se poidan establecer tribunais competentes nos devanditos idiomas. En todo caso, garántese o dereito para elaborar e defender os traballos en calquera das dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
Artigo 14. Avaliación
14.1. A avaliación dos traballos realizarase no Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), conforme aos criterios establecidos na guía docente do TFG.
14.2. O alumnado disporá de dúas modalidades de avaliación:
a) Avaliación por un Tribunal.
b) Avaliación polo Titor/a do traballo.
A modalidade deberá ser solicitada expresamente polo/a estudante. En caso de ausencia de solicitude, a modalidade ordinaria asignada será a avaliación por titor/a.
14.3. Modalidade Tribunal. A avaliación por parte dun tribunal deberá cumprir os seguintes requisitos:
a) Os tribunais estarán formados por tres membros e, polo menos un suplente, que deberán ser profesores/as do Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras. Polo menos un dos membros do tribunal pertencerá a unha área de coñecemento afín ás liñas temáticas xerais dos traballos. Actuará como Presidente o membro de máis antigúidade e corno Secretario, o de menos. O/a titor/a e cotitor/a dun TFG non poderán formar parte do tribunal avaliador dos traballos que titoricen. O tribunal tamén poderá invitar ao titor/a ou a profesores/as especializados/as na temática do traballo que se estea avaliando, en calidade de asesores, con voz pero sen voto. A participación nos tribunais é obrigatoria para as persoas nomeadas, agás causa de forza maior debidamente acreditada.
b) En cada unha das convocatorias poderá constituírse un único ou varios tribunais para a valoración dos TFG. Correspóndelle á Comisión de TFG esta decisión.
c) Nesta modalidade de avaliación, a cualificación final establecerase do seguinte mado: 50% da nota corresponderá á cualificación do tribunal na presentación e o 50% ao informe do seu titor/a. O devandito informe será confidencial e razoado.
14.4. Modalidade Titor/a. A valiación por parte do titor/a deberá cumpr|r os seguintes requisitos:
a) Ser unha convocatoria de defensa pública do TFG, na que se indique data e hora, lugar e relación dos TFG que van ser defendidos baixo esta modalidade.
b) Nesta modalidade de avaliación, o titor/a outorgará o 100% da cualificación final do seguinte modo: 50% da nota vinculada á presentación e 50% ao informe do titor/a.
c) Acualificación máxima que poderá obterse por este procedemento será de 8,0 (Notable).
14.5. En calquera dos dous sistemas de avaliación deberá haber un informe preceptivo confidencial do titor/a.
14.6. As cualificacións daranse a coñecer nun prezo non superior a sete días desde a súa defensa.
14.7. A Comisión de TFG indicará os prazos para que o/a alumno/a poida decidir entre as dúas modalidades de avaliación. Estes prazos deberán coincidir tos indicados para a solicitude de defensa do TFG.
Artigo 15. Cualificación dos Traballos Fin de Grao
15.1. A cualificación dos traballos realizarase conforme aos criterios establecidos na guía docente da materia, que estarán vinculados á consecución das competencias da titulación e das competencias transversais.
15.2. Modalidade Tribunal:Os tribunais deliberarán sobre a cualificación correspondente, conforme aos criterios de avaliación publicados na guía docente e ao disposto na memoria de verificación do título, outorgando a cualificación de acordo coa seguinte escala numérica, de 0 a 10, con expresión dun decimal ao que se engadirá a súa correspondente cualificación cualitativa:
• Non presentado (NP)
• 0-4/9: Suspenso (SS)
• 5,0-6,9: Aprobado (AP)
• 7,0-8,9: Notable (NT)
• 9,0-10: Sobresaínte (SB)
A mención de "Matricula de Honra”, segundo normativa da USC, só poderá outorgarse unha vez finalizadas as defensas de todos os traballos correspondentes ao curso académico. No caso de constituírse un tribunal único para todas as convocatorias, será este o que outorgue as matrículas de honra que correspondan; en caso contrario, a atribución desta cualificación corresponderalle á Comisión de TFG, oídas as propostas dos diferentes tribunais.
15.3. Modalidade Titor/a:O/a titor/a decidirá a cualificación que lle corresponda conforme aos criterios de avaliación publicados na quía docente e ao disposto na memoria de verificación do título, outorgando a cualificación de acordo coa seguinte escala numérica, de 0 a 8 con expresión dun decimal, á que se engadirá a súa correspondente cualificación cualitativa:
• Non presentado (NP)
• 0-4,/9: Suspenso (SS)
• 5,0-6,9: Aprobado (AP)
• 7,0-8,0: Notable (NT)
15.4. Independentemente da modalidade de avaliación e cualificación, o alumnado ten dereito á revisión das cualificacións nas datas e horarios que para tal efecto deberán fixarse no momento de facer públicos os resultados provisionais. As datas de revisión deberán estar comprendidas dentro os dez días seguintes á publicación dos resultados e incluirán como mínimo dúas datas opcionais.
15.5. A revisión será persoal e, en caso da modalidade tribunal, poderá realizala un ou varios membros do mesmo; na outra modalidade realizaraa o titor/a. En todo caso, deberá quedar constancia da celebración da revisión e da data en que se realizou mediante calquera sistema que acredite a súa realización. O procedemento de reclamación contra a cualificación será o establecido na normativa vixente relativa á avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
6. CAPÍTULO VI: DEREITOS E DEBERES DO ALUMNADO NOS TRABALLOS FIN DE GRAO
Artigo 16. Dereitos do alumnado
16.1. A propiedade intelectual do TFG correspóndelle ao alumno/a que o realizou. No caso de que o TFG se realice no marco dun contrato ou convenio con algunha entidade, ou de ser o caso, dun proxecto ou liña de investigación, os dereitos do TFG serán os recolleitos no contrato ou convenio baixo o disposto na lexislación vixente en materia de propiedade intelectual ou industrial.
Nestes últimos casos, e sempre que existan cláusulas de confidencialidade con empresas ou no caso de que poidan dar lugar a dereitos de propiedade industrial e intelectual que non se poidan difundir antes de estar debidamente protexidos, procederá a entrega de dúas versións da memoria do TFG:a reducida, na que se eliminarán os contidos afectados polo deber de non difundir ou polo deber de secreto ou confidencialidade; e a versión completa, que se entregará baixo compromiso de confidencialidade. A versión reducida será a que se utilice para ser autorizada a súa defensa e deberá coincidir co contido da exposición e defensa pública. A versión completa estará ao dispor dos membros do tribunal para a súa avaliación. O/a titor/a e os membros do tribunal deberán asinar o correspondente compromiso de confidencialidade sobre os contidos que non se poderán difundir publicamente. Se o tribunal desexa formular cuestións sobre os contidos protexidos, estas intervencións faranse nunha sesión privada, con carácter previo ou posterior á pública. O exemplar do traballo non será obxecto de publicación no repositorio institucional da USC (Minerva) ata que sexan realizadas as oportunas proteccións ou verza o prazo de confidencialidade.
16.2. Unha copia en formato electrónico dos traballos superados quedará ao dispor do centro para o seu arquivo e consulta, e poderá ser utilizada na Universidade de Santiago de Compostela para usos académicos e de investigación, sempre coa mención específica aos seus autores. Para estes efectos o alumnado asinará a correspondente autorización de difusión e a declaración de que se trata dun traballo inédito.
16.3 A Comisión de TFG poderá propoñer o envío dos traballos que obteñan a cualificación de Matrícula de Honra para a súa publicación no repositorio institucional da USC (Minerva), Ademais, a Comisión de TFG poderá propoñer a publicación doutros TFG que, aínda que non obtivesen dita cualificación, destaquen pola súa calidade. Os/as autores/as dos traballos propostos, co visto e prace do/a titor/a, deberán asinar o correspondente documento para autorizar a súa difusión no que declaren que se trata dun traballo orixinal. Esta autorización farase xunto coa solicitude de presentación a través da secretaría virtual, remitindo igualmente copia a Coordinación Académica.
Artigo 17. Deberes do alumnado
17.1. O TFG debe ser un traballo orixinal de elaboración propia e deben citarse debidamente as fontes que se tiveron en conta para a súa realización.
17.2. O incumprimento do indicado no apartado anterior supoñerá a cualificación de "suspenso" na convocatoria e o deber do/a titor/a e do tribunal que o detecte de poñelo en coñecemento da Dirección do CSHG e se procede do Reitorado, a efectos de iniciar as accións disciplinarias que correspondan, de conformidade co artigo 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificacións.
17.3. Con carácter previo á autorización da defensa, poderá realizarse unha análise automatizada de control da vulneración de dereitos de propiedade intelectual. A partir desa análise, se a Comisión de TFG considera que se vulneraron os citados dereitos, poderá denegar a defensa do traballo e aplicarase o indicado no parágrafo anterior.
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
O presente Regulamento será interpretado en consonancia co resto de normas e procedementos da Universidade de Santiago de Compostela vixentes, entre outras a Normativa sobre Permanencia nas Titulacións de Grao e Máster, a Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións, o Regulamento da USC de Intercambios Universitarios de Estudantes e as Normas de Planificación Académica Anual.
Tamén serán consideradas o resto de normas específicas do centro sobre os TFG, así como a Memoria de Verificación do título.
DISPOSICIÓN FINAL. ENTRADA EN VIGOR
O presente Regulamento entrará en vigor no curso académico 2025-2026 tras a publicación no Taboleiro Electrónico da USC e na páxina web do CSHG; unha vez aprobado en Xunta de Centro e ratificado polo Consello de Goberno da USC.
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.