Modificación do Regulamento de TFG do Grao en Intelixencia Artificial (2025)
NORMA CONSOLIDADA
Nelly Condori Fernández, Secretaria da Escola Técnica Superior de Enxeñaría,
CERTIFICO QUE:
Na reunión de Xunta de Escola do día 30 de abril de 2025 acordouse aprobar a proposta de modificación do Regulamento de Traballo Fin de Grao de Intelixencia Artificial no que se realizaron os seguintes cambios:
- Artigo 4. O texto inicial “Os membros da Comisión serán nomeados nunha sesión ordinaria da Xunta do Centro, a proposta da Comisión de Titulación de Intelixencia Artificial. A persoa coordinadora do título deberá formar parte da Comisión” é substituído por “Os membros Os membros da Comisión serán nomeados nunha sesión ordinaria da Xunta do Centro, a proposta da Comisión de Titulación de Intelixencia Artificial. A persoa coordinadora do TFG deberá formar parte da Comisión”
- Artigo 9. O texto inicial “Tamén caberá a posibilidade que dous membros do profesorado desenvolvan o rol de persoa cotitora…” é substituído por “Tamén caberá a posibilidade que ata dous membros do profesorado desenvolven o rol de persoal cotitora…”
- Artigo 21 Categoría a, apartado f) “Validación de probas: Plan de probas (con evidencias) que verifica a funcionalidade e correctitude global do modelo” é substituído por “Validación de probas: Descrición das probas realizadas de cara a avaliar o grao de cumprimento dos obxectivos propostos”.
Na Categoría b, apartado c) engádese o texto “Asimesmo, deberá indicarse se existen requisitos específicos a nivel ético, legal, socioeconómico e cultural”.
Na Categoría b, apartado e) “Probas: Descrición do plan de probas (con evidencias) que verifica a funcionalidade e correctitude global do sistema.
Resultados acadados. Discusión dos aspectos éticos, legais, socioeconómicos e culturais de releancia para o traballo” é substituído por “Probas e verificación:
Descrición do plan de probas en relación cos requisitos definidos para o sistema (incluíndo os requisitos e obxectivos a nivel ético, legal, socioeconómico e cultural). Presentación dos resultados das probas e verificación de requisitos” Na Categoría b, apartado f) “Conclusións e Posibles Ampliacións
:O traballo describe o grao…” queda redactado “Conclusións e Posibles Ampliacións:
Descrición do grao…” Na Categoría b, apartado h) “O código fonte poderase entregar en soporte informático en formatos PDF” queda redactado “O código fonte poderase entregar en soporte informático ou en formato PDF”.
Este regulamento non se opón á Memoria verificada do Título e entraría en vigor no curso 2025-26.
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2025.
Visto e Prace
Julia González Álvarez
Directora da ETSE
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.