Regulamento do Traballo de Fin de Grao en Óptica e Optometría da USC

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 1224
Departamento: Consello de Goberno
Estado: En vigor

(Aprobado pola Xunta da Facultade de Óptica e Optometría do 28 de marzo de 2025)

(Aprobado polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2025)

O Real Decreto 822/2021, do 29 de outubro e posteriores modificacións, establece a regulación dos traballos de fin de grao e fin de máster.

Respecto do Traballo de Fin de Grao (en diante TFG), establece no art. 14.6 que o TFG, de carácter obrigatorio e cuia superación é imprescindible para a obtención dun título oficial, ten como obxectivo esencial a demostración por parte do estudantado do dominio e aplicación dos coñecementos, competencias e habilidades definitorios do título universitario oficial de Grao.

Deberá desenvolverse na fase final do plan de estudos, seguindo a normativa que cada universidade ou centro estableza. Asemade, os TFG deberán ser defendidos nun acto público, O Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos traballos de fin de Grao e Fin de Máster da Universidade de Santiago de Compostela (USC), aprobado polo Consello de Goberno (CG) do 10 de marzo de 2016, e posterior modificación (CG do 24 de xullo de 2024), establece un marco xenérico para o desenvolvemento dos TFG, deixando para os centros o establecemento de procedementos propios de cada titulación.

O plan de estudos do Grao en Óptica e Optometría da USC inclúe a realización obrigatoria dun TFG de 9 créditos ECTS, para a obtención do título. A Comisión de Título desenvolverá a normativa que O regule, que deberá ser aprobada pola Xunta de Centro e polo Consello de Goberno da Universidade, previo informe da Asesoría Xurídica.

Artigo 1.- Obxecto e ámbito de aplicación.

O presente Regulamento establecerá o procedemento para a realización, defensa e cualificación dos TFG no Grao en Óptica e Optometría.

Artigo 2.- Natureza do traballo fin de grao.

O TFG consistirá na elaboración por parte do/da estudante, dun traballo persoal, no que se integren e desenvolvan os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridos durante os estudos realizados na titulación de Grao en Óptica e Optometría. Incluirán, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de resultados relevantes, redacción, e presentación e defensa do traballo. Estará orientado á avaliación das seguintes competencias asociadas á titulación:

• Sercapaz de definir os obxectivos do traballo, identificando o problema a resolver ou o obxectivo de coñecemento a alcanzar.

• Ser capaz de deseñar as tarefas, organizar os pasos a seguir para alcanzar os obxectivos e desenvolver o traballo de acordo co plan definido.

• Saber buscar e seleccionar información relevante para o caso, problema ou obxecto de estudo, a partir de fontes do nivel de libros de texto avanzados e incorporando algunhas achegas de textos científicos especializados.

• Facer uso dos coñecementos adquiridos ao longo dos estudos que sexan pertinentes para O obxecto do traballo e integrar con eles a nova información conseguida.

Os TFG desenvolveranse baixo a supervisión dun ou máis titores/as académicos/as.

Artigo 3.- Órganos do centro encargados da xestión dos traballos.

A Comisión do TFG (en diante CTFG) será a encargada de atender as cuestións propias do desenvolvemento da materia “Traballo de Fin de Grao”.

A CTFG estará composta por:Os membros de equipo decanal, coordinador/a de título, coordinador/a de TFG, responsable da unidade de xestión, e 1 estudante.

As súas competencias serán as seguintes:

• Propoñer anualmente o contido da programación docente da materia na que se determinen as diferentes formas de desenvolvemento de acordo a este regulamento.

• establecera convocatoria anual de traballos nas 3 oportunidades.

• Aprobara proposta das liñas temáticas e temas.

• Establecer e publicar un procedemento para a asignación dos/das titores/as e Os temas que poderán desenvolverse na elaboración dos traballos.

• Decidir sobre a modificación de temas e/ou titor/a asignado derivada de situacións excepcionais.

• Aprobar os tribunais de avaliación e fixar o sistema de rotación, de ser o caso, de acordo coa normativa propia de TFG.

• Autorizara presentación dos traballos en casos excepcionais.

• Proporos prazos de entrega dos traballos e informes de seguimento e as datas de defensa dos traballos de acordo co calendario académico.

• Solucionar as incidencias graves relativas a esta materia.

• Calquera outra que a Xunta de Centro lle encomende.

A Xunta de Centro aprobará a guía docente / programación e os períodos de entrega e defensa dos TFG, que se publicarán xunto coa convocatoria oficial de exames de cada curso académico.

O coordinador ou coordinadora dos TFG, que o será a proposta do/a decano/a, e que exercerá as seguintes funcións:

• Informar ao estudantado sobre as características e procedementos de xestión, supervisión e avaliación dos TFG, co apoio dos titores/as con estudantado asignado.

• Revisar o cumprimento dos criterios acordados para as propostas pola CTFG.

Artigo 4.- Matrícula e convocatorias.

A matrícula dos traballos realizarase dentro do prazo xeral de matrícula ordinaria que estableza a Universidade, mediante o aboamento dos prezos públicos que correspondan conforme aos créditos que teña asignados e conxuntamente coas materias que o estudantado teña pendente de superar para completar os estudos de grao ou máster, se é o caso.

Para poder formalizar a matrícula do TFG o estudantado poderá ter pendente como máximo 75 créditos para completar os estudos, excluídos os correspondentes ao TFG.

O estudantado de intercambio poderá matricularse desta materia. O seu réxime será o establecido no Regulamento de Intercambios da USC.

A matrícula dará dereito á entrega e defensa do traballo en dúas oportunidades no curso no que estea matriculado e reportará os prezos públicos establecidos, sempre que cumpra os requisitos para a súa avaliación.

O estudantado poderá presentar e defender publicamente o TFG, cando lle queden por superar como máximo 10,5 créditos ECTS, excluíndo os correspondentes ao propio traballo e ás Prácticas Tuteladas.

A Unidade de Xestión do Centro deberá verificar que se cumpran estes requisitos para autorizar a súa defensa. Para estes efectos, no caso de que na data de defensa aínda non se recepcionarán todas as actas de avaliación das materias, o/a secretario/a do centro responsable da titulación solicitará do profesorado encargado das materias que informe sobre as cualificacións do estudantado que vaia defender os traballos na mesma convocatoria.

A CTFG, atendendo a criterios organizativos e de programación docente, concretará as datas para a celebración das defensas dos traballos nos intervalos temporais que determine o calendario académico. Tamén deberá definir os instrumentos de seguimento e criterios xerais de avaliación.

Os traballos entregaranse nos períodos fixados polo calendario académico anual.

O número máximo de convocatorias que poderá consumir o estudantado será de catro, e poderá contar con dúas oportunidades por curso académico. A obtención de non presentado nalgunha das oportunidades ou en todas computarase para os efectos de consumir a convocatoria.

Para poder presentarse a unha nova convocatoria será necesaria a formalización de nova matrícula.

Unha vez formalizada a matrícula, non procederá a devolución dos prezos aboados no caso de non presentarse. No suposto de que o/a estudante/a non reúna os requisitos para presentar o traballo, considerarase unha renuncia automática polo que non se computará para os efectos de consumir convocatoria.

Artigo 5.- Do/a titor/a docente, da súa asignación e da elección do tema do traballo.

Os TFG terán un/ha titor/a académico/a que asistirá ao/á estudante na realización do traballo. Por razóns xustificadas e se o órgano competente o estima oportuno, poderá designarse outro/a titor/a, ou un/ha cotitor/a.

Os departamentos con docencia na titulación comunicarán cada curso académico ao centro a lista de titores/as e temas dos traballos.

O/a titor/a será ordinariamente Persoal Docente e Investigador (PDI) das áreas que imparten docencia na titulación.

Excepcionalmente tamén poderán ser cotitores/as profesorado da USC sen docencia na titulación, profesorado que se atope na situación de servizos especiais, comisión de servizos, emérito ou ad honorem e profesorado doutras universidades ou persoal con vinculación permanente a Organismos Públicos de Investigación (OPI) e profesionais especializados. Non poderán ser cotitores/as persoal de administración e servizos, agás nos supostos de consideración como profesionais, nin o persoal contratado con cargo ao capítulo VI, agás os que posúan titulación de máster ou teñan unha titulación que se corresponda co nivel 3 (máster) do MECES. No caso de cotitorías de persoal alleo á USC (área externa), con carácter previo a realizar a cotitoría, deberá comunicarse a dita circunstancia á vicerreitoría con competencias na materia a través do servizo correspondente indicando a súa dedicación.

Os traballos poderán desenvolverse no marco de convenios con empresas ou institucións. Nestes casos a matrícula realizarase na USC pero poderá designarse un/unha cotitor/a que poderá ser persoal do centro ou institución no que se desenvolva o traballo. En todo caso, a defensa e avaliación dos traballos deberá realizarse na USC.

Asemade, o estudantado poderá realizar o TFG no marco de convenios de intercambio de estudantes (SICUE, ERASMUS...) nos que o/a coordinador/a académico do intercambio exercerá as funcións de titorización.

A asignación dos/das titores/as aos estudantes farase en tempo e forma segundo determine a CTFG, dependendo do período en que se matricule o/a estudante/a e a convocatoria á que se vaia presentar.

O/a titor/a programará sesións de traballo cos estudantes, nas que establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. Será responsable de expor a cada estudante as características do traballo, de orientalo no seu desenvolvemento e de velar polo cumprimento dos obxectivos fixados, así como de realizar o seguimento e emitir informe preceptivo e confidencial sobre este seguimento no prazo que estableza o centro antes da defensa do traballo e para os efectos de que se teña en conta para a avaliación.

O recoñecemento dos labores de titoría e avaliación de TFG farase nos termos previstos anualmente na Normativa de Programación Académica Anual.

Artigo 6.- Asignación de temas.

A CTFG arbitrará as medidas oportunas, dentro do seu ámbito de competencias, co fin de garantir que cada estudante en condicións de realizar o TFG poida facelo. En particular, velará pola dispoñibilidade de propostas (oferta de temas e titores/as), en consonancia coa PAA de cada curso. A tal fin, fará unha estimación sobre o número de propostas de TFG necesarias para cada curso académico e establecerá tamén o número mínimo de propostas de TFG que corresponde presentar a cada un dos departamentos e áreas con docencia na Facultade, respectando un mínimo dun traballo por profesor/a con encargo docente na titulación inferior a 180 horas, cun mínimo de 40O horas; e un mínimo de dous traballos por profesor/a con encargo docente na titulación de 180 horas ou máis; sen prexuízo de calquera docente da titulación poida ofertar TFG.

Os Departamentos enviarán as propostas ao Decanato da Facultade ou ao Coordinador ou Coordinadora do TFG, que as presentará á CTFG, Esta estudará as propostas presentadas e aprobará a oferta de temas e titores/as.

A asignación de traballos poderá facerse por dúas vías:

• Por solicitude do estudantado entre a oferta do Centro.

• Por proposta do estudantado previo acordo cun/ha titor/a

Para a opción da oferta do centro, o estudantado cubrirá un formulario, dirixido á CTFG do Grao en Óptica e Optometría, na que figure toda a lista de temas por orde de preferencia, e entregarao no Decanato segundo o calendario de cada curso académico.

A asignación de propostas realizarase, tendo en conta as preferencias expresadas polo estudantado na súa solicitude, seguindo un criterio de prioridade en función do expediente académico de cada solicitante.

No suposto de proposta conxunta entre estudantado e profesorado titor, deberá entregarse O formulario correspondente, debidamente asinado por ambos.

Publicarase unha única lista de asignación para as dúas opcións.

Os/as estudantes asignados/as a propostas de temas do TFG deberán contactar co/a titor/a co fin de delimitar o título do traballo. Os/as estudantes entregaranlle á CTFG do Grao en Óptica e Optometría, a través do Decanato no prazo indicado no calendario de cada curso académico, un formulario coa seguinte información:

• Nome cdo/atitor/a e Departamento.

• Nome do/a estudante.

• TítulodoTFG.

• Breve descrición do contido do TFG.

• Firma do/da profesor/a e do/da estudante.

A CTFG do Grao en Óptica e Optometría aprobará os títulos definitivos dos TFG e publicaraos, de acordo co prazo indicado no calendario de cada curso académico.

O centro publicará a oferta de temas e titores/as no prazo establecido no calendario do TFG.

O/A estudante/a ou titor/a poderá solicitar a modificación ou anulación da asignación do TFG mediante escrito razoado remitido á CTFG e presentado no Decanato da Facultade. A CTFG analizará O Caso e, se procede, realizará unha nova asignación.

O/a estudante que, tendo asignado tema e titor/a do TFG, non defendese o traballo nunha convocatoria poderá solicitar o mesmo tema e titor/a para posteriores convocatorias.

Artigo 7.- Características dos traballos fin de grao.

Extensión do TFG: A extensión do TFG será como máximo de 10.000 palabras, quedando excluídos a portada, o índice, a bibliografía, as figuras e as táboas e os seus pés.

Traballo a presentar: O documento presentado amosará o traballo desenvolvido polo/a estudante, e incorporará os seguintes apartados pola orde establecida:

1. Portada, na que constará:

• Título completo do TFG.

• Traballo de Fin de Grao en Óptica e Optometría.

• Facultade de Óptica e Optometría — USC.

• Curso académico de presentación.

• Nome do/da estudante.

2. Breve resumo cun mínimo de 300 palabras e un máximo de 500. Nesta mesma páxina indicarase o número de palabras do traballo, quedando excluídas do cómputo total de palabras: a portada, o Índice, imaxes, gráficas, pés de figuras e bibliografía.

3. Índice de contidos.

4. Introdución.

5. Obxectivos do TFG.

6. Metodoloxía do traballo.

7. Traballo realizado: incluirá o desenvolvemento do TFG.

8. Conclusións e posibles ampliacións: debe incluír de que xeito o traballo realizado cumpre os obxectivos do apartado 5, así como cales son as limitacións do traballo e as posibles ampliacións.

9. Bibliografía: incluirá, obrigatoriamente, a citación bibliográfica empregada para a realización do traballo incluíndo unicamente as referencias dos traballos citados no corpo do texto, figuras e táboas.

Artigo 8.- Trámites para a solicitude de defensa e entrega dos traballos fin de grao.

O/a estudante solicitará a defensa do TFG e subirá un exemplar dixital do traballo á Secretaría Virtual do Estudante (SVA) nos prazos establecidos para cada curso. A tal fin, cada estudante cubrirá un formulario no que deberá indicar os datos que nel se determinen (título do traballo, resumo, idioma, autorización para a publicación, etc.), e indicará así mesmo cal é a modalidade de avaliación a que se acolle, de acordo co previsto no artigo seguinte.

Finalizados os prazos establecidos para solicitudes de defensa, o centro publicará a relación de candidatos/as, tribunais e titores/as avaliadores/as, espazos e data e hora de defensa para cada traballo. Entre a solicitude de defensa e a súa realización deberán mediar, polo menos, sete días naturais.

O estudantado que, unha vez feita a entrega do traballo e verificado que cumpre as condicións para a súa defensa, non se presente á defensa do TFG na data asignada, terá a cualificación de suspenso nesa oportunidade.

Artigo 9.- Avaliación, cualificación e revisión.

O sistema de avaliación dos TFG da Facultade de Óptica e Optometría admite dúas modalidades, ao abeiro do artigo 6.7 do "O Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos traballos de fin de Grao e Fin de Máster da Universidade de Santiago de Compostela (USC)" :avaliación por tribunal e avaliación por parte do/a titor/a. En ambos casos a avaliación inclúe un proceso de exposición e defensa pública do traballo. Todos os detalles relativos á defensa do TFG serán publicados na programación docente da materia.

O tribunal ou o/a titor/a, segundo o caso, poderá formular cantas preguntas e cuestións considere convenientes en relación co TFG defendido no tempo que a este efecto se determine na guía docente do TFG.

A elaboración e defensa do traballo poderanse efectuar en calquera das linguas que se utilizaron na impartición do grao conforme ao disposto na memoria de verificación do título. En todo caso, garantirase o dereito a elaborar e defender os traballos en calquera das dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.

O coordinador ou coordinadora do TFG reservará os medios necesarios para a defensa do TFG (aula, medios de proxección, conexión a rede) nas datas oficiais indicadas para a súa exposición.

En casos excepcionais debidamente xustificados e autorizados pola CTFG, poderá realizarse a defensa por medios telemáticos, así como a concorrencia por esta vía dalgún dos/das avaliadores/as (membro do tribunal ou titor/a), coas garantías que se determinen na autorización.

A exposición oral e defensa do TFG ante o tribunal ou o titor/a terá unha duración máxima de 100 minutos, será individual e pública. O Tribunal e o titor/a poderá formular cantas preguntas e cuestións considere convenientes durante un tempo máximo de 15 minutos.

Criterios de Avaliación: Os membros do Tribunal ou o titor/a, de selo caso, realizarán un informe, segundo o modelo que se elaborará para estes efectos, no que avaliarán, de 0 a 10 no caso do tribunal e de 0 a 8,5 no caso do/da titor/a, os seguintes aspectos:

a. Contido do proxecto: cumprimento dos obxectivos propostos, adecuación e desenvolvemento das tarefas formuladas, dificultade, conclusións, etc.

b. Presentación escrita do TFG: presentación xeral (lexibilidade, redacción, ortografía, etc.), estruturación e complexidade, corrección, etc.

c. Presentación oral: concisión, claridade, defensa do TFG, etc.

Modalidade de avaliación por tribunal:

Na modalidade de avaliación por tribunal, o titor/a entregará ao tribunal, a través da Secretaría Virtual do PDI (SVPDI) un Informe Final de seguimento/avaliación, segundo o modelo que a CTFG propoña para estes efectos, informe que, sen prexuízo do seu carácter preceptivo, ponderará na avaliación final.

Acualificación final outorgada ao TFG por cada membro do Tribunal obterase de acordo coa seguinte puntuación:

a. Contido do TFG: 3 puntos

b. Presentación escrita do TFG: 2 puntos

c. Presentación oral: 4 puntos

d. Cualificación do/da titor/a: 1 punto

A cualificación final do TFG obterase como media aritmética (indicada cunha cifra decimal) das cualificacións outorgadas polos membros do tribunal.

O tribunal estará composto por tres profesores/as da titulación que teñan polo menos un encargo docente de 50 horas (presidente/a, secretario/a e vogal) e polo menos un/unha suplente, que serán elixidos/as por sorteo pola CTFG, e nomeados polo decano ou decana. A participación nos tribunais é obrigatoria para as persoas nomeadas, agás causa de forza maior debidamente acreditada. No caso de que non sexa preciso que participe todo o profesorado do centro nos tribunais de cada curso académico, establecerase un sistema de participación rotatorio.

Os membros do Tribunal realizarán un Informe de avaliación final, segundo o modelo que a CTFG propoña para estes efectos, no que se avaliarán as competencias conforme aos criterios de avaliación publicados no programa da materia e ao disposto na memoria de verificación do título, e outorgarán unha cualificación de acordo coa seguinte escala numérica, de 0 a 10, con expresión dun decimal, á que se engadirá a súa correspondente cualificación cualitativa:

• NonPresentado (NP)

• 0-4,9: Suspenso (SS)

• 5,-6,9: Aprobado (AP)

• 7,0-8,9: Notable (NT)

• 9,-10: Sobresaliente (SB)

Modalidade de avaliación por titor/a:

Na modalidade de avaliación por parte do/da titor/a do traballo a cualificación será numérica de 0 a 8,5 coa expresión dun decimal. A cualificación final outorgada ao TFG polo/a titor/a obterase de acordo coa seguinte puntuación:

a. Contido do TFG: 3 puntos

b. Presentación escrita do TFG: 2 puntos

c. Presentación oral: 3,5 puntos

Nesta modalidade, o titor/a avaliará o TFG e realizará un Informe de avaliación final, segundo o modelo que a Comisión de TFG do propoña para estes efectos, no que se avaliarán as competencias conforme aos criterios de avaliación publicados no programa da materia e ao disposto na memoria de verificación do título, e outorgarán unha cualificación de acordo coa seguinte escala numérica, de 0 a 8,5, con expresión dun decimal, á que se engadirá a súa correspondente cualificación cualitativa:

• Non Presentado (NP)

• 0 -4,9: Suspenso (SS)

• 5,0 - 6,9: Aprobado (AP)

• 7,0 -8,5: Notable (NT)

A “Matrícula de Honra” poderá ser outorgada ao estudantado que obteña unha cualificación igual ou superior a 9,0. O seu número non poderá exceder do 5% do estudantado matriculado nesa materia no correspondente curso académico. Se o número de estudantes é inferior a 20, poderá outorgarse unha matrícula de honra. Esta mención só poderá outorgarse unha vez rematadas as defensas de todos os traballos correspondentes ao curso académico. A atribución desta cualificación corresponderalle á CTFG, oídas as propostas dos diferentes tribunais.

A cualificación recollerase, polo tanto, nas dúas modalidades, nun Informe de avaliación final do TFG que será conservado polos secretarios/as dos tribunais (na modalidade de avaliación por tribunal) ou polos/as titores/as na modalidade de avaliación por titor/a, durante o período establecido na normativa vixente referida ós procesos de avaliación e cualificación.

A cualificación farase pública a través dos medios dispoñibles (acta electrónica provisoria, aula virtual, SVA), nun prazo non superior a sete días desde a súa defensa.

O estudantado terá dereito á revisión das cualificacións nas datas e horarios que para tal efecto deberán fixarse no momento de facer públicas as cualificacións provisorias. As datas de revisión estarán comprendidas dentro dos dez días seguintes á publicación dos resultados e incluirán como mínimo dúas datas opcionais. Para estes efectos o mes de agosto será inhábil e non computará neste prazo.

A revisión será persoal e, na modalidade de avaliación por tribunal, poderá realizala un ou varios membros do tribunal. En todo caso deberá quedar constancia da celebración da revisión e da data en que se realizou mediante calquera sistema que acredite a súa realización.

Finalizado o prazo de revisión os Informes de avaliación final deberán entregarse na Secretaría do Decanato para a súa custodia polo tempo determinado pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.

O procedemento de reclamación contra a cualificación será o establecido na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.

Artigo 10.- Xestión das actas.

Elaborarase unha acta individual por cada estudante/a e traballo e para cada oportunidade na que constarán o/s titor/es académicos, o tribunal (de ser o caso) e o título do traballo defendido, así como a súa cualificación e data de defensa. As actas estarán asinadas polos avaliadores (titor/a ou membros do tribunal). En caso de imposibilidade de asinar a acta por algún dos membros avaliadores, esta circunstancia porase en coñecemento da Secretaría Xeral, que procederá a autorizar a sinatura da acta polo/a coordinador/a dos TFG. No caso de imposibilidade destes, substituiranse polo/a profesor/a que designe a Secretaría Xeral. En todos os casos farase constar a dita incidencia.

Os períodos de cobertura de actas serán os que se fixen no calendario académico oficial. Finalizado o período de defensa de TFG en cada curso académico xerarase de xeito automático unha acta consolidada (acta final) para a materia “Traballo Fin de Grao”, que conterá a todo o estudantado matriculado na materia de TFG coas cualificacións que en cada caso lles corresponda polas actas individuais, non presentados, mencións e as cualificacións obtidas polo estudantado de intercambio. Estas actas serán asinadas polo/a coordinador/a do TFG.

O estudantado matriculado que non se presentase en ningunha das oportunidades, figurará na acta consolidada coa mención “non presentado”. Nesta edición da acta tamén se incorporarán as mencións de “matrícula de honra” conforme o establecido no artigo anterior. Dita acta deberá ser asinada polo/a decano/a ou coordinador/a dos TFG.

Artigo 11.- Dereitos do estudantado.

A propiedade intelectual dos traballos correspóndelle ao/á estudante que o realizou.

No caso de que os traballos se realicen no marco dun contrato ou convenio con algunha entidade ou, de ser o caso, dun proxecto ou liña de investigación, os dereitos serán os recollidos no dito contrato ou convenio ou os que se pacten previamente, respectando en todo caso a lexislación vixente en materia de propiedade intelectual ou industrial.

Nestes casos e sempre que existan cláusulas de confidencialidade con empresas ou no caso de que poidan dar lugar a dereitos de propiedade industrial e intelectual que non se poidan difundir antes de estaren debidamente protexidos, actuarase do seguinte modo:entregaranse dúas versións da memoria de TFG:a reducida, na que se eliminarán os contidos afectados polo deber de non difundir ou polo deber de segredo ou confidencialidade; e o exemplar completo, que se entregará baixo compromiso de confidencialidade.

O exemplar reducido será o que se utilice para ser autorizada a súa defensa e deberá coincidir co contido da exposición e defensa pública. A versión completa entregarase aos membros do tribunal para a súa avaliación. O/a titor/a e os membros do tribunal deberán asinar o correspondente compromiso de confidencialidade sobre os contidos que non se poderán difundir publicamente. Se o tribunal desexa formular cuestións sobre os contidos protexidos, estas intervencións faranse nunha sesión privada, con carácter previo ou posterior á pública.

O exemplar do traballo non será obxecto de publicación no repositorio institucional da USC (Minerva) ata que sexan realizadas as oportunas proteccións ou venza o prazo de confidencialidade.

Unha copia en formato electrónico dos traballos superados quedará depositada no centro para o seu arquivo e consulta, e poderá ser utilizada na Universidade de Santiago de Compostela para usos académicos e de investigación, sempre coa mención específica aos seus autores. Para estes efectos o estudantado asinará a correspondente autorización de difusión e a declaración de que se trata dun traballo inédito.

A CTFG poderá propoñer a publicación dos TFG que destaquen pola súa calidade no repositorio institucional da USC (Minerva), e en especial propoñeranse os dos/as estudantes/as que acaden a mención de matrícula de honra nesta materia. Os/as autores/as dos traballos propostos, co visto e prace do/a titor/a, deberán asinar o correspondente documento para autorizar a súa difusión no que declaren que se trata dun traballo orixinal.

Artigo 12.- Deberes do estudantado

Os TFG deben ser traballos orixinais de elaboración propia e deben citarse debidamente as fontes que se tiveron en conta para a súa realización.

O incumprimento do indicado no apartado anterior suporá a cualificación de suspenso (0) na convocatoria, e o deber do/a titor/a e do tribunal que o detecte debe poñelo en coñecemento da Reitoría a efectos de iniciar as accións disciplinarias que procedan, de conformidade co artigo 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.

Con carácter previo á autorización da defensa, poderá realizarse unha análise automatizada de control da vulneración de dereitos de propiedade intelectual. A partir desa análise, se a CTFG considera que se vulneraron os citados dereitos, poderá denegar a defensa do traballo e aplicarase o indicado no parágrafo anterior.

Disposición adicional. Interpretación

A CTFG será a encargada de velar polo cumprimento da normativa desenvolvida neste regulamento e interpretala se fose necesario.

O presente Regulamento será interpretado en consonancia co resto de normas e procedementos da Universidade de Santiago de Compostela vixentes, entre outras a Normativa sobre Permanencia nas Titulacións de Grao e Máster, a Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións, o Regulamento da USC dos Intercambio Universitarios de Estudantes, as Normas de Planificación Académica Anual, e o resto de normas do Centro sobre os TFG.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Regulamento do Traballo Fin de Grao en Óptica e Optometría da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado pola Xunta de Facultade o 10 de outubro 2019 e polo Consello de Goberno o 5 de decembro de 2019.

Disposición final

O presente Regulamento entrará en vigor trala súa publicación no taboleiro electrónico da USC.

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Volver