Modificación do Regulamento de TFG do Grao en Filosofía (2025)
NORMA CONSOLIDADA
Eduardo Pérez Navarro, secretario da Facultade de Filosoa da USC, cerfica que na Xunta de Facultade do 13 de maio de 2025 acordáronse as seguintes modificacións do Regulamento de Traballo de Fin de Grao do Grao en Filosoa nos seguintes termos,
Preámbulo.
Onde dí:
O Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro (modificado polo Real Decreto 861/2010), no seu artigo 12, establece que as ensinanzas de grao “concluirán coa elaboración e defensa dun Traballo Fin de Grao”, que “deberá realizarse na fase final do plan de estudos e estar orientado á avaliación de competencias asociadas ao título”.
O Real Decreto 1791/2010, do 30O de decembro, polo que se aproba o Estatuto do estudante universitario, dispón no seu artigo 27 que “os proxectos de fin de carreira, traballos de fin de grao e mestrado, así como as teses de doutoramento, rexeranse pola súa normativa específica”. Así mesmo, nas liñas g) e h) do artigo 8 se recollen os dereitos específicos dos estudantes de grao en relación co Traballo Fin de Grao e no artigo 30 o dereito á revisión das cualificacións.
No Regulamento de Matrícula, Elaboración e Defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela, aprobado polo Consello de Goberno do 10 de marzo de 2016 que regula un marco xenérico para o desenvolvemento dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster da USC, establécese que “Os centros, a través dos órganos correspondentes (en xeral, as comisións que teñan delegados os aspectos da titulación referidos a TFG ou TFM:comisión de docencia, comisións de titulación, comisións académicas, comisión de calidade, etc.), elaborarán as normativas propias de TFG e TFM das titulacións das que son responsables, axustándoos ás características propias de cada un dos títulos.”.
Na memoria verificada do Plan de Estudos do Grao en Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) establécese que o Traballo Fin de Grao (TFG) terá 7,5 créditos.
Acordouse a seguinte modificación:
O real decreto 822/2021, de 28 de setembro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais e do procedemento de garantía da súa calidade, recolle no seu artigo 14 que todos os plans de estudos de grao universitario incluirán un Traballo de Fin de Máster (de agora en adiante TFG), que terá como obxectivo esencial a demostración por parte do /a estudante do dominio e aplicación dos coñecementos, competencias e habilidades definitorios do título universitario oficial de Grao. A súa superación é requisito imprescindible para obter o título oficial de Grao. Os TFG deberán ser defendidos nun acto público, seguindo a normativa que a tal efecto estableza o centro ou, no seu caso, a Universidade.
No Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos traballos fin de grao e fin de máster na Universidade de Santiago de Compostela (USC), aprobado na sesión do Consello de Goberno do 10 de marzo de 2016 (modificado polo Acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2024), establécense as liñas básicas para a regulación dos traballos de fin de grao das diferentes titulacións de grao da USC.
Na memoria verificada do Plan de Estudos do Grao en Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) establécese que o Traballo Fin de Grao (TFG) é unha materia obrigatoria anual de 7,5 créditos.
En desenvolvemento das disposicións citadas, a Xunta da Facultade de Filosofía, aproba o seguinte Regulamento dos Traballos Fin de Grao da titulación de Grao en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela:
Artigo 2.1
Onde dí
2.1.O Traballo Fin de Grao consistirá na elaboración, por parte do alumnado, dun traballo orixinal cunha carga lectiva de 7,5 ECTS no que se acrediten os coñecementos, competencias e destrezas adquiridas durante os estudos realizados na titulación de Grao en Filosofía. Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación e defensa pública ante un tribunal.
Acordouse a seguinte modificación:
2.1. O TFG consistirá na elaboración, por parte do alumnado, dun traballo orixinal cunha carga lectiva de 7,5 ECTS no que se acrediten os coñecementos, competencias e destrezas adquiridas durante os estudos realizados na titulación de Grao en Filosofía. Incluirá, como mínimo, tarefas de procura e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación e defensa pública ante o/a titor/a do TFG ou ante un tribunal.
Artigo 3.2, último parágrafo
Onde dí:
A Xunta de Facultade aprobará e publicará os períodos de presentación dos TFG, xunto coa convocatoria oficial de exames de cada curso académico.
Acordouse a seguinte modificación:
A CC aprobará e publicará na Intranet da Facultade o calendario xeral de TFG para cada curso académico, que deberá recoller cando menos as datas de solicitude de defensa de TFG así como os días en que deberán ter lugar as defensas para cada oportunidade.
Artigo 4.3, primeiro parágrafo
Onde dí:
4.3. O TFG só poderá ser defendido e avaliado unha vez que se teña constancia de que o/a estudante superou todos os créditos necesarios para a obtención do título de Grao, salvo os correspondentes ao propio traballo.
Acordouse a seguinte modificación
4.3. O TFG poderá ser defendido e avaliado unha vez se teña constancia de que o/a alumno/a superou todos os créditos necesarios para a obtención do título de Grao, agás os correspondentes ao propio traballo. Con independencia do anterior, e consonte a normativa universitaria vixente, O Centro poderá autorizar a presentación e defensa do TFG aos estudantes que teñan créditos pendentes de superación co límite máximo de 18 ECTS, excluídos os correspondentes ao propio TFG.
Artigo 5.3
Onde di:
5.3.O/A titor/a programará sesións de traballo cos estudantes, nas que establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. Será responsable de expor a cada estudante as características do traballo, de orientalo/a no seu desenvolvemento e de velar polo cumprimento dos obxectivos fixados, así como de realizar o seguimento e emitir informe preceptivo e confidencial sobre este seguimento antes da defensa do TFG e para os efectos de que se teña en conta polo tribunal avaliador.
Acordouse a seguinte modificación
5.3 O/A titor/a programará sesións de traballo cos estudantes, nas que establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. Será responsable de expor a cada estudante as características do traballo, de orientalo/a no seu desenvolvemento e de velar polo cumprimento dos obxectivos fixados, así como de realizar o seguimento e emitir informe preceptivo e confidencial sobre este seguimento antes da defensa do TFG e para os efectos de que se teña en conta polo tribunal avaliador no caso de que esta sexa a opción escollida de defensa.
Artigo 6.3
Onde di:
6.3.- Os Departamentos enviarán as propostas de TFG á CC xunto coa programación docente do resto das materias. A CC estudará as propostas presentadas e aprobará a oferta dos TFG, podendo, de estimalo conveniente, axustala. Publicará a lista de propostas resultante na data que o calendario de Planificación Académica Anual estableza para a publicación da programación docente das materias.
Acordouse a seguinte modificación
6.3 O Departamento enviará as propostas de liñas temáticas de TFG á CC no prazo establecido para cada curso no calendario xeral de TFG. A CC estudará as propostas presentadas e aprobará a oferta de liñas temáticas, podendo, de estimalo conveniente, axustala. Unha vez aprobada a oferta definitiva de liñas publicarase na Intranet da Facultade.
Artigo 7.3
Onde di:
7.3 O estudante deberá entregar un formulario no que figure o listado dos traballos dispoñibles, enumerados por orde de preferencia.
O proceso de asignación realizarase mediante chamamento público nunha ou varias quendas, de xeito que en cada unha delas o alumnado exprese as súas preferencias de entre as propostas que aínda queden dispoñibles da rolda anterior.
Acordouse a seguinte modificación
7.3 O estudante deberá entregar un formulario no que figure o listado de liñas temáticas dispoñibles, enumerados por orde de preferencia.
Artigo 8.1
Onde di:
8.1.A defensa de cada TFG realizarase en sesión pública diante dun tribunal. Este estará formado por tres docentes da USC que impartan docencia no Grao. Para conformar o tribunal serán nomeados tres membros titulares e un suplente.
Acordouse a seguinte modificación
8.1. Cando a defensa do TFG se realice ante tribunal este estará formado por tres docentes da USC que impartan docencia no Grao. Para conformar o tribunal serán nomeados tres membros titulares e o número de suplentes que determine a CC.
Artigo 8.6
Onde dí:
8.6.En caso de existir máis dun tribunal, programaranse polo menos unha reunión de coordinación previa á actuación dos tribunais.
Acordouse a seguinte modificación
Suprimir esta punto.
Artigo 8.7
Onde di:
8.7.A cualificación farase pública nos taboleiros de anuncios do decanato ou no taboleiro que fixe a Facultade, nun prazo non superior a sete días lectivos dende a súa defensa.
Acordouse a seguinte modificación
8.7 A cualificación farase pública na aula virtual da materia, nun prazo non superior a dous días hábiles dende a data de defensa.
Artigo 9.2
Onde dí
9.2 Para presentar a solicitude de defensa do TFG é requisito imprescindible ter superados todos os outros créditos necesarios para o título de Grao, isto é, polo menos 232,5 ECTS, e estar matriculado do TFG.
Acordouse a seguinte modificación
9.2A hora de presentar a solicitude de defensa o/a alumno/a debe ter en conta que para poder defender deberá estar matriculado no TFG e ter pendentes na data establecida para a defensa un máximo de 18 créditos, excluídos os correspondentes ao propio TFG
Artigo 9.3
Onde dí
9.3.Ao tempo da presentación electrónica da solicitude, o alumnado subirá, tamén a aplicación electrónica habilitada para o efecto pola USC, unha copia en pdf do traballo é depositará na secretaria da Facultade de Filosofía tres copias en papel do TFG. A CC velará para que esta documentación estea á disposición do tribunal con antelación suficiente.
Acordouse a seguinte modificación
9.3. No momento de facer a súa solicitude de defensa de TFG a través da correspondente aplicación electrónica, o/a alumno/a deberá elixir a modalidade de defensa á que quere acollerse (ante tribunal ou ante titor/a), así como subir á plataforma unha copia en pdf do seu traballo. A CC velará para que esta documentación estea a disposición do tribunal ou do/a titor/a, segundo a modalidade de defensa escollida, no prazo fixado pola CC no calendario xeral de TFG.
Artigo 9.5
Onde di:
9.5.O TFG presentado, cunha extensión entre 8000 e 12000 palabras, amosará o traballo desenvolvido polo estudante. A título informativo, a Facultade establecerá un formato común recomendado. En calquera caso, deberá adoptar, de forma aproximada, a seguinte estrutura:
- Portada na que figuren:o logo da USC coa indicación da Facultade, denominación do Grao, título do traballo (de estar redactado en inglés, irá tamén nalgunha das linguas oficiais de Galicia), nome completo de autor/a, nome completo do/das titor/a e cotitores/as, e curso académico correspondente.
- Portada interior co título na lingua usada e inglés.
- Compromiso de cumprimento da Lei de Propiedade Intelectual e Lei de Protección de Datos.
- Índice paxinado dos capítulos e apartados.
- Resumo (unhas 200 palabras) na lingua usada e en inglés (de estar redactado en inglés, nalgunha das linguas oficiais de Galicia) (de estar redactado en inglés, nalgunha das linguas oficiais de Galicia).
- Palabras chave na lingua usada e inglés (de estar redactado en inglés, nalgunha das linguas oficiais de Galicia).
- Introdución.
- Obxectivos do traballo
- Desenvolvemento dos contidos.
- Conclusións (incluíndo os logros acadados e posibles traballos futuros).
- Bibliografía consultada e referencias documentais.
- Anexos se procede (que non computarán para a extensión máxima prevista)
Acordouse a seguinte modificación
9.5 Os requisitos de formato, contido e idiomas que deben seguir os TFG respectarán en todo caso orecollido na Memoria da Titulación e na normativa da USC aplicable e deberán estar debidamente estipulados no programa da materia e na guía docente do TFG para cada curso académico.
Artigo 10.2
Onde dí:
10.2. O acto de presentación será realizado polo alumno/a en sesión pública na data asignada.
Acordouse a seguinte modificación
10.2 O acto de presentación e defensa do TFG será realizado polo/a alumno/a en sesión pública na data asignada e levarase a cabo segundo a modalidade escollida polo/a alumno/a no momento de facer a solicitude de defensa, ante tribunal ou ante titor/a.
Artigo 10.3
Onde di:
10.3. A exposición do TFG terá unha duración recomendada de 2O minutos e máximo de 25 e terá carácter de acto público. Ao remate da presentación, o tribunal poderá formular as preguntas e cuestións considere convenientes.
Acordouse a seguinte modificación
10.3. A defensa do TFG realizarase, previa convocatoria, de forma pública ante o/a titor/a ou ante tribunal segundo a modalidade escollida polo/a estudante, e consistirá nunha exposición do traballo por parte do/a alumno/a, cunha duración recomendada de 2O minutos e unha quenda posterior de preguntas e respostas non superior a 3O minutos. Na exposición, o/a estudante deberá presentar os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu TFG, para o cal poderá empregar os medios que considere oportunos. Seguirá unha quenda de valoracións, comentarios ou preguntas por parte do/a titor/a ou tribunal.
Artigo 10.4
Onde di:
10.4. A presentación dos TFG será realizada pola/o estudante de xeito presencial. Non obstante o anterior, para casos excepcionais debidamente autorizados pola CC, poderá realizarse a defensa polos medios telemáticos, coas garantías que se determinen na autorización.
Acordouse a seguinte modificación
10.4 A presentación dos TFG será realizada polo/a estudante de xeito presencial na Facultade de Filosofía. Non obstante o anterior, para casos excepcionais xustificados e debidamente autorizados polo/a decano/a, poderá realizarse a defensa por medios telemáticos, coas garantías que se determinen na autorización.
Artigo 10.5
Onde di:
10.5. A defensa do TFG deberase efectuar en calquera dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma, ou noutra lingua se así se acordase co tribunal do TFG.
Agora di:
10.5 O traballo poderá ser realizado en galego ou en castelán. Ademais das linguas oficiais da Comunidade Autónoma, o alumnado poderá elaborar e/ou defender o seu TFG en inglés ou portugués. O Decanato será o encargado de garantir que exista un tribunal competente para avaliar os traballos nestas linguas estranxeiras debendo, se é o caso, nomear un novo tribunal no suposto de que os xa nomeados non puidesen facelo.
Para poder elaborar e/ou defender o TFG noutras linguas diferentes das mencionadas no parágrafo anterior, o/a estudante, coa conformidade da persoa titora, deberá solicitar autorización no momento de presentar o formulario de inicio do TFG. Nestes casos o Decanato realizará as xestións oportuna para valorar se é posible conformar un tribunal que poida avaliar o TFG na lingua solicitada polo/a estudante e, no caso de que fose factible, procederá ao seu nomeamento ao mesmo tempo que procederá a comunicarlle ao /a alumno/a a autorización correspondente para a utilización da lingua solicitada.
Artigo 11.1
Onde di:
11.1. A cualificación dos traballos realizarase conforme aos criterios establecidos na guía docente, que estarán vinculados á consecución das competencias específicas da titulación e as transversais.
Acordouse a seguinte modificación
11.1 A cualificación dos traballos realizarase conforme aos criterios establecidos no programa e na guía docente do TFG, que estarán vinculados á consecución das competencias específicas da titulación e as transversais e que deberán respectar en todo caso o establecido na memoria do título e neste regulamento.
Artigo 11.2
Onde di:
11.2.O tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde conforme aos criterios de avaliación publicados na guía docente e axustado ao disposto na memoria de verificación do título, outorgando a cualificación conforme á seguinte escala numérica, de O a 1O, con expresión dun decimal, á que se engadirá a súa correspondente cualificación cualitativa:Suspenso (SS) de O a 4.9; Aprobado (AP) de 5.0 a 6.9; Notable (NT) de 7.0 a 8.9 e Sobresaliente (SB) de 9.0 a 1O.
Acordouse a seguinte modificación
11.2 O tribunal e, no seu caso, o/a titor/a, segundo a modalidade de defensa escollida polo/a estudante, deliberará sobre a cualificación final que lle corresponde dar ao traballo e á súa defensa conforme aos criterios de avaliación publicados no programa e na guía docente que deberán respectar en todo caso o establecido na memoria da titulación. Tendo en conta o anterior o tribunal poderá outorgar unha nota comprendida entre O e 10 e o/a titor/a como máximo poderá cualificar entre O e8. A escala numérica que se empregará, con expresión dun decimal, e a que selle engadirá a súa correspondente cualificación cualitativa será a seguinte:Suspenso (SS) de O a 4.9; Aprobado (AP) de 5.0 a 6.9; Notable (NT) de 7.0 a 8.9 e Sobresaliente (SB) de 9.0 a 1O.
Artigo 11.3
Onde dí:
11.3 A mención de Matrícula de Honra (MH) poderá outorgarse a aqueles TFGs que obteñan unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos. O seu número non poderá exceder o límite establecido pola USC. Se o número de alumnos/as é inferior a 2O, poderase conceder unha MH. Esta mención só poderá outorgarse unha vez rematadas as defensas de todos os traballos correspondentes ao curso académico.
No caso de existir dous ou máis tribunais avaliadores, cada tribunal enviará á CC, de ser o caso, unha proposta de candidatos/as para a MH. Entre as propostas dos tribunais a CC concederá a mención de MH tomando en conta a cualificación do TFG e a nota media do expediente académico do alumnado.
Acordouse a seguinte modificación
11.3 A mención de matrícula de honra (MH) poderá outorgarse a aqueles TFGs defendidos ante tribunal que obteñan una cualificación igual ou superior a 9,0 puntos. O seu número non poderá exceder o límite establecido pola USC. Se o número de alumnos/as é inferior a 2O, poderase conceder unha MH. Esta mención só poderá outorgarse unha vez rematadas as defensas de todos os traballos correspondentes ao curso académico. Para isto, cada tribunal deberá indicar na acta de avaliación que o traballo é proposto para MH. Unha vez completada a avaliación de todos os TFGs do curso e en función do número de MH dispoñibles, estas serán outorgadas pola CC a aqueles traballos que teñan obtido unha cualificación superior e, en caso de empate, para os de aqueles/as alumnos/as que teñan unha media de expediente máis alta.
Artigo 11.4
Onde dí:
11.4. O alumnado ten dereito á revisión das cualificacións nas datas e horarios que para tal efecto deberán fixarse no momento de facer públicos os resultados provisorios. As datas de revisión deberán estar comprendidas dentro dos dez días seguintes á publicación dos resultados e contemplarán como mínimo dúas datas opcionais. A estes efectos o mes de agosto será inhábil e non computará neste prazo.
A revisión será persoal e poderá realizala un ou varios membros do tribunal. En todo caso deberá quedar constancia da celebración da revisión e da data en que se realizou mediante calquera sistema que o acredite.
O procedemento de reclamación contra a cualificación será o establecido na normativa vixente relativa a avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Acordouse a seguinte modificación
11.7. A revisión será persoal e presencial, e poderá ser realizada ante o/a titor/a, no caso de defensa ante titor/a, ou ante un ou varios membros do tribunal, no caso de defensa ante tribunal.
Non obstante o anterior, para casos excepcionais xustificados e debidamente autorizados polo/a decano/a, poderá realizarse a revisión por medios telemáticos, coas garantías que se determinen na autorización.
O procedemento de reclamación contra a cualificación será o establecido na normativa vixente relativa a avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Artigo 11.4 punto engadido:
11.4 O tribunal e os/a titores/as deberán realizar o informe de cualificación do traballo que lles corresponda segundo o caso, utilizando o modelo de formulario aprobado pola CC para estes efectos, que será publicado na Intranet da Facultade, no que se terán en conta os seguintes aspectos:
- Calidade do TFG:cumprimento dos obxectivos propostos, adecuación e desenvolvemento das tarefas formuladas, metodoloxía, dificultade e conclusións.
- Presentación escrita do TFG:presentación xeral, claridade expositiva, estruturación e corrección gramatical e ortográfica.
- Presentación oral e defensa:concisión, claridade expositiva, capacidade de debate, defensa argumental, propiedade e corrección no uso da lingua.
- O tribunal contará, no momento da valoración final, co informe sobre o traballo elaborado polo/a docente titor/a do mesmo.
Artigo 11.5 punto engadido:
11.5 A cualificación final provisional dos traballos de TFG será publicada na Aula Virtual desta materia nun prazo non superior a dous días hábiles dende a data de defensa.
Artigo 11.6 punto engadido:
11.6 No caso de que se dea unha das seguintes circunstancias, O TFG será cualificado como suspenso:
- Cando os seus contidos non se adecúen aos da liña temática escollida e/ou ao título aprobado.
- Cando coincida cun traballo realizado polo alumno noutras materias ou actividades da titulación, ou cando non sexa orixinal.
- Cando feita a solicitude de defensa a estudante non chegue a facer a defensa pública do TFG na data prevista, sen que exista xustificación escrita presentada pola persoa interesada ante a Secretaría do Decanato da Facultade e aceptada pola Comisión de Calidade e Grao.
Artigo 12.1
Onde di:
12.1.- Elaborarase unha acta individual por cada alumno/a e traballo e para cada oportunidade na que constará o titor/a académico e cotitores/as, o tribunal cualificador e o título do TFG defendido, así como a súa cualificación e a data de defensa.
As actas estarán asinadas polos membros do tribunal.
En caso de imposibilidade de asinar a acta dos TFG por algún dos membros que realizaron a avaliación, esta circunstancia porase en coñecemento da Secretaría Xeral e asinará a acta o/a coordinador/a dos TFG en calidade de coordinador/a da materia. No caso de imposibilidade deste, substituiranse polo profesor ou profesora que designe a Secretaría Xeral. En todos os casos farase constar a dita incidencia.
Acordouse a seguinte modificación
12.1 Elaborarase unha acta individual por cada alumno/a e traballo e para cada oportunidade na que deberán constar, entre outras cuestións, datos sobre o/a titor/a académico/a e cotitores/as, o tribunal cualificador, no caso de defensa ante tribunal, e o título.
As actas estarán asinadas polos membros do tribunal ou polo/a titor/a segundo a modalidade de defensa escollida.
En caso de imposibilidade de asinar a acta dos TFG por algún dos membros que realizaron a avaliación, esta circunstancia porase en coñecemento da Secretaría Xeral e asinará a acta o/a coordinador/a dos TFG en calidade de coordinador/a da materia. No caso de imposibilidade deste, substituiranse polo profesor ou profesora que designe a Secretaría Xeral. En todos os casos farase constar a dita incidencia.
E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e prace do decano da Facultade.
Vº e prace
O decano
Xavier de Donato Rodríguez
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.