Modificación do Regulamento de Estudos Propios (2023)

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 1140
Departamento: Consello de Goberno
Estado: En vigor

A modificación do Regulamento de Estudos Propios, á petición da Xerencia da USC, persegue, por un lado, o obxectivo de determinar a retribución máxima por hora de docencia nos estudos propios con carácter anual de xeito máis eficiente e eficaz e, por outro, facilitar a difusión dos importes a todas as persoas participantes no procedemento.

En atención o exposto, modifícanse os artigos 16.5 e 26.2 que quedan redactados da seguinte maneira:

Artigo 16.5: As bases de execución do orzamento poderán fixar a retribución máxima por hora de docencia nos estudos propios

Artigo 26.2: En ningún caso se autorizarán modificacións do orzamento consistentes en incrementos das retribucións por hora do profesorado ou das persoas que asumen a dirección, codirección ou coordinación que superen o límite máximo establecido nas bases de execución do orzamento

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Volver