Modificación do Anexo II do Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC (2023)

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 1131
Departamento: Consello de Goberno
Estado: En vigor
Texto Texto con anotacións

O Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC, aprobado polo Consello de Goberno o 28 de maio de 2019, recolle no seu anexo I a relación de Cargos Académicos e no seu anexo II a relación de Responsables Académicos.

Polo que se refire á figura de coordinador/a de área, faise necesario precisar que para aplicar a redución docente a área debe contar cun mínimo de cinco profesores. Por outra parte, é necesario introducir un cambio en relación co Comité de Bioética que, en virtude da regulación recentemente aprobada polo Consello de Goberno, pasou a denominarse Comité de Ética.

Procede, en consecuencia, realizar unha modificación do Anexo II do Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC.

É por isto que o Consello de Goberno, na súa sesión do día 23 de novembro de 2023, acorda:

Único.

Modificar o Anexos II do Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribucións de cargos e responsables académicos na USC, conforme a táboa que se engade como anexo.

Disposición derradeira.

Esta modificación entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela.

Anexo

RESPONSABLE ACADÉMICOCoordinador/a de área decoñecemento (5-15 profesores)Presidente/a do Comité de Ética REDUCIÓN DOCENTE CÓDIGOCOMPLEMENTOC4 OBSERVACIÓNS
CÓDIGOR7R3 HORAS/CURSO2090

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Volver