Modificación do Anexo II do Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC (2023)
NORMA CONSOLIDADA
O Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC, aprobado polo Consello de Goberno o 28 de maio de 2019, recolle no seu anexo I a relación de Cargos Académicos e no seu anexo II a relación de Responsables Académicos.
Polo que se refire á figura de coordinador/a de área, faise necesario precisar que para aplicar a redución docente a área debe contar cun mínimo de cinco profesores. Por outra parte, é necesario introducir un cambio en relación co Comité de Bioética que, en virtude da regulación recentemente aprobada polo Consello de Goberno, pasou a denominarse Comité de Ética.
Procede, en consecuencia, realizar unha modificación do Anexo II do Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC.
É por isto que o Consello de Goberno, na súa sesión do día 23 de novembro de 2023, acorda:
Único.
Modificar o Anexos II do Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribucións de cargos e responsables académicos na USC, conforme a táboa que se engade como anexo.
Disposición derradeira.
Esta modificación entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela.
Anexo
| RESPONSABLE ACADÉMICOCoordinador/a de área decoñecemento (5-15 profesores)Presidente/a do Comité de Ética | REDUCIÓN DOCENTE | CÓDIGOCOMPLEMENTOC4 | OBSERVACIÓNS | |
|---|---|---|---|---|
| CÓDIGOR7R3 | HORAS/CURSO2090 |
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.