Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na Universidade de Santiago de Compostela

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 0549
Departamento: Consello de Goberno
Estado: En vigor
Véxase a Resolución da Secretaría Xeral do 15-10-2025, pola que se publica as relacións de cargos académicos e de responsablews académicos vixentes no momento de aprobación desta resolución.

O Real Decreto 1086/1989, sobre retribucións do profesorado universitario regula, en relación co complemento específico do profesorado universitario, unha compoñente retributiva singular polo desempeño de cargos académicos, establecendo un elenco de cargos así como a posibilidade de que as universidades regulen outros, equiparándoos para efectos retributivos a algún dos anteriores.

Así mesmo, tras a aprobación do Real Decreto 1312/2007, do 5 de outubro, polo que se establece a acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios e a instauración de complementos autonómicos, as universidades aprobaron diferentes catálogos de cargos de xestión que, para efectos da acreditación, se asimilan a cargos académicos unipersoais.

Na Universidade de Santiago de Compostela, o 31 de xaneiro de 2017 o Consello de Goberno adoptou un acordo de reorganización e revisión da redución docente e do complemento económico dos cargos académicos na USC, o que supuxo un primeiro paso cara á clarificación do seu tratamento. Aínda así, en virtude do principio de transparencia que debe operar en todas as institucións públicas, enténdese procedente dotar á USC dunha regulación xeral nesta materia que permita diferenciar os cargos académicos como tal, aos que resulta de aplicación o artigo 71 dos estatutos, daqueloutras designacións que, podendo ter un recoñecemento económico e/ou redución docente, non teñen aquel alcance.

Por todo o anterior, o Consello de Goberno na súa sesión do 28 de maio de 2019 aprobou o seguinte

REGULAMENTO POLO QUE SE ESTABLECE O RÉXIME DE REDUCIÓN DOCENTE E DE RETRIBUCIÓN DE CARGOS E RESPONSABLES ACADÉMICOS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Artigo 1. Obxecto

Esta norma ten por obxecto a regulación do réxime de redución docente e retributivo dos cargos e responsables académicos da Universidade de Santiago de Compostela.

Artigo 2. Cargos académicos

Son cargos académicos os establecidos como tal na normativa xeral de aplicación, os que se determinen nos Estatutos da USC e aqueloutros nos que se declare a súa equiparación polo

Consello de Goberno, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

- Ter conferida inequivocamente, polo seu carácter unipersoal e non pola pertenza a un órgano colexiado, unha potestade de carácter directivo na organización ou na xestión da USC.

- Ter un nomeamento realizado por resolución reitoral

- Levar aparellada unha retribución económica e/ou o recoñecemento dunha redución do encargo docente na planificación académica da USC.

Artigo 3. Requisitos para o exercicio de cargos académicos

3.1. De conformidade co artigo 71 dos Estatutos da USC, para desempeñar cargos académicos é necesario

a) que o profesorado estea acollido ao réxime de dedicación a tempo completo

b) que o estudantado estea matriculado na modalidade de matrícula ordinaria

c) que o persoal de administración e servizos teña como único emprego o que desenvolva na Universidade de Santiago de Compostela

3.2. En ningún caso se poderá exercer a titularidade de máis dun cargo nin a de calquera deles simultaneamente coa de órganos unipersoais de goberno doutra universidade ou do Consello Superior de Investigacións Científicas e dos seus centros respectivos, ou coa de representante sindical.

Artigo 4. Clasificación dos cargos académicos

4.1. Conforme ao establecido no Real Decreto 1086/1989, son cargos académicos unipersoais xerais os seguintes:

- Reitor/a

- Vicerreitor/a e Secretario/a Xeral

- Decano/a e Director/a de Escola Técnica Superior

- Director/a de Departamento e de Instituto Universitario

- Vicedecano/a, Subdirector/a e Secretario/a de Facultade e de Escola Técnica Superior

- Secretario/a de Departamento

4.2. Tamén teñen a consideración de cargos académicos unipersoais os previstos como tal nos estatutos da USC e os que acorde o Consello de Goberno conforme ao establecido neste regulamento.

Artigo 5. Nomeamento e cese de cargos académicos

5.1. As propostas de nomeamento de cargos académicos dirixiranse á Secretaría Xeral da USC, que valorará a súa procedencia e daralle o curso que corresponda.

5.2. O nomeamento dos cargos, agás o propio, será realizado polo reitor da USC, mediante resolución reitoral que será publicada no Taboleiro Electrónico Oficial da USC.

5.3. As propostas de perda da condición de cargo e de cese deberán remitirse á Secretaría Xeral da USC, que tramitará a resolución reitoral de cese, cos mesmos requisitos de publicidade que os nomeamentos.

Con carácter xeral, cando se produza o cese da persoa titular do cargo esta continuará en funcións ata o nomeamento da persoa que a substitúa, debendo atender exclusivamente os asuntos de mero trámite.

5.4. A Secretaría Xeral levará un seguimento de cada un dos mandatos. Se fora necesario, proporá ou ordenará a convocatoria de eleccións naqueles ámbitos onde se excedera a duración do mandato.

Artigo 6. Efectos do nomeamento de cargos académicos

6.1. Os efectos do nomeamento como cargo académico poderán ser:

a) Retributivos, coa percepción da compoñente singular do complemento específico por desempeño de cargo académico

b) De redución do encargo docente, conforme ao establecido neste regulamento

O desempeño do cargo poderá dar lugar aos dous efectos sinalados ou unicamente a un deles, segundo quede configurado.

6.2. Quen desempeñe un cargo académico terá dereito a percibir unha compensación polos gastos en que incorra no exercicio do cargo.

Artigo 7. Creación de novos cargos académicos polo Consello de Goberno

7.1. O Consello de Goberno, de xeito motivado, poderá establecer outros cargos académicos en función das necesidades de goberno, administración ou xestión da USC.

7.2. O acordo indicará o obxecto da creación, os efectos que se derivan da mesma de conformidade co artigo anterior e a súa asimilación, indicando o tipo de complemento retributivo e/ou de redución docente. Tamén indicará se o cargo ten carácter permanente ou temporal.

7.3. A revogación do cargo polo Consello de Goberno implicará o cese da persoa que o desempeñe.

Artigo 8. Complemento retributivo

8.1. De acordo co previsto na regulación xeral, existirán os seguintes complementos retributivos polo desempeño de cargo:

CARGO ACADÉMICO CÓDIGOCOMPLEMENTO
Reitor C1
Vicerreitor/a e Secretario/a Xeral C2
Decano/a e Director/aEscolaTécnica Superior C3
Director/a de Departamento e deInstituto Universitario C4
Vicedecano/a, Subdirector/a eSecretario/a de Facultade e deEscola Técnica Superior C5
Secretario/a de Departamento C6

8.2. O importe deste complementos será o que se determine anualmente na normativa orzamentaria.

Artigo 9. Redución docente

Establécense os seguintes tipos de redución docente:

REDUCIÓN DOCENTE(horas/curso) CÓDIGO REDUCIÓNDOCENTE
240 R1
150 R2
90 R3
60 R4
40 R5
30 R6
20 R7

Artigo 10. Responsables académicos

10.1. Por resolución reitoral poderán designarse responsables académicos, sen a consideración de cargo académico, nos seguintes supostos:

- Director/a ou subdirector/a en centros propios da USC de estudo e investigación, agás os centros singulares e equiparables.

- Subdirector/a de centros do Sistema Universitario de Residencias (SUR).

- Director/a e subdirector/a de Cátedras Institucionais.

- Representante da USC en empresas, institucións, fundacións, comisións e outros.

- Dirección, presidencia ou coordinación de grupos de traballo ou comisións que se formen na USC

10.2. As persoas designadas terán dereito á compensación polos gastos nos que incorran por razón da súa actuación, logo da aceptación dos mesmos polo órgano do que dependan. No caso de que teñan algún efecto adicional, de redución docente ou retributivo, este deberá figurar na resolución de nomeamento.

10.3. Con carácter ordinario as persoas designadas como responsables académicos deberán ter como única dedicación a da Universidade.

10.4. Darase conta ao Consello de Goberno das designacións que impliquen custo para a USC.

Artigo 11. Cargos e responsables académicos existentes na actualidade

11.1. No anexo I figuran os cargos académicos vixentes no momento da aprobación deste regulamento, cos seus correspondentes efectos.

11.2. Para a creación de novos cargos seguirase o procedemento establecido no artigo 5.

11.3. Terán a consideración de responsables académicos os que no momento da aprobación deste regulamento figuran no anexo II, cos efectos que nel se indican, e aqueles que foran designados ao abeiro do establecido no artigo 10.1 deste regulamento.

Artigo 12. Rexistro de cargos e designacións

A Secretaría Xeral levará un rexistro actualizado de cargos académicos. Tamén manterá actualizada a relación das designacións efectuadas por resolución reitoral.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA

A adecuación ao novo réxime dos cargos e responsables académicos actuais producirase con efectos do día 1 de setembro de 2019.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA SEGUNDA

Os cargos de director/a do Centro Internacional de Estudos de Doutoramento e Avanzados da USC (CIEDUS) e das Escolas de Doutoramento actuais continuarán co réxime anterior ata que se produza o nomeamento dos cargos académicos derivados da nova estrutura.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Este regulamento derroga o acordo do Consello de Goberno do 31 de xaneiro de 2017, de reorganización e revisión da redución docente e do complemento económico dos cargos académicos na USC.

DISPOSICIÓN FINAL

Este regulamento entrará en vigor na data da súa publicación no Taboleiro Electrónico Oficial da USC.

ANEXO I CARGOS ACADÉMICOS

CARGO REDUCIÓN DOCENTE CÓDIGOCOMPLEMENTO OBSERVACIÓNS
CÓDIGO HORAS/CURSO
Reitor/a R1 240 C1
Vicerreitor/a R1 240 C2
Secretario/a Xeral R1 240 C2
Decano/a /Director/a deCentro R2 150 C3
Director/a de Escola deDoutoramento R2 150 C3
Director/a de Departamento R3 90 C4
Director/a de Instituto deinvestigación R3 90 C4
Vicedecano/aSubdirector/a de Centro R3 90 C5
Subdirector/a Escola deDoutoramento R3 90 C5 Un por cada sección
Secretario/a de Centro R3 90 C5
Secretario/a de Escola deDoutoramento R3 90 C5
Secretario/a deDepartamento R3 90 C6
Secretario/a de Instituto deinvestigación R3 90 C6
Valedor/a da ComunidadeUniversitaria R1 240 C2
Delegado/a do Reitor para oEnsino Medio erepresentante na CIUG R1 240 C2
Adxunto a Vicerreitor/a R2 150 C3

CARGO REDUCIÓN DOCENTE CÓDIGOCOMPLEMENTO OBSERVACIÓNS
CÓDIGO HORAS/CURSO
Delegado de Protección deDatos (DPD) R2 150 C3
Director/a de Centro Singular R2 150 C3
Comisionado/a para oCampus da Cidadanía R2 150 C3
Director/a da Escola dePráctica Xurídica R3 90 C3
Director/a do Centro deEstudos Propios R3 90 C3
Director/a do Hospital ClínicoVeterinario "Rof Codina" R2 150 C3 Acordo coa Fundación Rof-Codina
Director/a do Museo deHistoria Natural R3 90 C4
Director/a do Xardín Botánico R3 90 C4
Director/a do ObservatorioAstronómico "Ramón MariaAller" R3 90 C4
Coordinador/a científico/a da Rede de Estacións Biolóxicas” da USC (REBUSC) R3 90 C4
Director/a do Centro deEstudos e DocumentaciónEuropeos R3 90 C4
Coordinador/a da Oficina deIgualdade R3 90 C4
Coordinador/a do Plan deDesenvolvemento Sostible R3 90 C4

CARGO REDUCIÓN DOCENTE CÓDIGOCOMPLEMENTO OBSERVACIÓNS
CÓDIGO HORAS/CURSO
Director/a Comisario doCentro de BiomedicinaExperimental (CEBEGA) R3 90 C4
Director/a do Centro deTecnoloxías para aAprendizaxe R3 90 C4
Director/a do IV Ciclo R3 90 C4
Director/a de ResidenciaUniversitaria ou ColexioMaior R3 90 C4
Subdirector/a, Director/aadxunto/a ou Secretario/a deCentro Singular R3 90 C5 Só pode aplicarse a un dos cargos
Asesor/a R4 60 C5

ANEXO II RESPONSABLES ACADÉMICOS NA USC

RESPONSABLEACADÉMICO REDUCIÓN DOCENTE CÓDIGO COMPLEMENTO
CÓDIGO HORAS/CURSO
Coordinador/a do Programa "A Ponte" en Lugo R3 90 C4
Subdirector/a de Colexio Maior ou Residencia R4 60 C5
Supervisores/as de instalacións de experimentación decría e de subministro de animais de laboratorio (xefeveterinario do animalario) R4 60 C6
Supervisor/a de Instalación Radiactiva Autorizada (IRA) R4 60 C6
Director/a Científico/a do Museo Domus do Mitreo R3 90 C6
Presidente do Comité de Bioética. R3 90
Secretario/a do Comité de Bioética R4 60
Delegado/a da USC no Centro Superior de Hostelería deGalicia R4 60
Director/a do Centro de Estudos e InvestigaciónsTurísticas (CETUR) R4 60
Coordinador/a de Programa de Doutoramento con 10ou + alumnos novos R4 60
Coordinador/a de Programa de Doutoramento conmenos de 10 alumnos R6 30
Coordinador/a do Practicum de Mestres R3 90
Coordinador/a de Área de Coñecemento (máis de 30profesores) R5 40
Coordinador/a de Área de Coñecemento (16-30profesores) R6 30
Coordinador/a de Área de Coñecemento (menos de 16profesores) R7 20
Director/a do Coro Universitario C4
Coordinador/a de grao/máster universitario (titulación exclusiva da USC) 60
Coordinador/a de grao con programas de dobre grao asociados 30 h adicionais por cada dobre grao
Coordinador/a xeral de grao/máster universitario (título conxunto, sen coordinador/a local) 90
Coordinador/a xeral de grao/máster universitario (título conxunto, con coordinador/a local) 45
Coordinador/a local de grao/máster universitario (título conxunto, con coordinador/a xeral na USC) 45
Coordinador/a local de grao/máster universitario (título conxunto, con coordinador/a xeral de fóra da USC) 60

RESPONSABLE ACADÉMICOCoordinador/a de área decoñecemento (5-15 profesores)Presidente/a do Comité de Ética REDUCIÓN DOCENTE CÓDIGOCOMPLEMENTOC4 OBSERVACIÓNS
CÓDIGOR7R3 HORAS/CURSO2090

RESPONSABLES ACADÉMICOS NOUTRAS ENTIDADES

RESPONSABLE ACADÉMICO REDUCIÓN DOCENTE CÓDIGOCOMPLEMENTO OBSERVACIÓNS
CÓDIGO HORAS/CURSO
Secretario/a Executivo/ado Grupo Compostela(CGU) R3 90 C3 O pago do complementoeconómico faise con cargo aAsociación Grupo Compostelade Universidades (CGU).
Director/a do InstitutoTecnolóxico deMatemática Industrial(ITMATI) R3 90
Director/a da FundaciónCentro de EstudosEurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER) R3 90
Dirección do Centro de Biomedicina e Veterinaria (CEBIOVET) R4 900 O complemento económico será establecido e financiado pola Fundación Rof Codina.

RESPONSABLE ACADÉMICO REDUCIÓN DOCENTE CÓDIGOCOMPLEMENTO OBSERVACIÓNS
HORAS/CURSO
Coordinador/a do nodo galego CLARIAH 120 ---

Este anexo recolle unicamente os responsables académicos que teñan recoñecida redución docente e/ou complemento económico.

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Volver