Modificación do Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC (2023)
NORMA CONSOLIDADA
O Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC, aprobado polo Consello de Goberno o 28 de maio de 2019, recolle no seu anexo ll, entre outros, a relación de Responsables Académicos noutras entidades.
Tendo en conta o informe da Xerencia da Fundación Rof Codina no que se propón recoñecerlle á dirección do Centro de Biomedicina e Veterinaria (CEBIOVET) unha redución docente equiparada á da dirección do Centro de Biomedicina Experimental (CEBEGA), o Consello de Goberno na súa sesión de 26 de xaneiro de 2023, acorda:
Único.
Modificar o Anexo || do Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribucións de cargos e responsables académicos na USC, incluíndo entre os RESPONSABLES ACADÉMICOS NOUTRAS ENTIDADES a dirección do Centro de Biomedicina e Veterinaria (CEBIOVET), coa asignación dunha redución docente de 90O horas/curso (R4). O complemento económico será establecido e financiado pola Fundación Rof Codina.
Disposición derradeira.
Esta modificación entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela.
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.