Modificación do Anexo I do Regulamento da Universidade de Santiago de Compostela polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na Universidade de Santiago de Compostela
NORMA CONSOLIDADA
O Consello de Goberno do 28 de maio de 2019 aprobou o Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC. No seu anexo I figura como cargo académico o de “Director/a de Estación Científica”.
A creación da Rede de Estacións Biolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ten como consecuencia que as Estacións Científicas deixan de ter a consideración de estruturas organizativas, o que comporta a desaparición do mencionado cargo académico unipersoal e a creación do cargo de Coordinador/a científico da citada rede, polo que procede modificar o anexo deste Regulamento.
Por todo o anterior, tendo en conta o establecido no Regulamento da Rede de Estacións Biolóxicas da USC (REBUSC) e en virtude do que dispón o artigo 7 do Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC, o Consello de Goberno ACORDA
Primeiro.
Revogar o cargo de “Director/a de Estación Científica” que figura no Anexo I “Cargos Académicos” do Regulamento.
Segundo.
1. Crear o cargo académico de “Coordinador/a científico/a da Rede de Estacións Biolóxicas” da USC (REBUSC).
2. Este cargo asimílase ao de Director/a de Instituto de investigación para os efectos de redución docente (R3:90 horas/curso) e de complemento retributivo (C4).
3. O cargo de “Coordinador/a científico/a da Rede de Estacións Biolóxicas” terá carácter permanente.
Disposición transitoria.
O cargo de Director/a de Estación Científica manterase ata finais do mes no que entre en vigor esta acordo.
Entrada en vigor.
Este acordo entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Taboleiro electrónico da USC.
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.