Modificación do Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC (2022)
NORMA CONSOLIDADA
O Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC, aprobado polo Consello de Goberno o 28 de maio de 2019, recolle entre os cargos académicos o de director/a do Hospital Clínico Veterinario “Rof Codina”, cunha redución de docencia de 90 horas/curso (R3).
Tendo en conta o informe da Xerencia da Fundación Rof Codina no que se propón asignar ao cargo de director/a do Hospital Clínico Veterinario “Rof Codina” unha redución docente acorde ás novas tarefas que lle foron encomendadas a este cargo, o Consello de Goberno na súa sesión do 29 de setembro de 2022, acorda:
Único.
Modificar o Anexo I do Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribucións de cargos e responsables académicos na USC, asignándolle ao cargo de director/a do Hospital Clínico Veterinario “Rof Codina” unha redución docente de 150 horas/curso (R2).
Disposición derradeira.
Esta modificación entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela.
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.