Resolución reitoral do 14 de xuño de 2016, para a execución dos acordos do Consello de Goberno relativos aos plenos do 1 de marzo e do 7 de xuño de 2016 sobre creación, modificación e supresión de departamentos
NORMA CONSOLIDADA
En execución dos acordos adoptados no Pleno extraordinario do Consello de Goberno do 1 de marzo de 2016, no que se aprobaba a creación, modificación e supresión de certos departamentos e o nomeamento dos directores/as en funcións no exclusivo caso de creación de departamentos; así como no Pleno ordinario do Consello de Goberno do 7 de xuño de 2016, no que se aprobaba ademais a composición transitoria dos Consellos de departamento dos novos departamentos e dos departamentos modificados,
Esta Reitoría RESOLVE:
Primeiro.-
Proceder a constitución efectiva, e con data do 15 de xuño, dos Departamentos que deseguido se relacionan, coa indicación das áreas de coñecemento que os integran:
- Departamento de Bioloxía Funcional- código 2190 (sede na Facultade de Bioloxía no Campus de Santiago de Compostela): áreas de coñecemento 050 Bioloxía Celular, 22O Ecoloxía, e 412 Fisioloxía Vexetal.
- Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física- código 21A6 (sede na Facultade de Bioloxía no Campus de Santiago de Compostela): áreas de coñecemento 420 Xenética, 028 Antropoloxía Física, 045 Bioloxía Animal, e 819 Zooloxía.
- Departamento de Didácticas Aplicadas- código 2195 (sede na Facultade de Ciencias da Educación no Campus de Santiago de Compostela): áreas de coñecemento 185 Debuxo, 187 Didáctica da Expresión Corporal, 189 Didáctica da Expresión Musical, 193 Didáctica da Expresión Plástica, 200 Didáctica da Matemática, 205 Didáctica das Ciencias Experimentais, 195 Didáctica da Lingua e a Literatura, e 210 Didáctica das Ciencias Sociais.
- Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica- código 2196 (sede na Facultade de Farmacia no Campus de Santiago de Compostela): áreas de coñecemento 310 Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, e 315 Farmacoloxía.
- Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e ltaliana- código 2197 (sede na Facultade de Filoloxía no Campus de Santiago de Compostela): áreas de coñecemento 335 Filoloxía Francesa, 350 Filoloxía Italiana, 340 Filoloxía Grega, 355 Filoloxía Latina, e 580 Linguística Indoeuropea.
- Departamento de Filosofía e Antropoloxía- código 2198 (sede na Facultade de Filosofía no Campus de Santiago de Compostela): áreas de coñecemento 030 Antropoloxía Social, 375 Filosofía, 383 Filosofía Moral, 460 Historia da Ciencia, e 585 Lóxica e Filosofía da Ciencia.
- Departamento de Análise Matemática, Estatística e Optimizacióncódigo 2188 (sede na Facultade de Matemáticas no Campus de Santiago de Compostela): áreas de coñecemento 015 Análise Matemática, e 265 Estatística e Investigación Operativa.
- Departamento de Matemáticas- código 21A2 (sede na Facultade de Matemáticas no Campus de Santiago de Compostela): áreas de coñecemento 005 Álxebra, e 440 Xeometría e Topoloxía.
- Departamento de Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias- código 2189 (sede na Facultade de Veterinaria no Campus de Lugo): áreas de coñecemento 025 Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas, 700 Produción Animal, e 079 Ciencias Clínicas Veterinarias.
- Departamento de Pedagoxía e Didáctica- código 21A3 (sede na Facultade de Ciencias da Educación no Campus de Santiago de Compostela): áreas de coñecemento 215 Didáctica e Organización Escolar, 625 Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, e 805 Teoría e Historia da Educación.
- Departamento de Ciencia Política e Socioloxía- código 2191 (sede na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais no Campus de Santiago de Compostela): áreas de coñecemento O7O0 Ciencia Política e da Administración, 775 Socioloxía, e 743 Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento.
- Departamento de Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia, e Pediatría- código 2192 (sede na Facultade de Medicina e Odontoloxía no Campus de Santiago de Compostela): áreas de coñecemento 020 Anatomía Patolóxica, 613 Medicina Legal e Forense, 807 Toxicoloxía, 645 Obstetricia e Xinecoloxía, e 670 Pediatría.
- Departamento de Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicascódigo 2193 (sede na Facultade de Medicina e Odontoloxía no Campus de Santiago de Compostela): áreas de coñecemento 090 Cirurxía, 646 Oftalmoloxía, 830 Traumatoloxía e Ortopedia, 817 Uroloxía, 183 Dermatoloxía, 653 Otorrinolaringoloxía, e 275 Estomatoloxía.
- Departamento de Historia- código 2199 (sede na Facultade de Xeografía e Historia no Campus de Santiago de Compostela): áreas de coñecemento 450 Historia Contemporánea, 455 Historia de América, 033 Arqueoloxía, 040 Biblioteconomía e Documentación, 085 Ciencias e Técnicas Historiográficas, 445 Historia Antiga, 695 Prehistoria, 485 Historia Medieval, e 490 Historia Moderna.
Segundo.-
Proceder á modificación efectiva, e con data do 15 de xuño, dos Departamentos que se relacionan:
- Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría- código 21A9 (sede na Escola Politécnica Superior no Campus de Lugo), antes denominado Departamento de Produción Vexetal: áreas de coñecemento Produción Vexetal, e 720 Proxectos de Enxeñaría.
- Departamento de Economía Aplicada- código 21A7 (sede na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais no Campus de Santiago de Compostela): áreas de coñecemento 225 Economía Aplicada, 235 Economía, Socioloxía e Política Agraria, e 480 Historia e Institucións Económicas.
- Departamento de Física de Partículas- código 21A8 (sede na Facultade de Física no Campus de Santiago de Compostela): áreas de coñecemento 390 Física Atómica, Molecular e Nuclear, 405 Física Teórica, e 395 Física da Materia Condensada.
- Departamento de Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública- código 21AS5 (sede na Facultade de Medicina e Odontoloxía no Campus de Santiago de Compostela): áreas de coñecemento 615 Medicina Preventiva e Saúde Pública, 745 Psiquiatría, 770 Radioloxía e Medicina Física, 255 Enfermaría, e 610 Medicina.
- Departamento Dereito Público Especial e da Empresa- código 2194 (sede na Facultade de Dereito no Campus de Santiago de Compostela), antes denominado Dereito Público Especial: áreas de coñecemento 150 Dereito Financeiro e Tributario, 170 Dereito Penal, 175 Dereito Procesual, 381 Filosofía do Dereito, 470 Historia do Dereito e das Institucións, 140 Dereito do Traballo e da Seguridade Social, e 165 Dereito Mercantil.
- Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingúística Xeral- código 21A1 (sede na Facultade de Filoloxía no Campus de Santiago de Compostela), antes denominado Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingúística Xeral: áreas de coñecemento 575 Lingúística Xeral, 583 Literatura Española, 796 Teoría da Literatura e Literatura Comparada, e 567 Lingua Española.
- Departamento de Enxeñaría Agroforestal- código 21A9 (sede na Escola Politécnica Superior no Campus de Lugo): áreas de coñecemento Expresión “Gráfica da Enxeñería, Enxeñería Agroforestal, Enxeñería Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría, Enxeñería Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos, Enxeñería do Terreo, Enxeñería da Construción, Enxeñería e Infraestruturas dos Transportes, e Enxeñería Hidráulica.
Terceiro.-
Proceder á supresión efectiva, e con data do 15 de xuño, dos Departamentos que deseguido se relacionan:
- Álxebra (2143)
- Análise Matemática (2141)
- Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses (2174)
- Anatomía e Produción Animal (2173)
- Bioloxía Celular e Ecoloxía (2180)
- Ciencias Clínicas Veterinarias (2185)
- Ciencia Política e da Administración (2182)
- Cirurxía (2119)
- Dereito Mercantil e do Traballo (2102)
- Dermatoloxía e Otorrinolaringoloxía (2177)
- Didáctica das Ciencias Experimentais (2160)
- Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal (2158)
- Didáctica da Lingua e a Literatura e das Ciencias Sociais (2157)
- Didáctica e Organización Escolar (2130)
- Enfermaría (2161)
- Estatística e Investigación Operativa (2145)
- Estomatoloxía (2178)
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica (2153)
- Farmacoloxía (2163)
- Filosofía e Antropoloxía Social (2129)
- Filoloxía Francesa e ltaliana (2123)
- Física da Materia Condensada (2135)
- Fisioloxía Vexetal (2184)
- Historia 1(2138)
- Historia Contemporánea e de América (2155)
- Historia Medieval e Moderna (2139)
- Historia e Institucións Económicas (2106)
- Latín e Grego (2126)
- Lingua Española (2175)
- Lóxica e Filosofía Moral (2162)
- Medicina (2166)
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación (2133)
- Obstetricia e Xinecoloxía (2168)
- Pediatría (2121)
- Psicoloxía Organizacional, Xurídico-Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento (2187)
- Socioloxía (2181)
- Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social (2131)
- Xenética (2179)
- Xeometría e Topoloxía (2144)
- Zooloxía e Antropoloxía Física (2116)
Cuarto.-
Ordenar a composición transitoria dos Consellos de departamento resultante da fusión dos consellos dos Departamentos suprimidos con data do 15 de xuño de 2016.
Quinto.-
Ordenar que os Consellos dos departamentos que son modificados pola incorporación dunha ou de varias áreas (áreas que constituían un departamento que se extingue ou que procedían dun departamento que permanece) incorporen os membros de ditas áreas que formaban parte do Consello do departamento suprimido ou do departamento do cal aquelas se escindiron. A dirección do departamento subsistente non sufre ningunha modificación.
Sexto.-
Ordenar, no caso de excisión dunha área dun departamento, que os representantes dos alumnos/as matriculados en materias asignadas a dita área se incorporen ao Consello do Departamento onde aquela sexa integrada.
Os representantes dos estudantes que estean matriculados en materias asignadas a áreas do departamento orixinal tamén quedarán como representantes no Consello deste.
Sétimo.-
Ordenar a incorporación nos novos Consellos dos departamentos xurdidos dunha fusión dun membro do persoal de administración e servizos designado por eles de entre eles e, no seu defecto, o que leve máis tempo vinculado á Universidade de Santiago de Compostela como funcionario ou contratado laboral, segundo a aplicación por analoxía do artigo 50.4 Regulamento Electoral Xeral. A mesma solución aplicarase no suposto de integración dun departamento noutro preexistente.
Oitavo.-
Declarar que os novos e transitorios Consellos de departamento ostentan todas e cada unha das competencias que lle son encomendadas aos departamentos non incursos en supresión ou modificación segundo o artigo 106 dos Estatutos.
Noveno.-
Declarar que os directores/as en funcións dos novos departamentos deberán convocar un proceso electoral aos efectos de elixir o director/a titular.
Este proceso electoral deberá estar rematado o día 31 de decembro de 2016.
Décimo.-
Ordenar que a Secretaría Xeral dite as instrucións oportunas para a aplicación do disposto nesta resolución e remita ao director/a en funcións do novo departamento ou ao director/a do departamento modificado, e antes do 15 de xuño de 2016, a composición dos Consellos de departamento transitorios de ditos departamentos.
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2016
O Reitor,
Juan M. Viaño Rey
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.