Normas de xestión para aloxamento de congresos no servizo universitario de residencias da USC

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 0509
Departamento: Consello de Goberno
Estado: En vigor
Texto Texto con anotacións

Aprobadas polo Consello de Goberno o 30 de marzo de 2005

O Servizo Universitario de Residencias (SUR) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) é un Servizo cunha acreditación avalada pola confianza e satisfacción que amosan os seus usuarios. A situación xeográfica, as instalacións de que dispón e os servizos adicionais que se ofrecen (cafeterías, comedores, bibliotecas, salas de informática con internet, etc...) son boa mostra da vontade institucional de consolidar, aínda máis, o SUR como un servizo de calidade para beneficio dos individuos e de toda a colectividade universitaria.

Malia a todo, queremos avanzar na mellora da eficacia cunha xestión responsable da ocupabilidade dos Centros. É por iso que pedimos a todos os sectores implicados neste proceso a súa colaboración no cumprimento das presentes normas:

Artigo 1.

O/A responsable da organización do Congreso ou persoa en quen delegue, solicitará a reserva de prazas mediante o modelo que aprobe a Vicerreitoría de Extensión Cultural e Servizos á Comunidade Universitaria, que deberá cumprimentar en todos os seus apartados, e enviarao á dirección de correo electrónico que figure no mesmo.

Cunha antelación non superior a doce meses á realización do Congreso, poderán solicitarse ata un máximo de reserva de 200 prazas. As solicitudes excepcionais, que excedan dese máximo da reserva antes indicada, serán analizadas pola Vicerreitoría de Extensión Cultural e Servizos á Comunidade Universitaria.

Artigo 2.

Recibidas as solicitudes, e tamén mediante correo electrónico, a Sección de Servizos á Comunidade Universitaria (en adiante a Sección), do Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado, comunicaralle ao/á solicitante, en que centros do SUR se lle fixo a reserva para os congresistas, tendo sempre en conta as preferencias de centros amosadas e a dispoñibilidade de prazas.

Artigo 3.

O/A responsable do Congreso ou persoa en quen delegue, poderá realizar modificacións no número das reservas feitas inicialmente, ata dous meses antes no caso de congresos propios e de tres nos alleos , da ocupación das prazas.

As prazas non anuladas neste prazo constituirán a reserva firme . Nese momento a Sección notificaralle o/a responsable ou persoa en quen delegue, o custo que supón o 25 por 100 do total do aloxamento cuxo importe, para poder proceder elevar a definitiva a reserva, deberá aboar no prazo de 7 días desde a notificación mediante:

a. Folla de pedimento

b. En Caixa Galicia por medio do impreso normalizado ao efecto, dispoñible nas residencias, colexios maiores e no Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado

c. Transferencia bancaria á conta desta Universidade nº 2091 0388 98 3110001172 de Caixa Galicia, Oficina Principal, Santiago de Compostela.

Os xustificantes de pago enviaranse a:

Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado

Sección de Servizos á Comunidade Universitaria

Pavillón Estudantil - Campus Sur

15782-Santiago de Compostela

Recibido o xustificante de pago comunicaráselle ao/á responsable do Congreso ou persoa en quen delegue de forma definitiva, en que centros do SUR se aloxaran os congresistas.

De non recibirse o dito xustificante no prazo deses 7 días, entenderase que se renuncia á petición efectuada.

Artigo 4.

Cun mínimo de dez días de antelación á celebración do Congreso , se son congresos propios da USC, e dun mes , se son congresos alleos, deberán remitir á Sección, o xustificante de ter aboado o 75 por 100 restante do importe total e o listado dos asistentes cos centros asignados a cada un.

Neste momento, e sin que supoña ningún custo, admitirase unha anulación dun 10 por 100 das prazas que constituíron a reserva firme, o resto aboaranse integramente sexan ou non ocupadas.

O pago será efectuado sempre polo/a responsable do Congreso emitíndose unha única factura.

Artigo 5.

Os prezos, que como norma xeral serán revisados anualmente, son os que figuran como Anexo I a estas normas

ANEXO I PREZOS DE ALOXAMENTO NO SUR PARA CONGRESOS ANO 2005

1. PREZOS DE CUARTOS INDIVIDUAIS E DOBRES POR DÍA

Cuarto individual Cuarto dobre
25€ 40€

A estes prezos hai que engadirlle o 7% do IVE

2. PREZOS DE APARTAMENTOS.

Os apartamentos están ubicados na Residencia Universitaria Burgo das Nacións.

Características :

Todos teñen os seguintes servizos : cuarto de baño, salón con cama supletoria, cociña, TV, microondas, neveira e menaxe.

Dous apartamentos pequenos : un cuarto con dúas camas individuais, Catro apartamentos medianos : un cuarto cunha cama de matrimonio e outro cunha cama individual e, Tres apartamentos grandes : un cuarto cunha cama de matrimoio e outro con dúas camas individuais.

Nos seguintes cadros calcúlase os prezos por día

PREZOS PARA OS APARTAMENTOS PEQUENOS
DIAS
1 DIA 44 €
2 DIAS 88 €
3 DIAS 132 €
4 DIAS 176 €
5 DIAS 220 €
6 DIAS 264 €
7 DIAS 308 €
8 DIAS 352 €
9 DIAS 396 €
10 DIAS 440 €
11 DIAS 453,20 €
12 DIAS 466,40 €
13 DIAS 479,60 €
14 DIAS 492,80 €
15 DIAS 506,00 €
16 DIAS 519,20 €
17 DIAS 532,40 €
18 DIAS 545,60 €
19 DIAS 558,80 €
20 DIAS 572,00 €
21 DIAS 580,80 €
22 DIAS 589,60 €
23 DIAS 598,40 €
24 DIAS 607,20 €
25 DIAS 616,00 €
26 DIAS 624,80 €
27 DIAS 633,60 €
28 DIAS 642,40 €
29 DIAS 651,20 €
30 DIAS 660,00 €

PREZOS PARA OS APARTAMENTOS MEDIANOS
DIAS
1 DIA 50 €
2 DIAS 100 €
3 DIAS 150 €
4 DIAS 200 €
5 DIAS 250 €
6 DIAS 300 €
7 DIAS 350 €
8 DIAS 400 €
9 DIAS 450 €
10 DIAS 500 €
11 DIAS 515 €
12 DIAS 530 €
13 DIAS 545 €
14 DIAS 560 €
15 DIAS 575 €
16 DIAS 590 €
17 DIAS 605 €
18 DIAS 620 €
19 DIAS 635 €
20 DIAS 650 €
21 DIAS 660 €
22 DIAS 670 €
23 DIAS 680 €
24 DIAS 690 €
25 DIAS 700 €
26 DIAS 710 €
27 DIAS 720 €
28 DIAS 730 €
29 DIAS 740 €
30 DIAS 750 €

PREZOS PARA OS APARTAMENTOS GRANDES
DIAS
1 DIA 61 €
2 DIAS 122 €
3 DIAS 183 €
4 DIAS 244 €
5 DIAS 305 €
6 DIAS 366 €
7 DIAS 427 €
8 DIAS 488 €
9 DIAS 549 €
10 DIAS 610 €
11 DIAS 628,30 €
12 DIAS 646,60 €
13 DIAS 664,90 €
14 DIAS 683,20 €
15 DIAS 701,50 €
16 DIAS 719,80 €
17 DIAS 738,10 €
18 DIAS 756,40 €
19 DIAS 774,70 €
20 DIAS 793,00 €
21 DIAS 805,20 €
22 DIAS 817,40 €
23 DIAS 829,60 €
24 DIAS 841,80 €
25 DIAS 854,00 €
26 DIAS 866,20 €
27 DIAS 878,40 €
28 DIAS 890,60 €
29 DIAS 902,80 €
30 DIAS 915,00 €

A estes prezos hai que engadirlle o 7% do IVE

3. PREZOS POR DÍA PARA O ESTUDANTADO EN CONGRESOS ORGANIZADOS POLA USC

Aplícaselles estes prezos as asociacións estudantís e ao estudantado que esté matriculado en estudos conducentes á obtención de titulacións de grao ou de posgrao e CAP ou equivalente, tanto se organizan congresos como se participan neles.

Cuarto individual Cuarto dobre
12€ 20€

A estes prezos hai que engadirlle o 7% do IVE

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Volver