Resolución da Secretaría Xeral que autoriza os sistemas de acceso de credenciais se servizos de identificación de terceros de ama difusión nas relacións electrónicas para o seu emprego como medios de identificación e sinatura nos procedementos de contratación de profesorado non permanente

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 0411
Departamento: Secretaría Xeral
Estado: En vigor
Texto Texto con anotacións

O artigo 24 do "Regulamento polo que se implantan medios electrónicos que facilitan o acceso da cidadanía aos servizos públicos da Universidade de Santiago de Compostela e se crea a sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, o rexistro electrónico e o taboleiro de anuncios da USC", establece que para acceder aos servizos desde a sede electrónica, a cidadanía e o persoal universitario poderán utilizar calquera dos sistemas de sinatura electrónica admitidos pola USC, conforme a política de sinatura da USC debendo asegurar a integridade e a autenticidade de documentos electrónicos, engadindo, no seu parágrafo 3, que a USC establecerá na súa política de sinatura os sistemas e certificados electrónicos admitidos para relacionarse electronicamente con ela.

A Resolución do 26 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se aproba a política de sinatura electrónica sinala, por unha banda, no seu artigo 6, que “para facilitar o acceso de persoas de nacionalidades distintas da española no uso de procedementos da USC poderán utilizarse de xeito excepcional outros sistemas de acceso para alumnos estranxeiros ou solicitantes estranxeiros en convocatorias da USC, procurando que sexan mecanismos de identificación que utilicen credenciais de servizos de identificación de terceiros de ampla difusión nas relacións electrónicas. Estes medios de identificación non serán de uso xeral, senón que terán que autorizarse de forma expresa mediante resolución da Secretaría Xeral, logo de informe preceptivo da ATIC, para cada procedemento onde se demanden”.

Por outra banda, o artigo 7 da citada Resolución da Secretaría Xeral pola que se aproba a política de sinatura electrónica determina que “para facilitar o acceso de persoas de nacionalidades distintas da española no uso de procedementos da USC, poderán utilizarse de xeito excepcional outros sistemas de sinatura para alumnado estranxeiro ou solicitantes estranxeiros en convocatorias da USC, procurando que sexan mecanismos de sinatura que utilicen credenciais de servizos de identificación de terceiros de ampla difusión nas relacións electrónicas. Estes medios de sinatura non serán de uso xeral, senón que terán que autorizarase de forma expresa mediante resolución da Secretaría Xeral, logo de informe preceptivo da ATIC para cada procedemento en que se demanden”.

Por todo o anterior, Esta Secretaría Xeral AUTORIZA o sistema de acceso de credenciais de servizos de identificación de terceiros de ampla difusión nas relacións electrónicas (Google, Facebook, Twitter e Microsoft) para o seu emprego como medios de identificación e sinatura nos seguintes procedementos:

• Contratación de profesorado non permanente

A Secretaria Xeral

Dulce Mª García Mella

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Volver