Instrucción VII da Xerencia pola que se determina o procedemento de xestión para dar cumprimento aos requirimentos do subministro inmediato de información (SII) á axencia tributaria en relación co ive devengado e soportado
NORMA CONSOLIDADA
No Real Decreto 596/2016, de 2 de decembro, para a “modernización, mejora e impulso de medios electrónicos en la gestión del impuesto sobre el valor añadido” e na Orde HFP/ de 12 de maio “por la que se regulan las especificaciones normativas y técnicas que desarrollan la llevanza de los libros registro del IVA”, desenvólvense os requirimentos de información sobre o IVE soportado nas facturas recibidas e no IVE repercutido na facturación expedida.
O subministro inmediato de información (SII) comeza o día 1 de xullo de 2017. Os prazos para enviar os datos de facturación á Axencia Tributaria son de oito días (excluídos sábados, domingos e festivos nacionais), prazo que a partir de 1 de xaneiro de 2018 será de catro días.
O procedemento de xestión que se establece nesta universidade con tal motivo será o seguinte:
FACTURACIÓN RECIBIDA
1. As obrigas contabilizadas en SIC-3 e que se correspondan con “documento de gasto factura” transmitiranse á Axencia Tributaria pola área TIC mediante “servizos web” (ficheiros electrónicos ”xml”).
2. O intre da transmisión corresponde co de consignación en e-SICUS de que as obrigas están contabilizadas (con código emisión SIC).
3. Os erros que no seu caso devolva a Axencia Tributaria á área TIC serán comunicados ao servizo de contabilidade, orzamentos e tesouraría para que os resolva de tratarse de cuestións de índole contable.
FACTURACIÓN EXPEDIDA
1. A facturación expedida pola USC mediante o programa e-SICUS e o programa de facturación da OIT será transmitida á Axencia tributaria mediante “servizos web” pola área TIC no prazo establecido normativamente.
2. A facturación do resto de centros e servizos da universidade, namentres non se descentralice o módulo de facturación do programa e-SICUS e se adapten as aplicacións ou ficheiros de saída das aplicacións de facturación existentes, será transmitida polo servizo de contabilidade, orzamentos e tesouraría introducindo manualmente os datos requiridos de facturación no “formulario publicado na sede electrónica da axencia tributaria”.
3. Os diferentes centros da universidade indicados no apartado 2 anterior enviarán ao servizo de contabilidade a facturación expedida como máximo o día seguinte. O envío realizarase ao correo electrónico facturacion.siiusc.es e consistirá nun ficheiro “pdf” por cada factura expedida. Unha vez remesada a factura non poder ser modificada agás previa autorización do servizo de contabilidade, orzamentos e tesouraría.
4. Os servizos que teñen aplicación propia de facturación (publicacións, deportes, residencias), ademais dos pdf indicados no punto anterior terán que enviar o resume diario das facturas simplificadas (sen NIF) indicando o total da “base impoñible”, “IVE repercutido”e o “número inicial e final” das vendas ou servizos do día; o envío destas facturas simplificadas debe realizarse o máis axiña posible para que o servizo de contabilidade, orzamentos e tesouraría poida cumprir o prazo de 8 días (ou 4 días a partires do 1 de xaneiro de 2018).
ENTRADA EN VIGOR
O subministro inmediato de información (SII) entra en vigor o día 1 de xullo de 2017 e, polo tanto, a partir desa data os diferentes centros e servizos deben aplicar o procedemento establecido nesta instrución.
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2017
O XERENTE
José Manuel Villanueva Prieto
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.