Acordo do consello de goberno do 23 de novembro de 2023 polo que se modifica o Regulamento de xestión e uso de espazos da Universidade de Santiago de Compostela

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 1133
Departamento: Consello de Goberno
Estado: En vigor
Texto Texto con anotacións

O Claustro da Universidade de Santiago de Compostela aprobou o 2 de decembro de 2022 aprobou as liñas xerais do orzamento para o ano 2023 que contiñan un mandato para asegurar o acceso a equipamento informático de todo o persoal investigador da universidade, con independencia do capítulo con cargo ao que estea contratado. O Regulamento de xestión e uso de espazos da Universidade de Santiago de Compostela non recolle de xeito expreso a responsabilidade na asignación destes recursos polo que se estima conveniente precisar no texto esta atribución no sentido de garantir que o persoal conte cos recursos necesarios, sen prexuízo da estrutura á que lle corresponda a súa adquisición ou posta a disposición.

Á vista do anterior e tendo en conta as competencias atribuídas ao Consello do Goberno polos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, este órgano

ACORDA

Artigo único. Modificación do Regulamento de xestión e uso de espazos da Universidade de Santiago de Compostela

O Regulamento de xestión e uso de espazos da Universidade de Santiago de Compostela queda redactado como segue:

Un. Modifícase o artigo 5, apartado 2, que queda redactado como segue:

«Artigo 5. Facultades, escolas e departamentos

[...]

2. No marco da programación a que se refire o número anterior, corresponde ás direccións de centro a xestión dos espazos do centro e, dentro desta atribución, as direccións de centro garantirás que o persoal docente e investigador e o persoal empregado investigador do centro dispoñan do equipamento preciso (mobiliario e equipamento informático) para o desenvolvemento ordinario da súa actividade docente e investigadora. A supervisión da devandita xestión pola Xunta de Facultade ou Escola poderá levarse a cabo a través dunha comisión delegada desta, que terá a denominación, composición e funcións que determine o regulamento de réxime interno do centro ou que acorde a Xunta de centro, procurando a representación adecuada dos departamentos, institutos, unidades e outras estruturas organizativas da USC que teñan sede física no centro.»

Dous. Modifícase o artigo 6, apartado 1, que queda redactado como segue:

«Artigo 6. Estruturas de investigación

1. É competencia dos/as directores/as e directores/as científicos/, respectivamente, dos institutos e centros singulares de investigación a organización, distribución e asignación, segundo as súas dispoñibilidades, dos espazos de uso investigador e outros usos compatibles cos mencionados no artigo 3 deste regulamento. Dentro desta atribución, as direccións de centro garantirás que o persoal docente e investigador e o persoal empregado investigador do centro dispoñan do equipamento preciso (mobiliario e equipamento informático) para o desenvolvemento ordinario da súa actividade docente e investigadora.»

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Volver