Acordo polo que se autoriza a gravación das sesións do Consello de Goberno
NORMA CONSOLIDADA
CONSUELO FERREIRO REGUEIRO, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA,
CERTIFICA, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno da USC, na sesión ordinaria celebrada o día 4 de novembro de dous mil quince, adoptou o acordo polo que se autoriza a gravación das sesións do Consello de Goberno nos termos seguintes:
• A gravación conterá a totalidade das intervencións efectuadas no Pleno, sen cortes.
• A gravación se recollerá nun soporte informático cuxa custodia corresponderá a Secretaría Xeral.
• A gravación estará lista para a consulta por calquera membro do órgano colexiado a partir da convocatoria que leva incorporada a acta da sesión.
• A consulta se efectuará previa petición por escrito a Secretaría Xeral do punto ou dos puntos da orde do día que se desexan coñecer.
Unha vez aprobada a acta terá a consideración de anexo I o soporte informático onde figure a gravación.
E para que así conste, asino a presente certificación, en Santiago de Compostela, a 20 de novembro de dous mil quince, co Voº e Prace do sr. reitor.
Vº e Prace
O reitor
Juan M. Viaño Rey
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.