Creación do cargo de delegado/da do/da reitor/a

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 0022
Departamento: Consello de Goberno
Estado: En vigor

O Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC, aprobado polo Consello de Goberno o 29 de maio de 2019, no seu artigo 7 dispón que este órgano poderá acordar a creación doutros cargos en función das necesidades de goberno, administración ou xestión da USC.

Para a boa xestión e goberno da Universidade considerase necesario dispor da figura de delegado/da do reitor/a para atender aquelas políticas de carácter transversal que por non ser de competencia das Vicerreitorías, da Xerencia ou da Secretaría Xeral, sigan figurando baixo a órbita da Reitoría.

Tendo en conta o anterior, o Consello de Goberno na súa sesión do 28 de abril de 2022 ACORDOU:

Primeiro.

Creación do cargo de delegado/da do reitor/a Crease o cargo de delegado/da do/da reitor/a que terá por obxecto promover e desenvolver aquelas políticas de carácter transversal que, por non ser de competencia das Vicerreitorías, da Xerencia ou da Secretaría Xeral, sigan figurando baixo a órbita do/da reitor/a.

O cargo de delegado/da do/da reitor/a será desempeñado por persoal da comunidade universitaria que cumpra os requisitos establecidos no artigo 3.1 do Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na Universidade de Santiago de Compostela.

Terá a consideración de cargo unipersoal, de carácter permanente, con redución docente de 150 horas/curso (código R2) e complemento retributivo asimilado ao de decano/na (código C3).

O seu nomeamento e cese realizaranse de conformidade co artigo 5 do mencionado regulamento.

Disposición adicional

A Secretaría Xeral incorporará o cargo de delegado/da do/da reitor/a ao rexistro de cargos académicos.

Disposición derradeira

Este acordo será de aplicación desde a data da súa publicación no Taboleiro Electrónico Oficial da Universidade de Santiago de Compostela.

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Volver