Modificación do Baremo de méritos para a provisión de postos de PAS funcionario (2020)
NORMA CONSOLIDADA
DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICA, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión ordinaria celebrada o 29 de decembro de 2020 aprobou unha modificación do primeiro parágrafo do APARTADO B) do Baremo de méritos para a provisión de postos de PAS funcionario aprobado o 26 de marzo de 2014 polo Consello de Goberno, que queda redactado como segue: “Aplicable aos postos que se oferten a concurso específico."
E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor.
Vº e prace
O reitor
Antonio López Díaz
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.