Modificación do Regulamento de indemnizacións por razón do servizo da USC

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 1139
Departamento: Consello de Goberno
Estado: En vigor
Texto Texto con anotacións

Por acordo do Consello de Goberno do 29 de decembro de 2020 aprobouse o regulamento de indemnizacións por razón de servizo da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Mediante instrución da xerencia do 5 de setembro de 2023 actualizouse o importe de percepción de axudas pola utilización do vehículo particular, en aplicación do previsto na Orde HFP/793/2023, de 12 de xullo, pola que se revisa o importe da indemnización por uso de vehículo particular establecida no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, e a Orde HFP/792/2023, de 12 de xullo, pola que se revisa a contía das dietas e asignacións para gastos de locomoción no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.

No artigo 9 do regulamento de indemnizacións por razón de servizo da USC establecese o dereito a percepción de indemnización por axuda de custo por gastos de manutención e aloxamento e no Anexo II fixase o importe a percibir.

En data 2 de decembro de 2023, entrouen vigor a Resolución do 24 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de novembro de 2023, polo que se actualizan os importes das axudas de custo por razón do servizo en territorio nacional para gastos por aloxamento e manutención e da indemnización por uso de vehículo particular para o persoal empregado público da Xunta de Galicia.

A actualización realizada na Resolución sinalada trae como causa o tempo transcorrido desde a última revisión, e as circunstancias da situación económica actual, apreciándose a necesidade de actualizar determinados importes:por unha banda, os das indemnizacións por razón do servizo en territorio nacional para gastos por aloxamento e manutención previstas.

Esta modificación adapta os importes a percibir na Universidade á normativa autonómica en materia de indemnizacións por razón de servizo.

Á vista do anterior, proponse:

1.

Ao Consello de Goberno actualizar o Anexo II do Regulamento de indemnizacións por razón do servizo da USC quedando establecido os seguintes importes:

Grupos Por aloxamento Por manutención Media Manutención Axuda enteira
Grupo I 120,92 53,34 26,67 174,26
Grupo II 77,78 44,09 22,05 121,87

Axudas de locomoción(1)
0,26 €/km

(1) En vigor dende o 6 de setembro de 2023

2.

Remitir a proposta ao Consello Social para a súa ratificación

3.

A publicación desta modificación no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela e a súa entrada en vigor a partir do día seguinte da súa publicación.

Santiago de Compostela,

Javier Ferreira Fernández

Xerente

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Volver