Modificación do Regulamento de Mobilidade de PAS funcionario
NORMA CONSOLIDADA
DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DECOMPOSTELA, CERTIFICO:
Antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión ordinaria que tivo lugar o día 11 de outubro de 2023 aprobou a modificación da disposición transitoria segunda do Regulamento de Mobilidade de PAS funcionario que queda redactada como segue:
“Disposición transitoria segunda. Ata que se establezan os mecanismos oportunos co fin de que de conformidade co artigo 6 se convoquen semestralmente os concursos ordinarios, continuarase aplicando, para os postos base que o teñan solicitado, o previsto no apartado Quinto da resolución da xerencia de 15 de xullo de 2019, pola que se establece o procedemento para a adxudicación das comisións de servizo.”
E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.