Acordo do 28 de maio de 2025, do Consello de Goberno polo que se aproba o Regulamento dos niveis mínimos e máximos dos corpos ou escalas do persoal técnico de xestión, de administración e servizos funcionario da Universidade de Santiago de Compostela

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 1244
Departamento: Consello de Goberno
Estado: En vigor

A Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, dispón no seu artigo 89.3, o seguinte:

“El personal técnico, de gestión y de administración y servicios funcionario se rige por lo establecido en esta ley orgánica y en el texto refundido de la Ley del Estatuto Básico del Empleado Público, así como por los Pactos y Acuerdos previstos en su artículo 38.(…)

Asimismo, este personal funcionario y laboral se regirá por lo dispuesto en los Estatutos de las universidades. En relación con este personal, corresponde a las Comunidades Autónomas la regulación de las materias expresamente remitidas por esta ley orgánica y aquellas otras que puedan corresponderle en el ámbito de sus competencias”.

O artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, regula os grupos de clasificación do persoal funcionario de carreira. Deste modo, os corpos e escalas clasifícanse de acordo coa titulación esixida para o acceso aos mesmos, nos seguintes grupos:

a) Grupo A, dividido nos subgrupos A1 e A2:título universitario de grao, agás nos supostos nos que a Lei esixa outro título universitario.

b) Grupo B:título de técnico superior.

c) Grupo C, dividido nos subgrupos C1 e C2:título de bacharel ou técnico para o subgrupo C1 e título de graduado en educación secundaria obrigatoria para o subgrupo

C2 Pola súa banda, a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, establece, no seu artigo 8, que o persoal funcionario de administración e servizos das universidades públicas galegas réxese pola dita lei en todo o que non estea expresamente regulado pola lexislación orgánica de universidades e as súas disposicións de desenvolvemento

Así mesmo, o artigo 36.4 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela

(Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, DOG nº 29, do 12 de febreiro) sinala que o persoal funcionario de administración e servizos réxese pola Lei orgánica de universidades e as disposicións autonómicas que a desenvolvan, polo Estatuto básico do empregado público e as disposicións de desenvolvemento deste que aprobe a Comunidade Autónoma de Galicia, e por estes Estatutos e a súa normativa de desenvolvemento.

A continuación, no seu artigo 40, declara que os grupos de clasificación profesional do persoal técnico de xestión, de administración e servizos funcionario da Universidade, son os establecidos no devandito artigo 76 do Estatuto básico do empregado público.

De conformidade co artigo 21 da Lei 30/1984, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, os postos de traballo do persoal funcionario clasifícanse en 30 niveis.

O nivel de posto é un dos elementos de clasificación de postos de traballo de réxime funcionarial, baseada nunha escala progresiva e xerárquica desde o nivel 1 ao 30 e con efectos organizativos, de promoción profesional, retributivos e sancionadores.

Na Universidade de Santiago de Compostela, a través das correspondentes modificacións de Relacións de Postos de Traballo, aprobadas polos órganos e goberno co acordo da representación sindical, foron mudando os niveis dos postos base e dos postos singularizados de cada subgrupo e escala do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos funcionario ao longo dos anos.

Ao abeiro da autonomía universitaria recollida no artigo 27.10 da Constitución, da potestade de autoorganización da Universidade, e baixo o principio de seguridade xurídica, que se configura como básico do noso ordenamento xurídico que garante a certeza e, conseguintemente, a preditibilidade e a confianza lexítima en relación coa actividade administrativa, cómpre determinar regulamentariamente os niveis mínimos e máximos dos subgrupos dos corpos ou escalas do persoal funcionario técnico de xestión, de administración e servizos da Universidade de Santiago de Compostela.

Á vista do exposto, a proposta da Xerencia, previo informe da Xunta de persoal funcionario técnico, de xestión, de administración e servizos, en virtude das competencias atribuídas polos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, o Consello de Goberno, na súa sesión do 28 de maio de 2025, ACORDA:

Artigo 1. Obxecto

Este regulamento ten por obxecto establecer os intervalos de niveis de postos de traballo, da relación de postos de traballo da Universidade de Santiago de Compostela, do persoal funcionario técnico de xestión, de administración e servizos que correspondan a cada corpo ou escala, de acordo co subgrupo en que estean clasificados.

Artigo 2. Intervalos de niveles

Os intervalos dos niveis de postos de traballo que corresponden a cada corpo ou escala, de acordo co subgrupo en el que figuren clasificados, son os seguintes:

SUBGRUPO NÍVEL MÍNIMO NIVEL MÁXIMO
A1 23 30
A2 21 28
C1 17 25
C2 17 20

Artigo 3. Efectos

Ao abeiro da disposición transitoria oitava, apartado 1.f) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, que establece que o persoal funcionario de novo ingreso comezará a consolidar o grao correspondente ao nivel básico do seu corpo ou escala, con independencia do nivel do posto de traballo que pase a desempeñar, este regulamento aplicarase ao persoal funcionario de novo ingreso, con efectos retroactivos desde a entrada en vigor da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, co fin de garantir a consolidación do grao correspondente segundo os niveis mínimos da escala recollidos no artigo anterior.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

A presente norma entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela.

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Volver