Acordo polo que se limita a concorrencia no acceso ás prazas de profesorado asociado de Ciencias Veterinarias no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela ao persoal facultativo do cadro de persoal do Hospital Veterinario Universitario da Fundación Rof Codina (HVU-FRC)

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 1171
Departamento: Consello de Goberno
Estado: En vigor

I

O Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, segundo os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, ten dous obxectivos fundamentais:o desenvolvemento do labor asistencial clínico veterinario, co fin de mellorar as funcións docentes e investigadoras propias dos departamentos, centros, institutos universitarios de investigación, escolas de doutoramento e escolas de especialización profesional vinculados ás áreas das ciencias da Saúde e a potenciación das actividades produtivas no sector primario, das que a preservación e recuperación da saúde animal constitúen unha parte destacada.

O centro asume non soamente a función de mellorar a actividade docente e investigadora da facultade de Veterinaria senón tamén un labor asistencial de alta calidade dirixido a veterinarios/as e propietarios/as de animais. Para desenvolver todas estas actividades e cumprir cos obxectivos fundacionais a Fundación Rof Codina, entidade xestora do Hospital, está dotada de persoal facultativo especialista nas súas respectivas áreas de actividade clínica asistencial.

Por maior abastanza, a European Association for the Establishnment of Veterinary Education (EAEVE), órgano avaliador europeo que certifica a calidade das facultades de Veterinaria de toda Europa resalta no informe da súa visita de 2018, a importancia de ter no cadro da facultade profesores con actividade asistencial que permitan manter unha casuística adecuada para unha docencia práctica de calidade. Por tanto, é de vital importancia que a docencia nas materias clínicas e asistenciais sexa impartida por especialistas con actividade clínica hospitalaria.

É por iso que esta actividade asistencial debe ser impartida por figuras con responsabilidade e carga docente axeitada, é dicir, debe ser impartida por profesores asociados de ciencias veterinarias. En consecuencia, que a facultade poida contar con profesores asociados de ciencias veterinarias que sexan tamén facultativos é o que permite que o grao de Veterinaria cumpra cos estándares exixidos, incluídos os establecidos pola EAEVE, no relativo á docencia das materias clínicas e O que supón un distintivo de calidade para este centro, de innegable prestixio e un dos principais atractivos do Campus Terra de Lugo.

Ata a entrada en vigor da Lei Orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, O profesorado asociado, a Universidade de Santiago de Compostela empregou a figura de profesor asociado T3-P6 no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela como un apoio necesario en diversos ámbitos profesionais para dar ao alumnado unha visión práctica dos seus estudos, grazas á elevada experiencia de empregados públicos de alto nivel, e é de especial interese para o servizo docente universitario cubrir esas necesidades con profesores asociados, isto é, con profesionais de recoñecida competencia e grande experiencia, alleos á respectiva universidade, de conformidade coa natureza e finalidade da figura de profesor asociado.

II

A Lei Orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (LOSU), regula a figura do profesorado asociado nos seguintes termos:

«Artículo 79. Profesoras y Profesores Asociadas/os.

La contratación de Profesoras y Profesores Asociados se ajustará a las siguientes reglas:

a) Las universidades podrán contratar bajo esta modalidad a especialistas y profesionales de reconocida competencia que acrediten ejercer su actividad principal fuera del ámbito académico universitario cuando existan necesidades docentes específicas relacionadas con su ámbito profesional.

b) La finalidad del contrato será desarrollar tareas docentes a través de las que aporten sus conocimientos y experiencia profesionales a la universidad, en aquellas materias en las que esta experiencia resulte relevante. Dichas tareas docentes no podrán incluir el desempeño de funciones estructurales de gestión y coordinación. El profesorado asociado podrá desarrollar tareas docentes hasta un máximo de 120 horas lectivas por curso académico.

c) El contrato será de carácter indefinido y conllevará una dedicación a tiempo parcial, sin que su convocatoria esté sujeta a la tasa de reposición de efectivos.La contratación de este profesorado no formará parte de la Oferta de Empleo Público ni de los instrumentos similares de gestión de las necesidades de personal a que se refiere el artículo 70 del texto refundido de la Ley del Estatuto Básico del Empleado Público.

d) Será causa objetiva de extinción del contrato la pérdida sobrevenida de cualquiera de los requisitos establecidos en el párrafo a). En el supuesto de cese de la actividad principal, la finalización del contrato se producirá una vez concluya el curso académico en el que el que se desarrolla la actividad docente.

e) La dedicación establecida en el párrafo b) no será de aplicación respecto del profesorado asociado cuya plaza y nombramiento traigan causa del artículo ciento cinco.2 de la Ley 14/1986, de 25 de abril. Las peculiaridades de duración de sus contratos se regularán por las autoridades competentes.»

Así mesmo, a súa disposición transitoria sétima, establece o seguinte:

«Proceso de estabilización de plazas de Profesoras y Profesores Asociadas/os de las universidades públicas.

1. Antes del 31 de diciembre de 2024 y conforme a lo establecido por la Ley 20/2021, de 28 de diciembre, las universidades públicas deberán articular procesos de estabilización de las plazas de Profesoras y Profesores Asociadas/os, de acuerdo con las condiciones profesionales y de dedicación docente previstas en el artículo 79.b). El sistema de selección en estos procesos será el de concurso garantizando los principios de igualdad, mérito, capacidad, publicidad y concurrencia, con las particularidades del artículo 86.2. Estas plazas no computarán en la tasa de reposición de efectivos. De la resolución de estos procesos no podrá resultar, en ningún caso, incremento de efectivos.

2. Los contratos de Profesoras y Profesores Asociadas/os vigentes a la entrada en vigor de esta ley orgánica, podrán renovarse en las mismas condiciones y con la misma dedicación docente hasta que las plazas estén incluidas en un proceso de estabilización de los previstos en la Ley 20/2021, de 28 de diciembre, y en cualquier caso antes del 31 de diciembre de 2024.

3. En el plazo establecido en el apartado anterior, y para el supuesto de plazas de Profesorado Asociado con una dedicación docente superior a la prevista en el citado artículo 79.b), las universidades públicas podrán articular procesos de estabilización de estas plazas a través de actuaciones específicas que favorezcan el paso de Profesorado Asociado con título de Doctor/a a la figura de Profesorado Ayudante Doctor/a.»

Esta reforma lexislativa implica que a Universidade teña a obriga de adaptar as actuais prazas P6 de profesorado asociado do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela ao mandato da LOSU. Con esta finalidade, a USC debe convocar a ditas prazas como profesorado asociado P4, cun máximo de 120 horas de docencia anuais.

Pola súa banda, o artigo 105.3 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, recentemente modificada pola disposición adicional segunda da Lei Orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, engade o seguinte:

«3. El profesorado asociado se regirá por las normas propias de los Profesores/a Asociados/as de la universidad, a excepción de la dedicación horaria, con las peculiaridades que reglamentariamente se establezcan en cuanto al régimen temporal de sus contratos. Además de reunir los requisitos exigidos en las indicadas normas, cumplirán las exigencias en cuanto a su cualificación determinada reglamentariamente. Asimismo, en el caso de las personas que posean la titulación que habilite para el ejercicio de la profesión médica, acreditarán estar en posesión del título de Especialista en Ciencias de la Salud.»

A actividade asistencial do persoal facultativo da Fundación Rof Codina é fundamental e necesaria para poder desempeñar as tarefas docentes con calidade e impartir formación axeitada ao alumnado que cursa estudos universitarios na Facultade de Veterinaria, coa peculiaridade de que este profesorado asociado debe exercer o seu labor docente simultaneamente co seu labor asistencial.

O persoal facultativo accedeu ao seu posto de traballo na Fundación Rof Codina polo sistema de libre concorrencia competitiva e de conformidade cos principios de igualdade, mérito e capacidade ao abeiro da Lei 2/2015 de Emprego Público de Galicia, toda vez que é unha entidade de carácter público.

Cómpre destacar, por último, tanto a limitación do espazo físico co que conta a Fundación Rof Codina, especificamente nos quirófanos, como da franxa horaria na que se desenvolven as intervencións, entre as 9:00 a 16:00 horas, sendo inviable que profesionais que non pertenzan á dito ente, poidan prestar servizos como profesorado asociado sen menoscabar e interferir no labor asistencial que se leva a cabo diariamente.

Segundo o artigo 56 do Real decreto lexislativo 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, xunto cos requisitos xerais de acceso ao emprego público poderán esixirse outros requisitos nos seguintes termos:

«3. Podrá exigirse el cumplimiento de otros requisitos específicos que guarden relación objetiva y proporcionada con las funciones asumidas y las tareas a desempeñar. En todo caso, habrán de establecerse de manera abstracta y general.»

Así mesmo, segundo a xurisprudencia do Tribunal Supremo e do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, a limitación da libre concorrencia ao emprego público é unha excepción que so pode darse cando existen razóns lexítimas que así o xustifican, tal e como xa foron expresadas e que, en todo caso, non poden supoñer unha limitación absoluta.

Neste suposto limítase parcialmente a concorrencia xa que todo o persoal facultativo da Fundación Rof Codina pode concorrer ás prazas de Profesorado Asociado que convoque a Universidade, motivo polo que se entende que é unha medida proporcionada e que, por outra banda, garda relación obxectiva e proporcionada coas funcións e tarefas que debe desempeñar o Profesorado Asociado de Ciencias Veterinarias. Así mesmo, cómpre reiterar que o persoal facultativo da Fundación Rof Codina accedeu ao seu posto cumprindo os principios xerais de acceso ao emprego público.

En consecuencia, o Consello de Goberno, na súa reunión do 26 de abril de 2024, acordou aprobar o seguinte réxime

Artigo único. Réxime do Profesorado Asociado de Ciencias Veterinarias

Desenvolver o réxime particular das prazas de Profesorado Asociado P4 da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela ao abeiro do artigo 105 da Lei 14/1986, coas seguintes particularidades:

- As prazas convocaranse coa categoría de profesorado asociado P4 cunha carga docente de 120 horas anuais, co fin de adaptarse ao preceptivo mandato da LOSU.

- A devandita convocatoria limitará, por razón de especial interese para a Universidade, para os únicos efectos de concorrencia, o seu acceso ao persoal facultativo que estea prestando servizos na fundación Rof Codina.

- O labor docente e labor asistencial desenvolverase simultaneamente polas persoas que obteñan as devanditas prazas convocadas pola súa especial singularidade e polas propias limitacións específicas do espazo mencionadas ut supra.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Este acordo entrará en vigor ao día seguinte á súa publicación no Taboleiro Electrónico da Universidade de Santiago de Compostela.

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Volver