Instrución V/2023 da xerencia, do 6 de setembro de 2023, pola que se modifica o Regulamento de indemnizacións por razón do servizo e das tarifas do servizo do parque móbil da Universidade de Santiago de Compostela

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 1113
Departamento: Xerencia
Estado: En vigor

Antecedentes e consideracións

Primeiro.-

Por acordo do Consello de Goberno do 29 de decembro de 2020 aprobouse o regulamento de indemnizacións por razón de servizo da Universidade de Santiago de Compostela.

Segundo.-

No artigo 14 do regulamento establecese o dereito a percepción de axudas pola utilización do vehículo particular e no Anexo II fixase o importe a percibir en 0,19€/km.

Terceiro.-

En data 17 de xullo de 2023, entraron en vigor a Orde HFP/793/2023, de 12 de xullo, pola que se revisa o importe da indemnización por uso de vehículo particular establecida no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, e a Orde HFP/792/2023, de 12 de xullo, pola que se revisa a contía das dietas e asignacións para gastos de locomoción no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.

Cuarto.-

A modificación das ordes sinaladas traen como causa a evolución económica e o incremento da inflación.

Quinto.-

As ditas ordes foron a referencia para determinar os importes establecidos no Regulamento de indemnizacións por razón do servizo da USC, procedendo polo tanto, realizar a mesma actualización para o persoal da USC.

Sexto.-

En data 29 de xuño de 2023 aprobouse as tarifas do servizo do parque móbil. Para determinar as tarifas dos vehículos partiuse da contía que figura para as axudas de locomoción, consonte ao Regulamento de indemnizacións por razón do servizo da USC, 0,19 €/km. Para turismos mantívose a contía de 0,19 €/km e para furgonetas incrementouse un 30% (0,19 +(0,19*30/100)) acadando os 0,25 €/km.

Á vista do anterior, ditase a seguinte instrución:

1.

Procede actualizar o Anexo II do Regulamento de indemnizacións por razón do servizo da USC quedando establecido o importe da indemnización a percibir como axuda pola utilización do vehículo particular en 0,26 €/km.

2.

Procede actualizar as tarifas do servizo do parque móbil que quedan como segue:

Tarifas persoal

Condutor [hora] 21,00

Acompañante (Grupo IV1, IV2) [hora] 21,00

Tarifas vehículos

Turismo sen condutor [€/km] 0,26

Turismo con condutor [€/km] 0,26 + cond

Furgoneta sen condutor [€/km] 0,34

Furgoneta con condutor + acompañante [€/km] 0,34 + c + a

3.

Esta instrución entra en vigor a partir do día seguinte da súa publicación.

Santiago de Compostela,

Javier Ferreira Fernández

Xerente

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Volver