Acordo sobre o recoñecemento do tempo de prestación do servizo militar obrigatorio ou equivalente
NORMA CONSOLIDADA
ACORDO DE CONSELLO DE GOBERNO DO 7 DE FEBREIRO DE 2020 DE RECOÑECEMENTO DO TEMPO DE PRESTACIÓN DO SERVIZO MILITAR OBRIGATORIO OU PRESTACIÓN SOCIAL SUBSTITUTORIA E DO SERVIZO SOCIAL DA MULLER AO PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR E DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA OS EFECTOS DE PERFECCIÓN DE TRIENIOS
Con carácter xeral na Universidade de Santiago de Compostela (USC) os servizos prestados para os efectos de antigüidade víñanse recoñecendo mediante a aplicación das disposicións dos Convenios colectivos do persoal laboral docente e investigador e de administración e servizos e da Lei 70/1978 do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos previos na Administración pública.
A sentenza 304/16 do Xulgado do Social número 1 de Lugo do 29 de xullo de 2016 concluíu que no ámbito do persoal laboral de administración e servizos, tanto fixo coma temporal, se debe considerar como prestación de servizos a totalidade do período de prestación do servizo militar, voluntario e obrigatorio, así como a prestación social substitutoria desenvolvida no ámbito da administración pública computando ambas as dúas para os efectos de perfección de trienios, en aplicación do previsto no artigo 51 do Convenio Colectivo de 12 de novembro de 2008.
Este pronunciamento deu lugar á Resolución reitoral do 4 de decembro de 2017 de recoñecemento do tempo de prestación do servizo militar obrigatorio ou prestación social substitutoria realizada nunha administración pública ao persoal laboral de administración e servizos para os efectos de trienios.
Posteriormente, con data 23 de xaneiro de 2019, a Valedora do Pobo emitiu a recomendación A.4.Q/2578/18 derivada da queixa dun traballador pertencente ao colectivo laboral de administración e servizos. A Valedora recomendou, logo dunha análise xurídica sobre a prestación social substitutoria realizada en entidades distintas ás administracións públicas, o recoñecemento da prestación social substitutoria realizada en entidades distintas ás administracións públicas como equivalente ao servizo militar para os efectos de antigüidade .
Cómpre facer mención da afirmación da propia Universidade que consta na recomendación formulada nos seguintes termos:“La Universidad de Santiago de Compostela señala que la resolución rectoral de 4 de diciembre de 2017 pretende que el PAS laboral que prestó los servicios para la administración pública por servicio militar o prestación social sustitutoria haga la solicitud sin necesidad de acudir a los juzgados de lo social. E incluso menciona que el personal laboral se ve beneficiado con respecto al funcionario toda vez que al primero también se le computa el período obligatorio además del voluntario.” Máis recentemente, a sentenza do 8 de maio de 2019 da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que resolve o conflito colectivo núm. 4/2019 formulado por CCOO fai un pronunciamento que amplía o recoñecemento deste dereito para o persoal laboral de administración e servizos.
Así, no Fundamento Xurídico Segundo, apartado 3º, a sentenza determina que “De la normativa expuesta, que reguló mientras estuvo en vigor la prestación social sustitutoria, cabe concluir, por tanto, no sólo la equivalencia a efectos jurídicos del servicio militar y de la prestación social sustitutoria, previéndose expresamente que no podía prevalecer entre los ciudadanos discriminación alguna basada en el cumplimiento del servicio militar o de la prestación social sustitutoria, sino además que en ambos supuestos, e incluso si la prestación social sustitutoria se desarrollaba en entidades distintas de las administraciones públicas, ello no era óbice para que tal prestación se desarrollase en régimen análogo al establecido para el servicio militar (art. 10 Ley 22/1998), y sometido a las potestades de gestión, supervisión y control, y disciplina de las administraciones públicas, tal y como recogían los preceptos antes citados. Por tanto, independientemente del lugar en el que se desarrollase la prestación social sustitutoria -que era decidido en último término por la administración-, la misma era de utilidad pública, sometida a potestades de gestión, supervisión y control, y disciplina por parte de las administraciones públicas, y en un régimen análogo al establecido para el servicio militar. Por todo ello, partiendo del tenor literal de los preceptos expuestos, cabe entender que la finalidad y el espíritu (art. 3.1 Cc) de la regulación de la prestación social sustitutoria era que se mantuviese su equivalencia con el servicio militar.
Siendo esto así, y una vez reconocido a efectos de trienios por la demandada en los presentes autos el cómputo del tiempo de servicio militar y de la prestación social sustitutoria desarrollada en las administraciones públicas –extremo que no se discute en los presentes autos-, es contrario a la normativa que reguló la prestación social
Como consecuencia das previsións legais e convencionais mencionadas e a posterior xurisprudencia, a USC veu recoñecendo de forma desigual o servizo militar e a prestación social substitutoria aos colectivos que desempeñan as súas funcións nela.
Así, o recoñecemento da prestación social substitutoria non se aplicaba ao persoal docente e investigador, nin laboral nin funcionario, nin ao persoal funcionario de administración e servizos. Así mesmo, o tratamento do servizo militar tamén era diferente no caso do persoal docente e investigador laboral de carácter temporal e no caso do persoal funcionario.
En relación con este último colectivo e ao abeiro da Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos previos na Administración Pública e o Real decreto 1461/1982 do 25 de xuño pola que se ditan as normas de aplicación da Lei mencionada, o persoal funcionario atópabase nos seguintes supostos:
a) Se a persoa ostentaba a condición de funcionario de carreira con carácter previo á realización do servizo militar ou da prestación social substitutoria, pasando a servizos especiais durante ese período, recoñecíase a totalidade do período tanto a parte obrigatoria como o exceso ou tempo voluntario.
b) Se a persoa adquiría a condición de funcionario con posterioridade ao servizo militar ou á prestación social substitutoria, recoñecíase unicamente o tempo de prestación que excedía do obrigatorio, de conformidade coa Lei 70/1978 e co Real decreto 1461/1982 do 25 de xuño, polo que se ditan normas de aplicación da Lei mencionada.
Cabe mencionar neste punto o fundamento xurídico 4 da sentenza 304/16 do Xulgado do Social número 1 de Lugo do 29 de xullo de 2016 que argumenta o seguinte en relación co Real decreto mencionado:“La remisión, pues, sería a lo dispuesto en el artículo 2 de la Ley 70/1978, pero no a lo previsto por su artículo 1, aplicable a los funcionarios de carrera, pero no al personal laboral. En cualquier caso, aunque se estimase que la remisión a la norma con rango legal es completa, el artículo 1 de la misma no excluye del ámbito de reconocimiento de los trienios las prestaciones personales obligatorias, exclusión que únicamente contiene el artículo 1 del Real Decreto 1461/1982, al que no se remite el artículo 51 del convenio. Y aunque se considerase que, dado que la norma reglamentaria desarrolla la ley a la que se remite el convenio, puede considerarse comprendida su regulación en la remisión, el artículo 1 del Real Decreto 1461/1982 se ha extralimitado, contemplando exclusión no contenida en la norma legal de desarrollo, contradiciendo el principio de jerarquía normativa y, con ello, no pudiendo reconocérsele validez.” Analizadas as sentenzas ditadas e a recomendación da Valedora, así como a lexislación de aplicación, pódese concluír que a execución da sentenza recaída no conflito colectivo 4/2019 sobre o réxime de recoñecemento da prestación social substitutoria realizada en entidades privadas mantería unha discriminación entre os diferentes réximes xurídicos do persoal ao servizo da Universidade de Santiago de Compostela.
Neste punto, tendo en conta a análise anterior, cómpre reflexionar sobre a discriminación que a aplicación do recoñecemento do servizo militar ou da prestación social substitutoria para os efectos de trienios produciría para as mulleres que tiveron que realizar o período de traballo obrigatorio creado mediante o Decreto do 7 de outubro de 1937 e que estivo vixente ata o 1 de setembro de 1978.
Este período, denominado Servizo Social da Muller, estaba configurado como un “deber nacional” para as mulleres españolas de 17 a 35 anos, sendo necesario demostrar o seu cumprimento para todas aquelas mulleres que pretenderan o exercicio en funcións públicas, o desempeño de prazas na Administración ou a obtención de títulos profesionais.
Aínda que a lexislación non menciona de xeito expreso o recoñecemento para os efectos de antigüidade do Servizo Social da Muller, existe numerosa xurisprudencia nos últimos anos que establece a súa equivalencia co servizo militar ou coa prestación social substitutoria para os efectos de cotización para a xubilación. Cítase como exemplo a sentenza 2534/2016 do 11 de outubro de 2016 do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco que no seu fundamento xurídico terceiro B) argumenta o seguinte:“Ahora bien, un canon prioritario de interpretación normativa es el de leer la norma en términos compatibles con nuestra Constitución, desechando comprensiones de la misma que la vulneren, según ordena a los jueces el art. 5.1 de la Ley Orgánica del Poder Judicial (LOPJ). Por lo demás, el art. 3.1 del Código Civil (CC ) nos dice que "las normas se interpretarán según el sentido propio de sus palabras, en relación con el contexto, los antecedentes históricos y legislativos, y la realidad social del tiempo en que han de ser aplicadas, atendiendo fundamentalmente al espíritu y finalidad de aquéllas".
El examen de la tramitación parlamentaria de la Ley 40/2007 revela que el proyecto inicial no incluía ese inciso segundo del art. 161 bis 2.c), que sólo aparece a consecuencia del informe de la ponencia en el Congreso, sin que conste indicación alguna de que bajo la expresión "prestación social sustitutoria" quisiera acotarla a la contemplada entonces en el ordenamiento jurídico, en desarrollo del art. 30.2 CE.
La Sala entiende que bajo esa expresión cabe entender incluido, igualmente, el período de trabajo obligatorio efectuado por las mujeres al amparo del Servicio Social creado por Decreto de 7 de octubre de 1937 y reglamentado por Decreto de 28 de noviembre de 1937, con sus modificaciones aprobadas por Decretos de 31 de mayo de 1940 y 9 de febrero de 1944, vigente hasta el 1 de septiembre de 1978, en que entró en vigor el R. Decreto 1914/1978, de 19 de mayo, que lo suprimió, toda vez que se configuró como un deber nacional de las mujeres españolas de 17 a 35 años, que mientras lo cumplían se consideraban empleadas en el servicio inmediato a España (art. 2 del Reglamento), con un régimen jurídico equiparable en parte al de los varones al servicio de las armas (arts. 4 y 5 del Reglamento), viniendo a cumplir, por tanto, para las mujeres, una función sustitutoria del servicio militar obligatorio de los varones.
Por otra parte, la lectura de la norma de forma compatible con la prohibición constitucional de la discriminación por razón de sexo refuerza esa misma comprensión.” Na consideración de que existen razóns obxectivas para que a aplicación se realice desde os principios de igualdade e non discriminación dos traballadores e das traballadoras que realizaron unha prestación de carácter persoal, ben sexa o servizo militar, a prestación social substitutoria ou o servizo social da muller, a Universidade de Santiago de Compostela e os órganos de representación do persoal negociaron o presente acordo.
Á vista do exposto e no uso das atribucións conferidas polo artigo 81 j) dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados mediante Decreto 14/2014 do 30 de xaneiro o Consello de Goberno ACORDA:
Primeiro.
O recoñecemento de servizos previos para a perfección de trienios polo período de prestación do servizo militar ou prestación social substitutoria así como do Servizo Social da Muller incluirá a totalidade do período de prestación, tanto obrigatoria como voluntaria, para o Persoal Docente e Investigador e para o Persoal de Administración e Servizos e para o que será preciso acreditar os servizos coa certificación correspondente.
Segundo.
Os servizos prestados recoñecidos acumularanse ao cómputo de trienios da persoa solicitante e o recoñecemento terá efectos económicos desde o día en que se perfeccione un novo trienio. O exceso de tempo computará para a perfección dun novo trienio.
Disposición transitoria.
Este acordo será de aplicación a todas as solicitudes pendentes de resolver no momento da súa entrada en vigor.
Disposición derrogatoria.
Queda derrogada a Resolución reitoral do 4 de decembro de 2017 de recoñecemento do tempo de prestación do servizo militar obrigatorio ou prestación social substitutoria realizada nunha administración pública ao persoal laboral de Administración e Servizos para os efectos de trienios.
Disposición final.
Este acordo entrará en vigor no momento da súa publicación no Taboleiro Electrónico da Universidade de Santiago de Compostela.
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.