Acordo de xubilación obrigatoria do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Santiago de Compostela

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 0926
Departamento: Xerencia
Estado: En vigor

O artigo 81 do Convenio Colectivo do Persoal de Administración e Servizos da Universidade de Santiago de Compostela dispón o seguinte:

“Dentro da política de promoción do emprego, a xubilación será obrigatoria ao cumprir o traballador a idade de sesenta e cinco anos; a USC comprométese a constituír unha bolsa de emprego coas vacantes que se produzan por esta causa, incluíndo nas súas ofertas de emprego prazas de idéntica categoría profesional ou outras de distinta categoría que se creen por transformación das citadas vacantes.

A universidade antes de rematar o primeiro trimestre, informará á correspondente representación sindical das previsións de xubilacións nos doce meses seguintes á data de emisión do informe, co obxecto de planificar as futuras vacantes. Esta información realizarase reflectindo a categoría profesional, a clasificación do posto ou servizo, a xornada, a quenda e os complementos correspondentes.” Este artigo non é de aplicación desde que a Lei 3/2012, do 6 de xullo, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral modificou a disposición adicional do Estatuto dos Traballadores dispoñendo que “Se entenderán nulas y sin efecto las cláusulas de los convenios colectivos que posibiliten la extinción del contrato de trabajo por el cumplimiento por parte del trabajador de la edad ordinaria de jubilación fijada en la normativa de Seguridad Social, cualquiera que sea la extensión y alcance de dichas cláusulas”.

A disposición final primeira do Real decreto-lei 28/2018, do 28 de decembro, modificou a anterior redacción da disposición adicional dispoñendo o seguinte:

“Los convenios colectivos podrán establecer cláusulas que posibiliten la extinción del contrato de trabajo por el cumplimiento por parte del trabajador de la edad legal de Jubilación fijada en la normativa de Seguridad Social, siempre que se cumplan los Siguientes requisitos:

a) El trabajador afectado por la extinción del contrato de trabajo deberá cumplir los requisitos exigidos por la normativa de Seguridad Social para tener derecho al cien por ciento de la pensión ordinaria de jubilación en su modalidad contributiva.

b) La medida deberá vincularse a objetivos coherentes de política de empleo expresados en el convenio colectivo, tales como la mejora de la estabilidad en el empleo por la transformación de contratos temporales en indefinidos, la contratación de nuevos trabajadores, el relevo generacional o cualesquiera otras dirigidas a favorecer la calidad del empleo. y A Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela presentou no mes de maio de 2019 o Plan para o Persoal de Administración e Servizos 2019-2022 no que se establece como unha das liñas prioritarias frear O aumento da idade do persoal que nos últimos anos debido a restricións económicas e legais para incorporar novos efectivos.

Entre as accións para acadar este obxectivo atópase a posibilidade de establecer unha idade forzosa de xubilación para o persoal laboral, para o cal a Xerencia no exercicio das competencias que ten atribuídas negociou co Comité Intercentros o seguinte acordo:

Artigo 1. Idade de xubilación do persoal laboral

A xubilación do persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela será obrigatoria ao cumprir a idade ordinaria aplicable cada ano segundo a lexislación vixente.

A idade referida considerarase sen prexuízo de que toda persoa traballadora poida completar os períodos de carencia na cotización á Seguridade Social para a xubilación aplicables en cada momento, de conformidade coa lexislación vixente. Neste suposto a xubilación do persoal producirase ao completar os períodos de carencia mencionados.

Artigo 2. Oferta de vacantes producidas por xubilación

Todas as vacantes que se produzan por esta causa serán incluídas na seguinte Oferta de Emprego de Público mediante prazas de idéntica categoría profesional ou outras de distinta categoría que se creen por transformación das citadas vacantes.

Artigo 3. Cobertura de vacantes

Todas as vacantes serán cubertas de maneira inmediata ao producirse a xubilación con carácter temporal ata que se produza a súa ocupación por medios de provisión definitivos no lugar onde se produza ou onde se detecte unha necesidade xustificada.

Artigo 4. Reorganización da Relación de Postos de Traballo

As vacantes que sexan susceptibles de transformación terán carácter prioritario na reforma de Relación de Postos de Traballo,

Artigo 5. Planificación anual

Anualmente a Xerencia remitirá ao Comité Intercentros a previsión de xubilacións para os seguintes 12 meses coa información de categoría profesional, a clasificación do posto ou Servizo, a xornada, a quenda e os complementos correspondentes

Artigo 6. Procedemento para a xubilación

No último trimestre de cada ano a Xerencia, de oficio, solicitaralle ás persoas traballadoras que cumpran o requisito de idade vixente para o seguinte ano natural que comuniquen a acreditación de que cumpren os períodos de cotización esixidos para ter dereito ao 10094 da pensión ordinaria de xubilación na súa modalidade contributiva mediante documentación xustificativa expedida polo Instituto Nacional de Seguridade Social (INSS).

Unha vez entregada a documentación, resolverase a xubilación da persoa traballadora sempre e cando cumpra os requisitos mencionados fixando a data para facela efectiva.

Artigo 7. Aplicación no ano 2019

Excepcionalmente, no ano 2019 a Xerencia solicitará esta información despois do acordo, coa indicación do prazo para entregar a documentación requirida e unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos establecerá a data de xubilación que será notificada á persoa traballadora na correspondente resolución.

E en mostra de conformidade asinan o presente acordo en Santiago de Compostela a cinco de xullo de 2019.

Pola Xerencia

Polo Comité Intercentros do PAS laboral

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Volver