Orde do 6 de novembro do 2017 pola que se actualizan os anexos da Orde do 18 de outubro de 2010 pola que se establecen os centros e postos cualificados de especial dificultade na Comunidade Autónoma de Galicia
NORMA CONSOLIDADA
Inclúe a corrección de erros publicada no DOG núm. 224, do 24 de novembro de 2017.
Mediante a Orde do 18 de outubro de 2010 establecéronse os centros e postos cualificados de especial dificultade na Comunidade Autónoma de Galicia. Dado o tempo transcorrido procede actualizar os anexos da citada orde.
Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ACORDA:
Artigo único. Anexos
Os anexos da Orde do 18 de outubro de 2010 pola que se establecen os centros e postos de especial dificultade quedan substituídos polos que se publican na presente orde.
Disposición adicional única. Entrada en vigor de determinadas escolas unitarias e unidades específicas de educación especial
As escolas unitarias e as unidades específicas de educación especial que non estaban incluídas nos anexos da Orde do 18 de outubro de 2010 terán a consideración de centros de especial dificultade para os efectos da baremación no concurso de traslados desde o día 1 de setembro do curso académico no cal se converteron en escolas unitarias ou no cal foron creadas.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día 1 de setembro de 2017.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2017
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO II
Centros de educación especial
ANEXO III
Unidades específicas de educación especial
Corrección de erros. Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 224, do 24 de novembro de 2017, na páxina 52763, nas unidades específicas de educación especial, débense engadir os seguintes centros:
ANEXO IV
Centros penitenciarios
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.