Acordo 13 do Consello de Goberno de 30 de outubro de 2026 polo que se aproba a modificación do Regulamento para a realización de actividades de investigación ó abeiro do establecido no artigo 83 da Lei Orgánica 6/2001 de Universidades

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCB 0011 03/11/2026
Departamento: Consello de Goberno
Estado: En vigor
Texto Texto con anotacións

A fin de adaptar a composición da Comisión de Actividades e Servizos de I+D ao disposto na Resolución reitoral de 5 de outubro de 2026 pola que se delegan competencias en determinados órganos universitarios e garantir unha presencia equilibrada de mulleres e homes na súa composición, modifícase o art. 7 do Regulamento para a realización de actividades de investigación ó abeiro do establecido no artigo 83 da Lei Orgánica 6/2001 de Universidades como segue:

Artigo 7. Comisión de Actividades e Servizos de I+D

Para a xestión deste Regulamento establécese a creación da Comisión de actividades e servizos de I+D que estará integrada polos seguintes membros:

• O/a vicerreitor/a con competencias en materia de investigación, que a preside.

• O/a vicerreitor/a con competencias en materia de innovación e transferencia de coñecemento.

• 5 vocais en representación das grandes áreas de coñecemento

• 1 vocal en representación dos institutos e centros de Investigación

• 2 técnicas/os en representación dos servizos de investigación, innovación e transferencia do coñecemento

Os vogais da Comisión serán nomeados Consello de Goberno a proposta do reitor. Procurarase garantir unha presencia equilibrada entre as mulleres e homes que compoñen a Comisión, así como a presencia de membros do Campus de Santiago de Compostela e do Campus de Lugo.

A presente modificación entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no BOUSC.

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Volver