Resolución Reitoral do 02-03-2023 pola que se actualiza a acreditación de compentencias lingüísticas adquiridas polo alumnado de grao da USC e de titulacións de ordenacións anteriores

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 1079
Departamento: Reitor
Estado: En vigor
Texto Texto con anotacións

Mediante Resolución do 5 de xuño de 2015 establecéronse os niveis de coñecemento de idioma estranxeiro que se acadan unha vez cursadas determinadas titulacións de grao impartidas na USC. No anexo desta resolución recollíanse os módulos de diversas titulacións que outorgaban competencias lingüísticas correspondentes ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). A dita resolución refundiu e ampliou resolucións anteriores sobre estas correspondencias.

O propósito da Resolución ao establecer a dita correspondencia era facilitar ao alumnado da USC a acreditación de competencias lingüísticas tanto para a obtención dunha titulación de grao na USC (inicialmente a USC estableceu como requisito para a obtención dun título de grao a acreditación dunha competencia lingüística nunha lingua estranxeira ao nivel B1) como para a admisión en titulacións que recollían algún requisito lingüístico (p.e.: Máster Universitario en Profesorado).

Aínda que xa non se precisa a acreditación de competencias lingüísticas para obter as titulacións de grao na USC, o alumnado solicita frecuentemente constancia da adquisición destas competencias con diversas finalidades (acreditación de competencias lingüísticas nas universidades receptoras de alumando de intercambio, etc.). Esta necesidade é salientable no caso do alumando da Facultade de Filoloxía, polo que a súa Xunta de Facultade emitiu un acordo na sesión do 3/6/2022 no que revisou e actualizou as correspondencias que figuraban no Anexo da RR do 5 de xuño.

En vista de todo o anterior, esta reitoría

RESOLVE:

PRIMEIRO.-

Actualizar o cadro coas competencias linguísticas adquiridas polo alumnado de titulacións de grao da USC e de titulacións de ordenacións anteriores ao RD1393/2007 de acordo co indicado no Anexo.

SEGUNDO.-

Para a acreditación destas competencias lingüísticas será suficiente con ter superado o módulo ou módulos que se indican no anexo, polo que non será preciso ter rematada a titulación correspondente.

TERCEIRO.-

Queda derrogada a resolución reitoraL de 5/06/2015 que regulaba esta materia.

Esta resolución entrará en vigor desde a súa publicación no Taboleiro Electrónico da Universidade.

O Reitor

Antonio López Díaz

ANEXO

Titulación Materia / Módulo   Competencia lingüística (MERCL)
Grao en Ciencias da Cultura e difusión Cultural G5101105 Idioma Moderno I (Lingua Inglesa)   B1
  G5101104 Idioma Moderno I (Lingua Francesa)   B1
  G5101115 Idioma Moderno II (Lingua Inglesa )   B1
  G5101114 Idioma Moderno II (Lingua Francesa)   B2
Grao en Filoloxía Clásica; Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas, e Linguas e Literaturas Modernas Formación Básica da Lingua Alemá   A2
  Formación Básica da Lingua Francesa   A2
  Formación Básica da Lingua Inglesa   B2
  Formación Básica da Lingua Italiana   A2
  Formación Básica da Lingua Portuguesa   B1
Modalidade Maior das titulacións: Grao en Linguas e Literaturas Modernas (alemán, francés, italiano, portugués) e Grao en Lingua e Literatura Inglesas Maior en Lingua e Cultura Alemás   C1
  Maior en Lingua e Literatura Francesas   C2
  Maior en Lingua e Literatura Inglesas   C2
  Maior en Lingua e Literatura Italianas   C1
  Maior en Lingua e Literatura Italianas + Módulo optativo de especialización en LL Italianas   C2
  Maior en Lingua Portuguesa e Literaturas Lusófonas   C2
Modalidade Minor dos graos en linguas: Grao en Filoloxía Clásica; Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas, e Lingua e Literaturas Modernas de Alemán; Francés; Italiano; Portugués Estudos Ingleses   C1
  Estudos Lusófonos   C1
  Lingua e Literatura Alemás   B2
  Lingua e Literatura Francesas   B2
  Lingua e Literatura Italianas   B2
Outros módulos dos graos en linguas: Grao en Filoloxía Clásica; Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas, e Lingua e Literatura Modernas (alemán; francés; italiano; portugués; linguas románicas) Módulo Complementario en Estudos Ingleses I   B2
  Módulo Complementario en Estudos Lusófonos I   B2
  Módulo Complementario en Lingua e Literatura Alemás   B1
  Módulo Complementario en Lingua e Literatura Francesas I   B1
  Módulo Complementario en Lingua e Literatura Italianas I   B1
  Módulo de Catalán. Lingua, Cultura e Literatura   B1
  Módulo de Lingua e Literatura Occitanas   A2
  Módulo de Lingua e Literatura Romanesas   A2
  Módulo de Lingua e Literatura Danesas   B1
Alumnos con lingua materna distinta do español e do galego que cursen algún dos graos en linguas Formación Básica da Lingua española   B1
  Formación Básica da Lingua galega   B1
  Módulo complementario en Lingua e Cultura Catalá   B1
Grao en Mestre en Educación Infantil (Orde ECI/3854/2007, 27 de decembro pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Mestre en Educación Infantil ) Aprendizaxe de linguas en Contextos multilingües (mód. Didáctico Disciplinar - Inglés)   B1
Grao en Mestre en Educación Primaria (Orde ECI/3857/2007, 27 de decembro pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Mestre en Educación Primaria ) Ensino e aprendizaxe de competencias comunicativas (Alemán, Inglés, Portugués e Francés)   B1
Alumnos con lingua materna distinta do español e do galego que cursen algún dos graos de Mestres acadarán a competencia lingüística de Castelán e Galego equivalente ao     C1
Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas Inglés para comunicación comercial II   B1
Grao en Xestión Cultural (modalidades presencial e semipresencial) Inglés para usos profesionais I   B1
  Inglés para usos profesionais II   B2
  Linguas internacionais para a xestión cultural. Francés   A2
  Linguas internacionais para a xestión cultural. Portugués   B1

Titulados conforme a ordenacións anteriores ao RD 1393/2007:

Licenciados en Filoloxía que inclúan o estudo dunha lingua estranxeira como materia obrigatoria B1
Licenciados en Humanidades que teñan superadas as seguintes materias dunha mesma lingua: Primeira Lingua Estranxeira (Francés I, Inglés I); Primeira Lingua Estranxeira (Francés II, Inglés II); Literatura da primeira Lingua Estranxeira I (Francés/Inglés) B1
Mestres Especialidade en Lingua Estranxeira B1
Alumnos que teñan superadas materias dunha lingua estranxeira nestas ou outras titulacións, que proporcionen competencias lingüísticas instrumentais e o número mínimo de créditos da totalidade destas materias dunha mesma lingua sexa de 24 B1

Resolución reitoral do 3 de novembro de 2026, pola que se modifica a resolución de competencias lingüísticas.

Artigo modificado: Anexo nova redacción por punto primeiro.

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Volver